DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 24 de agosto de 2004 Páx. 12.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2004 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de xullo de 2004, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Nigrán e Vilagarcía de Arousa.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 22 de xullo de 2004, adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Nigrán e Vilagarcía de Arousa, pertencentes á provincia de Pontevedra, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación aos concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo