DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 23 de agosto de 2004 Páx. 11.999

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2004 pola que se convoca un curso sobre fotografía dixital.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2004, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso sobre fotografía dixital, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dotar os membros dos corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais para levar a cabo as tarefas máis importantes no campo da fotografía dixital aplicada á función policial, especialmente aos atestados por accidentes de tráfico.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía Local de Galicia e membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia; e, no caso de quedaren prazas vacantes, aos membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Os participantes deberán posuír necesariamente coñecementos de informática a nivel usuario.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 13 de setembro de 2004, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase do 22 ao 24 de setembro de 2004.

O horario será das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas durante os días 22 e 23; e das 9.00 ás 14.00 horas o día 24.

Contido.

* Fotografía dixital.

-As cámaras dixitais: manexo e posibilidades.

-O tratamento de imaxes.

-A súa crecente utilización na operativa policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o mesmo día 15 de setembro, a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 3 de agosto de 2004.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade