DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 19 de agosto de 2004 Páx. 11.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 30 de xullo de 2004 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a normalización da lingua galega.

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ten como obxectivos de normalización lingüística no ámbito da Administración local os mencionados nos artigos seguintes:

Artigo 1º: «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, ditames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega».

Artigo 2º.1: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 2º.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

Por outra banda, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos seus puntos 1 e 3 do artigo 7 dispón, respectivamente: «O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local».

As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, ditames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega».

«A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega».

Co fin de acadar estes obxectivos, a Xunta de Galicia elaborou un plan integral de estudos destinado aos funcionarios que presten os seus servizos nas entidades locais galegas, do que forman parte os cursos básico, medio e superior.

Proseguindo coa liña desta consellería de cooperación coas entidades locais, coa finalidade de impulsar a normalización lingüística na Administración local e conforme o Decreto 226/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca axudas, en réxime de concorren

cia competitiva, destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal polas entidades locais, para a realización das funcións de tradución ao galego dos documentos aos que se refire o artigo 1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño, e a subvencionar a organización de campañas de normalización lingüística.

Artigo 2º

As axudas ás que se refire o artigo anterior faranse efectivas, no seu día, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.460.0, Programa 353.E, dos vixentes orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega, ata un límite de douscentos dezaoito mil cincocentos setenta e oito euros (218.578 A).

Artigo 3º

As entidades locais poderán solicitar as axudas desta orde, utilizando o modelo que figura como anexo I, ou os modelos normalizados dispoñibles no portal dos concellos Eido Local (http://eidolocal.es ou http://eidolocal.com) ou na web da Xunta de Galicia (http://xunta.es/servicios) para o caso da tramitación telemática. As modalidades que adoptan estas axudas son as que a continuación se relacionan:

1. Mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística xa existentes.

2. Creación de novos servizos municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

3. Organización de campañas co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local.

Todas as actividades subvencionadas deberán rematar antes do 31 de decembro de 2004.

Artigo 4º

Os servizos municipais de normalización lingüística deberán contar, cando menos, cun especialista titulado en lingua galega: licenciado en filoloxía galego-portuguesa, en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica (sección galego-portugués); mestre co diploma de especialista en lingua galega ou co diploma do curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

Artigo 5º

Os gabinetes de normalización lingüística deberán cumprir as seguintes misións:

a) Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación da entidade local correspondente, así como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, ditames das comisións informativas, mocións e traducións de todos os impresos oficiais en lingua galega.

b) Ofrecerlle ao público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa tradución, se fose posible.

c) Impulsar a normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Artigo 6º

1. O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do seguinte

ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, no das delegacións provinciais desta consellería, ou por calquera outro dos medios a que se refire o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Igualmente, as entidades locais interesadas e que teñan asinado o correspondente convenio de colaboración para a implantación do portal dos concellos Eido Local, poderán presentar as súas solicitudes a través de medios telemáticos, mediante a cumplimentación dos modelos normalizados que se poñen á disposición dos interesados no portal dos concellos Eido Local (http://eidolocal.es ou http://eidolocal.com), segundo procedemento que se recolle nas instrucións dispoñibles nesta web e no mesmo prazo que o estipulado para a tramitación ordinaria.

Segundo o artigo 4 do Decreto 200/2003, de creación do rexistro telemático da Xunta de Galicia, para a presentación telemática de escritos, solicitudes e comunicacións no rexistro telemático o interesado deberá posuír un certificado dixital baixo a norma X.509.V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.

Así mesmo, e de acordo co artigo 5 do Decreto 200/2003, os modelos normalizados para a presentación de solicitudes por vía telemática estarán igualmente dispoñibles no enderezo http://xunta.es/servicios, de xeito que todos os interesados poderán presentar, igualmente, as súas solicitudes vía internet a través desta web, se ben o resto da tramitación transcorrerá pola vía ordinaria.

Artigo 7º

1. Xunto coa solicitude, tanto se esta se remite pola vía ordinaria como telematicamente, remitirase a seguinte documentación.

a) Memoria descritiva da modalidade para a que se solicita a subvención, na que consten todos os datos referidos a ela; indicando, no caso de gabinetes, se estaba en funcionamento e desde qué data, así como o seu ámbito de actuación.

b) Orzamento de gastos, total e desagregado por capítulos, para a realización da actividade para a que se solicita a axuda.

c) Certificación expedida polo secretario xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se acorda a solicitude da subvención para a normalización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde.

d) Nome e titulación, cando proceda, do/s especialista/s en lingua galega que a entidade local vaia contratar para o servizo de normalización lingüística.

e) Declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes

ou outros entes públicos (Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia) (anexo II).

2. Se algunha documentación das solicitadas neste artigo xa constase en poder da Dirección Xeral de Administración Local desta consellería, e non se producise desde o momento en que foron presentadas variación que afectara ao seu contido ou á súa vixencia, non será necesario presentalas novamente, sen prexuízo de que esta dirección xeral reclame do solicitante a documentación que, se é o caso, coide oportuna.

3. Os defectos nas solicitudes seranlles notificados ás entidades locais interesadas pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, concedéndoselles un prazo de dez días para emendaren erros ou omisións. Transcorrido o dito prazo, se non se producise a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A notificación aos interesados poderá practicarse, así mesmo, por medios telemáticos, a través do portal dos concellos Eido Local, cando aqueles así o manifestasen expresamente, indicando o medio telemático como preferente para a recepción de notificacións na súa solicitude.

Cando, existindo constancia da recepción da notificación por vía telemática, transcorreran dez días sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, cos efectos previstos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unicamente cando concorran causas técnicas xustificadas, o interesado poderá requirir á Dirección Xeral de Administración Local que as notificacións sucesivas non se practiquen por medios telemáticos, segundo o artigo 12.4º do Real decreto 263/1996, do 16 de febreiro, polo que se regula a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas pola Administración Xeral do Estado.

Artigo 8º

Na avaliación das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

a) Que a subvención se destine a manter servizos de normalización lingüística xa creados, favorecendo aqueles que leven máis tempo en funcionamento. (máximo de 35 puntos).

b) Que a subvención se destine á creación de novos servizos de normalización lingüística. (máximo de 25 puntos).

c) Que o servizo de normalización preste apoio a entidades distintas da propia entidade local. (máximo de 15 puntos).

d) Realización de campañas, con especial incidencia naquelas que supoñan a difusión dos valores culturais propios da entidade local. (máximo de 25 puntos).

Artigo 9º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas por unha comisión de valoración presidida polo director xeral de Administración Local e da que formarán parte o subdirector xeral de Xestión, Cooperación e Réxime Xurídico e os delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Actuará como secretario un funcionario da Dirección Xeral de Administración Local con nivel mínimo de xefe de servizo. Unha vez elaborada a correspondente proposta mediante acta motivada, elevarase proposta de resolución ao conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, quen resolverá.

Artigo 10º

1. A resolución seralles notificada a todos os solicitantes no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente. A dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase acudir directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 44 da referida lei, poderase requirir previamente o órgano que ditou o acto no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se, dentro do mes seguinte á súa recepción, non fose contestado.

Así mesmo, a notificación da resolución da consellería poderá realizarse telematicamente a través do portal dos concellos Eido Local, sempre que as entidades locais interesadas teñan sinalado na súa solicitude a opción telemática como medio de notificación.

2. O órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución, por instancia do beneficiario, debendo cumprirse, en todo caso, os requisitos recollidos no artigo 12.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 11º

1. O presidente da entidade local beneficiaria disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir da recepción da resolución, para comunicar a aceptación das condicións contidas nela.

A aceptación poderá realizarse por vía telemática, cando os interesados así o manifestasen expresamente, a través do portal dos concellos Eido Local, segundo procedemento que se recolle nas instrucións dispoñibles nesta web, e no mesmo prazo que o estipulado para a tramitación ordinaria.

2. Transcorrido este prazo sen que se comunique a dita aceptación, a Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local poderá anular a concesión da subvención.

Artigo 12º

1. Os beneficiarios da subvención, unha vez concedida esta, quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Administración Local poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

2. Para recibir a subvención, as entidades locais seleccionadas deberán remitir á Dirección Xeral de Administración Local (Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local), antes do día 26 de novembro de 2004, a documentación xustificativa dos gastos realizados, que se poderán remitir por vía ordinaria ou telemática, segundo o tipo de tramitación polo que se opte:

2.1. Procedemento ordinario:

1) No caso de que a subvención se concedese para o mantemento dos servizos de normalización lingüística xa existentes ou para a creación de novos servizos de normalización lingüística:

a) Copia compulsada do contrato vixente que a entidade local formalice co/s especialista/s.

b) Certificación do pagamento, ou da realización do gasto, das retribucións especificadas no contrato sinalado, incluídos os gastos de Seguridade Social, ou de ser o caso, certificación de ter contraído o gasto no que figure o importe exacto do custo da contratación así como de que se realizou a actividade ou de que se está a realizar e que remata antes de final de ano.

c) No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia) (anexo II).

2) No caso de que a subvención se concedera para a organización de campañas co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local:

a) Facturas orixinais do gasto realizado ou copias compulsadas, xunto coa certificación expedida polo secretario xeral da entidade local do acordo de aprobación destas, ou de ser o caso, certificación de ter contraído o gasto no que figure o importe exacto do custo da campaña así como de que se realizou a actividade ou de que se está a realizar e que remata antes de final de ano.

b) No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas

administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia) (anexo II desta orde).

2.2. Procedemento telemático:

1) No caso de que a subvención se concedese para o mantemento dos servizos de normalización lingüística xa existentes ou para a creación de novos servizos de normalización lingüística:

a) Certificación do secretario-interventor ou do secretario e interventor na que se acrediten os conceptos do contrato vixente que a entidade local formalice co/s especialista/s.

b) Certificación do secretario-interventor ou do secretario e interventor na que se acredite o pagamento, ou a realización do gasto, das retribucións especificadas no contrato sinalado, incluídos os gastos de seguridade social, ou de ser o caso, certificación do secretario-interventor ou do secretario e interventor de ter contraído o gasto no que figure o importe exacto do custo da contratación, así como de que se realizou a actividade ou de que se está a realizar e que remata antes de final de ano.

c) Así mesmo, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, segundo modelo normalizado dispoñible no portal dos concellos Eido Local.

2) No caso de que a subvención se concedera para a organización de campañas co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local:

a) Certificación do secretario-interventor ou do secretario e interventor do acordo de aprobación das facturas correspondentes, indicando entidade emisora, data de emisión, número de factura, obxecto e importe; ou, de ser o caso, certificación do secretario-interventor ou do secretario e interventor na que se acredite ter contraído o gasto, indicando o importe exacto do custo da campaña, e na que, así mesmo, se acredite que se realizou a actividade ou que se está a realizar e que remata antes de final de ano.

b) Así mesmo, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, segundo modelo normalizado dispoñible no portal dos concellos Eido Local.

3. O beneficiario ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das

súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. As cantidades que resultasen sobrantes por causa de renuncia expresa ou non presentación das xustificacións correspondentes por parte das entidades locais beneficiarias, poderán dedicarse a subvencionar a outras entidades locais que presentaron en prazo, solicitude de subvención ao abeiro desta orde.

5. Transcorrido o prazo establecido no parágrafo 2º sen ter presentadas as correspondentes xustificacións poderase anular a concesión da subvención a esa entidade local, podendo esta consellería utilizar o dito crédito en beneficio doutros posibles beneficiarios.

Artigo 13º

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, tal e como se establece no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14º

No caso de que o beneficiario da axuda incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anulará os beneficios concedidos, e conforme o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houbese, xunto cos xuros de demora que deba aquel, segundo os artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; e, se procede, instruirá expediente sancionador conforme o previsto no citado decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Administración Local para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-En todo o non previsto nesta orde, aplicarase o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2004.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO