DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 20 de agosto de 2004 Páx. 11.922

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia.

I

A finalidade desta lei é a de conformar o marco normativo sancionador aplicable ás materias de pesca, marisqueo e acuicultura e demais competencias en materia de ordenación do sector pesqueiro que a Comunidade Autónoma ten atribuídas en virtude da Constitución española e do Estatuto de autonomía.

A transcendencia dunha eficaz política de conservación dos recursos nunha comunidade como a galega, na que o sector pesqueiro desempeña unha posición relevante no conxunto da súa economía, xustifica por si mesma a conveniencia de contar cun réxime operativo e actual que responda ás exixencias demandadas por unha explotación racional dos recursos e unha comercialización responsable dos produtos pesqueiros.

II

Os tímidos obxectivos formulados pola Lei 5/1985, do 11 de xuño, de sancións en materia pesqueira, marisqueira e de cultivos mariños, primeiro corpo normativo propio da Comunidade Autónoma de Galicia sobre esta materia, víronse amplamente superados pola Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións na materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, á que esta lei vén substituír.

A anterior Lei 6/1991, froito da experiencia acadada na aplicación da súa predecesora, foi unha lei ambiciosa e pioneira: ambiciosa nas súas pretensións de cubrir amplamente a casuística dos sectores pesqueiro, marisqueiro e de acuicultura, así como polo mérito de apartarse da lexislación estatal entón vixente, buscando un marco normativo propio que respondese ás realidades da Galicia costeira, pioneira por ser das máis precoces das lexislacións autonómicas no seu intento.

Máis de dez anos separan aquel momento do actual. O tempo transcorrido desde entón invitaba xa a reconsiderar a anterior lei, non pola súa falta de valor senón por un afán de dar solución aos problemas que con máis frecuencia xurdían na súa diaria aplicación.

Esta invitación converteuse case nunha exixencia coa promulgación da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, norma que, por conter o réxime de infraccións e sancións en materia de ordenación do sector pesqueiro, constitúe, de acordo co artigo 149.1.19 da Constitución, lexislación básica.

É conveniente tamén recordar que a dita lei estatal non é a primeira lei básica ditada con posterioridade á Lei 6/1991 con incidencia no seu contido; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sentou as bases aplicables en materia procedemental a todas as administracións, ademais de regular no seu título IX os principios tanto de potestade como dos procedementos sancionadores. Se ben esta lei foi aplicable desde a súa publicación, resultaba oportuno axustar o réxime sancionador contido na regulación autonómica ás bases estatais vixentes en temas como responsabilidade, prescrición, reincidencia, etc.

O marco estatal non é o único no que debe inscribirse a conservación dos recursos mariños. A normativa comunitaria, integrada fundamentalmente polo Regulamento do Consello nº 1447/1999, do 24 de xuño, polo que se establece unha lista de tipos de condutas que infrinxen gravemente as normas da política pesqueira común, o Regulamento da Comisión nº 2740/1999, do 21 de decembro, que fixa as disposicións de aplicación do citado regulamento, así como o Regulamento n.º 2847/1993, polo que se establece un réxime de control aplicable á política pesqueira común, e a súa modificación polo Regulamento 2846/1998, constitúe un punto de referencia básico na materia.

A Lei galega 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, realizou o seu primeiro intento de aproximación aos obxectivos expostos, pero o alcance das súas modificacións puntuais supuxo unicamente unha resposta conxuntural a aquela necesidade.

III

O artigo 148.1.11 da Constitución española habilita as comunidades autonómicas como Galicia para asumir competencias en materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura.

O Estatuto de autonomía de Galicia materializou esta facultade ao outorgarlle no seu artigo 27.15 á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de «pesca nas rías e demais augas interiores, o marisqueo e a acuicultura».

Ademais disto e dentro do marco delimitado pola competencia estatal contida no artigo 149.1.19 da Constitución española (pesca marítima, sen prexuízo das competencias que na ordenación do sector se lles atribúan ás comunidades autónomas), o artigo 28.5 determina a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para «o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado, nos termos que a mesma estableza, en materia de ordenación do sector pesqueiro».

O Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca, enumera entre as competencias asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as materias de «pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura» e ao anunciar as funcións comprendidas nas citadas competencias establece que lle corresponde á dita comunidade «ditar as

normas correspondentes para regular a inspección e sanción, sen prexuízo das competencias que, con respecto á vixilancia en augas interiores, lle correspondan á Armada».

A lei inclúe tamén o réxime sancionador das escolas de navegación de recreo, así como o aplicable ás actividades subacuáticas profesionais; estes sectores, non recollidos na Lei 6/1991, carecían, ao seren as súas regulamentacións substantivas posteriores á citada lei, dun marco sancionador propio. As funcións e servizos que a Comunidade Autónoma asumiu son os contidos no Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, de traspasos en materia de ensinanzas náutico-deportivas e subacuáticas deportivas, ditado en desenvolvemento do artigo 27.22 do Estatuto de autonomía para Galicia, que lle outorga a competencia exclusiva en materia de deporte e ocio.

A inclusión do réxime sancionador destas materias nesta lei considerouse oportuna á hora de deseñar unha política de protección integral do medio mariño, dada a íntima conexión que as citadas actividades teñen con el.

IV

Como xa se puxo de manifesto, a década transcorrida na aplicación da Lei 6/1991 supuxo a aparición de novas regulamentacións estatais de materias que inciden na normativa autonómica vixente e que, polo seu carácter básico, demandan unha adecuación desta ás prescricións daquelas.

Pero non é este o único obxectivo desta lei, as súas pretensións son máis ambiciosas, pois ao igual que a lei á que releva, esta lei pretende conseguir un maior grao de protección dos recursos mariños sen que iso signifique un maior grao de represión.

Neste sentido, a ampliación do número de supostos infractores tipificados debe de entenderse como o resultado dunha detida análise da casuística presentada durante a pasada década.

Á incorporación de novos tipos, que responden a casos formulados que carecían de regulamentación, hai que unir a eliminación doutros previstos e que pola contra a práctica demostrou inaplicables, unha mellor definición do seu contido e fundamentalmente unha sistematización de todos eles por materias, que vai incidir nunha ordenación máis racional e alcanzable que impón un diferente grao de sancionabilidade, determinado pola distinta transcendencia que cada clase de infracción pode representar para o medio mariño que se trata de preservar.

Ademais disto, a lei introduce figuras, como a suspensión condicional da sanción ou os criterios atenuantes de graduación, que perseguen un efecto disuasorio máis que condenatorio e cuxa efectividade poderá ser valorada unha vez que sexan postos en práctica, dentro do actual panorama marcadamente punitivo do réxime legal da protección dos recursos mariños.

V

A lei estrutúrase en cinco títulos, catro disposicións adicionais, unha transitoria, unha derrogatoria e tres derradeiras.

O contido dos títulos é o seguinte: título I: disposicións xerais, título II: infraccións, título III: sancións, título IV: procedemento sancionador, e título V: da loita contra a pesca ilegal dos buques de abandeiramento de conveniencia.

O título I regula aspectos xenéricos do réxime sancionador, tales como o da responsabilidade administrativa e a súa extinción, ou o da prescrición das infraccións e as sancións.

O título II inclúe un catálogo de infraccións sistematizadas en atención á súa gravidade. Dentro do mesmo grao as infraccións clasifícanse segundo a materia a que se refiran, resultando os seguintes apartados: a) Cooperación coas autoridades, b) Pesca profesional e marisqueo, c) Acuicultura, d) Pesca recreativa, e) Actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais, f) Ordenación do sector pesqueiro e comercialización dos produtos pesqueiros e g) Conservación do medio mariño.

O título III contén as sancións aplicables ás infraccións tipificadas no título anterior. Ao lado das multas introdúcese a posibilidade da imposición de sancións accesorias, como a inhabilitación profesional para o desenvolvemento de actividades pesqueiras ou a retirada do permiso de explotación, entre outras.

A contía das multas alcanza diversos topes en atención á materia na que se encadra a correspondente infracción.

Neste título III inclúense tamén normas relativas á graduación, tales como os criterios agravantes e atenuantes ou a definición de conceptos como reincidencia.

Recóllese a figura da suspensión condicional das sancións nas que concorran determinados requisitos e subordinada ao cumprimento das condicións que en cada caso se impoñan.

O título IV, dedicado ao procedemento sancionador, estrutúrase en cinco capítulos, que se denominan «Normas xerais», «Iniciación do procedemento», «Instrución», «Resolución e terminación» e «Procedemento simplificado».

O título V, dedicado á loita contra a pesca ilegal desenvolta polos buques de abandeiramento de conveniencia, conta cun único artigo que recolle as directrices fixadas tanto a nivel internacional como nacional de adopción de medidas restritivas contra aquela pesca que veñen desenvolvendo determinados buques sen respecto aos acordos de cotas de pesca e limitacións ao exercicio da actividade para preservar os recursos pesqueiros.

As disposicións adicionais, transitoria única e derradeiras conteñen respectivamente os réximes xurídicos especiais, o réxime aplicable aos procedementos sancionadores iniciados antes da entrada

en vigor da lei e as previsións de desenvolvemento regulamentario da dita lei.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 (do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia.

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta lei ten por obxecto regular o exercicio da potestade sancionadora en materia de pesca marítima, marisqueo, acuicultura, ordenación do sector pesqueiro e da actividade comercial dos produtos da pesca, así como os relativos ás actividades náuticas de recreo e as subacuáticas profesionais no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo a presente lei ten por obxecto regular o exercicio da potestade sancionadora en materia de vertidos e daquelas accións ou omisións de calquera natureza que incidan sobre a calidade dos recursos mariños e do medio costeiro no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que estes supostos estean regulados pola normativa sectorial ou específica na materia.

Artigo 2º.-Potestade sancionadora.

A potestade sancionadora nas materias obxecto desta lei corresponderalle exercela á consellaría competente en asuntos de pesca, marisqueo e acuicultura, que a exercerá de acordo con esta lei e co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º.-Responsabilidade.

1. Serán responsables das infraccións tipificadas nesta lei as persoas físicas ou xurídicas que as cometan, aínda cando estean integradas en asociacións temporais de empresas, agrupacións ou comunidades de bens.

2. Os propietarios de buques ou armadores, no caso de mediar unha denuncia por suposta infracción administrativa de pesca marítima, debidamente requiridos para iso teñen o deber de identificar o patrón responsable da embarcación e se incumpren esta obriga serán sancionados como autores dunha infracción grave de falta de colaboración ou de obstrución aos labores de inspección.

3. Cando a infracción sexa imputable a varias persoas e non sexa posible determinar o grao de participación de cada unha, responderán solidariamente:

a) Nos casos de infraccións cometidas en materia de pesca e marisqueo, os propietarios de embarcacións, armadores, fretadores, capitáns e patróns.

b) Nos casos de infraccións cometidas en materia de acuicultura, os titulares de establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

c) Nos casos de infraccións cometidas no transporte de produtos da pesca, o marisqueo e acuicultura, os titulares de empresas de transporte.

d) Os titulares e entidades xestoras das lonxas pesqueiras e centros de venda respecto da identificación das especies, así como da exposición e venda de produtos vedados e de talla ou peso inferiores aos regulamentarios.

e) Nos casos de infraccións cometidas na comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, os titulares de empresas comercializadoras ou transformadoras dos ditos produtos.

f) Os titulares de empresas de hostalaría que ofrezan ao consumo produtos vedados ou de talla ou peso inferior ao regulamentario.

g) Os titulares das escolas náutico-deportivas, centros de inmersión e academias náutico-deportivas, respecto das infraccións que afecten ás ditas actividades.

h) No caso de infraccións cometidas en materia de vertidos no mar, os titulares dos buques e, se é o caso, das empresas e industrias que efectuasen os vertidos contaminantes, agás que estes supostos estean regulados pola normativa sectorial ou específica na materia.

i) No caso de obras de construción que incidan directamente sobre o medio mariño, os titulares das empresas construtoras e, se é o caso, as administracións públicas promotoras delas, agás que o dito suposto estea regulado pola normativa sectorial ou específica na materia.

4. Das infraccións cometidas polos menores de idade non emancipados serán responsables os seus pais ou titores.

Artigo 4º.-Concorrencia de responsabilidades.

1. A responsabilidade polas accións ou omisións tipificadas nesta lei é de natureza administrativa e non exclúe a doutra orde a que houber lugar.

2. As sancións que se impoñan a distintos suxeitos como consecuencia dunha mesma infracción terán entre si carácter independente, agás nos supostos de responsabilidade solidaria regulados no artigo 3.3 desta lei.

3. Non poderán sancionarse os feitos que fosen sancionados penal ou administrativamente nos casos en que se aprecie identidade de suxeito, feito e fundamento.

4. En calquera momento do procedemento sancionador no que os órganos competentes xulguen que os feitos tamén poden ser constitutivos de ilícito penal, comunicaranllo ao Ministerio Fiscal, solicitándolle testemuño sobre as actuacións practicadas respecto da comunicación.

Nestes supostos, así como cando os órganos competentes teñan coñecemento de que se está desen

volvendo un proceso penal sobre os mesmos feitos, solicitarán do órgano xudicial comunicación sobre as actuacións adoptadas.

5. Recibida a comunicación, e se se considera que existe identidade de suxeito, feito e fundamento entre a infracción administrativa e a infracción penal que puidera corresponder, o órgano competente para a resolución do procedemento acordará a súa suspensión ata que recaia resolución xudicial, notificándollo ao interesado.

6. En todo caso, os feitos declarados probados por resolución penal firme vinculan os órganos administrativos respecto dos procedementos sancionadores que se substancien.

7. O órgano competente poderá aprazar a resolución do procedemento se se acreditase que se está a seguir un procedemento polos mesmos feitos e infraccións distintas ante os órganos comunitarios europeos. A suspensión alzarase cando aqueles ditasen resolución firme. Se impuxesen sanción os órganos comunitarios, o órgano competente para resolver deberá tela en conta para os efectos de graduar a que, se é o caso, deba impoñer, podendo compensala, sen prexuízo de declarar a comisión da infracción.

Artigo 5º.-Extinción da responsabilidade.

A responsabilidade derivada da comisión de infraccións nesta lei extinguirase:

a) Polo falecemento da persoa física sancionada.

b) Polo cumprimento da sanción imposta.

c) Pola prescrición da infracción.

d) Pola prescrición da sanción.

Artigo 6º.-Prescrición de infraccións.

1. As infraccións administrativas previstas nesta lei prescribirán: no prazo de tres anos as moi graves, no de dous anos as graves e no de seis meses as leves.

2. O prazo de prescrición das infraccións comezará a contarse desde o día en que a infracción se cometese, salvo no suposto de infraccións continuadas, no que o prazo de prescrición comezará a contarse desde o momento de finalización da actividade, do último acto co que a infracción se consuma ou desde que se eliminou a situación ilícita.

3. Interromperá a prescrición da infracción a iniciación, con coñecemento do presunto responsable, do procedemento sancionador, reiniciándose a prescrición a partir do día seguinte a aquel no que se cumprise un mes da paralización do expediente sancionador, por causa non imputable ao presunto responsable.

Artigo 7º.-Prescrición de sancións.

1. As sancións impostas pola comisión de infraccións moi graves prescribirán aos tres anos, en tanto que as impostas por graves ou leves farano aos dous anos e ao ano respectivamente.

2. O prazo de prescrición das sancións comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza en vía administrativa a resolución pola que se impoña a sanción.

3. Interromperá a prescrición da sanción a iniciación, con coñecemento do sancionado, do procedemento de execución, reiniciándose a prescrición a partir do día seguinte a aquel en que se cumprise un mes da paralización do procedemento de execución, por causa non imputable ao sancionado.

Igualmente interromperá a prescrición da sanción a resolución xudicial pola que se acorda a suspensión da súa execución, así como a resolución favorable de suspensión condicional prevista no artigo 23 desta lei, reiniciándose de novo a prescrición a partir do día seguinte a aquel en que se levante a suspensión xudicial ou se revogue a suspensión condicional se é o caso.

TÍTULO II

Infraccións

Artigo 8º.-Infraccións administrativas.

Constitúe infracción administrativa en materia de pesca marítima, marisqueo, acuicultura, actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais e ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros toda acción ou omisión tipificada como tal nesta lei.

Constitúen tamén infracción administrativa os vertidos ou outras accións ou omisións de calquera natureza que, incidindo na calidade dos recursos mariños, se sitúen no ámbito das competencias autonómicas, agás naqueles supostos regulados pola normativa sectorial ou específica na materia.

Artigo 9º.-Tipos de infraccións.

As infraccións administrativas clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Artigo 10. Infraccións leves.

Considéranse infraccións leves as seguintes:

A) En materia de cooperación coas autoridades:

1. As faltas de respecto ás autoridades de vixilancia ou inspección cometidas con ocasión do exercicio das súas funcións.

2. A falta de auxilio ás autoridades de vixilancia e inspección sen xustificación cando sexan requiridos no caso de accións que afecten ou causen prexuízos aos recursos mariños.

B) En materia de pesca profesional e marisqueo:

1. Non levar consigo ou non exhibir o permiso de explotación ou o libro de rexistro da actividade pesqueira durante os labores extractivos cando fora requirido pola autoridade competente. Malia o anterior, quedará exento de responsabilidade se no prazo máximo de vinte e catro horas presenta ante a autoridade competente a documentación requirida.

2. O incumprimento das normas dos plans de explotación aprobados pola consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

3. O incumprimento das disposicións regulamentarias sobre autorizacións marisqueiras ou das condicións contidas na dita autorización.

4. Non ter regulamentariamente identificadas e balizadas as artes, aparellos ou útiles de pesca, así como a utilización de boias ou balizas que non cumpran a normativa vixente.

5. O incumprimento da obriga de levar visibles, na forma prevista pola lexislación vixente, o folio e a matrícula da embarcación ou calquera outro distintivo, impedir a súa visualización ou manipular a dita matrícula, cando dificulte o exercicio da actividade inspectora.

C) En materia de acuicultura:

1. O mantemento en condicións diferentes ás regulamentariamente establecidas das placas identificativas dos viveiros de cultivos mariños.

2. O incumprimento das normas relativas á autorización administrativa necesaria para a transferencia dos establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

D) En materia de pesca recreativa:

1. Non levar no momento da práctica da pesca recreativa a correspondente licenza que habilita para exercer a dita actividade, ou ben non exhibila ao ser requirido para isto.

Malia o anterior, quedará exento de responsabilidade se no prazo máximo de vinte e catro horas presenta ante a autoridade competente a documentación requirida.

2. Realizar inmersións nas zonas definidas como reservadas ou prohibidas para a pesca submarina sen a preceptiva notificación ou autorización previa da consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

3. O exercicio da pesca recreativa con incumprimento das distancias mínimas establecidas na normativa vixente.

E) En materia de actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais:

1. O incumprimento por parte das escolas de navegación de recreo das obrigas exixidas regulamentariamente en materia de información e reclamacións.

2. A realización de intervencións subacuáticas hiperbáricas sen portar a tarxeta de mergullo profesional ou o libro diario sen actualizar ou indebidamente dilixenciado.

Malia o anterior, quedará exento de responsabilidade se no prazo máximo de vinte e catro horas presenta ante a autoridade competente a documentación requirida.

F) En materia de ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros:

1. O incumprimento das preceptivas obrigas de información ás administracións públicas ou a súa

comunicación incumprindo os prazos ou as condicións delas, cando non estea tipificada como infracción grave ou moi grave.

2. Cargar produtos pesqueiros fóra dos lugares ou portos autorizados para o efecto.

3. A colocación nos circuítos comerciais de produtos do mar que incumpran parcial ou erroneamente as normas de etiquetado, presentación ou publicidade nas diversas fases de comercialización, incluídos o transporte e distribución ata o consumidor final.

G) As accións ou omisións que supoñan o incumprimento das obrigas establecidas na lexislación pesqueira comunitaria, ou previstas nos tratados ou convenios internacionais subscritos pola Unión Europea, que afecten a actividade pesqueira e non supoñan infracción grave ou moi grave.

Artigo 11º.-Infraccións graves.

Considéranse infraccións graves as seguintes:

A) En materia de cooperación coas autoridades:

A obstrución dos labores de inspección sen chegar a impedir o seu exercicio.

B) En materia de pesca profesional e marisqueo:

1. A comisión da cuarta infracción leve nesta materia dentro dun período de dous anos.

Relativas ao exercicio da actividade:

2. O exercicio da actividade extractiva sen o título administrativo habilitante.

3. A utilización para a captura de especies mariñas de equipos de respiración autónoma ou outro tipo de equipos submarinos non autorizados.

4. A infracción das normas relativas aos topes de captura regulamentariamente establecidos.

5. O exercicio da actividade extractiva en fondos ou zonas prohibidas ou non autorizadas.

6. Non respectar os días ou horarios establecidos para a actividade extractiva.

7. Realizar faenas de pesca sen acender ningunha das luces regulamentarias ou acender luces diferentes das que corresponden ao tipo de pesca que se realice.

8. O incumprimento da obriga de respectar distancias mínimas para buques e artes establecidas na normativa vixente.

9. A obtención do permiso de explotación con base en documentos, datos ou informes falsos.

10. Impedir ou obstaculizar indebidamente a actividade pesqueira ou marisqueira.

Relativas ás especies:

11. A captura de especies de talla ou peso inferior ao establecido, segundo os límites e condicións que se fixen regulamentariamente.

12. A captura de especies en época vedada, segundo os límites que se fixen regulamentariamente.

13. A introdución de especies ou individuos en augas do litoral da Comunidade Autónoma galega sen cumprir cos requisitos que regulamentariamente se determinen.

Relativas ás artes:

14. O uso ou a mera posesión, cando non se xustifique razoablemente a súa aplicación a mesteres distintos da pesca ou o marisqueo, de artes, aparellos ou instrumentos prohibidos ou con medidas antirregulamentarias.

15. A posesión na embarcación de artes de pesca en maior número do autorizado regulamentariamente.

16. O uso ou a tenza a bordo de artes, aparellos ou útiles de pesca ou marisqueo distintos aos autorizados no permiso de explotación ou que estando autorizados neste non se correspondan coa última anotación no libro de rexistro da actividade pesqueira, salvo casos puntualmente autorizados.

Relativas aos medios de control:

17. A alteración dos datos ou circunstancias que figuren no correspondente permiso de explotación.

18. Non cubrir o diario de pesca, declaración de desembarque ou libro de capturas, ou facelo alterando os datos relativos ás capturas ou ao esforzo de pesca, infrinxindo a normativa en vigor, así como non levar a bordo o citado diario.

C) En materia de acuicultura:

1. A comisión da cuarta infracción leve nesta materia nun período de dous anos.

2. A alteración das características ou o incumprimento das condicións establecidas no correspondente título administrativo que habilita para a explotación de establecementos de cultivos mariños ou auxiliares.

3. O incumprimento das normas de produción e venda das especies mariñas que se encontren nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

4. O incumprimento das normas que regulan a autorización administrativa para cambio de sistema dos viveiros de cultivos mariños.

5. A instalación ou explotación de expositores ou centros reguladores de crustáceos sen contar coa oportuna autorización administrativa.

6. A ausencia da preceptiva placa identificativa dos viveiros de cultivos mariños ou a inclusión nela de datos non reais.

7. A explotación dun viveiro de cultivos mariños sen dispoñer do seguro regulamentariamente establecido.

8. O incumprimento das normas que regulan a autorización administrativa para o traslado de especies entre viveiros.

9. O incumprimento das normas relativas á autorización para a extracción de semente de mexillón.

10. A introdución de especies ou individuos en establecementos de cultivos mariños ou auxiliares

sen cumprir os requisitos que regulamentariamente se determinen.

D) En materia de pesca recreativa:

1. A comisión dunha cuarta infracción leve nesta materia nun período de dous anos.

2. O exercicio da pesca recreativa sen a preceptiva licenza.

3. A tenza a bordo ou o emprego para a captura de especies mariñas de útiles prohibidos regulamentariamente.

4. A pesca marítima de recreo incumprindo os días e horarios regulamentariamente establecidos.

5. A pesca recreativa en fondos prohibidos ou en zonas ou épocas vedadas, así como de especies non permitidas.

6. A captura de especies de talla ou peso inferior ao establecido regulamentariamente.

7. O incumprimento dos topes de captura regulamentariamente establecidos na pesca marítima de recreo.

8. A comercialización das especies capturadas no exercicio da pesca marítima de recreo.

9. A captura de especies mariñas con equipos de respiración autónomos, semiautónomos ou calquera outro sistema que permita a respiración en inmersión ou mediante a utilización de artefactos hidroescorregadores ou vehículos similares.

