DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 23 de agosto de 2004 Páx. 11.991

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 de xullo de 2004 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Riesgos relacionados con la exposición a agentes biológicos: su evaluación y control.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido informe preceptivo favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-O prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería denominada Riesgos relacionados con la exposición a agentes biológicos: su evaluación y control será de 7 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2004.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais