DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 17 de agosto de 2004 Páx. 11.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 2004 pola que se lle autoriza ao centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña) o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos e o ciclo formativo de grao superior de audioprótese; e a supresión do ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e do ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña), no que solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos e o ciclo formativo de grao superior de audioprótese en quenda de tarde-noite; tamén solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e do ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral (BOE do 10 de decembro); o Real decreto 939/2003, do 18 de xullo (BOE do 12 de agosto) polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en explotación de sistemas informáticos; o Real decreto 280/2003, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en audioprótese (BOE do 28 de marzo); o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se

regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela (A Coruña) para impartir o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos e o ciclo formativo de grao superior de audioprótese, segundo os datos que se especifican no anexo.

Segundo.-Suprimir o ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e o ciclo formativo de grao superior de saúde ambiental.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Enderezo: A Rocha, Poza Real, 5.

Código do centro: 15025116.

Denominación: centro privado Santa Apolonia.

Titular: Mª del Rosario Medina Gómez.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais; e tecnoloxía.

d) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: actividades físicas e deportivas.

1 ciclo formativo de grao medio de condución de actividades físico-deportivas no medio natural (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: hostalaría e turismo.

1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de próteses dentais (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade.

1 ciclo formativo de grao superior de educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: hostalaría e turismo.

1 ciclo formativo de grao superior de aloxamento (1 unidade para 30 alumnos).

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao superior de audioprótese (2 unidades para 30 alumnos/unidade)

1 ciclo formativo de grao superior de hixiene bucodental (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES

DE OURENSE