DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 25 de agosto de 2004 Páx. 12.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de agosto de 2004 sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do xoves 19 de agosto de 2004, cómpre realizar as oportunas correccións:

Na páxina 11.854, na alínea a), do punto 2, do artigo 1º, onde di: «A competencia para efectuar a contratación de persoal interino...», debe dicir: «A competencia para efectuar a contratación de persoal laboral e interino ...»

Na alínea b) do artigo 3º, onde di: «... cando non sexa competencia da conselleira ou doutro centro directivo», debe dicir: «... cando non sexa competencia da conselleira ou de calquera centro directivo».

No artigo 6º, onde di: «... Lei 11/1998, do 20 de outubro», debe dicir: «... Lei 11/1988, do 20 de outubro».