10. O emprego de luces artificiais de superficie ou somerxidas ou de calquera outro medio que sirva de atracción ou de concentración artificial das especies que se vaian capturar.

11. O uso de substancia velenosa, narcótica, explosiva ou contaminante.

12. A falta do balizamento regulamentario establecido.

E) En materia de actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais:

1. A comisión dunha cuarta infracción leve nesta materia nun período de dous anos.

2. A realización de prácticas polas escolas de navegación de recreo con instrutores con titulación insuficiente para o nivel correspondente.

3. Non manter actualizados e en vigor os seguros obrigatorios exixidos á escola.

4. A alteración de datos e deficiente mantemento ou custodia, por parte da persoa obrigada a isto, do libro de rexistro de prácticas.

5. A alteración ou referendo como xefe de equipo das anotacións do libro diario de mergullo con datos falsos.

6. Realizar actividades subacuáticas hiperbáricas sen a autorización expedida pola consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura ou con incumprimento da dita autorización.

7. O uso da tarxeta de mergullo profesional fóra do seu período de vixencia.

8. A realización de actividades subacuáticas hiperbáricas co libro diario fóra do período de vixencia.

9. O incumprimento por parte das escolas de navegación de recreo dos requisitos para o seu recoñecemento.

F) En materia de ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros:

1. A comisión dunha cuarta infracción leve nesta materia nun período de dous anos.

2. Toda omisión ou falseamento grave de datos sobre a produción ou venda de produtos obtidos na actividade pesqueira, marisqueira ou de acuicultura, cando sexa obrigada a súa presentación ante a consellaría correspondente.

3. A non aplicación, o falseamento e a desviación da aplicación de todo tipo de axudas e subvencións que perciban os beneficiarios con cargo aos orzamentos da citada consellaría, sempre que non se cualifique de infracción grave, conforme os criterios regulamentarios de graduación, sen prexuízo do reintegro da axuda nos termos establecidos na normativa do réxime financeiro.

4. A realización de operacións de construción ou modernización de buques pesqueiros á marxe ou con incumprimento das preceptivas autorizacións dos órganos competentes da Comunidade Autónoma no ámbito das súas competencias.

5. O cambio da base do buque pesqueiro sen obter previamente a correspondente autorización administrativa ou a súa utilización incorrecta salvo nos casos de forza maior ou debido ao atraso ou á paralización inxustificada por parte dos organismos administrativos encargados do expediente de cambio de base.

6. A realización de actividades de compravenda de produtos pesqueiros en lugar ou forma non autorizados legalmente ou con incumprimento dos requisitos exixidos, así como a non expedición da nota de venda, a inclusión de datos falsos nela ou a non especificación exixida legalmente.

7. O transporte de produtos procedentes da pesca, o marisqueo ou a acuicultura sen a correspondente documentación exixida na normativa vixente.

8. O exercicio de actividades profesionais pesqueiras sen estar en posesión da titulación que acredite a capacitación e a formación profesional marítimo-pesqueira.

9. O incumprimento da normativa vixente relativa á potencia dos motores ou outros parámetros establecidos para embarcacións.

10. A entrada ou saída do porto fóra do horario establecido para o exercicio da actividade pesqueira, debéndose neste suposto ter en conta o tempo que regulamentariamente se determine como necesario e razoable para chegar á zona ou ao caladoiro onde se exercerá a actividade pesqueira, agás supostos de estado de necesidade, forza maior ou convenio entre a administración e os particulares afectados do sector, todo iso sen prexuízo das competencias concorrentes na materia.

11. O incumprimento dos descansos de pesca establecidos.

12. O desembarque, carga ou descarga de especies e produtos pesqueiros en condicións distintas das establecidas legalmente.

13. A identificación incorrecta nas caixas ou embalaxes das especies contidas.

14. A comercialización de especies pesqueiras con incumprimento da normativa sobre categorías de frescura e calibrado, ou sen contar coas autorizacións necesarias ou en condicións distintas das establecidas nas ditas autorizacións.

15. A tenza, a consignación, o transporte, o tránsito, o almacenamento, a transformación, a exposición e a venda, en calquera das formas previstas legalmente, de produtos pesqueiros prohibidos ou de talla ou peso inferior ao regulamentario.

16. A comercialización de produtos da pesca e do marisqueo de calquera orixe ou procedencia cuxa talla ou peso sexa inferior ao regulamentario de cada modalidade ou o seu modo de obtención non fose conforme coa normativa internacional, comunitaria, estatal e autonómica de aplicación na materia ou incumpran a normativa sanitaria que en cada momento se estableza.

17. A comercialización de produtos de acuicultura incumprindo os tamaños comerciais que regulamentariamente se establezan.

18. A negativa inxustificada polas entidades xestoras das lonxas ou centros de venda a prestar os servizos necesarios para a primeira venda e comercialización.

19. A colocación en circuítos comerciais de produtos do mar sen ningún dos datos obrigados exixidos pola normativa de etiquetado, presentación e publicidade dos produtos do mar nas diversas fases de comercialización, incluídos o transporte e a distribución deles ata o consumidor final.

20. A poxa por parte de vendedores ou concesionarios de lonxas ou centros de venda de especies vedadas ou de talla ou peso antirregulamentario, ou de cantidades que sobrepasen os topes establecidos, sen prexuízo da perda da concesión ou autorización.

G) En materia de conservación do medio mariño:

1. Calquera actuación de conservación e rexeneración de recursos pesqueiros en zonas mariñas costeiras sen a correspondente autorización administrativa, sempre que o dito suposto non estea regulado pola normativa sectorial ou específica sobre a materia.

2. Calquera actuación ou variación das características do medio mariño, tanto na zona marítima como marítimo-terrestre ou do borde litoral, que non cumpra as normas de protección ambiental aprobadas, cando esta actuación non estea regulada pola normativa medioambiental ou específica sobre a materia.

Artigo 12º.-Infraccións moi graves.

Considéranse infraccións moi graves as seguintes:

A) En materia de cooperación coas autoridades:

A resistencia ou desobediencia grave ás autoridades de vixilancia ou inspección impedindo o exercicio dela, así como a violencia exercida sobre os citados axentes no cumprimento das súas funcións.

B) En materia de pesca profesional e marisqueo:

1. A comisión dunha cuarta infracción grave nesta materia nun período de dous anos.

Relativas ao exercicio da actividade:

2. O emprego de armas ou substancias velenosas, corrosivas, explosivas, paralizantes, soporíferas ou contaminantes nos labores de pesca ou marisqueo, e a súa tenza ou transporte.

3. A explotación de recursos mariños en bancos naturais sen contar coa preceptiva autorización administrativa.

4. Exercer faenas de pesca profesional sen estar incluído nos censos establecidos regulamentariamente.

Relativas ás artes:

5. O emprego en faenas de pesca ou de marisqueo de artes ou métodos de arrastre, salvo nos casos regulamentados.

Relativas ás especies:

6. A extracción, posesión, transporte ou comercialización de especies mariñas procedentes de zonas de produción cerradas por motivos hixiénico-sanitarios.

7. A introdución en augas do litoral da Comunidade Autónoma galega, sen cumprir os requisitos que regulamentariamente se determinen, de especies ou individuos alóctonos ou daqueles cuxa introdución poña en perigo o estatuto de zona autorizada do lugar onde se efectúe.

C) En materia de acuicultura:

1. A comisión dunha cuarta infracción grave nesta materia nun período de dous anos.

2. A instalación ou a explotación de establecementos de cultivos mariños e auxiliares, con excepción dos expositores e dos centros reguladores de crustáceos, sen contar co preceptivo título administrativo habilitante.

3. A obtención de concesións, autorizacións ou permisos de actividade baseándose en documentos, datos ou información falsos.

D) En materia de pesca recreativa:

1. A comisión dunha cuarta infracción grave nesta materia nun período de dous anos.

2. A alteración dos datos ou circunstancias que figuren na correspondente licenza de pesca recreativa, así como o uso fraudulento dela.

3. A obtención da licenza de pesca recreativa con base en documentos, datos ou información falsos.

E) En materia de actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais:

1. A comisión dunha cuarta infracción grave nesta materia nun período de dous anos.

2. A expedición polas escolas de navegación de recreo de certificados de prácticas sen a realización total ou parcial dos programas correspondentes ou a súa denegación inxustificada a persoas que as realizasen.

3. Practicar o mergullo carecendo de título para el ou sen a titulación adecuada ao nivel de exposición hiperbárica da intervención, así como alterar os datos ou circunstancias que figuren na tarxeta ou libro diario de mergullo ou na autorización para a realización das actividades.

4. A alteración dos datos ou circunstancias que figuren na correspondente tarxeta de mergullo profesional ou no libro diario de mergullo así como o uso fraudulento deles.

5. Achegar documentos, datos ou información falsos para obter calquera título ou autorización.

F) En materia de ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros:

1. A comisión dunha cuarta infracción grave nesta materia nun período de dous anos.

2. A obtención de subvencións, préstamos e en xeral calquera tipo de axuda con base en datos falsos, así como destinalas a fins distintos dos previstos, sen prexuízo do reintegro da axuda nos termos da normativa do réxime financeiro.

3. A obtención das autorizacións precisas con base en documentos ou informacións falsos.

G) En materia de conservación do medio mariño:

1. As actividades que prexudiquen, alteren ou destrúan reservas de pesca ou zonas de especial interese pesqueiro.

2. Verter ao mar organismos, substancias ou produtos que polas súas características biolóxicas ou químicas causen prexuízo ao medio ou aos recursos mariños, sempre que o dito suposto non estea previsto na normativa sectorial ou específica sobre a materia.

3. Calquera actuación exercida sobre o medio mariño, o medio marítimo-terrestre ou o borde litoral que cause efectos daniños sobre os recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas cambiando as súas características, sempre que o dito suposto non estea regulado na normativa sectorial ou específica sobre a materia.

TÍTULO III

Sancións

Artigo 13º.-Clases de sancións.

1. As sancións que poden aplicarse pola comisión das infraccións previstas nesta lei son as seguintes:

a) Apercibimento.

b) Multa.

c) Inhabilitación para o exercicio ou desenvolvemento de actividades pesqueiras, marisqueiras, de mergullo profesional ou de formación náutica de recreo durante un período non superior a cinco anos.

d) Suspensión, retirada ou non renovación das autorizacións durante un período non superior a cinco anos.

e) Imposibilidade de ser beneficiario durante un prazo non superior a cinco anos de préstamos, subvencións ou axudas públicas convocadas pola Administración autonómica nas materias reguladas nesta lei.

f) Comiso dos aparellos, artes, útiles, instrumentos, embarcacións ou equipos de todo xénero empregados para a comisión dalgún dos feitos tipificados como infracción nesta lei, ou dos produtos ou bens obtidos.

g) A clausura temporal dun establecemento de cultivos mariños e auxiliares, sen prexuízo da declaración de caducidade se é o caso do correspondente título administrativo habilitante.

h) A recuperación, restitución e corrección polo infractor e ao seu cargo dos efectos causados pola súa acción ou actuación.

i) A suspensión da actividade ou actuación que supoña unha infracción en materia de conservación do medio mariño ata que se adopten as medidas que garantan o seu cesamento.

2. Estas sancións serán acumulables de conformidade co establecido nesta lei.

3. O órgano sancionador poderá acordar a imposición de multas coercitivas, consonte o disposto no artigo 99 da Lei 30/1992, unha vez transcorridos os prazos sinalados no requirimento correspondente. A contía de cada unha das ditas multas non superará o 20% da multa fixada pola infracción correspondente.

4. Malia o disposto no artigo 4.5, cando se utilizasen o buque ou a embarcación para efectuar o transporte de drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas, transporte ilegal de inmigrantes ou para calquera outra actividade constitutiva de delito e se determinase por resolución xudicial firme a responsabilidade dos autores, estes quedarán inhabilitados para o exercicio ou desenvolvemento das actividades pesqueiras durante un período de dez anos.

Artigo 14º.-Criterios de graduación.

1. A determinación das sancións efectuarase de acordo coas seguintes circunstancias:

a) O grao de neglixencia ou intencionalidade do suxeito infractor.

b) A reincidencia das infraccións cometidas.

c) A índole ou transcendencia dos prexuízos causados ao medio, aos recursos mariños ou a terceiros.

d) O beneficio obtido na comisión da infracción.

e) O prezo en lonxa ou de mercado das especies capturadas, cultivadas, transportadas ou comercializadas.

Considérase circunstancia atenuante proceder a corrixir a infracción cometida no prazo que se sinale no correspondente requirimento.

2. De conformidade cos criterios expostos e cos límites establecidos en atención á materia que se recollen nos artigos seguintes, as sancións que correspondan ás infraccións leves, graves e moi graves impoñeranse nos graos mínimo, medio ou máximo, de acordo coas normas que se fixen regulamentariamente en atención, entre outros, aos seguintes criterios:

No seu grao mínimo:

a) Que o suxeito infractor cometa por vez primeira unha infracción.

b) Que a comisión da infracción non leve aparellados danos ao medio mariño e aos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas.

c) Que a comisión da infracción non supoña incremento do esforzo pesqueiro.

d) Que a infracción cometida non poña en perigo a saúde pública.

e) Que a infracción non poña en perigo vidas humanas.

f) Que se poida restituír totalmente o dano causado pola comisión da infracción.

No seu grao medio:

a) Que os recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas obxecto da infracción non estean ovados ou vedados no momento da comisión da infracción.

b) Que os recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas obxecto da infracción non estean en sobreexplotación.

c) Que os recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas obxecto da infracción se poidan devolver ao seu medio natural sen causar prexuízo para eles.

d) Que se poida restituír parcialmente o dano causado pola comisión da infracción.

No seu grao máximo:

a) Que a comisión da infracción supoña danos ao medio mariño e aos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas.

b) Que a infracción cometida poña en perigo a saúde pública.

c) Que a infracción cometida poña en perigo vidas humanas.

d) Que a infracción cometida impida restituír os danos causados ao medio mariño e aos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas.

Artigo 15º.-Reincidencia.

1. Existirá reincidencia cando no prazo dun ano o presunto infractor, tendo sido sancionado por resolución do procedemento ou por resolución firme en

vía administrativa, cometa máis dunha infracción de igual ou maior natureza.

2. Nos supostos de reincidencia, sancionarase a conduta infractora nos seus graos medio ou máximo.

Artigo 16º.-Sancións en materia de cooperación coas autoridades.

As infraccións reguladas nesta lei en materia de cooperación coas autoridades sancionaranse segundo o seu carácter consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 60 a 300 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 301 a 6.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 6.001 a 60.000 euros.

Artigo 17º.-Sancións en materia de pesca profesional e marisqueo.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de pesca profesional e marisqueo sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 30 a 150 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 151 a 30.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 30.001 a 150.000 euros.

2. As infraccións graves e moi graves, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas cunha ou varias das sancións accesorias recollidas no artigo 13, parágrafos c), d), e) e f), por un período máximo de tres anos para o caso das infraccións graves e de cinco anos no caso das moi graves.

Artigo 18º.-Sancións en materia de acuicultura.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de cultivos mariños sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 60 a 300 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 301 a 60.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 60.001 a 300.000 euros.

2. As infraccións graves ou moi graves, ademais de coas multas correspondentes, poderán ser sancionadas cunha ou varias sancións accesorias recollidas no artigo 13, parágrafos d), e) e g), por un período máximo de tres anos para o caso das infraccións graves e de cinco anos no caso das moi graves.

Artigo 19º.-Sancións en materia de pesca recreativa.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de pesca recreativa sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 30 a 150 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 151 a 3.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 3.001 a 18.000 euros.

2. As infraccións graves ou moi graves, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas cunha ou varias sancións accesorias recollidas no artigo 13, parágrafos d) e f), por un período máximo de tres anos para o caso das infraccións graves e de cinco anos no caso das moi graves.

Artigo 20º.-Sancións en materia de actividades náuticas de recreo e subacuáticas profesionais.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de actividades náuticas e subacuáticas de recreo sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 30 a 150 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 151 a 6.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 6.001 a 60.000 euros.

2. As infraccións graves e moi graves, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas cunha ou varias das sancións accesorias recollidas no artigo 13, parágrafos c), d) e e), por un período máximo de tres anos para o caso das infraccións graves e de cinco anos no caso das moi graves.

Artigo 21º.-Sancións en materia de ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de ordenación do sector e comercialización dos produtos pesqueiros sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións leves serán sancionadas con apercibimento ou multa de 60 a 300 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 301 a 60.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 60.001 a 300.000 euros.

2. As infraccións graves, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas cunha ou varias das seguintes sancións accesorias en función das circunstancias concorrentes:

a) Comiso dos produtos ou bens obtidos ilegalmente, as infraccións previstas no artigo 11.F), números 6, 7, 11, 12, 13, 14, 15, 17 e 18.

b) Suspensión, retirada ou non renovación das autorizacións durante un período non superior a cinco anos, as infraccións previstas no artigo 11.F), números 2, 3, 4, 9, 13, 14, 15 e 16.

c) Inhabilitación para o exercicio ou desenvolvemento de actividades pesqueiras durante un período non superior a cinco anos, as infraccións previstas no artigo 11.F), números 4, 5, 8, 10 e 14.

d) A imposibilidade de obtención durante o prazo non superior a cinco anos de préstamos, subvencións

ou axudas públicas, as infraccións previstas no artigo 11.F), números 2, 3 e 16.

3. As infraccións moi graves, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas, en función das circunstancias concorrentes, cunha ou varias das sancións accesorias seguintes:

a) Suspensión, retirada ou non renovación das autorizacións durante un período non superior a cinco anos, as infraccións previstas no artigo 12.F), número 3.

b) Inhabilitación para o exercicio ou desenvolvemento de actividades durante un período non superior a cinco anos, as infraccións previstas no artigo 12.F), número 3.

c) Imposibilidade de obtención de axudas, préstamos ou subvencións públicas durante un prazo máximo de cinco anos, a infracción prevista no artigo 12.F), número 2.

Artigo 22º.-Sancións en materia de conservación do medio mariño.

1. As infraccións reguladas nesta lei en materia de conservación do medio mariño sancionaranse, segundo o seu carácter, consonte os seguintes criterios:

a) As infraccións graves, con multa de 301 a 60.000 euros.

b) As infraccións moi graves, con multa de 60.001 a 300.000 euros.

2. As infraccións previstas neste artigo, ademais de coa multa correspondente, poderán ser sancionadas coas seguintes sancións accesorias:

a) A imposibilidade de obtención de axudas, préstamos ou subvencións públicas durante un prazo máximo de cinco anos.

b) A recuperación, restitución e corrección polo infractor e ao seu cargo dos efectos causados pola súa actuación.

c) A suspensión da actividade ou actuación que supoña unha infracción en materia de conservación do medio mariño ata que se adopten as medidas que garantan o seu cesamento.

3. Cando o infractor non realice as actuacións previstas nas letras b) e c) do apartado 2 deste artigo, procederase á execución subsidiaria de acordo co previsto na Lei 30/1992.

Artigo 23º.-Suspensión condicional e remisión da sanción.

1. Nas sancións en materias reguladas nesta lei, ditada a resolución que pon fin á vía administrativa, o infractor poderá solicitar no prazo dun mes, contado a partir da notificación, a suspensión condicional da execución da sanción imposta.

Para iso deberá presentar escrito debidamente motivado, dirixido ao conselleiro competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura no que manifeste o compromiso de suxeitarse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin

de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto da normativa reguladora da actividade pesqueira.

A presentación da solicitude determinará a suspensión automática da execución da sanción ata a resolución do expediente sobre a suspensión condicional.

O prazo de suspensión condicional será de seis a nove meses para as faltas leves e de nove a dezaseis meses para as faltas graves e moi graves se é o caso, atendendo en ambos os dous casos as circunstancias da infracción cometida.

2. Serán requisitos para solicitar a suspensión condicional:

a) Que non fose sancionado nos últimos tres anos.

b) Que a contía da sanción imposta non exceda de 30.000 euros.

3. Para os efectos da resolución de suspensión condicional da execución, concederáselle audiencia ao interesado e poderán solicitarse informes das entidades asociativas do sector afectado e doutros organismos públicos interesados. Poderán, así mesmo, solicitarse todos aqueles informes que se xulguen convenientes para resolver sobre a suspensión condicional.

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos, o conselleiro competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura poderá resolver a concesión ou denegación da suspensión condicional da execución da sanción no prazo máximo de seis meses, contado desde que a solicitude entrase no rexistro da consellaría.

4. A resolución denegatoria da suspensión condicional, debidamente motivada, seralle notificada ao interesado, procedéndose a continuar a tramitación da execución da sanción imposta. Así mesmo, a resolución favorable, debidamente motivada, seralles notificada aos interesados e expresará as condicións en que se levará a cabo, así como que ela suspende os prazos de prescrición da sanción establecida nesta lei. Os interesados poderán entender estimada por silencio administrativo a súa solicitude.

5. As condicións de obrigado respecto polo infractor, durante o período de suspensión, incluirán en todo caso:

a) Non cometer ningunha infracción das tipificadas nesta lei.

b) Cumprir debidamente as medidas cautelares impostas e mantidas, se é o caso.

6. Se o interesado, durante o prazo de suspensión fixado, incumprira as obrigas ou condicións impostas ou fose sancionado por outras infraccións pesqueiras, o órgano competente, logo da audiencia daquel, revogará a suspensión condicional da execución da infracción e continuarase a tramitación da execución da sanción imposta.

7. Unha vez cumprido o tempo establecido na suspensión, se o infractor, á vista dos informes que poidan ser requiridos para o efecto, cumpriu as con

dicións establecidas e non fose sancionado por outras infraccións pesqueiras, o conselleiro competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura acordará a remisión da sanción imposta sempre que a resolución administrativa sancionadora sexa firme e non recaese sentenza xudicial.

TÍTULO IV

Procedemento sancionador

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 24º.-Procedemento sancionador.

A imposición de sancións tipificadas nesta lei axustarase ao procedemento sancionador regulado neste título e, subsidiariamente, ao establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións aplicables.

Artigo 25º.-Órganos competentes.

1. A competencia para acordar a iniciación do procedemento sancionador corresponderalle ao delegado territorial da consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

2. Será competente para a instrución do procedemento o funcionario designado polo delegado territorial.

3. A competencia para a imposición de sancións corresponderalles:

a) Aos delegados territoriais do ámbito en que se cometese a infracción, nos casos de infraccións sancionadas con multas de contía inferior a 6.000 euros.

b) Aos directores xerais no ámbito das súas competencias, nos casos de infraccións sancionadas con multas de contía comprendida entre 6.000 e 60.000 euros.

c) Ao conselleiro, nos casos de infraccións sancionadas cunha multa de contía superior a sinalada no apartado anterior deste artigo.

4. A competencia para a imposición das sancións accesorias corresponderalle ao mesmo órgano ao que competa a imposición da sanción principal.

Artigo 26º.-Prazo de tramitación.

1. O prazo para tramitar, resolver e notificar a resolución sancionadora será de seis meses, que se computarán desde a adopción do acordo de iniciación do procedemento sancionador.

2. Transcorrido o dito prazo, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables aos interesados ou pola suspensión do procedemento a que se refire o artigo 4 desta lei, declararase a caducidade das actuacións.

Artigo 27º.-Das actas de inspección.

1. As actas de inspección redactadas polo persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia terán a condición de documento público e gozarán de eficacia probatoria respecto dos feitos nelas denunciados, sen prexuízo das probas que en defensa

dos respectivos dereitos e intereses poidan sinalar ou achegar os interesados.

2. As actas deberán expresar os feitos e circunstancias relacionados coa presunta infracción, os medios técnicos empregados desde terra, embarcacións ou aeronaves para a súa comprobación, así como os datos que identifiquen ás persoas ou entidades que interveñan na infracción detectada, así como as medidas cautelares adoptadas de conformidade co establecido no artigo 28.4 desta lei.

3. Unha copia da acta seralle entregada ao presunto infractor no mesmo acto de levantamento. Se isto non fora posible, faranse constar as circunstancias que o impediron, e entregarase posteriormente ao notificarse a incoación do procedemento.

4. Cando no exercicio das súas funcións de asesoramento o persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia detecte deficiencias ou simples inobservancias da normativa facilmente reparables, substituirá a acta a que se refire o apartado primeiro deste artigo por unha acta de advertencia, na que, sen dar lugar á incoación dun procedemento sancionador, se farán constar:

a) As deficiencias ou inobservancias detectadas.

b) As advertencias ou medidas correctoras propostas e o prazo de reparación.

Artigo 28º.-Medidas cautelares.

1. Para asegurar a eficacia da resolución que puidera recaer, a boa fin do procedemento, evitar o mantemento dos efectos da infracción e garantir a protección dos recursos marítimo-pesqueiros e os demais intereses xerais, poderanse adoptar as seguintes medidas cautelares:

a) Incautación dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura.

b) Incautación de artes, aparellos, utensilios de pesca e marisqueo, vehículos, embarcacións, equipos ou outros accesorios que fosen empregados na comisión de infraccións tipificadas nesta lei como graves ou moi graves.

c) Constitución de fianza.

d) Peche temporal das instalacións e establecementos.

e) Suspensión temporal do permiso de explotación.

f) Retención temporal da tarxeta profesional naútico-pesqueira que habilita para o exercicio da profesión de capitán ou patrón nun buque pesqueiro.

g) Suspensión temporal da actividade ou actuación que supoña unha infracción en materia de conservación do medio mariño ata que se adopten as medidas que garantan o seu cesamento.

2. A adopción destas medidas realizarase motivadamente e baseándose nun xuízo de razonabilidade, elixindo aquela que menos dane a situación xurídica do administrado. En todo caso, respectarase o principio de proporcionalidade da medida que se vai adoptar cos obxectivos que se pretenda garantir en cada caso concreto.

3. As medidas cautelares poderán ser adoptadas, unha vez iniciado o procedemento sancionador, polo delegado territorial da consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura. Durante a súa tramitación, poderán ser alzadas ou modificadas en virtude de circunstancias sobrevidas ou que non puideron ser tidas en conta no momento da súa adopción.

4. Antes de iniciarse o procedemento, cando resulte preciso por razóns de urxencia ou de necesidade, o persoal funcionario do Servizo de Gardacostas de Galicia poderá adoptar verbalmente as medidas cautelares previstas no apartado 1, parágrafos a) e b), deste artigo, dando razón do seu proceder na correspondente acta. En defecto desta deberá reflectirse o oportuno acordo e a súa motivación por escrito coa maior brevidade posible e, en todo caso, nun prazo non superior a cinco días, dándolles traslado del aos interesados e á delegación territorial. As medidas cautelares deberán ser confirmadas, modificadas ou levantadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos quince días seguintes á súa adopción.

En todo caso, as ditas medidas cautelares quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento no dito prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso acerca delas.

5. As medidas cautelares adoptadas extinguiranse coa eficacia da resolución administrativa que poña fin ao procedemento sancionador.

Artigo 29º.-Do destino dos produtos e bens incautados.

1. O destino dos produtos incautados será o seguinte:

a) Devolveranse ao medio do que foron extraídas as especies procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura que tivesen posibilidades de sobrevivir.

b) Se as especies estivesen mortas, tendo en conta o seu volume e condicións hixiénico-sanitarias, o seu destino poderá ser algún dos seguintes:

-Poxa pública, sempre que se trate de especies non vedadas ou de tamaño ou peso regulamentario, consignándose o seu importe ao que resulte do expediente.

-Entrega, para o seu consumo, a un centro benéfico.

-Destrución.

2. As artes, aparellos, utensilios de pesca e marisqueo, equipos ou outros accesorios antirregulamentarios incautados serán destruídos.

3. As artes, aparellos, utensilios de pesca e marisqueo, vehículos, embarcacións, equipos ou outros accesorios regulamentarios incautados serán liberados logo da constitución de fianza, cuxa contía será fixada polo delegado territorial da consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, non podendo exceder aquela do importe da sanción que puidera corresponder pola infracción ou infraccións cometidas.

4. O importe dos gastos derivados da adopción das medidas anteriormente descritas exixiráselle ao imputado se na resolución do expediente se aprecia a comisión da infracción.

5. Se na resolución do procedemento sancionador non se apreciase a comisión da infracción, acordarase a devolución dos produtos ou bens incautados ou, se é o caso, o seu valor. Se o interesado non se fixese cargo deles no prazo de seis meses desde que fose requirido para isto, presumirase o seu abandono e a consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura deberá decidir o seu destino, unha vez esgotada a vía administrativa.

6. Se na resolución do procedemento sancionador se apreciase a comisión de infracción, os obxectos incautados que non sexan susceptibles dun uso lícito serán destruídos. Se o seu uso fose lícito e sempre que non se exerza no prazo de seis meses a opción prevista no artigo 29.3 desta lei, presumirase o seu abandono, procedendo a consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura á súa venda en poxa pública, á súa entrega a entidades sen ánimo de lucro ou de carácter benéfico ou á súa destrución.

7. De todas estas actuacións deixarase constancia en acta.

Capítulo II

Iniciación do procedemento

Artigo 30º.-Iniciación.

O procedemento sancionador iniciarase sempre de oficio, por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como consecuencia de orde superior, petición razoada doutros órganos ou denuncia formulada polos particulares sobre algún feito ou conduta que puidera ser constitutivo de infracción.

Artigo 31º.-Actuacións previas.

1. Poderanse realizar, con anterioridade á iniciación do procedemento, as actuacións previas pertinentes con obxecto de determinar con carácter preliminar se concorren circunstancias que xustifiquen tal iniciación. En especial, estas actuacións orientaranse a determinar, coa maior precisión posible, os feitos susceptibles de motivar a incoación do procedemento, a identificación dos suxeitos que puidesen resultar responsables e as circunstancias relevantes que concorran nuns e noutros.

2. As actuacións previas serán realizadas polos órganos que teñan atribuídas funcións de investigación, pescuda ou inspección na materia e, en defecto destes, pola persoa ou órgano administrativo que determine o órgano competente para a iniciación ou resolución do procedemento.

Artigo 32º.-Contido do acordo de iniciación.

1. O acordo de iniciación do procedemento sancionador conterá, como mínimo, as seguintes especificacións:

a) Identificación dos suxeitos presuntamente responsables.

b) Exposición sucinta dos feitos que motivan a incoación do procedemento, a súa posible cualificación e as sancións que puideran corresponder, sen prexuízo do que resulte da instrución.

c) Nomeamento do instrutor e, se é o caso, do secretario, con expresa indicación do réxime de recusación deles.

d) Órgano competente para a resolución do procedemento e norma que lle atribúa a competencia.

e) Medidas cautelares que adoptase o órgano competente, sen prexuízo das que se poidan adoptar durante el.

f) Indicación do dereito a formular alegacións e á audiencia no procedemento, así como dos prazos para o seu exercicio.

2. O acordo de iniciación comunicaráselle ao instrutor, con traslado de cantas actuacións existan ao respecto, e notificaráselles ao denunciante, se é o caso, e aos interesados, entendendo en todo caso por tal a persoa ou persoas presuntamente responsables. Na notificación advertiráselles aos interesados que, de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo de quince días, a iniciación poderá ser considerada como proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 34 e 35.

Capítulo III

Instrución

Artigo 33º.-Proba.

1. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo sen facelo, o instrutor poderá acordar a práctica das probas solicitadas que sexan adecuadas para a determinación dos feitos e posibles responsabilidades.

2. O instrutor tan só poderá rexeitar as probas propostas polos inculpados cando sexan manifestamente improcedentes ou innecesarias, mediante acordo motivado, debidamente notificado a aqueles.

3. A práctica das probas, entendéndose por tales aquelas distintas dos documentos que os interesados poidan achegar en calquera momento do procedemento, realizarase nun prazo non superior a trinta días nin inferior a dez días e de conformidade co establecido no artigo 81 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 34º.-Proposta de resolución.

Concluída, se é o caso, a proba, o instrutor do procedemento formulará proposta de resolución na que se fixarán de forma motivada os feitos, especificándose os que se consideren probados e a súa cualificación xurídica, determinarase a infracción que, se é o caso, aqueles constitúan e os suxeitos que resulten responsables, así como a sanción que lle corresponda, ou ben propoñerase a declaración de non existencia de infracción ou responsabilidade.

Artigo 35º.-Trámite de audiencia.

1. A proposta de resolución notificaráselles aos interesados indicándolles a posta de manifesto do expediente, a fin de que poidan obter as copias dos documentos que consideren convenientes.

2. O prazo de audiencia será de vinte días, durante os que os interesados poderán formular alegacións e presentar documentos e informacións que consideren pertinentes.

3. Transcorrido o prazo de audiencia, o instrutor remitiralle a proposta, xunto co expediente, ao órgano competente para resolver o procedemento.

Artigo 36º.-Actuacións complementarias.

Cando sexa imprescindible para a correcta determinación dos feitos ou para a adecuada resolución do procedemento, o órgano competente para resolver poderá, de forma motivada, encomendarlle ao instrutor que practique, como actuacións complementarias, as que aquel órgano considere necesarias, dándolles audiencia do seu resultado por sete días aos interesados.

Capítulo IV

Resolución e finalización do procedemento

Artigo 37º.-Resolución.

1. O órgano competente ditará resolución que será motivada e resolverá todas as cuestións formuladas no expediente.

2. Na resolución non se poderán aceptar feitos distintos dos determinados na fase de instrución do procedemento ou, se é o caso, dos que resulten de actuacións complementarias, con independencia da súa diferente valoración xurídica. Non obstante, cando o órgano competente para resolver considere que a infracción reviste maior gravidade que a determinada na proposta de resolución, notificaráselle ao interesado para que formule cantas alegacións considere convenientes, concedéndoselle para isto un prazo de quince días.

3. A resolución do procedemento sancionador incluirá a valoración das probas practicadas, e especialmente daquelas que constitúan os fundamentos básicos da decisión, fixará os feitos e, de ser o caso, a persoa ou persoas responsables, a infracción ou infraccións cometidas e a sanción ou sancións que se impoñen, ou ben a declaración de non existencia da infracción ou responsabilidade. Deberá indicar se esgota ou non a vía administrativa, con expresión dos recursos que caiba interpoñer, o órgano ante o que tiveran que presentarse e o prazo para iso.

4. Na resolución poderanse adoptar as disposicións cautelares precisas para garantir a súa eficacia en tanto non sexa executiva, que poderán consistir no mantemento das medidas cautelares que, se é o caso, se adoptasen.

5. A resolución será executiva cando poña fin á vía administrativa, salvo o disposto no artigo 23 sobre a suspensión condicional e a remisión das sancións.

Artigo 38º.-Recoñecemento de responsabilidade.

1. Cando a sanción que puidera impoñerse no procedemento sancionador tivese carácter pecuniario e se fixase a súa contía, ben no acordo de iniciación, ben na proposta de resolución, o recoñecemento de responsabilidade e a conformidade con ela polo presunto responsable en calquera momento anterior á resolución determinará a finalización do procedemento. Neste caso, a resolución do procedemento sancionador recollerá unha redución do trinta por cento sobre o importe da sanción proposta, sempre que o aboamento dela se efectúe en período voluntario.

2. O disposto no apartado anterior non será de aplicación cando o infractor incorra no suposto de reincidencia previsto nesta lei.

Capítulo V

Procedemento simplificado

Artigo 39º.-Procedemento simplificado.

Para o exercicio da potestade sancionadora no suposto de que o órgano competente para iniciar o procedemento considere que existen elementos de xuízo suficientes para cualificar a infracción como leve, tramitarase o procedemento simplificado que se regula neste capítulo.

Artigo 40º.-Tramitación.

1. A iniciación producirase de conformidade co disposto no artigo 32, especificándose no acordo de iniciación o carácter simplificado do procedemento.

2. No prazo dun mes a partir da comunicación e notificación do acordo de iniciación, o órgano instrutor e os interesados efectuarán, respectivamente, as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos e informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, a proposición e práctica da proba.

En todo caso, garantirase o dereito de vista oral sempre que así o solicite o presunto infractor.

3. Transcorrido o dito prazo, o órgano competente para a instrución formulará proposta de resolución de conformidade co disposto no artigo 34 ou, se aprecia que os feitos poden ser constitutivos de infracción grave o moi grave, acordará que continúe tramitándose o procedemento xeral notificándollelo aos interesados para que, no prazo de cinco días, propoñan proba se o consideran conveniente.

4. O procedemento remitiráselle ao órgano competente para resolver, o cal ditará resolución na forma e cos efectos previstos no capítulo IV deste título.

5. O procedemento deberá resolverse no prazo máximo de tres meses desde que se iniciou.

6. Cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio para practicala, ou ben intentada a notificación non se puidese practicar e teña que efectuarse por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello ou no diario oficial correspondente, suspenderase o cómputo do

prazo para ditar resolución ata o momento no que quede acreditada a práctica da notificación.

Título V

Da loita contra a pesca ilegal dos buques con abandeiramento de conveniencia

Artigo 41º.-Abandeiramento de conveniencia.

1. Os países e territorios aos que se atribúe a cualificación de abandeiramento de conveniencia serán os cualificados pola Unión Europea, o Estado español ou as organizacións rexionais de ordenación pesqueira (ORP) como non cooperantes na súa área de regulación, de acordo cos criterios establecidos polas ditas administracións ou organizacións.

2. Os buques apátridas ou sen nacionalidade terán, en todo caso, a consideración de buques con abandeiramento de conveniencia.

3. Queda prohibido o desembarco, o transporte e a comercialización de capturas procedentes de buques identificados pola Unión Europea, o Estado español ou as organizacións rexionais de ordenación pesqueira por levar a cabo actividades de pesca ilegal ou contrarias ás medidas de conservación e xestión na súa área de regulación, aplicándose nestes casos o réxime sancionador vixente sobre a materia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Rexistro de sancións.

Créase o Rexistro de sancións, adscrito á consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura, para os efectos da debida constancia das resolucións firmes en vía administrativa impostas por infraccións tipificadas nesta lei.

Segunda.-Colaboración na inspección.

No marco dunha actuación coordinada e mediante os oportunos mecanismos de cooperación, os axentes que realizan tarefas de inspección poderán colaborar cos corpos e forzas de seguridade da Comunidade Autónoma e do Estado e cos axentes da Administración do Estado e da Unión Europea encargados do control e policía da pesca marítima.

Terceira.-Infraccións cometidas no ámbito territorial da provincia de Ourense.

Os procedementos sancionadores que se inicien por infraccións tipificadas nesta lei cometidas no ámbito territorial da provincia de Ourense tramitaranse na delegación territorial en Pontevedra.

Cuarta.-Programa de información.

Desde a publicación desta lei ata a súa entrada en vigor, a consellaría competente en materia de pesca, marisqueo e acuicultura desenvolverá en todos os portos da Comunidade Autónoma un programa de información do alcance desta lei, dirixido aos colectivos de profesionais da pesca e á sociedade en xeral, co obxecto de dar a coñecer o seu alcance e de prever a posible comisión de infraccións por descoñecemento da norma.

Disposición transitoria

Única.-Procedementos en tramitación e aplicación da lexislación máis favorable.

Os procedementos sancionadores iniciados con anterioridade á entrada en vigor desta lei seguiranse tramitando ata a súa resolución final conforme a normativa aplicable no momento da súa iniciación, sen prexuízo da retroactividade desta lei en canto sexa máis favorable para o presunto infractor.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación da Lei 6/1991.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta lei e, expresamente, a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Disposición derradeira

Primeira.-Actualización de sancións.

As contías económicas das sancións previstas nesta lei poderanse actualizar a través da correspondente norma regulamentaria conforme o índice de prezos ao consumo ou sistema que o substitúa.

Segunda.-Desenvolvemento regulamentario.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións regulamentarias resulten necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta lei.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA