DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 18 de agosto de 2004 Páx. 11.785

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 2 de agosto de 2004 pola que se regula a transferencia de material vexetal de reprodución do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán aos viveiros forestais interesados para a instalación de bancos clonais ou hortos sementeiros.

O Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, dispón no seu artigo 1 que a Consellería de Medio Ambiente e o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que corresponde o exercicio das competencias e funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación.

Para o desenvolvemento das anteriores competencias e particularmente para a promoción do desenvolvemento sustentable a través do impulso da investigación científico-técnica vinculada ao campo forestal, conta co Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, baixo a dependencia orgánica e funcional do Centro de Desenvolvemento Sustentable, tal e como establece o artigo 8.3º 1 do Decreto 106/2004, do 27 de maio.

Dada a longa tradición do CIFA Lourizán no campo da mellora xenética forestal e, en concreto, no campo da selección de variedades, o centro dispón de abundante material vexetal susceptible de ser transferida aos viveiros galegos e así colaborar coa mellora da produción de madeira de numerosas especies e tamén de froitos no caso do castiñeiro e nogueira. O fomento do uso destes materiais contribuirá á conservación da diversidade xenética de especies autóctonas como o teixo, das variedades tradicionais do castiñeiro ou de frondosas de presenza pouco frecuente no bosque autóctono. Tamén contribuirá a fomentar a diversidade xenética de novas plantacións de especies exóticas.

En virtude do exposto no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, que recolle que as funcións sociais, económicas, ambientais, ecolóxicas e culturais dos montes precisan que, para a súa xestión sustentable e para a mellora e conservación dos recursos xenéticos forestais, os materiais forestais de reprodución das especies e híbridos que se usen na silvicultura sexan fenotípica e xeneticamente de alta calidade, así como adecuados ás condicións do medio no que se empreguen.

O conselleiro de Medio Ambiente, coñecedor da demanda existente de material vexetal de reprodución, e tendo no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán materiais xenéticos con que atender a dita demanda, en virtude do anterior y en uso das

atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde achegar ao sector forestal os avances da investigación, mediante a transferencia aos viveiristas interesados, de material forestal de reprodución para a instalación de bancos clonais e hortos sementeiros, para a obtención de material forestal de reprodución, clons ou mestura de clons e sementes respectivamente.

Artiego 2º.-Material que se transferirá.

1. O Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán transferirá segundo oferta publica anual da Consellería de Medio Ambiente, os esgallos, púas ou explantos para micropropagación de diferentes especies arbóreas procedentes das coleccións existentes no centro.

2. O material forestal que se transferirá corresponderá á categoría de cualificado ou controlado conforme o disposto no artigo 2 do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, ou ben encontrarase en vías de aprobación nestas categorías para as especies reguladas polo dito real decreto que se detallan a continuación:

-Castanea sativa mill

-Híbridos artificiais de Castanea spp.

-Juglans regia L.

-Prunus avium L.

-Quercus rubra L.

-Pseudotsuga menziensii D. Don

-Pinus radiata D. Don

-Pinus pinaster Ait.

-Taxus baccata L.

3. Os materiais de reprodución das especies forestais que non están reguladas polo Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, deberán satisfacer esixencias equivalentes ás dos materiais de base cualificados e controlados.

-Sequoia sempervirens D. Don

-Thuja plicata Donn.

Tamén se transferirán variedades tradicionais de Castanea sativa seleccionadas exclusivamente para a produción de castaña, así como os porta enxertos, cuxa comercialización non está regulada polo Real decreto 289/2003.

4. Os esgallos, púas ou explantos para micropropagación transferidas polo CIFA de Lourizán entregaranse etiquetados co código de identificación do clon que debe ser conservado en todos os procesos

de propagación e venda, independentemente das outras etiquetas exixidas para a súa comercialización.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios deste material aqueles viveiristas forestais inscritos no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais e outros produtos previsto no artigo 12 do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, que así o soliciten en prazo e pola vía que se determine na oferta anual da consellería.

Artigo 4º.-Prazos.

1. No mes de setembro abrirase anualmente e mediante resolución para o efecto publicada no Diario Oficial de Galicia, unha oferta pública de material que se transferirá na que se especificará o prazo de presentación de solicitudes que, en ningún caso, será inferior a 40 días naturais. Estas solicitudes presentaranse na Consellería de Medio Ambiente ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes deberán presentarse en impreso normalizado, utilizando o modelo adxunto a esta orde (anexo I). A resolución da concesión ou denegación do obxecto da solicitude será notificado aos interesados durante o mes de decembro. No caso de que a solicitude non reúna os requisitos sinalados, requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días, emende a falta o acompañe os documentos preceptivos, tal como dispón o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, con indicación de que se así non o fixese, teráselle desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O prazo máximo para resolver será de 3 meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimada a súa solicitude nos termos previstos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da obriga legal de resolver.

A dita resolución será notificada a cada un dos solicitantes, dentro dos 10 días seguintes á toma do acordo. Contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación de resolución, ou en prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo ou ben, ser impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous

meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, que regula a xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 5º.-Obrigas.

I. A Consellería de Medio Ambiente a través do CIFA Lourizán comprométese a:

1º Entregar correctamente etiquetado o material de reprodución procedente dos bancos clonais do centro, segundo o modelo detallado no anexo II desta orde.

2º Facilitar de acordo coa demanda de cada viveiro, fichas descritivas das características do material xunto cunha serie de normas técnicas e recomendacións para a disposición e coidados necesarios das plantas no banco clonal de plantas nai ou do horto sementeiro.

II. O viveiro interesado comprométese a:

1º Empregar o material que se entregue para a creación dun banco clonal ou horto sementeiro como material de base para a produción de material forestal de reprodución.

2º Para as especies reguladas no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, os viveiristas deberán solicitar e obter a autorización do banco clonal ou horto sementeiro como material de base á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, tal como se regula no Decreto 135/2004, polo que se crea o Rexistro Galego de Material de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

3º Cumprir as exixencias legais na creación do banco clonal ou horto sementeiro en cuanto a condicións de distribución de clons no terreo, requisitos de identificación dos clons e control fitosanitario, que se especificarán no convenio que asinarán as partes.

4º Coidar o cumprimento de identificación e etiquetaxe indefinidamente do material clonal transferido así como as plantas comerciais ou sementes que delas se obteñan etiquetas emitidas anualmente polo CIFA Lourizán.

5º Presentar ao CIFA Lourizán a finais de cada ano sucesivo, unha táboa de resultados de prendemento, localización das plantas nai obtidas, o bosquexo de colocación, segundo os modelos oficiais que se facilitarán no convenio que asinarán os interesados. No caso de ampliación do números de ortets por clon ou calquera outra modificación deberá ser notificada ao centro.

6º Informar do número de plantas comerciais ou sementes obtidas anualmente, solicitar as etiquetas ao CIFA Lourizán e comercializar as plantas coa

etiqueta proporcionada ademais das outras legalmente exixidas.

Artigo 6º.-Seguimento.

1. O CIFA Lourizán resérvase o dereito de inspección dos bancos clonais instalados co material vexetal transferido.

2. O incumprimento dalgunha das obrigas previstas na orde será causa suficiente para iniciar o procedemento correspondente para derivar as respon

sabilidades pertinentes e exixir, se é o caso, a devolución do material forestal transferido ao viveirista.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA