Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda ao Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.
Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa
reunión do 30 de xaneiro de 2004, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado, relativos ao Rexistro de Confrarías e das súas federacións.
A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratificar a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda, que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria, e unha derradeira (30 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións no folio 60 do libro 1º, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2004.
Rosa Mª Quintana Carballo
Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento
Pesqueiro