DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 24 de agosto de 2004 Páx. 12.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 2 de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que se cita no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilanova de Arousa.

Localidade: Vilanova de Arousa.

Código do centro: 36024203.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Faro das Lúas.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO