DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 23 de agosto de 2004 Páx. 11.991

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa La Artística Productos Químicos, S.A.U.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa La Artística Productos Químicos, S.A.U., con número

de código 3602982, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 7-6-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, con data do 19-5-2004. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xuño de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

La Artística Productos Químicos, S.A.U.

Artigo 1º.-Partes asinantes e ámbito.

Son partes asinantes deste convenio colectivo, pola parte económica, a representación da empresa La Artística Productos Químicos, S.A. (sociedade unipersoal), pola parte social, os delegados de persoal de La Artística Productos Químicos, S.A. (sociedade unipersoal).

Este convenio concértase entre a representación económica e social da empresa referenciada e será de aplicación a todo o seu persoal.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2006. Calquera que sexa a data da súa sinatura ou publicación no Diario Oficial de Galicia, os efectos económicos para o ano 2004 retrotraeranse en todo caso ao 1 de xaneiro do dito ano.

Este convenio prorrogarase por un ano máis, agás denuncia dalgunha das partes cun mes de antelación á fin da súa vixencia. Denunciado o convenio, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor daquel que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias.

Serán as de carácter xeral.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Este convenio garante como mínimo as condicións existentes, aplicándose sobre eles os seus beneficios.

Respectaranse os dereitos adquiridos e condicións máis beneficiosas que estean establecidas na empresa á entrada en vigor deste convenio.

Artigo 5º.-Xornada e vacacións.

A xornada anual será de 1.768 horas de traballo efectivo e as vacacións anuais en 30 días ininterrompidos. A xornada diaria efectiva será de 8 horas de traballo.

Durante o período de vixencia deste convenio, o persoal da empresa gozará as vacacións en dous períodos, polo que terá unha redución de oito horas sobre as 1.768 horas, quedando a súa xornada anual efectiva en 1.760 horas de traballo.

Os días establecidos como descanso ou vacacións serán retribuídos como tempo efectivo de traballo.

Artigo 6º.-Xornada nocturna.

Establécese un complemento de nocturnidade, como complemento de posto de traballo, para os traballadores que presten os seus servizos na quenda de noite, consistente nun 10% sobre o salario base que corresponda en cada caso e por noite efectivamente traballada.

Non obstante o anterior, recoñécese o dereito adquirido de maneira expresa e a favor dos traballadores fixos de cadro de persoal á entrada en vigor do convenio para 1997 de que a referida porcentaxe sexa un 25% en lugar do 10%. Tamén se lles recoñece o dereito adquirido aos mesmos traballadores que, estando normalmente prestando os seus servizos en quenda de día e temporalmente pasen, por requirimento da empresa, á quenda de noite, a percibir, ademais do complemento mencionado, os seguintes complementos por noite efectivamente traballada: para dúas semanas consecutivas ou menos de traballo en quenda de noite: 18,41 euros/noite traballada. Para máis de dúas semanas consecutivas de traballo en quenda de noite: 16,67 euros/noite traballada. Nestas circunstancias, o pase a quenda de noite será voluntario.

O pase dun destes traballadores fixos de quenda de día, con dereito adquirido descrito, a fixos da quenda de noite, exixirá o previo acordo do interesado coa empresa respecto das condicións de remuneración do seu traballo como fixo da quenda de noite.

Artigo 7º.-Salario.

O importe do salario base, para o ano 2004, será o que figura nas táboas anexas. Para o ano 2005 e 2006 fixaranse as táboas unha vez coñecido o IPC do ano anterior cun incremento de 0,5 puntos básicos sobre este.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal percibirá 2 pagas extraordinarias, unha no mes de xullo pagadeira na primeira quincena e outra en decembro, pagadeira do 15 ao 18, o impor

te da cal será de 30 días de salario base máis, se é o caso, a antigüidade que corresponda.

Artigo 9º.-Beneficios.

Todo o persoal percibirá unha gratificación anual que se devengará semestralmente, do 15 ao 20 dos meses de xaneiro e xullo. En xaneiro a correspondente ao segundo semestre do ano anterior e en xullo a do primeiro semestre do ano que corre. Consistirá no 10% sobre o salario base, sobre a antigüidade e sobre as dúas pagas extras, efectivamente percibidas.

Artigo 10º.-Accidente laboral.

Para os accidentes que dean lugar a IT ocorridos dentro do recinto da empresa ou durante as horas en que estea prestando servizo á empresa, completarase a prestación da Seguridade Social por accidente laboral ata o 100% da base reguladora a partir do primeiro día de baixa inclusive. Para este complemento por conta da empresa, establécese un límite de duración de dezaoito meses desde o inicio da baixa, coincidindo co período máximo de IT establecido na lei.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Acordan as partes que a partir do día de entrada en vigor do convenio para 1997 desaparecerá o concepto retributivo de antigüidade, agás para as persoas a favor das cales se recoñece a continuación o seguinte dereito adquirido: recoñécese de maneira expresa e formal a favor de todos os traballadores fixos de cadro de persoal á entrada en vigor do convenio de 1997, e que estean prestando os seus servizos para a empresa, o dereito adquirido ás percepcións polo extinguido concepto de antigüidade.

Este dereito adquirido esténdese non só a seguir devengando no futuro as cantidades que ata a data viñan percibindo por este concepto, senón a que sigan xerando quinquenios, cos correspondentes devengos, ata chegar ao límite máximo de cinco quinquenios. O réxime destas percepcións por antigüidade, para os que teñan o dereito adquirido a elas, seguirá sendo o mesmo que existía ata o de agora, e sobre estas percepcións seguiranse aplicando os incrementos que se pactan nos futuros convenios colectivos. Os traballadores e a empresa poderán pactar individualmente a absorción deste concepto, entendéndose que esta absorción poderá realizarse unicamente co acordo expreso do traballador.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á supresión das horas extras que non veñan impostas por causas de forza maior ou que teñan o carácter de estruturais. Enténdese por horas extra estruturais:

a) As que veñan exixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

b) As necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de produción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estrutural derivadas da natureza da actividade de

que se trate. As de mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

Terán a consideración de horas extra festivas aquelas que se realicen en sábado ou nos días festivos declarados legalmente e retribuiranse na contía establecida na táboa anexa a este convenio.

En todas as horas extras retribuídas que se realicen cada día, o traballador percibirá, ademais do valor da hora extra pactado en convenio e co obxecto de axudar a todos os gastos en que puidera incorrer o traballador como consecuencia da realización das ditas horas, os seguintes complementos:

-Ata 4 horas: 2,61 euros/hora.

-Máis de 4 horas: 10,43 euros/día.

Se as horas extras se realizan entre as 22.00 h e as 6.00 h do día seguinte, ademais do complemento anterior, o traballador percibirá o valor da hora extra pactado na táboa incrementado un 25% en concepto de nocturnidade.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 13º.-Falecemento dun traballador.

En caso de falecemento dun traballador, a empresa aboaralle ao seu cónxuxe, no seu defecto aos fillos e no seu defecto aos pais, nesa orde sempre que dependan economicamente do traballador falecido, as cantidades que se relacionan segundo as seguintes causas:

a) Se o falecemento é debido a enfermidade ou accidente non laboral: 3.600 euros.

b) Se o falecemento é debido a accidente laboral: 6.500 euros.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Os especialistas de 2ª serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo aos seis meses de antigüidade na empresa.

Os porteiros e serenos equipáranse como mínimo a especialistas de 1ª en categoría e retribución.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá os seus traballadores da roupa de traballo necesaria para o exercicio do seu labor, non podendo ser inferior a dúas pezas de roupa ao ano.

Artigo 16º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Satisfarase co incremento do 3% para o ano 2004, sobre o que estivo en vigor en 2003. Para 2005 e 2006 estas contías veranse incrementadas na mesma porcentaxe no que se incrementen as táboas salariais. Computarase por períodos semanais e terán dereito a el o persoal que non cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade durante o dito período e alcanzará os días traballados máis domingos e festivos.

Non obstante o exposto no parágrafo anterior, o dito complemento percibirase igualmente nos seguintes supostos:

a) Cando o traballador se ausente para cumprir funcións de carácter sindical.

b) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

c) Cando o traballador se ausente por causas de citacións xudiciais ou gobernativas ou para asistir a algún exame por estudos oficiais, mesmo o obrigatorio para obter o permiso de conducir ou para a obtención ou renovación do DNI.

d) Durante os días traballados na semana na que se produza a baixa ou a alta, orixinados por causa de enfermidade ou accidente laboral.

e) Por asistencia á consulta médica.

f) Durante os días nos que o traballador estea ausente con permiso por causa de morte dos pais, cónxuxe, fillos, avós, netos e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

g) Durante o permiso motivado polo parto da esposa, intervención cirúrxica ou enfermidade grave dos familiares comprendidos na letra f).

Artigo 17º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Os traballadores que viñeran prestando servizos para as empresas o 1 de xaneiro de 1996 e que, conforme o artigo 60 da Ordenanza laboral para a industria metalgráfica, viñan percibindo o complemento de traballos tóxicos, penosos e perigosos na contía establecida no anterior convenio, conservarán o dito dereito malia a derrogación da ordenanza, percibindo o complemento na contía do ano anterior, incrementada coa mesma porcentaxe pactada para a táboa salarial do convenio.

Artigo 18º.-Incapacidade permanente parcial.

Cando ao traballador se lle declare unha incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de admitilo e proporcionarlle traballo que non lle supoña diminución na súa remuneración, a cal haberá de manterse na contía íntegra que lle corresponda, segundo a súa categoría profesional.

Artigo 19º.-Axuda escolar.

Todos os traballadores terán dereito a percibir por cada fillo escolarizado entre os 0 e os 24 anos, logo de xustificación, a cantidade de 20,6 euros mensuais para o ano 2004. Para o ano 2005 e 2006 esta contía verase incrementada na mesma porcentaxe en que se incrementen as táboas salariais.

Artigo 20º.-Axuda a minusválidos.

Os traballadores con fillos beneficiarios da prestación de minusvalidez da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa unha axuda de 137,47 euros mensuais, para o ano 2004. Para o ano 2005 e 2006 esta contía verase incrementada na mesma

porcentaxe en que se incrementen as táboas salariais.

Artigo 21º.-Complemento extraordinario de permanencia.

O complemento extraordinario de permanencia terá carácter voluntario para o traballador e discrecional para a empresa, logo de informe da representación dos traballadores. Este complemento extraordinario de permanencia aboarase na última nómina do traballador cunha antigüidade igual ou superior a 20 anos, de conformidade coa seguinte escala:

Aos 60 anos: 6.789, 30 euros.

Aos 61 anos: 5.953,39 euros.

Aos 62 anos: 5.237,49 euros.

Aos 63 anos: 4.521,57 euros.

Aos 64 anos: 3.956,36 euros.

Aos 65 anos: 3.466,54 euros.

Artigo 22º.-Baixas por incapacidade permanente absoluta.

Os traballadores que causen baixas por incapacidade permanente, no grao de absoluta, por proposta da comisión técnica cualificadora provincial ou central da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa 4.000 euros dunha soa vez, calquera que sexa a súa idade.

Artigo 23º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a continuación se expón:

a) Durante tres días, que poderán ampliarse ata dous máis, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para efectos de:

Nos casos de parto de esposa, enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillos, pai ou nai, netos, avós e irmáns. En caso de convivencia co traballador, calquera persoa.

b) Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

c) Un día natural en caso de matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

d) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical, nos casos representativos e non excedendo de 40 horas laborables ao mes.

e) As nais con fillos menores de nove meses terán unha redución dunha hora na xornada laboral, a cal será retribuída pola empresa.

f) A empresa aboará un permiso retribuído en 15 días naturais, en caso de matrimonio.

Nos parentescos enténdese tanto nos graos de consanguinidade como no de afinidade.

Artigo 24º.-Complemento de transporte.

Incrementarase, para o ano 2004, no 3% sobre o que estivo en vigor o ano anterior. Para o ano 2005 e 2006 esta contía incrementarase na mesma porcentaxe na que se incrementen as táboas salariais.

Artigo 25º.-Maternidade.

As traballadoras no período de xestación poderán solicitar o cambio parcial ou temporal de posto de traballo sempre que, a xuízo do médico de empresa e do seu xinecólogo, o posto que desempeña lle proporcione dificultades anormais.

A empresa complementará a traballadora desde a súa baixa por maternidade co 100% da base reguladora durante 16 semanas.

Artigo 26º.-Funcións do comité de empresa.

De acordo co convido nas leis, os comités terán facultades para intervir en materia de:

a) Negociación colectiva.

b) Seguridade e hixiene.

c) Expedientes de regulación de emprego.

d) Folga.

e) Ser informados trimestralmente pola empresa, acerca da situación e marcha xeral desta.

E serán informados do mesmo xeito, en materia de:

a) Mobilidade do persoal.

b) Imposición de sancións de despedimentos.

c) Evolución do emprego e horas extras.

As empresas facilitarán un local para o funcionamento dos comités, dotado de arquivos para a súa documentación e máquina de escribir. Para a reprodución de circulares ao persoal, procurarán facilitarlles o servizo de multicopista compatibilizándoo co traballo normal das oficinas.

Artigo 27º.-Asembleas.

Poderán ter lugar dentro dos locais de ambas as dúas empresas, fóra de horas de traballo, cando o soliciten da empresa o comité ou o 20% dos traballadores, polo menos con 48 horas de anticipación á súa realización.

Mentres non se destine a outro fin, o local que cederá a empresa será o mesmo empregado ata o de agora.

Artigo 28º.-Cota sindical.

As empresas descontaranlles aos traballadores afiliados aos sindicatos con representación do 10% de delegados no comité e pertenzan a centrais de ámbito nacional, de nacionalidade ou rexión, a cota sindical logo da conformidade do interesado por escrito.

Os mencionados escritos dos traballadores terán unha vixencia mínima dun ano, salvo comunicación en contrario do interesado.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

Terán as seguintes garantías:

a) No suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, as empresas xunto ao escrito de sanción ao interesado entregarán copia para a súa sección sindical.

b) Poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da produción.

c) As seccións sindicais coa representación mencionada neste artigo poderán realizar asembleas, fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, unha vez solicitada a súa realización.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados de ata un máximo de 7 días anuais de licenza non retribuída, para asistencia a cursos, congresos, etc. dunha central.

A licenza requirirá notificación á empresa cunha semana de antelación.

e) A empresa estará obrigada a conceder a excedencia polo tempo necesario para os traballadores que ocupen un cargo sindical con carácter polo menos provincial.

Artigo 30º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ao consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística rexistrase o 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia do convenio un incremento respecto ao 31 de decembro do ano anterior superior á porcentaxe de incremento das táboas salariais para cada ano referenciado, efectuarase unha revisión salarial tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia. Esta revisión, no suposto de que haxa que facela efectiva, terá carácter retroactivo o 1 de xaneiro de cada ano e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás retribucións vixentes no 31 de decembro do ano anterior ao que se refira o dato de IPC.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria integrada por tres representantes dos traballadores e tres representantes da empresa. Será presidida pola persoa que a mesma comisión designe por ambas partes, podendo actuar a comisión sen presidente, se así se acordase.

Será función principal da comisión paritaria interpretar as cláusulas do convenio pronunciando unha arbitraxe nas cuestións controvertidas que se lle presenten.

Artigo 32º.-Retribución persoal feminino.

Haberá que aterse ao disposto no artigo 28 do Estatuto dos traballadores.

Vigo, 19 de maio de 2004.

R. patronal: Adolfo Villanueva Falque.

José Quibén Solla.

R. traballadores: Fernando Pérez Lodeiro.

José Mª París Pedreira.

Antonio Besada Lázaro.

ANEXO

Táboas salariais

CategoríasAno 2003Ano 2004

Importe día/mesHor. ext. normaisHor. ext. festivasImporte día/mesHor. ext. normaisHor. ext. festivas

* Grupo de operarios

Contrato a formación20,007,678,9920,607,909,26
Peón24,019,7911,4724,7310,0811,81
Especialista de 2ª24,829,9611,7025,5610,2612,05
Especialista de 1ª25,5810,2111,8926,3510,5212,25
Oficial de 3ª27,8510,7512,6128,6911,0712,99
Oficial de 2ª30,4011,8913,8831,3112,2514,30
Oficial de 1ª31,8412,5114,5932,8012,8815,03
Of. es. litog.33,5213,4915,7634,5313,8916,23
Porteiro/sereno25,5810,2111,8926,3510,5212,25
Almaceneiro27,8410,7512,6128,6811,0712,99

* Grupo de administrativos

Xefe de 1ª1.104,8114,7817,241.137,9515,2217,76
Xefe de 2ª1.038,9414,7817,241.070,1115,2217,76
Oficial administrativo de 1ª968,4712,5114,59997,5212,8915,03
Oficial administrativo de 2ª924,9811,8913,88952,7312,2514,30
Auxiliar administrativo847,0010,7512,61872,4111,0712,99
Telefonista778,0510,2111,89801,3910,5212,25

* Grupo de técnicos

Delineante de 3ª873,9911,3213,15900,2111,6613,54
Delineante de 2ª925,7811,8913,88953,5512,2514,30
Delineante de 1ª979,2112,7714,931.008,5913,1515,38
Mestre encargado1.102,9014,7817,241.135,9915,2217,76
Encargado de sección1.049,3213,8116,031.080,8014,2216,51
Titulado medio1.104,8114,7817,241.137,9515,2217,76
Titulado superior1.434,6914,7817,241.477,7315,2217,76

Co.

Ca.

Q.

U.

CategoríaSoldoAntigü.Puntualid.RU-IRU-IIRU-III18 xullo

e Nadal

Benefic.H. ext. norm.H. ext. fest.Total R-0Total R-10Total R-20Total R-30

30Xefe 1ª1.137,950,0080,9237,0074,00111,00189,66132,7614,7717,2418.495,4818.939,4819.383,4819.827,48
311.137,9556,9084,9338,8477,68116,52199,14139,4014,7717,2419.419,8419.885,9220.352,0020.818,08
321.137,95113,7988,9640,6981,38122,07208,62146,0414,7717,2420.344,3220.832,6021.320,8821.809,16
331.137,95170,7093,0142,5285,04127,56218,11152,6814,7717,2421.269,4021.779,6422.289,8822.800,12
341.137,95227,5997,0744,3588,70133,05227,59159,3114,7717,2422.194,1222.726,3223.258,5223.790,72
351.137,95284,49101,1346,2692,52138,78237,07165,9514,7717,2423.119,0823.674,2024.229,3224.784,44

40Xefe 2ª1.070,110,0076,1334,8169,62104,43178,35124,8514,7717,2417.393,2817.811,0018.228,7218.646,44
411.070,1153,5179,9636,5773,14109,71187,27131,0914,7717,2418.263,2818.702,1219.140,9619.579,80
421.070,11107,0283,7438,2676,52114,78196,19137,3314,7717,2419.132,6819.591,8020.050,9220.510,04
431.070,11160,5287,6040,0480,08120,12205,11143,5714,7717,2420.002,9220.483,4020.963,8821.444,36
441.070,11214,0191,3941,7883,56125,34214,02149,8114,7717,2420.872,0821.373,4421.874,8022.376,16
451.070,11267,5295,1843,5387,06130,59222,94156,0614,7717,2421.741,7222.264,0822.786,4423.308,80

50Of. adm. 1ª997,520,0068,6130,4960,9891,47166,25116,3812,5314,6016.185,1216.551,0016.916,8817.282,76
51997,5249,8872,6032,6565,3097,95174,57122,2012,5314,6017.001,2417.393,0417.784,8418.176,64
52997,5299,7575,8034,0368,06102,09182,88128,0112,5314,6017.807,5218.215,8818.624,2419.032,60
53997,52149,6378,9935,2170,42105,63191,19133,8312,5314,6018.613,9219.036,4419.458,9619.881,48
54997,52199,5082,1936,7873,56110,34199,50139,6512,5314,6019.420,3219.861,6820.303,0420.744,40
55997,52249,3786,1738,9477,88116,82207,82145,4712,5314,6020.236,2020.703,4821.170,7621.638,04

60Of. adm. 2ª952,730,0065,4329,5159,0288,53158,79111,1511,8813,8815.457,2015.811,3216.165,4416.519,56
61952,7347,6368,6130,4960,9891,47166,73116,7111,8813,8816.228,9216.594,8016.960,6817.326,56
62952,7395,2671,8132,4664,9297,38174,67122,2711,8813,8817.000,8817.390,4017.779,9218.169,44
63952,73142,8975,0033,8467,68101,52182,60127,8211,8813,8817.772,4818.178,5618.584,6418.990,72
64952,73190,5278,9935,2170,42105,63190,54133,3811,8813,8818.553,9218.976,4419.398,9619.821,48
65952,73238,1582,1936,7873,56110,34198,48138,9411,8813,8819.325,8819.767,2420.208,6020.649,96

70Aux. admin.872,410,0059,0426,1752,3478,51145,40101,7810,7612,6114.143,5614.457,6014.771,6415.085,68
71872,4143,6162,2127,7555,5083,25152,67106,8710,7612,6114.853,2415.186,2415.519,2415.852,24
72872,4187,2465,4329,5159,0288,53159,94111,9610,7612,6115.563,7615.917,8816.272,0016.626,12
73872,41130,8568,6130,4960,9891,47167,21117,0510,7612,6116.273,5616.639,4417.005,3217.371,20
74872,41174,4671,0331,8863,7695,64174,48122,1310,7612,6116.974,1217.356,6817.739,2418.121,80
75872,41218,0974,1933,6467,28100,92181,75127,2310,7612,6117.684,0418.087,7218.491,4018.895,08

80Telefonista801,390,0055,8725,3950,7876,17133,5793,5010,2011,8813.011,9613.316,6413.621,3213.926,00
81801,3940,0759,0426,1752,3478,51140,2498,1710,2011,8813.666,9213.980,9614.295,0014.609,04
82801,3980,1361,4427,5455,0882,62146,92102,8410,2011,8814.312,6414.643,1214.973,6015.304,08
83801,39120,2164,6329,3058,6087,90153,60107,5210,2011,8814.968,2015.319,8015.671,4016.023,00
84801,39160,2767,0129,9059,8089,70160,28112,1910,2011,8815.613,6815.972,4816.331,2816.690,08
85801,39200,3670,2031,4962,9894,47166,96116,8710,2011,8816.269,3616.647,2417.025,1217.403,00

110Enc. sección1.080,800,0075,8734,6969,38104,07180,13126,0913,8216,0417.554,6817.970,9618.387,2418.803,52
1111.080,8054,0379,6536,4472,88109,32189,14132,4013,8216,0418.432,2418.869,5219.306,8019.744,08
1121.080,80108,0883,4438,1576,30114,45198,15138,7013,8216,0419.310,0419.767,8420.225,6420.683,44
1131.080,80162,1187,2939,8979,78119,67207,15145,0113,8216,0420.188,3220.667,0021.145,6821.624,36
1141.080,80216,1691,0741,6483,28124,92216,16151,3113,8216,0421.066,0021.565,6822.065,3622.565,04
1151.080,80270,1994,8243,3786,74130,11225,17157,6213,8216,0421.943,2022.463,6422.984,0823.504,52

130Titulado sup.1.477,730,00109,3049,9799,94149,91246,29172,4014,7717,2424.068,6424.668,2825.267,9225.867,56
1311.477,7373,89114,7752,47104,94157,41258,60181,0214,7717,2425.272,1225.901,7626.531,4027.161,04
1321.477,73147,77120,2254,99109,98164,97270,92189,6414,7717,2426.475,3627.135,2427.795,1228.455,00
1331.477,73221,67125,6957,46114,92172,38283,23198,2614,7717,2427.678,9628.368,4829.058,0029.747,52
1341.477,73295,55131,1459,98119,96179,94295,55206,8814,7717,2428.882,2029.601,9630.321,7231.041,48
1351.477,73369,44136,6662,43124,86187,29307,86215,5014,7717,2430.086,2830.835,4431.584,6032.333,76

140Titulado med.1.137,950,0080,9237,0074,00111,00189,66132,7614,7717,2418.495,4818.939,4819.383,4819.827,48
1411.137,9556,9084,9338,8477,68116,52199,14139,4014,7717,2419.419,8419.885,9220.352,0020.818,08
1421.137,95113,7988,9640,6981,38122,07208,62146,0414,7717,2420.344,3220.832,6021.320,8821.809,16
1431.137,95170,7093,0142,5285,04127,56218,11152,6814,7717,2421.269,4021.779,6422.289,8822.800,12
1441.137,95227,5997,0744,3588,70133,05227,59159,3114,7717,2422.194,1222.726,3223.258,5223.790,72
1451.137,95284,49101,1346,2692,52138,78237,07165,9514,7717,2423.119,0823.674,2024.229,3224.784,44

Co.

Ca.

Q.

U.

CategoríaSoldoAntigü.Puntualid.RU-IRU-IIRU-III18 xullo

e Nadal

Benefic.H. ext. norm.H. ext. fest.Total R-0Total R-10Total R-20Total R-30

180Delineante 11.008,590,0070,0732,0564,1096,15168,10117,6712,7814,9316.373,1616.757,7617.142,3617.526,96
1811.008,5950,4373,6033,6467,28100,92176,50123,5512,7814,9317.192,0417.595,7217.999,4018.403,08
1821.008,59100,8677,0735,2670,52105,78184,91129,4412,7814,9318.010,4418.433,5618.856,6819.279,80
1831.008,59151,2980,5636,8373,66110,49193,31135,3212,7814,9318.828,8419.270,8019.712,7620.154,72
1841.008,59201,7284,1338,4676,92115,38201,72141,2012,7814,9319.648,3220.109,8420.571,3621.032,88
1851.008,59252,1387,6240,0780,14120,21210,12147,0812,7814,9320.466,4820.947,3221.428,1621.909,00

190Delineante 2953,550,0065,5529,9759,9489,91158,93111,2511,8813,8815.471,3615.831,0016.190,6416.550,28
191953,5547,6768,8931,5063,0094,50166,87116,8111,8813,8816.245,4816.623,4817.001,4817.379,48
192953,5595,3572,1232,9565,9098,85174,82122,3711,8813,8817.018,5217.413,9217.809,3218.204,72
193953,55143,0275,4234,4668,92103,38182,76127,9311,8813,8817.792,1618.205,6818.619,2019.032,72
194953,55190,6778,7136,0072,00108,00190,70133,4911,8813,8818.565,4418.997,4419.429,4419.861,44
195953,55238,3582,0037,4674,92112,38198,65139,0611,8813,8819.339,3219.788,8420.238,3620.687,88

200Delineante 3900,210,0061,9428,3356,6684,99150,04105,0211,3313,1514.606,5214.946,4815.286,4415.626,40
201900,2145,0265,0529,7259,4489,16157,54110,2811,3313,1515.337,2015.693,8416.050,4816.407,12
202900,2190,0368,1331,1762,3493,51165,04115,5311,3313,1516.067,2816.441,3216.815,3617.189,40
203900,21135,0571,2232,5765,1497,71172,54120,7811,3313,1516.797,6017.188,4417.579,2817.970,12
204900,21180,0674,3233,9867,96101,94180,05126,0311,3313,1517.528,0417.935,8018.343,5618.751,32
205900,21225,0977,4335,4170,82106,23187,55131,2911,3313,1518.258,8418.683,7619.108,6819.533,60

210Mestre enc.1.136,000,0080,9237,0074,00111,00189,33132,5314,7717,2418.465,3618.909,3619.353,3619.797,36
2111.136,0056,8084,9338,8477,68116,52198,80139,1614,7717,2419.388,2819.854,3620.320,4420.786,52
2121.136,00113,6088,9640,6981,38122,07208,27145,7914,7717,2420.311,4420.799,7221.288,0021.776,28
2131.136,00170,4093,0142,5285,04127,56217,73152,4114,7717,2421.234,6021.744,8422.255,0822.765,32
2141.136,00227,2097,0744,3588,70133,05227,20159,0414,7717,2422.158,1222.690,3223.222,5223.754,72
2151.136,00284,00101,1346,2692,52138,78236,67165,6714,7717,2423.081,6423.636,7624.191,8824.747,00

220Port./sereno26,350,001,831,022,043,064,333,0710,2011,8812.986,7013.236,6013.486,5013.736,40
22126,351,321,941,052,103,154,553,2210,2011,8813.643,7013.900,9514.158,2014.415,45
22226,352,642,021,112,223,334,773,3810,2011,8814.293,4014.565,3514.837,3015.109,25
22326,353,942,131,182,363,544,983,5310,2011,8814.939,4515.228,5515.517,6515.806,75
22426,355,272,201,212,423,635,203,6810,2011,8815.585,5015.881,9516.178,4016.474,85
22526,356,582,311,272,543,815,413,8310,2011,8816.235,2016.546,3516.857,5017.168,65

230Almaceneiro28,690,001,941,052,103,154,723,3410,7611,9114.121,8514.379,1014.636,3514.893,60
23128,691,442,051,112,223,334,953,5110,7611,9114.833,6015.105,5515.377,5015.649,45
23228,692,862,151,182,363,545,193,6710,7611,9115.534,4015.823,5016.112,6016.401,70
23328,694,312,261,232,463,695,423,8410,7611,9116.249,8016.551,1516.852,5017.153,85
23428,695,732,341,282,563,845,664,0110,7611,9116.946,9517.260,5517.574,1517.887,75
23528,697,172,441,362,724,085,894,1810,7611,9117.655,0517.988,2518.321,4518.654,65

240Oficial 1ª32,800,002,261,232,463,695,393,8212,5314,6016.158,5516.459,9016.761,2517.062,60
24132,801,642,391,312,623,935,664,0112,5314,6016.972,5017.293,4517.614,4017.935,35
24232,803,272,481,382,764,145,934,2012,5314,6017.768,2018.106,3018.444,4018.782,50
24332,804,912,601,422,844,266,204,3912,5314,6018.578,5018.926,4019.274,3019.622,20
24432,806,552,701,472,944,416,474,5812,5314,6019.381,5019.741,6520.101,8020.461,95
24532,808,192,831,573,144,716,744,7712,5314,6020.195,4520.580,1020.964,7521.349,40

250Oficial 2ª31,310,002,151,182,363,545,153,6511,8813,8815.424,9015.714,0016.003,1016.292,20
25131,311,572,261,232,463,695,403,8311,8813,8816.195,0516.496,4016.797,7517.099,10
25231,313,142,361,302,603,905,664,0111,8813,8816.965,2017.283,7017.602,2017.920,70
25331,314,712,461,372,744,115,924,1911,8813,8817.735,3518.071,0018.406,6518.742,30
25431,316,272,601,422,844,266,184,3811,8813,8818.520,1018.868,0019.215,9019.563,80
25531,317,842,701,472,944,416,444,5611,8813,8819.290,2519.650,4020.010,5520.370,70

260Oficial 3ª28,690,001,941,052,103,154,723,3410,7612,6114.121,8514.379,1014.636,3514.893,60
26128,691,442,051,112,223,334,953,5110,7612,6114.833,6015.105,5515.377,5015.649,45
26228,692,862,151,182,363,545,193,6710,7612,6115.534,4015.823,5016.112,6016.401,70
26328,694,312,261,232,463,695,423,8410,7612,6116.249,8016.551,1516.852,5017.153,85
26428,695,732,341,282,563,845,664,0110,7612,6116.946,9517.260,5517.574,1517.887,75
26528,697,172,441,362,724,085,894,1810,7612,6117.655,0517.988,2518.321,4518.654,65

270Espta. 1ª26,350,001,831,022,043,064,333,0710,2011,8812.986,7013.236,6013.486,5013.736,40
27126,351,321,941,052,103,154,553,2210,2011,8813.643,7013.900,9514.158,2014.415,45
27226,352,642,021,112,223,334,773,3810,2011,8814.293,4014.565,3514.837,3015.109,25
27326,353,942,131,182,363,544,983,5310,2011,8814.939,4515.228,5515.517,6515.806,75
27426,355,272,201,212,423,635,203,6810,2011,8815.585,5015.881,9516.178,4016.474,85
27526,356,582,311,272,543,815,413,8310,2011,8816.235,2016.546,3516.857,5017.168,65

280Espta. 2ª25,560,001,810,971,942,914,202,989,9611,7112.610,7512.848,4013.086,0513.323,70
28125,561,281,881,032,063,094,413,139,9611,7113.234,9013.487,2513.739,6013.991,95
28225,562,552,001,102,203,304,623,279,9611,7113.870,0014.139,5014.409,0014.678,50
28325,563,832,071,122,243,364,833,429,9611,7114.494,1514.768,5515.042,9515.317,35
28425,565,112,181,192,383,575,043,579,9611,7115.132,9015.424,4515.716,0016.007,55
28525,566,392,261,232,463,695,253,729,9611,7115.760,7016.062,0516.363,4016.664,75

290Peón24,730,001,780,971,942,914,072,889,7911,4812.212,9012.450,5512.688,2012.925,85
29124,731,241,861,032,063,094,273,029,7911,4812.818,8013.071,1513.323,5013.575,85
29224,732,461,941,052,103,154,473,179,7911,4813.421,0513.678,3013.935,5514.192,80
29324,733,712,051,112,223,334,683,319,7911,4814.045,2014.317,1514.589,1014.861,05
29424,734,942,131,182,363,544,883,459,7911,4814.647,4514.936,5515.225,6515.514,75
29524,736,182,241,222,443,665,083,609,7911,4815.267,9515.566,8515.865,7516.164,65
0,000,000,000,00
0,000,000,000,00

300Of. es. litog.34,530,002,441,362,724,085,684,0213,4915,7517.034,5517.367,7517.700,9518.034,15
30134,531,722,581,422,844,265,964,2213,4915,7517.888,6518.236,5518.584,4518.932,35
30234,533,452,671,472,944,416,244,4213,4915,7518.728,1519.088,3019.448,4519.808,60
30334,535,182,801,563,124,686,534,6213,4915,7519.585,9019.968,1020.350,3020.732,50
30434,536,912,911,593,184,776,814,8313,4915,7520.436,3520.825,9021.215,4521.605,00
30534,538,633,051,693,385,077,095,0313,4915,7521.290,4521.704,5022.118,5522.532,60

310Contrato20,600,001,420,781,562,343,392,407,679,0010.150,6510.341,7510.532,8510.723,95
311en formación20,601,031,490,811,622,433,562,527,679,0010.658,0010.856,4511.054,9011.253,35
31220,602,061,580,851,702,553,722,647,679,0011.169,0011.377,2511.585,5011.793,75
31320,603,091,650,911,822,733,892,767,679,0011.676,3511.899,3012.122,2512.345,20
31420,604,121,700,931,862,794,062,887,679,0012.176,4012.404,2512.632,1012.859,95
31520,605,151,780,971,942,914,233,007,679,0012.687,4012.925,0513.162,7013.400,35