DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 09 de agosto de 2004 Páx. 11.355

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 27 de xullo de 2004 pola que se establece a estrutura básica do sistema de información nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

A Lei 1/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, establece no seu artigo 23 que as administracións sanitarias, de acordo coas súas competencias, crearán os rexistros e elaborarán as análises de información necesarias para o coñecemento das distintas situacións das que poden derivar accións de intervención da autoridade sanitaria.

Para levar a cabo isto, a Orde do 2 de setembro de 1992, publicada no DOG nº 206, do 22 de outubro, estableceu a estrutura básica do sistema de información na área asistencial da atención especializada do Sergas, especificando a súa validez mentres non se fixera operativa a integración dos sistemas informáticos de atención especializada nunha rede única.

Como queira que esta integración nunha rede única xa está operativa, é necesario actualizar a estrutura do devandito sistema de información, xa que tamén a recente Lei 16/2003, do 26 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, no seu capítulo V, establece que o sistema de información do Sistema Nacional de Saúde se nutrirá da información procedente da propia Administración sanitaria do Estado e da que subministren as comunidades autónomas, nas condicións convidas no seo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Cómpre establecer a estrutura básica do sistema de información nos hospitais do Sergas coa finalidade de posibilitar a regulación integral e posterior desenvolvemento regulamentario do establecido no artigo 36 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, precepto que prevé, como unha das actuacións principais do Servizo Galego de Saúde, o desenvolvemento e a xestión de sistemas de información para o desempeño das súas funcións. Así mesmo, o artigo 92 da devandita lei establece os servizos de información como unha das modalidades das prestacións asistenciais sanitarias financiadas pola Xunta de Galicia, e dedica o capítulo VIII do título VI aos servizos de información e documentación sanitaria, enumerando estes e regulando a protección do honor e intimidade persoal e familiar, así como a confidencialidade dos datos sanitarios.

En consecuencia, no uso das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 22 do outubro, así

como o artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Estrutura básica.

Establécese como estrutura básica do sistema de información dos centros de atención especializada do Sergas na área asistencial a fixada no anexo I.

Artigo 2º.-Responsabilidade.

Os directores xerentes dos centros de atención especializada serán os responsables da adopción e execución da estrutura básica do sistema de información e garantirán a fiabilidade e consistencia dos datos xerados.

Artigo 3º.-Procedemento de envío.

A información será remitida mensualmente á Subdirección Xeral de Información Sanitaria, antes do último día do mes seguinte ao declarado, por medio da aplicación SISINFO deseñada para tal fin.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 2 de setembro de 1992 pola que se establece a estrutura básica do sistema de información na área asistencial da atención especializada do Sergas e cantas disposicións, de igual ou inferior categoría, se opoñan ao disposto na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2004.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Sistema de información

Actividade asistencial

Establecementos sanitarios do Sergas con réxime de internado.

Siglas:

GNA: grupo normalizado de agregación. Servizo normalizado que agrupa a actividade de varios GFH.

GFH: grupo funcional homoxéneo.

A. Filiación.

A cada hospital ou complexo hospitalario asígnaselle un código numérico:

150011Complexo Hospitalario Universitario

Juan Canalejo-Marítimo de Oza.

150130Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Novoa Santos.

150200Complexo Hospitalario Universitario de

Santiago.

150336Fundación Pública Hospital da Barbanza.

150341Fundación Pública Hospital Virxe da

Xunqueira.

270018Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

270095Hospital da Costa.

270109Hospital Comarcal de Monforte.

320028Complexo Hospitalario de Ourense.

320126Hospital Comarcal de Valdeorras.

320150Fundación Pública Hospital de Verín.

360340Complexo Hospitalario de Pontevedra.

360118*Hospital do Meixoeiro.

360123*Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

360353Fundación Pública Hospital do Salnés.

360157*Hospital Nicolás Peña.

360368Complexo Hospitalario Universitario de

Vigo.

* Estes tres hospitais, a mediados do ano 2004, pasan a formar o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Días laborables: notificarase o número de días laborables do mes. Enténdese por días laborables de luns a venres, agás festivos.

B. Dotación.

Neste grupo recollerase a dotación do hospital/complexo hospitalario:

1. Hospital de agudos.

2. Hospital sociosanitario.

3. Centro de rehabilitación psiquiátrica.

4. Pisos protexidos de psiquiatría.

5. Hotel de pacientes.

1. Hospital de agudos:

A dotación do hospital de agudos recóllese nos seguintes puntos:

a) Salas de uso sanitario.

b) Camas e postos sanitarios.

c) Tecnoloxía.

a) Salas de uso sanitario.

Quirófanos: salas destinadas á realización de procedementos cirúrxicos dotadas de mesa de operacións e que contan, ademais, cunha serie de requisitos:

1. Iluminación axustable de poder suficiente para permitir un traballo delicado.

2. Condicións asépticas que deben incluír a provisión de instrumentos estériles.

3. Provisión de anestesia máis complexa que a que pode proporcionarse nas salas de hospitalización.

4. Un sistema de climatización axeitado ás características de cada quirófano.

Non se consideran quirófanos as seguintes salas: salas de partos, salas de extracción dental ou outro tipo de cirurxía que conteña cadeira dental, salas de curas, salas especiais cirúrxicas, salas de radioloxía intervencionista, salas de cardioloxía, salas de endoscopias, salas de medicina nuclear, salas de radioterapia e salas de braquiterapia.

Salas especiais cirúrxicas: aquelas destinadas á realización de procedementos cirúrxicos, dotadas de mesa de operacións e que non cumpren os requisitos necesarios para ter a consideración de quirófano (equipamento, condicións de asepsia, etc.). Exclúense aquelas que se contabilicen de xeito específico noutro destes puntos.

Salas de radioloxía intervencionista: aquelas dedicadas especificamente á realización de intervencións a través de técnicas radiolóxicas.

Salas de cardioloxía: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de cardioloxía invasiva.

Salas de endoscopias xerais: aquelas dedicadas especificamente á realización de calquera das técnicas de endoscopia, non sendo específicas para ningún dos tipos de endoscopia.

Salas de endoscopias dixestivas: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de endoscopia dixestiva.

Salas de endoscopias pneumolóxicas: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de endoscopia pneumolóxica.

Salas de endoscopias urolóxicas: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de endoscopia urolóxica.

Salas de endoscopias xinecolóxicas: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de endoscopia xinecolóxica.

Salas de medicina nuclear: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de medicina nuclear.

Salas de neurofisioloxía: aquelas dedicadas especificamente á realización das seguintes técnicas de neurofisioloxía:

-Electroencefalograma.

-Electromiograma.

-Electroneurografía.

-Potenciais evocados.

-Polisomnografía.

-Reflexoloxía e ondas F.

Nota: cando nunha sala se realizan varios tipos de estudo, asígnaselle un tempo a cada un. Exemplo: nunha sala realízanse tres tipos de estudo, para un

tipo ten asignadas 3 horas, para outro 1 hora e para o terceiro 1 hora; a asignación da sala sería:

-1º tipo de estudo: 0,6 (3 sobre 5).

-2º tipo: 0,2 (1 sobre 5).

-3º tipo: 0,2 (1 sobre 5).

Salas de radioterapia: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de radioterapia. Exclúense aquelas que se contabilicen de xeito específico noutro destes puntos.

Salas de braquiterapia: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de braquiterapia.

Salas FIV: aquelas dedicadas especificamente á realización de técnicas de fecundación in vitro.

Salas de partos: salas destinadas á atención de partos e dotadas especificamente para isto.

Cuartos de hospitalización: salas dotadas con camas de hospitalización para a permanencia do paciente durante o seu ingreso. Diferéncianse segundo o número de camas de que dispoñen: dunha cama, de 2 camas, de 3 camas, de 4 camas, de 5 camas, de 6 camas, de 7 camas, de máis de 7 camas.

Outras salas de uso sanitario: entre elas temos:

-Salas auxiliares (de curas, xesos, etc.): dependencias do hospital destinadas á realización nos pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, das técnicas especificadas.

-Salas de consulta externa: dependencias do hospital para atender pacientes en réxime ambulatorio. Exclúense aquelas especificamente destinadas a consultas de urxencias, salas de hospital de día, salas de xesos e curas, etc.

-Salas de hospital de día: dependencias do hospital destinadas a impartir as atencións propias do hospital de día. Consideraranse aquí tanto as salas de hospital de día terapéutico como as do hospital de día de convalecencia.

-Boxes de urxencias: dependencias do hospital destinadas á atención ambulatoria urxente.

-Salas de observación de urxencias: dependencias do hospital destinadas á observación do paciente na área de urxencias.

-Salas de laboratorio: dependencias da área de laboratorio destinadas á extracción e/ou manipulación das mostras.

-Salas de radioloxía: dependencias do hospital destinadas á realización das diferentes técnicas de diagnóstico radiolóxico.

-Salas de autopsias: dependencias do hospital destinadas á realización de autopsias.

Considéranse:

-Instaladas: aquelas salas coas que conta o hospital de agudos como dotación fixa, sexan ou non utilizables, incluídas as salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: aquelas salas instaladas e con capacidade de funcionar. As salas dotadas e non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilizaranse igualmente, incluso en períodos vacacionais.

-Monográficas: aquelas salas con capacidade de funcionar asignadas en exclusiva a un único GNA.

-Específicas de urxencias: aquelas salas destinadas exclusivamente a intervencións urxentes.

As salas de operacións dobres ou xemelgas considéranse como dúas individuais, sempre que sexa posible atender dous pacientes simultaneamente.

De cada unha destas salas contabilízase o seguinte:

(1) Quirófanos:

Media diaria de:

-Instalados.

-En funcionamento.

-Monográficos.

-Específicos de urxencias.

(2) Salas especiais cirúrxicas:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Monográficas.

-Específicas de urxencias.

(3) Salas de radioloxía intervencionista:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(4) Salas de cardioloxía:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(5) Salas de endoscopias xerais:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(6) Salas de endoscopias dixestivas:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(7) Salas de endoscopias pneumolóxicas:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(8) Salas de endoscopias urolóxicas:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(9) Salas de endoscopias xinecolóxicas:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(10) Salas de medicina nuclear:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(11) Salas de neurofisioloxía:

Para cada un dos tipos de técnicas de neurofisioloxía, a media diaria de:

-Instaladas

-En funcionamento.

(12) Salas de radioterapia:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(13) Salas de braquiterapia:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Monográficas.

(14) Salas FIV:

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

(15) Salas de partos:

Media diaria de:

-Instalados.

-En funcionamento.

(16) Cuartos de hospitalización:

Para cada un dos tipos de cuartos de hospitalización, media diaria de:

-Instalados.

-En funcionamento.

(17) Outras salas de uso sanitario:

Para cada un dos tipos doutras salas de uso sanitario, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

b) Camas e postos sanitarios.

Camas de hospitalización de agudos: son as camas do hospital de agudos destinadas á atención continuada de pacientes que xeran estadías e nas que, de forma habitual, se realizan ingresos. Inclúense as incubadoras fixas e as camas destinadas a coidados especiais. Quedan, polo tanto, excluídas as camas de espertar, camas de observación de urxencias, camas de hemodiálise ambulatoria, camas de indución de preanestesia, camas de acompañantes, camas de exploracións especiais, camas de hospital de día, camas de hospitalización a domicilio, camas para o persoal do establecemento, camas supletorias e berces para neonatos normais.

Outros postos asistenciais: aqueloutros postos asistenciais do hospital de agudos non considerados como camas de hospitalización. Entre eles temos:

-Postos de hospital de día: considéranse como tales aqueles destinados á atención de pacientes de xeito simultáneo na área de hospital de día (tanto os terapéuticos, como os de convalecencia).

-Postos de urxencias: considéranse como tales as padiolas nos boxes.

-Postos de observación de urxencias: considéranse como tales aqueles destinados a atención de pacientes de xeito simultáneo na área de observación de urxencias.

-Postos de reanimación: considéranse como tales aqueles de atención continuada nos que se atende a pacientes operados que estean ou poidan estar en estado crítico e que constan habitualmente dun monitor e dun respirador.

-Postos de espertar: considéranse como tales aqueles nos que se atende a pacientes operados nos que o proceso de recuperación se presume curto.

-Berces de neonatos normais: considéranse como tales aqueles destinados a neonatos que non precisan ingreso durante a súa permanencia no hospital.

Considéranse:

-Instaladas/os: camas/postos de hospitalización cos que conta o hospital de agudos como dotación fixa e que estean situados no hospital/complexo hospitalario, sexan ou non utilizables (contabilízanse as camas/postos de salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.).

-En funcionamento (CF): das camas/postos de hospitalización instalados, aqueles con capacidade de funcionar, estean ou non ocupados.

As camas/postos non utilizados, se non están pechados por obras ou outros motivos estruturais, contabilizaranse igualmente, incluso en períodos vacacionais (exemplo: nalgúns hospitais créanse unidades que só funcionan os días laborables. Non obstante, estas camas deben considerarse e contabilizarse como en funcionamento tamén as fins de semana).

-Habilitadas (CH): camas en funcionamento, nas que se produciron estadías, que non son da dotación fixa do hospital: camas en corredores, etc. (exemplo: 6 camas habilitadas funcionando 10 días do mes, notifícase unha media de 2).

-En funcionamento noutros centros: camas á disposición do hospital de agudos en funcionamento noutros centros, fóra do hospital/complexo hospitalario, estean ou non ocupadas.

-Ectópicas propias (CEP): camas en funcionamento asignadas a outros GNA e ocupadas por pacientes do GNA que notifica.

-Ectópicas alleas (CEA): camas en funcionamento asignadas ao GNA que notifica e ocupadas por pacientes doutros GNA.

-Útiles (CU): CU = CF + CH + CEP -CEA.

De cada unha destas camas e postos sanitarios, contabilízase o seguinte:

(1) Camas de hospitalización agudos totais.

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

-En funcionamento noutros centros.

(2) Camas de hospitalización de agudos por GNA.

Para cada GNA, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

-En funcionamento noutros centros.

-Ectópicas propias.

-Ectópicas alleas.

-Útiles.

(3) Outros postos asistenciais:

Para cada un dos tipos doutros postos asistenciais, media diaria de:

-Instalados.

-En funcionamento.

c) Tecnoloxía.

Diagnóstico por imaxe:

-Radioloxía convencional: aparato de radioloxía, sexa simple ou dinámica, con ou sen contraste.

-Radioloxía con telemando: aparato para dixitalizar probas radiolóxicas, con circuíto pechado de televisión. Estará composto de xerador de raios X, tubos de raios X, táboa radiolóxica, intensificador de imaxe con cadea de televisión e sistema de radioloxía dixital.

-Mamógrafo: aparato de radioloxía (equipo de raios X ) específico para realizar estudos de mama.

-Ecógrafo: aparato para a realización de estudos ecográficos, de calquera tipo: obstétricos, cardíacos, etc.

-TAC simple: aparato para a realización de estudos de tomografía axial computerizada simple.

-TAC helicoidal: aparato para a realización de estudos de tomografía axial computerizada helicoidal.

-PET: aparato para a realización de estudos de tomografía por emisión de positróns.

-RM: aparato para a realización de estudos de resonancia magnética nuclear.

-Anxiógrafo vascular periférico: aparato para a realización de estudos anxiolóxicos vasculares periféricos.

-Anxiógrafo vascular neurolóxico: aparato para a realización de estudos anxiolóxicos vasculares neurolóxicos.

-Anxiógrafo vascular cardíaco: aparato para a realización de estudos anxiolóxicos vasculares cardíacos.

-Gammacámara: cámara para a realización de técnicas por emisión de raios gamma.

Outra tecnoloxía:

-Incubadoras: aparatos que serven para manter o neonato que presenta condicións deficitarias (idade xestacional e/ou peso) deitado e sometido a calor artificial ata o momento de adquirir o peso e/ou a idade adecuada.

-Aparatos de hemodiálise: aparatos que realizan a filtración do sangue para liberalo de produtos nocivos.

-Aceleradores lineais: aparatos para a realización de radioterapia mediante aceleración lineal de partículas.

-Bombas de cobalto: aparatos para a realización de radioterapia mediante bomba de cobalto.

-Litotritores: aparatos para realizar a pulverización de cálculos que ocupan as vías urinarias, os riles ou a vesícula biliar.

-Respiradores: aparatos que lles proporcionan un apoio de ventilación temporal ou axuda respiratoria aos pacientes que non poden respirar por si mesmos ou aqueles que requiran axuda para manter unha ventilación axeitada.

De cada un dos tipos de tecnoloxía, contabilízase o seguinte:

(1) Diagnóstico por imaxe:

Para cada un dos tipos de técnicas de diagnóstico por imaxe:

-Número.

(2) Outra tecnoloxía:

Para cada un dos distintos tipos doutra tecnoloxía:

-Número de aparatos.

2. Hospital sociosanitario:

A dotación do hospital sociosanitario recóllese nos seguintes puntos:

a) Salas de uso sanitario.

b) Camas e postos sanitarios.

a) Salas de uso sanitario.

Salas auxiliares (de curas, xesos, etc.) H-SS: dependencias do hospital sociosanitario destinadas para lles realizar aos pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, as técnicas especificadas.

Cuartos de hospitalización H-SS: salas do hospital sociosanitario dotadas con camas de hospitalización para a permanencia do paciente durante o seu ingreso no hospital.

Salas de consulta externa H-SS: dependencias do hospital sociosanitario destinadas a atender pacientes en réxime ambulatorio.

Salas de radioloxía H-SS: dependencias do hospital sociosanitario destinadas á realización das diferentes técnicas de diagnóstico radiolóxico.

Salas de laboratorio H-SS: dependencias da área de laboratorio do hospital sociosanitario destinadas á extracción e/ou manipulación das mostras.

Considérase:

-Instaladas: aquelas salas coas que conta o hospital como dotación fixa, sexan ou non utilizables, incluídas as salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: aquelas salas instaladas e con capacidade de funcionar. As salas dotadas e non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilízanse igualmente, incluso en períodos vacacionais.

De cada unha destas salas, contabilízase o seguinte:

(1) Salas de uso sanitario.

Por cada un dos tipos de salas de uso sanitario do hospital sociosanitario, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

b) Camas e postos sanitarios.

Camas de hospitalización sociosanitaria: son as camas do hospital sociosanitario destinadas á atención continuada dos pacientes.

Considérase:

-Instaladas: camas coas que conta o hospital sociosanitario como dotación fixa e que estean situadas no hospital, sexan ou non utilizables (contabilízanse as camas de salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.).

-En funcionamento: das camas instaladas, aquelas con capacidade de funcionar, estean ou non ocupadas.

-Habilitadas: camas en funcionamento, nas que se produciron estadías, que non son da dotación fixa do hospital: camas en corredores, etc. (exemplo: 6 camas habilitadas funcionando 10 días do mes, notifícase unha media de 2).

As camas non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilízanse igualmente, incluso en períodos vacacionais (exemplo: nalgúns hospitais créanse unidades que só funcionan os días laborables. Non obstante, estas camas deben considerarse e contabilizarse como en funcionamento tamén as fins de semana).

Contabilízase o seguinte:

(1) Camas de hospitalización sociosanitaria.

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

(2) Camas de hospitalización sociosanitaria por GNA.

Para cada GNA, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

3. Centro de rehabilitación psiquiátrica:

A dotación do centro de rehabilitación psiquiátrica recóllese nos seguintes puntos:

a) Salas de uso sanitario.

b) Camas.

a) Salas de uso sanitario.

Salas de terapia ocupacional: dependencias do centro de rehabilitación psiquiátrica destinadas á realización de terapia ocupacional, para pacientes hospitalizados ou ambulatorios.

Salas de terapia de grupo: dependencias do centro de rehabilitación psiquiátrica destinadas á realización de terapia de grupo, para pacientes hospitalizados ou ambulatorios.

Cuartos de hospitalización: salas do centro de rehabilitación psiquiátrica dotadas con camas de hospitalización para a permanencia do paciente durante o seu ingreso no centro.

Considéranse:

-Instaladas: aquelas salas coas que conta o centro de rehabilitación psiquiátrica como dotación fixa, sexan ou non utilizables, incluídas as salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: aquelas salas instaladas e con capacidade de funcionar. As salas dotadas e non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilízanse igualmente, incluso en períodos vacacionais.

Contabilízase o seguinte:

(1) Salas de uso sanitario.

Para cada un dos tipos de salas de uso sanitario do centro de rehabilitación psiquiátrica, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

b) Camas.

Camas de rehabilitación psiquiátrica: son as camas do centro de rehabilitación psiquiátrica destinadas á atención continuada de pacientes.

Contabilizarase o número de camas coas que conta cada unha das unidades asistenciais de hospitalización que realizan ingresos.

-U. Residencial (unidade de larga estadía).

-U. de Rehabilitación (unidade de media estadía).

-U. de Coidados Especiais.

Considéranse:

-Instaladas: camas coas que conta o centro de rehabilitación psiquiátrica de crónicos como dotación fixa situadas no centro, sexan ou non utilizables. Contabilízanse as camas de salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: das camas instaladas, aquelas con capacidade de funcionar, estean ou non ocupadas. As camas non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilízanse igualmente, incluso en períodos vacacionais (exemplo: nalgúns hospitais créanse unidades que só funcionan os días laborables).

-Habilitadas: camas en funcionamento, nas que se produciron estadías, que non son da dotación fixa do hospital: camas en corredores, etc. (exemplo: 6 camas habilitadas funcionando 10 días do mes, notifícase unha media de 2).

Contabilízase o seguinte:

(1) Camas de rehabilitación psiquiátrica.

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

(2) Camas de rehabilitación psiquiátrica por unidade.

Para cada unidade asistencial, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

-Habilitadas.

4. Pisos protexidos de psiquiatría.

A dotación dos pisos protexidos de psiquiatría recóllese nos seguintes puntos:

a) Pisos.

b) Camas.

a) Pisos.

Considéranse:

-Pisos: aqueles pisos protexidos de psiquiatría cos que conta o hospital/complexo hospitalario.

-Cuartos: aquelas salas dotadas con camas de que dispoñen os pisos protexidos de psiquiatría.

Contabilízase o seguinte:

(1) Pisos.

-Número de pisos.

-Cuartos.

b) Camas.

Considéranse:

-Prazas: capacidade para a residencia de pacientes coa que contan os pisos.

Contabilízase o seguinte:

(1) Camas.

-Prazas.

5. Hotel de pacientes:

A dotación do hotel de pacientes recóllese nos seguintes puntos:

a) Salas de atención hoteleira.

b) Camas do hotel de pacientes.

a) Salas de atención hoteleira.

Salas comúns: dependencias do hotel de pacientes destinadas á permanencia dos pacientes e dos seus acompañantes distintas dos cuartos.

Cuartos: dependencias do hotel de pacientes dotados con camas para a permanencia do paciente durante a súa estadía.

Considéranse:

-Instaladas: aquelas salas coas que conta o hotel de pacientes como dotación fixa, sexan ou non utilizables, incluídas as salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: aquelas salas instaladas e con capacidade de funcionar. As salas dotadas e non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilizaranse igualmente, incluso en períodos vacacionais.

Contabilízase o seguinte:

(1) Salas de atención hoteleira.

Para cada un dos tipos de salas de atención hoteleira, media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

b) Camas do hotel de pacientes.

Camas de atención hoteleira: son aquelas dedicadas á permanencia dos pacientes durante a súa permanencia no hotel de pacientes.

Considéranse:

-Instaladas: camas coas que conta o hotel de pacientes como dotación fixa situadas no hospital, sexan ou non utilizables. Contabilízanse as camas de salas sen abrir por falta de equipamento, obras, etc.

-En funcionamento: das camas instaladas, aquelas con capacidade de funcionar, estean ou non ocupadas. As camas non utilizadas, se non están pechadas por obras ou outros motivos estruturais, contabilízanse igualmente, incluso en períodos vacacionais

Contabilízase o seguinte:

(1) Camas de atención hoteleira.

Media diaria de:

-Instaladas.

-En funcionamento.

C. Persoal.

Efectivos.

Considérase:

-Total efectivos: total de persoal dependente do complexo, incluídos os eventuais (agás os substitutos por IT, vacacións ou permisos retribuídos). Inclúense tamén os substitutos por baixa maternal, vacantes reservadas ou promoción interna ou por calquera outra circunstancia na que o titular traballe e perciba a súa retribución no posto de destino.

-Total eventuais: do total de efectivos de persoal, aquel que presta servizos de xeito esporádico (non de cadro de persoal):

* Inclúense os substitutos por baixa maternal, vacantes reservadas, promoción interna, ou por calquera outra circunstancia na que o titular traballe e perciba a súa retribución no posto de destino.

* Exclúense os substitutos por IT, vacacións ou permisos retribuídos.

* Os interinos só se considerarán eventuais cando non perciban a súa retribución polo capítulo XII.

Notificarase segundo a función pola que está contratado e non se contabilizarán bolseiros nin asistentes voluntarios.

Categorías do persoal.

-Persoal directivo: son aqueles efectivos dedicados exclusivamente a tarefas directivas ou de xestión do establecemento con retribucións a cargo do complexo hospitalario (xerente, directores e subdirectores).

-Persoal de administración: son aqueles efectivos dedicados exclusivamente a tarefas de administración do establecemento con retribucións a cargo do complexo hospitalario.

-Persoal facultativo: médicos ou titulados superiores que se asimilen, incluídos MIR (agás MIR de Medicina de Familia) e demais residentes que presten servizo no complexo ou centros dependentes

(centros de especialidades). Non se considerarán aquí os facultativos incluídos nos grupos de persoal directivo e administración. Inclúense as seguintes categorías:

-Xefes de departamento: facultativos que teñan nomeamento ou fagan tarefas de xefes de departamento.

-Xefes de servizo: facultativos que teñan nomeamento ou fagan tarefas de xefes de servizo.

-Xefes de sección: facultativos que teñan nomeamento ou fagan tarefas de xefes de sección.

-Feas-adxuntos: facultativos que teñan nomeamento ou praza de facultativos especialistas de área.

-Cupo: facultativos que teñan nomeamento de médico especialista non xerarquizado.

-Axudantes de cupo: facultativos que teñan nomeamento de médico especialista axudante non xerarquizado.

-Residentes: facultativos en período de formación, como médicos internos residentes.

-Outros: persoal que realice tarefas facultativas non incluídos nos puntos anteriores.

-Persoal sanitario non facultativo: efectivos non facultativos dedicados a tarefas de carácter sanitario (ATS/DUE, auxiliares, matronas, etc.) con retribucións a cargo do complexo hospitalario. Inclúense as seguintes categorías:

-ATS/DUE: axudantes técnicos sanitarios e diplomados en enfermaría, independentemente do seu cargo (enfermeira xefe, supervisora, etc.). Exclúense as matronas e fisioterapeutas.

-Matronas: ATS/DUE co título de matronas (diploma de asistencia obstétrica) que ocupen os ditos postos e realicen estas funcións, independentemente do seu cargo.

-Matronas en formación: ATS/DUE en período de formación para a obtención do título de matronas (diploma de asistencia obstétrica).

-Fisioterapeutas: persoal auxiliar sanitario que estea en posesión do título ou diploma de fisioterapia expedido polo Ministerio de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que desempeñe praza correspondente á súa especialidade.

-Terapeutas ocupacionais: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de terapeuta ocupacional, sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-TER: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de radioloxía de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-TEL: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de laboratorio de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria,

sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-TEAP: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de anatomía patolóxica de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-TESM: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de saúde mental de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, sempre que desempeñe praza correspondente a súa titulación.

-TEMN: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de medicina nuclear de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-TERT: persoal auxiliar sanitario en posesión do título de técnico especialista de radioterapia, formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, sempre que desempeñe praza correspondente á súa titulación.

-Outros: persoal sanitario non facultativo non incluído nos puntos anteriores.

-Persoal non sanitario: aqueles efectivos dedicados a tarefas non sanitarias dos grupos B, C, D, E (administrativos, etc.) con retribucións a cargo do complexo hospitalario. Inclúense as seguintes categorías:

-Administrativos: auxiliares administrativos e outros administrativos, que desenvolvan labores que non requiran título superior ou de grao medio. Este persoal non debe contabilizarse no epígrafe de persoal directivo nin de administración.

-Persoal de oficio cualificado: persoal con formación profesional de segundo grao, excluíndo rama sanitaria, que realicen funcións específicas en relación con coñecementos propios que lles serán exixidos para o seu ingreso.

-Persoal de oficio non cualificado: persoal dependente do centro con formación profesional de primeiro grao, excluíndo rama sanitaria, por exemplo: calefactores, carpinteiros, condutores, costureiras, etc. Neste punto quedan excluídos os celadores.

-Celadores: persoal da escala xeral do grupo de persoal subalterno encargado de prestar a colaboración que lle sexa requirida.

-Outros: persoal non sanitario non incluído nos puntos anteriores.

-Persoal de empresas concertadas: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento. Non se incluirán os servizos non vinculados directamente coas actividades específicas dos establecementos sanitarios: cafetaría, floraría, prensa, regalos, etc. Inclúense as seguintes categorías:

-Limpeza: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no

establecemento para os servizos de limpeza do centro.

-Lavandaría: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento para os servizos de lavandaría do centro.

-Cociña: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento para os servizos de cociña do centro.

-Mantemento: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento para os servizos de mantemento do centro.

-Seguridade: persoal de empresas de servizos concertados que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento para os servizos de seguridade do centro.

-Outros: persoal de empresas de servizos concertados non incluídos nos puntos anteriores que desenvolvan a súa xornada laboral no establecemento.

Gardas facultativos.

Horario complementario que realizan os facultativos para atender os usuarios dos servizos de saúde de forma continuada, fóra da xornada establecida e que se remunera polo complemento de atención continuada.

Tipos:

-Localizadas: gardas que non requiren a presenza física do facultativo, que estará en situación de dispoñibilidade que faga posible a súa localización e presenza inmediata cando sexa requirido.

-De presenza física: gardas que requiren a presenza física do facultativo nos servizos xerarquizados.

-Mixtas

Absentismo.

-Días de IT: número de días non traballados por incapacidade laboral nos termos regulados pola lexislación xeral da Seguridade Social nesta materia.

-Días de permiso: número de días non traballados por permiso concedido, por exemplo: permiso de asistencia a cursos, por falecemento dun familiar, etc. O permiso non inclúe as vacacións nin os días de libre disposición.

-Días doutro absentismo: número de días non traballados por enfermidade de duración inferior a dous días (nos que non se presenta certificación de ILT) e todas as ausencias ao traballo sen xustificar documentalmente.

1. Persoal global.

a) Persoal xeral.

Totaliza o complexo hospitalario, agregando as diferentes modalidades asistenciais.

Contabilízase o seguinte:

(1) Persoal por categorías.

Para cada unha das categorías do persoal, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventual.

(2) Persoal facultativo por categoría.

Para cada unha das categorías de persoal facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(3) Gardas de facultativos.

Para un dos tipos de garda e para cada GNA:

-Total gardas.

Nota: declararanse por liña de garda, xa que nalgúns hospitais é normal a existencia de gardas tronculares, polo que non se poden asignar a un GNA específico.

(4) Persoal sanitario non facultativo.

Para cada unha das categorías de persoal sanitario non facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(5) Persoal non sanitario.

Para cada unha das categorías de persoal non sanitario, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(6) Persoal de empresas concertadas.

Para cada unha das categorías de persoal de empresas concertadas, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

b) Absentismo xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Distribución por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal:

-Días de IT.

-Días de permiso.

-Días doutro absentismo.

2. Persoal do hospital de agudos.

a) Persoal xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Persoal por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(2) Persoal facultativo por categoría e GNA.

Para cada unha das categorías do persoal facultativo e para cada un dos GNA, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

Nota: cando un facultativo pertenza a máis dun GNA, contabilízase a porcentaxe en función do tempo dedicado a cada tarefa.

(3) Gardas de facultativos.

Para cada un dos tipos de garda e para cada GNA:

-Total gardas.

Nota: declararanse por liña de garda, xa que nalgúns hospitais é normal a existencia de gardas tronculares, polo que non se poden asignar a un GNA específico.

(4) Persoal sanitario non facultativo.

Para cada unha das categorías de persoal sanitario non facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(5) Persoal non sanitario.

Para cada unha das categorías de persoal non sanitario, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(6) Persoal de empresas concertadas.

Para cada unha das categorías de persoal de empresas concertadas, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

b) Absentismo xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Distribución por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal:

-Días de IT.

-Días de permiso.

-Días doutro absentismo.

3. Persoal do hospital sociosanitario.

a) Persoal xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Persoal por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(2) Persoal facultativo por categoría e GNA.

Para cada unha das categorías do persoal facultativo e para cada un dos GNA, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

Nota: cando un facultativo pertenza a máis dun GNA, contabilízase a porcentaxe en función do tempo dedicado a cada tarefa.

(3) Gardas de facultativos.

Para cada un dos tipos de garda e para cada GNA:

-Total gardas.

Nota: declararanse por liña de garda, xa que nalgúns hospitais é normal a existencia de gardas tronculares, polo que non se poden asignar a un GNA específico.

(4) Persoal sanitario non facultativo.

Para cada unha das categorías de persoal sanitario non facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(5) Persoal non sanitario.

Para cada unha das categorías de persoal non sanitario, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(6) Persoal de empresas concertadas.

Para cada unha das categorías de persoal de empresas concertadas, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

b) Absentismo xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Distribución por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal:

-Días de IT.

-Días de permiso.

-Días doutro absentismo.

4. Persoal do centro de rehabilitación psiquiátrica.

Recollerase para cada unha das distintas unidades asistenciais da área de rehabilitación psiquiátrica:

-U. Residencial.

-U. de Rehabilitación.

-U. de Coidados Especiais.

-Centro de día.

-U. de Continuidade de Coidados (atención domiciliaria).

a) Persoal xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Persoal por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(2) Persoal facultativo por categoría e unidade.

Para cada unha das categorías do persoal facultativo e para cada unha das unidades asistenciais, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

Nota: cando un facultativo pertenza a máis dunha unidade asistencial, contabilizarase a porcentaxe en función do tempo dedicado a cada tarefa.

(3) Gardas de facultativos.

Para cada tipo de garda e para cada unidade asistencial:

-Total gardas.

(4) Persoal sanitario non facultativo.

Para cada unha das categorías de persoal sanitario non facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(5) Persoal non sanitario.

Para cada unha das categorías de persoal non sanitario, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(6) Persoal de empresas concertadas.

Para cada unha das categorías de persoal de empresas concertadas, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

b) Absentismo xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Distribución por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal:

-Días de IT.

-Días de permiso.

-Días doutro absentismo.

5. Persoal do hotel de pacientes.

a) Persoal xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Persoal por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(2) Persoal facultativo por categoría r GNA.

Para cada unha das categorías do persoal facultativo e para cada un dos GNA, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

Nota: cando un facultativo pertenza a máis dun GNA, contabilízase a porcentaxe en función do tempo dedicado a cada tarefa.

(3) Persoal sanitario non facultativo.

Para cada unha das categorías de persoal sanitario non facultativo, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(4) Persoal non sanitario.

Para cada unha das categorías de persoal non sanitario, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

(5) Persoal de empresas concertadas.

Para cada unha das categorías de persoal de empresas concertadas, media diaria de:

-Total efectivos.

-Total eventuais.

b) Absentismo xeral.

Contabilízase o seguinte:

(1) Distribución por categorías.

Para cada unha das categorías de persoal, contabilízase:

-Días de IT.

-Días de permiso.

-Días doutro absentismo.

D. Actividade.

Recóllese a actividade do hospital/complexo hospitalario segundo o tipo:

-Actividade do hospital de agudos.

-Actividade do hospital sociosanitario.

-Actividade do centro de rehabilitación psiquiátrica.

-Actividade dos pisos protexidos de psiquiatría.

-Actividade con financiamento extraordinario.

-Actividade do hospital de agudos.

Recóllese a actividade total do hospital de agudos (tanto ordinaria como de financiamento extraordinario) dividida nas seguintes carpetas:

1. Actividade cirúrxica.

2. Hospitalización de agudos.

3. Consultas externas.

4. Urxencias.

5. Hospital de día.

6. Servizos centrais.

7. Outra actividade específica.

1. Actividade cirúrxica.

A actividade cirúrxica recóllese en tres puntos:

a) Funcionamento de quirófanos e outras salas especiais.

b) Intervencións no hospital/complexo hospitalario.

c) Intervencións fóra do hospital/complexo hospitalario.

a) Funcionamento de quirófanos e outras salas especiais.

Considérase:

-Salas monográficas dun GNA: son as asignadas en exclusiva a un GNA.

-Horas asignadas: horas de sala asignadas a cada GNA pola xerencia do hospital/complexo hospitalario para a realización da actividade programada (foran ou non empregadas).

-Horas utilizadas: horas de sala utilizadas para intervencións programadas. O dito tempo contabilizarase desde a entrada do enfermo á sala ata a súa saída desta.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias: horas de sala utilizadas para intervencións programadas sen estadía.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía: horas de sala utilizadas para intervencións programadas con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións sen anestesista: horas de sala utilizadas para intervencións programadas sen anestesista.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas: horas de sala utilizadas para intervencións non programadas.

Cómpre ter en conta que as horas teóricas se consideran 7 por sala e día e, polo tanto,

-Se unha sala é monográfica para un GNA, o número de horas asignadas mínimo é de 7.

-O número de horas asignadas pode superar as horas teóricas se existe xornada extraordinaria.

Contabilízase o seguinte:

(1) Quirófanos por GNA.

Para cada GNA:

-Monográficos.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións sen anestesista.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(2) Sala especial cirúrxica por GNA.

Para cada GNA:

-Monográficas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(3) Sala de braquiterapia por GNA.

Para cada GNA:

-Monográficas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(4) Sala de cardioloxía.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(5) Sala de endoscopias xerais.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(6) Sala de endoscopias dixestivas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(7) Sala de endoscopias urolóxicas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(8) Sala de endoscopias pneumolóxicas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(9) Sala de endoscopias xinecolóxicas.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(10) Sala de radioloxía intervencionista.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(11) Sala de radioterapia.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

(12) Sala FIV.

-Horas asignadas.

-Horas utilizadas.

-Horas utilizadas en intervencións ambulatorias.

-Horas utilizadas en intervencións con estadía.

-Horas utilizadas en intervencións non programadas.

b) Intervencións no hospital/complexo hospitalario.

Intervención: acto cirúrxico realizado en quirófano.

Considéranse tamén intervencións aqueloutros procedementos cirúrxicos realizados en salas especiais, cando cumpran o seguinte:

-Que para a súa realización requiran unha sala dotada cun equipamento especial (radioloxía intervencionista, braquiterapia, cardioloxía intervencionista).

-Que, de non existir a devandita sala especial, o procedemento cirúrxico teña que ser realizado en quirófano (isto exclúe, polo tanto, as curas e demais procedementos susceptibles de seren realizados en consulta).

No caso das endoscopias só se considerarán intervencións as endoscopias terapéuticas, aínda que se realicen en quirófano.

Considéranse:

-Total intervencións: número de intervencións realizadas no hospital/complexo hospitalario.

-Intervencións con estadía: do total de intervencións, aquelas realizadas a pacientes ingresados no hospital/complexo hospitalario.

-Intervencións ambulatorias: do total de intervencións, aquelas realizadas a pacientes que non están ingresados no hospital.

-Intervencións sen anestesista: do total de intervencións en quirófano, aquelas nas que o tipo de anestesia non require a presenza do facultativo do GNA de anestesioloxía e reanimación.

-Intervencións programadas sen anestesista: do total de intervencións en quirófano, aquelas programadas sen anestesista.

-Intervencións programadas con estadía: do total de intervencións, aquelas programadas a pacientes ingresados.

-Intervencións programadas con estadía-primeiras: do total de intervencións programadas con estadía, aquelas que son a primeira intervención para ese ingreso.

-Intervencións programadas de 8.00 a 15.00 horas con estadía: do total de intervencións con estadía, aquelas que foron programadas de 8.00 a 15.00 h.

-Intervencións programadas de 8.00 a 15.00 horas: do total de intervencións, aquelas que foron programadas en horario de 8.00 a 15.00 h.

-Intervención suspendida: aquela que, estando programada, se retira da programación e non é substituída por outra programada.

-Intervención substituída: aquela que, estando programada, se retira da programación e é substituída por outra programada.

-Reintervención: aquela intervención que, realizada sobre o mesmo campo operatorio e polo mesmo proceso patolóxico xa intervido previamente, se practique a un mesmo enfermo, excluíndo as intervencións programadas en varios tempos.

Segundo a programación.

-Programada: do total de intervencións realizadas, as que estean na programación das salas do hospital.

-Non programada: do total de intervencións realizadas, as que non estaban previamente na programación das salas do hospital.

-Programada que entrou por urxencias: do total de intervencións programadas, as realizadas a pacientes que accederon ao hospital a través da asistencia no servizo de urxencias.

Contabilízase o seguinte:

(1) Intervencións por sala e programación.

Para cada un dos tipos de salas: quirófanos e outras salas especiais e segundo a programación:

-Total intervencións.

-Intervencións con estadía.

(2) Intervencións en quirófano por GNA.

Para cada GNA:

-Total intervencións.

-Intervencións con estadía.

-Intervencións programadas.

-Programadas con estadía.

-Programadas con estadía-primeiras.

-Programada de 8.00-15.00 horas con estadía.

-Programadas por urxencias.

-Programadas de 8.00 a 15.00 horas.

-Intervencións suspendidas.

-Intervencións substituídas.

-Reintervencións.

-Intervencións sen anestesista.

-Intervencións programadas sen anestesista.

(3) Intervencións en sala especial cirúrxica por GNA.

Para cada GNA:

-Total intervencións.

-Intervencións con estadía.

-Intervencións programadas.

-Programadas con estadía.

-Programada de 8.00-15.00 horas con estadía.

-Programadas por urxencias.

-Programadas de 8.00 a 15.00 horas.

-Intervencións suspendidas.

-Intervencións substituídas.

-Reintervencións.

Procedementos de CMA.

Listaxe pechada de procedementos de cirurxía maior ambulatoria revisada anualmente pola S.X. Atención Especializada.

Segundo a súa realización.

-Mañá: aqueles procedementos programados en xornada de mañá (8.00 a 15.00 h).

-Tarde: aqueles procedementos programados en xornada de tarde (despois das 15.00 h).

Considérase:

-Número: número de procedementos realizados a pacientes ambulatorios.

Contabilízase o seguinte:

(4) Procedementos de CMA.

Para cada procedemento e segundo a súa realización:

-Número.

PATSES (procedementos ambulatorios terapéuticos en salas especiais).

Para cada un dos tipos de PATSE existe unha listaxe pechada de procedementos revisada anualmente pola S. X. Atención Especializada.

PATSE cardioloxía:

PATSE cardioloxía intervencionista:

PATSE radioloxía intervencionista neurolóxica:

PATSE radioloxía intervencionista vascular:

PATSE radioloxía intervencionista dixestiva:

PATSE radioloxía intervencionista urolóxica:

PATSE radioloxía intervencionista xinecolóxica:

PATSE endoscopias dixestivo:

PATSE endoscopias pneumoloxía:

PATSE endoscopias uroloxía:

PATSE endoscopias xinecoloxía:

PATSE medicina nuclear:

PATSE radioterapia con acelerador lineal:

PATSE radioterapia con bomba de cobalto:

PATSE radiocirurxía fraccionada:

Considéranse:

-Número: número de procedementos realizados a pacientes ambulatorios.

-Número procedementos realizados en quirófano: do total de procedementos, aqueles realizados en quirófano.

-Número de sesións: enténdese por sesión cada unha das veces que un paciente recibe tratamento radioterápico.

-Número de tratamentos rematados: número de pacientes ambulatorios* que remataron o tratamento radioterápico.

Ao estar a actividade desagregada por niveis, se un paciente recibise tratamento de niveis diferentes, contabilizarase un por cada nivel en que se remate o tratamento.

* Contaranse os tratamentos rematados de xeito ambulatorio, aínda que no seu comezo o paciente estivese ingresado.

Contabilízase o seguinte:

(1) PATSE cardioloxía.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(2) PATSE cardioloxía intervencionista.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(3) PATSE radioloxía intervencionista neurolóxica.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(4) PATSE radioloxía intervencionista vascular.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(5) PATSE radioloxía intervencionista dixestiva.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(6) PATSE radioloxía intervencionista urolóxica.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(7) PATSE radioloxía intervencionista xinecolóxica.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(8) PATSE endoscopias dixestivo.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(9) PATSE endoscopias pneumoloxía.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(10) PATSE endoscopias uroloxía.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(11) PATSE endoscopias xinecoloxía.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(12) PATSE medicina nuclear.

Para cada procedemento:

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

(13) PATSE radioterapia con acelerador lineal.

Para cada nivel:

-Número de sesións.

-Número de tratamentos rematados.

(14) PATSE radioterapia con bomba de cobalto.

Para cada nivel:

-Número de sesións.

-Número de tratamentos rematados.

(15) PATSE radiocirurxía fraccionada.

-Número.

-Número procedementos realizados en quirófano.

c) Intervencións fóra do hospital/complexo hospitalario

Considéranse:

-Total intervencións con cargo ao hospital/complexo hospitalario: número de intervencións realizadas por persoal do hospital nos centros concertados aos pacientes que deriva.

-Total intervencións con cargo á dirección provincial: número de intervencións realizadas aos pacientes derivados polo hospital/complexo hospitalario aos centros concertados con cargo ao orzamento da dirección provincial.

Contabilízase o seguinte:

(1) Intervencións con cargo ao hospital/complexo hospitalario.

-Total intervencións.

(2) Intervencións con cargo á dirección provincial.

-Total intervencións.

2. Hospitalización de agudos.

A actividade de hospitalización recóllese en catro puntos:

a) Ingresos.

b) Altas.

c) Estadías.

d) Interconsultas de planta.

a) Ingresos.

Entradas de pacientes que constan no rexistro de admisión asignados a unha cama de hospitalización.

Non se consideran ingresos os movementos de pacientes entre os diferentes edificios dun mesmo complexo hospitalario cando sexa para ocupar outra cama de hospitalización de agudos, que serían movementos de cama (de ser no mesmo GNA) ou traslados internos (de tratarse de GNA diferentes).

Considéranse:

-Entradas por traslado interno: entradas de pacientes para ocupar unha cama de hospitalización de agudos nun GNA, procedentes doutra cama de hospitalización de agudos de distinto GNA, do mesmo hospital ou complexo hospitalario.

-Ingresos por urxencias: do total de ingresos do mes, aqueles que proveñen da admisión de urxencias.

Tipos de ingresos segundo o ámbito.

-Ingresos do sector do hospital: do total de ingresos, os correspondentes aos pacientes que pertencen ao sector do hospital declarante.

-Ingresos de fóra do sector: do total de ingresos, os correspondentes aos pacientes que non pertencen ao sector do hospital declarante.

-Ingresos de non referencia: do total de ingresos de fóra do sector, os correspondentes aos pacientes que ingresan nun GNA para o que o hospital non é de referencia.

Tipos de ingresos segundo a programación.

-Ingresos programados: son todos os ingresos procedentes da lista de espera de hospitalización.

-Ingresos non programados: son todos os ingresos non procedentes da lista de espera de hospitalización (os que ingresen de forma urxente, neonatos patolóxicos, os de carácter xudicial, os traslados urxentes doutros hospitais, ingresos directos desde consultas externas, etc.).

Contabilízase o seguinte:

(1) Ingresos totais.

-Número de ingresos.

(2) Ingresos por ámbito.

Para cada un dos tipos de ingresos, segundo o ámbito:

-Número de ingresos.

(3) Ingresos por programación.

Para cada un dos tipos de ingresos, segundo a programación:

-Número de ingresos.

(4) Ingresos por GNA.

Para cada GNA:

-Número de ingresos.

-Entradas por traslado interno.

-Ingresos por urxencias.

(5) Ingresos por GNA e ámbito.

Para cada GNA e para cada un dos tipos de ingresos, segundo o ámbito:

-Número de ingresos.

(6) Ingresos por GNA e programación.

Para cada GNA e para cada un dos tipos de ingresos, segundo a programación:

-Número de ingresos.

b) Altas.

Saídas de pacientes que, por curación ou melloría do seu proceso, por iniciativa propia, por traslado a outro centro, exitus ou outras causas, deixen de xerar estadías no hospital.

Considéranse:

-Prealtas: documentos que os GNA remiten ao GNA de Admisión, informando con antelación das altas previstas nos días sucesivos.

-Saídas por traslado interno: saídas de pacientes que deixan de xerar estadías nun determinado GNA por seren trasladados a outro GNA de Hospitalización de Agudos do mesmo complexo.

Contabilízase o seguinte:

(1) Altas totais.

-Altas.

-Prealtas.

(2) Altas por GNA.

Para cada GNA:

-Altas.

-Saídas por traslado interno.

-Prealtas.

c) Estadías.

Tempo de permanencia dun paciente no hospital/complexo hospitalario contabilizado en días. Un paciente xera estadía cando está ocupando unha cama de hospitalización na hora censual (24 horas).

Considéranse:

Estadías preoperatorias: as estadías producidas polos pacientes en espera dunha intervención programada en quirófano. Só se contarán como estadías preoperatorias as da primeira intervención programada para cada ingreso. Recóllense estes dous conceptos:

-Estadías preoperatorias no hospital: as producidas desde o ingreso do paciente no hospital ata a intervención programada en quirófano.

-Estadías preoperatorias no GNA: as producidas desde a entrada do paciente no GNA cirúrxico ata a intervención programada en quirófano.

Contabilízase o seguinte:

(1) Estadías totais.

-Total estadías.

-Estadías preoperatorias no hospital.

(2) Estadías por GNA.

Para cada GNA, contabilízase:

-Total estadías.

-Estadías preoperatorias no hospital.

-Estadías preoperatorias no GNA.

d) Interconsultas de planta.

Considéranse:

-Interconsultas realizadas: aquelas consultas sobre pacientes que ocupan unha cama de hospitalización no hospital/complexo hospitalario, realizadas polo GNA declarante por petición doutro GNA do mesmo hospital/complexo hospitalario.

-Interconsultas solicitadas: aquelas consultas sobre pacientes que ocupan unha cama de hospitalización no hospital/complexo hospitalario solicitadas polo GNA declarante a outro GNA do mesmo hospital/complexo hospitalario.

Contabilízase o seguinte:

(1) Interconsultas por GNA.

Para cada GNA:

-Interconsultas realizadas.

-Interconsultas solicitadas.

3. Consultas externas.

Consulta externa: é todo acto facultativo realizado de forma ambulatoria para o diagnóstico, tratamento, seguimento, mantemento da saúde ou outras circunstancias de índole administrativa, realizado na presenza do paciente nun local destinado para tal fin con independencia da súa situación física dentro da rede asistencial.

A actividade de consultas recóllese en dous puntos:

a) Funcionamento das consultas externas.

b) Actividade de consultas externas.

a) Funcionamento das consultas externas.

Considéranse:

-Horas de sala asignadas: horas de sala de consulta externa asignadas a cada GNA pola xerencia do hospital/complexo hospitalario, foran ou non empregadas.

-O número de horas teóricas por día laborable nunha sala asignada en exclusiva a un GNA é de 7. No caso de xornada extraordinaria poden superarse.

-Horas de sala programadas: horas de consulta externa programadas no mes por cada GNA nas distintas salas que teña asignadas.

-Horas de sala utilizadas: horas de sala de consulta externa utilizadas no mes por cada GNA nas distintas salas que teña asignadas.

Contabilízase o seguinte:

(1) Funcionamento das consultas externas por GNA.

Para cada GNA:

-Horas de sala asignadas.

-Horas de sala programadas.

-Horas de sala utilizadas.

b) Actividade de consultas externas.

Considéranse:

-Consultas totais: total de consultas externas atendidas polos facultativos dos distintos GNA do hospital/complexo hospitalario nos locais destinados para tal fin con independencia da súa situación física dentro da rede asistencial. Como excepción incluiranse aquí as consultas efectuadas polo GNA de pediatría aos neonatos sans no hospital*. Exclúense as consultas intermedias: preanestésicas, farmacia...

* Contabilízase unha primeira e unha sucesiva por cada neonato san.

-Consulta inicial: é a realizada a un paciente por tratarse dun proceso novo, suceder a unha consulta de alta ou ter pasados máis de 18 meses desde a última consulta sen ningunha programación, sempre dentro do mesmo GNA, ou ben proceder de atención primaria ou doutro hospital.

-Consulta sucesiva: é a que ten lugar logo dunha consulta previa non de alta ou logo dun episodio de hospitalización para o seguimento do mesmo proceso e no mesmo GNA, sempre e cando non pasasen máis de 18 meses sen ningunha programación.

-Consultas de alta: do total de consultas realizadas, aquelas nas que finalizou o control polo GNA do proceso asistencial de consulta externa (incluiranse ademais de nas consultas totais, nas iniciais ou sucesivas, segundo corresponda).

-Iniciais procedentes de primaria: do total de consultas iniciais, aquelas solicitadas polos equipos de atención primaria.

-Consultas de fóra do sector: do total de consultas realizadas, aquelas nas que os pacientes non pertencen ao sector do hospital/complexo hospitalario declarante.

-Consultas de non referencia: do total de consultas de fóra do sector, aquelas nas que o hospital/complexo hospitalario non é de referencia para o GNA.

-Consultas realizadas en centros de atención primaria: do total de consultas realizadas, aquelas que se levaron a cabo en centros de atención primaria polo persoal facultativo dos distintos GNA do hospital/complexo hospitalario desprazado a eles.

-Consultas non programadas: do total de consultas realizadas, aquelas nas que os pacientes acoden sen cita previa.

-Consultas non realizadas: aquelas consultas programadas que non chegan a ser realizadas por calquera motivo.

Modalidades de consulta.

-Consulta de enfermidade: é a realizada e orixinada pola sospeita ou presenza dun determinado proceso patolóxico.

-Consultas de saúde: é a realizada co obxecto de manter o estado de saúde do individuo (screenings, graduacións de vista, revisións de neonatos normais*, etc.) ou a realización de determinados trámites administrativos.

* Contabilízase unha primeira e unha sucesiva por cada neonato san.

Tipos de financiamento das consultas.

-Seguridade Social.

-Tráfico.

-Seguro escolar.

-Seguro deportivo.

-Laboral.

-Mutuas sanitarias.

-Entidades colaboradoras.

-Particulares/outras.

-Obrigados por agresión.

-Descoñecido.

Rexistro de pacientes en espera de consulta:

Considéranse:

-Número de pacientes: total de pacientes en espera para unha consulta inicial o último día do mes.

-Demora na cita: media de días que van desde a data idónea á data de citación para a consulta inicial dos pacientes citados nese mes.

Contabilízase o seguinte:

(1) Consultas externas totais.

-Consultas totais.

-Consultas iniciais.

-Consultas de alta.

-Consultas de enfermidade.

-Consultas de enfermidade iniciais.

-Consultas de enfermidade de alta.

(2) Consultas externas por GNA.

Para cada GNA e para cada modalidade de consultas:

-Consultas totais.

-Consultas iniciais.

-Consultas de alta.

-Iniciais procedentes de primaria.

-Consultas de fóra do sector.

-Consultas de non referencia.

-Consultas realizadas en centros de atención primaria.

-Consultas non programadas.

-Consultas non realizadas.

(3) Réxime económico das consultas por GNA.

Para cada GNA e para cada tipo de financiamento:

-Número de consultas.

(4) Rexistro de pacientes en espera de consulta (por GNA).

Para cada GNA e para cada modalidade de consultas:

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

4. Urxencias.

Actividade de atención continuada para aqueles procesos que demandan unha atención inmediata.

A actividade de urxencias recóllese en dous puntos:

a) Urxencias totais.

b) Urxencias por GNA.

Considéranse:

-Total urxencias: total de episodios atendidos na área de urxencias do hospital con atención finalizada (número de altas en admisión de urxencias).

-Urxencias resoltas polo equipo de porta: do total de urxencias, aquelas atendidas e resoltas polo equipo de porta (aínda que todos os pacientes pasan inicialmente polo equipo de porta, só se considerarán así aquelas nas que non foi requirida a colaboración dos facultativos dos distintos GNA).

-Tempo de espera: media, en minutos, do tempo transcorrido desde que os pacientes son rexistrados pola admisión de urxencias como demandantes de asistencia ata que son atendidos polo persoal facultativo do equipo de porta

-Tempo de atención: media, en minutos, do tempo transcorrido dende que o paciente é atendido polo persoal facultativo ata que sae de urxencias.

-Tempo de estancia en urxencias: media, en minutos, do tempo transcorrido desde que o paciente é rexistrado pola admisión de urxencias como demandante de asistencia ata que sae de urxencias.

-Interconsultas de urxencias: total de atencións realizadas polos especialistas dos distintos GNA a pacientes en urxencias.

-Altas de urxencias (por GNA): total de altas na admisión de urxencias asinadas polos facultativos do GNA declarante.

-Altas de urxencias a domicilio (por GNA): total de altas a domicilio na admisión de urxencias asinadas polos facultativos do GNA declarante.

Motivos de entrada en urxencias.

Considéranse:

-Orde facultativa.

-Petición propia.

-Petición familiar.

-Orde gobernativa.

-Orde xudicial.

-Orde da inspección médica.

-Autorización xudicial.

-Indeterminado.

Contabilízase:

-Número: número de episodios con atención finalizada.

Procedencia.

Considéranse:

-Consultas externas: consultas externas do propio hospital.

-Hospital de día: do propio hospital.

-Hospitalización a domicilio (HADO): do propio hospital.

-Hotel de pacientes: do propio hospital.

-Outras do propio hospital.

-Unidade de atención primaria.

-Puntos de atención continuada (PAC).

-Hospitalización de agudos.

-Hospitalización sociosanitaria.

-Hospitalización psiquiátrica de crónicos.

-Domicilio.

Contabilízase:

-Número: número de episodios con atención finalizada.

Motivos de saída de urxencias.

Considéranse:

-Orde facultativa (fin coidados).

-Petición propia (alta voluntaria).

-Exitus intramuros.

-Exitus extramuros (só cando o paciente é valorado polo equipo de porta para intentar a reanimación ou confirmar o falecemento, caso no que se inclúe na admisión de urxencias).

-Fuga: saída de urxencias producida pola vontade propia do paciente, sen coñecemento e/ou consentimento do facultativo encargado da súa atención, no servizo de urxencias.

Contabilízase:

-Número: número de episodios con atención finalizada.

Destinos á saída de urxencias.

Considéranse:

-Cama de agudos do propio hospital/complexo hospitalario.

-Consulta externa.

-Traslado a outro hospital.

-Domicilio: considéranse todas as saídas non recollidas en puntos anteriores.

Contabilízase:

-Número: número de episodios con atención finalizada.

Tipos de financiamento.

Considéranse:

-Seguridade Social.

-Tráfico.

-Seguro escolar.

-Seguro deportivo.

-Laboral.

-Mutuas sanitarias.

-Entidades colaboradoras.

-Particulares/outras.

-Obrigados por agresión.

-Descoñecido.

Contabilízase:

-Número: número de episodios con atención finalizada.

Probas complementarias.

Considéranse:

-Laboratorio: conxunto de probas, perfís, etc. realizado por petición do facultativo de urxencias para a avaliación analítica dun paciente, que orixina unha ou máis mostras e un número de identificación no laboratorio.

-Radioloxía convencional: estudos de radioloxía convencional realizados por petición do facultativo de urxencias.

-Peticións de ecografías: estudos ecográficos realizados por petición do facultativo de urxencias.

-Peticións de TAC: estudos de tomografía axial computerizada realizados por petición do facultativo de urxencias para a avaliación de posible patoloxía nun paciente.

-Peticións de resonancias magnéticas: estudos de resonancia magnética nuclear realizados a petición do facultativo de urxencias.

Contabilízase:

-Número de peticións: número de probas complementarias realizadas.

Contabilízase o seguinte:

a) Urxencias totais.

(1) Urxencias totais.

-Total urxencias.

-Urxencias resoltas polo equipo de porta.

-Interconsulta de urxencias.

-Tempo de espera.

-Tempo de atención.

-Tempo de estancia en urxencias.

(2) Urxencias por motivos de entrada.

Para cada motivo de entrada:

-Número.

(3) Urxencias por procedencia.

Para cada un tipo de procedencia:

-Número.

(4) Urxencias por motivo de saída.

Para cada motivo de saída:

-Número.

(5) Urxencias por destino á saída.

Para cada destino:

-Número.

(6) Peticións de probas complementarias.

Para cada tipo de probas:

-Número de peticións.

(7) Réxime económico das urxencias.

Para cada tipo de financiamento:

-Número.

b) Urxencias por GNA (liña de garda).

(1) Urxencias totais por liña de garda.

Por cada GNA:

-Interconsulta de urxencias.

-Altas de urxencias.

-Altas de urxencias a domicilio.

5. Hospital de día.

Réxime alternativo á hospitalización con estadía no que se atenden os pacientes provenientes doutras áreas do hospital que precisan a realización de procedementos terapéuticos que son realizados in situ ou convalecer de procedementos diagnósticos ou terapéuticos realizados noutras áreas do hospital e que, no caso de non existir o hospital de día, exixirían a hospitalización do paciente.

Clases.

Temos que distinguir dúas clases de hospital de día en función do procedemento que se lle aplica ao paciente:

-Hospital de día terapéutico: cando o procedemento terapéutico se lle aplica ao paciente no propio hospital de día.

-Hospital de día de convalecencia: cando o paciente convalece no hospital de día, logo da realización de procedementos diagnósticos ou terapéuticos que lle foron aplicados noutras áreas do hospital.

Criterios definitorios dun paciente do hospital de día.

Para que un paciente sexa subsidiario de ser atendido no hospital de día débense cumprir os seguintes criterios:

-O paciente deberá permanecer no hospital de día un tempo non superior a 24 horas.

-Durante a súa estadía no hospital de día, o paciente ocupará os chamados postos, que poderán ser padiolas, cadeiras de brazos ou camas. Estas camas non se considerarán como camas de hospitalización convencional, nin se contabilizarán como tales.

-Os pacientes que estean no hospital de día nunca ocuparán unha cama de hospitalización convencional con estadía.

A actividade do hospital de día recóllese en dous puntos:

a) Atencións do hospital de día terapéutico.

b) Rexistro de pacientes en espera para hospital de día terapéutico.

Tipos de hospital de día terapéutico.

-Quimio-oncolóxico: aquel hospital de día no que se levan a cabo tratamentos quimio-oncolóxicos. A

actividade recollerase para cada un dos niveis (Decreto 22/2003 ou as súas posteriores modificacións).

-Nivel I.

-Nivel II.

-Nivel III.

-Nivel IV.

-Nivel V.

-Nivel VI.

-Psiquiátrico: aquel hospital de día no que se levan a cabo tratamentos psiquiátricos (terapia ocupacional).

-Dermatolóxico: aquel hospital de día no que se levan a cabo tratamentos dermatolóxicos.

-Médico: aquel hospital de día no que se levan a cabo tratamentos de medicina interna.

-Hematolóxico: aquel hospital de día no que se levan a cabo tratamentos hematolóxicos (transfusións e derivados).

-Nefrolóxico: aquel hospital de día no que se levan a cabo os distintos tipos de diálise:

-Hemodiálise.

-Diálise peritoneal (agás CAPD).

-Diálise peritoneal ambulatoria continua (CAPD).

Contabilízanse:

-Sesión: cada un dos actos asistenciais realizados no hospital de día terapéutico. No caso do hospital de día psiquiátrico, contabilízanse tamén as medias sesións, que son aquelas nas que os pacientes non almorzan no centro.

-Pacientes: total de pacientes distintos atendidos.

-Pacientes novos: número de pacientes que iniciaron a terapia no hospital de día.

-Tratamentos rematados: número de terapias finalizadas.

Rexistro de pacientes en espera -hospital de día terapéutico.

Considéranse:

-Número de pacientes: pacientes en espera para recibir atencións no hospital de día o último día do mes.

-Demora na cita (para cando se cita): media de días que van desde a data idónea na data de citación para a sesión inicial dos pacientes citados nese mes.

Contabilízase o seguinte:

a) Atencións de hospital de día terapéutico.

(1) Quimio-oncolóxico.

Para cada nivel:

-Número de sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

-Tratamentos rematados.

(2) Psquiátrico.

-Número de sesións completas.

-Número de medias sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

-Tratamentos rematados.

(3) Médico.

-Número de sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

-Tratamentos rematados.

(4) Dermatolóxico.

-Número de sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

-Tratamentos rematados.

(5) Hematolóxico.

-Número de sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

-Tratamentos rematados.

(6) Nefrolóxico.

Para cada tipo de diálise:

-Número de sesións.

-Número de pacientes.

-Pacientes novos.

b) Rexistro de pacientes en espera.

(1) Rexistro de pacientes en espera: H. día quimio-oncolóxico.

Para cada nivel:

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(2) Rexistro de pacientes en espera: H. día psiquiátrico.

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(3) Rexistro de pacientes en espera: H. día médico.

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(4) Rexistro de pacientes en espera: H. día dermatolóxico.

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(5) Rexistro de pacientes en espera: H. día hematolóxico.

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(6) Rexistro de pacientes en espera: H. día nefrolóxico.

Para cada un dos tipos de diálise:

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

6. Servizos centrais.

Servizos intermedios que realizan a súa actividade para outros GNA do hospital/complexo hospitalario, proporcionándolles información complementaria aos GNA puramente asistenciais.

A actividade de servizos centrais recóllese nos seguintes puntos:

a) Radioloxía.

b) Análises clínicas/bioquímica.

c) Análises clínicas/hematoloxía.

d) Hematoloxía/hematoterapia.

e) Inmunoloxía.

f) Microbioloxía.

g) Anestesioloxía.

h) Anatomía patolóxica.

i) Neurofisioloxía clínica.

j) Medicina nuclear.

k) Farmacia.

Actividade segundo orixe do paciente.

En servizos centrais distinguimos entre 3 posibles orixes do paciente:

-Do hospital: pacientes remitidos desde calquera GNA do propio hospital/complexo hospitalario, estean ou non ingresados.

-De fóra do hospital: pacientes remitidos desde os GNA ou centros de fóra do hospital/complexo hospitalario.

-Ingresado: do total de pacientes do hospital, aqueles que estean ingresados no propio hospital/complexo hospitalario no momento da realización da proba.

Actividade non programada.

Enténdese por actividade non programada en servizos centrais aquela realizada por demanda, sen cita previa.

a) Radioloxía:

O GNA de radioloxía é un servizo central que pode ter GFH finais como a radioloxía intervencionista. Co fin de non desmembrar a actividade do GNA, recóllese aquí tamén a dita actividade.

Considéranse:

-Estudos: series de exploracións e imaxes feitas a un paciente nunha sesión cun determinado fin.

-Procedementos: total daqueles realizados en cada un dos distintos estudos radiolóxicos.

-Unidades de actividade radiolóxica (UAR): suma total das distintas UAR asignadas a cada procedemento realizado.

-Unidades relativas de valor (URV): suma total das distintas URV asignadas a cada procedemento realizado.

Tipos de estudos.

-Radioloxía convencional abdome.

-Radioloxía convencional ósea.

-Radioloxía convencional torácica.

-Radioloxía convencional de mama.

-Radioloxía convencional outras.

-Radioloxía por telemando urolóxico.

-Radioloxía por telemando dixestivo.

-Radioloxía por telemando outras.

-Radioloxía por anxiógrafo vascular xeral.

-Radioloxías por anxiógrafo vascular neurolóxico.

-Ecografías.

-TAC sen contraste.

-TAC con contraste (inclúese aquí os sen/con).

-Resonancia magnética sen contraste.

-Resonancia magnética con contraste (inclúese aquí as sen/con).

-Outros.

TAC e RM solicitadas a centros concertados.

Os realizados en centros concertados por solicitude do hospital e nos que hai que distinguir:

-Estudos con cargo ao orzamento do hospital.

-Estudos con cargo ao orzamento da dirección provincial.

-Facturación con cargo ao orzamento do hospital.

Categorías de TAC.

-TAC con contraste (inclúese aquí os sen/con).

-TAC sen contraste.

-TAC totais.

Categorías de resonancia.

-RM con contraste (inclúese aquí as sen/con).

-RM sen contraste.

-RM totais.

Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes: total de pacientes en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estu

do/procedemento diagnóstico en servizos centrais o último día do mes (no caso dun paciente con varias citas para distintos estudos, contarase tantas veces como citas teña).

-Demora na cita: media de días transcorridos desde que se solicita a atención (data idónea) ata a data da cita.

-Demora no informe: media de días transcorridos desde a realización dun estudo ou procedemento diagnóstico (data da cita) ata a data do envío do informe explicativo do resultado do dito estudo ou procedemento.

Contabilízase o seguinte:

(1) Estudos por tipo.

Para cada tipo de estudos de radioloxía:

-Total de estudos.

-Total procedementos.

-Unidades de actividade radiolóxica (UAR).

-Unidades relativas de valor (URV).

(2) Estudos por tipo e orixe.

Para cada tipo de estudos de radioloxía e para cada orixe do paciente:

-Total de estudos.

-Total procedementos.

-Unidades de actividade radiolóxica (UAR).

-Unidades relativas de valor (URV).

(3) Estudos non programados por orixe.

Para cada tipo de estudos de radioloxía e para cada orixe do paciente:

-Total de estudos.

-Total procedementos.

-Unidades de actividade radiolóxica (UAR).

-Unidades relativas de valor (URV).

(4) TAC solicitados a centros concertados.

Para cada categoría de TAC:

-Estudos TAC con cargo ao orzamento do hospital.

-Estudos TAC con cargo ao orzamento da dirección provincial.

-Facturación TAC.

(5) Resonancias solicitadas a centros concertados.

Para cada categoría de RM:

-Estudos RM con cargo ao orzamento do hospital.

-Estudos RM con cargo ao orzamento da dirección provincial.

-Facturación RM.

(6) Rexistro de pacientes en espera.

Para cada tipo de estudos de radioloxía:

-Pacientes

-Demora na cita

-Demora no informe

(7) Rexistro de pacientes en espera por orixe do paciente.

Para cada tipo de estudos de radioloxía e para cada orixe do paciente:

-Pacientes.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

b) Análises clínicas/bioquímica.

Considéranse:

-Petición: folla de solicitude, debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material biolóxico (sangue, ouriños, LCR, feces, etc.) útil para o diagnóstico, que o laboratorio toma directamente do paciente ou que lle é remitido para a súa análise. Non se contabilizan como tales os distintos contedores nos que se pode subdividir cada unha delas.

-Determinación: proceso físico, químico ou biolóxico que conduce a un resultado. É a unidade de traballo do laboratorio.

Rexistro de espera.

-Peticións: total de peticións en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estudo/procedemento diagnóstico o último día do mes.

-Demora na cita: media de días transcorridos desde que se solicita a atención (data idónea) ata a data da cita.

-Demora no informe: media de días transcorridos desde a realización dun estudo ou procedemento diagnóstico (data da cita) ata a data do envío do informe explicativo do resultado do dito estudo ou procedemento.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(2) Actividade non programada.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(3) Actividade por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(4) Rexistro de espera.

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) Rexistro de espera por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

c) Análises clínicas/hematoloxía.

Considéranse:

-Petición: folla de solicitude, debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material biolóxico (sangue, ouriños, LCR, feces, etc.) útil para o diagnóstico, que o laboratorio toma directamente do paciente ou que lle é remitido para a súa análise. Non se contabilizan como tales os distintos contedores nos que se pode subdividir cada unha delas.

-Determinación: proceso físico, químico ou biolóxico que conduce a un resultado. É a unidade de traballo do laboratorio.

Rexistro de espera.

-Peticións: total de peticións en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estudo/procedemento diagnóstico o último día do mes.

-Demora na cita: media de días transcorridos desde que se solicita a atención (data idónea) ata a data da cita.

-Demora no informe: media de días transcorridos desde a realización dun estudo ou procedemento diagnóstico (data da cita) ata a data de envío do informe explicativo do resultado do dito estudo ou procedemento.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(2) Actividade non programada.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(3) Actividade por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(4) Rexistro de espera.

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) Rexistro de espera por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

d) Hematoloxía/hemoterapia.

Considéranse:

-Total doazóns: número total das realizadas.

-Número de unidades de hematíes: número de unidades de concentrado de hematíes subministradas.

-Número de unidades de plaquetas: número de unidades de concentrado de plaquetas subministradas.

-Outras unidades: número de unidades de preparados doutros hemoderivados subministradas (excluíndo as anteriores).

-Aféreses: número das realizadas.

-Extracción medula ósea: número de extraccións/biopsias de medula ósea realizadas.

-Anticoagulación oral: número de controis realizados.

-Anticoagulación con heparina: número de controis realizados.

-Citoloxías: número das realizadas.

-Factor VIII pediatría: número de controis realizados.

-Recovery de factor VIII en hemofílicos: número de controis realizados.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Total doazóns.

-Nº de unidades de hematíes.

-Nº de unidades de plaquetas.

-Outras unidades.

-Aféreses.

-Extracción medula ósea.

-Anticoagulación oral.

-Anticoagulación con heparina.

-Citoloxías.

-Factor VIII pediatría.

-Recovery de factor VIII en hemofílicos.

(2) Actividade non programada.

-Total doazóns.

-Nº de unidades de hematíes.

-Nº de unidades de plaquetas.

-Outras unidades.

-Aféreses.

-Extracción medula ósea.

-Anticoagulación oral.

-Anticoagulación con heparina.

-Citoloxías.

-Factor VIII pediatría.

-Recovery de factor VIII en hemofílicos.

(3) Actividade por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Total doazóns.

-Nº de unidades de hematíes.

-Nº de unidades de plaquetas.

-Outras unidades.

-Aféreses.

-Extracción medula ósea.

-Anticoagulación oral.

-Anticoagulación con heparina.

-Citoloxías.

-Factor VIII pediatría.

-Recovery de factor VIII en hemofílicos.

(4) Rexistro de espera.

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) rexistro de espera por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

e) Inmunoloxía.

Considéranse:

-Petición: folla de solicitude, debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material biolóxico (sangue, ouriños, LCR, feces, etc.) útil para o diagnóstico que o laboratorio toma directamente do paciente ou que lle é remitido para a súa análise. Non se contabilizan como tales os distintos contedores nos que se pode subdividir cada unha delas.

-Determinación: todo proceso físico, químico ou biolóxico que conduce a un resultado. É a unidade de traballo do laboratorio.

Rexistro de espera.

-Peticións: total de peticións en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estudo/procedemento diagnóstico o último día do mes.

-Demora na cita: media de días transcorridos desde que se solicita a atención (data idónea) ata a data da cita.

-Demora no informe: media de días transcorridos desde a realización dun estudo ou procedemento diagnóstico (data da cita) ata a data de envío do informe explicativo do resultado do dito estudo ou procedemento.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(2) Actividade non programada.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(3) Actividade por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

(4) Rexistro de espera.

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) Rexistro de espera por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

f) Microbioloxía.

Considéranse:

-Petición: folla de solicitude, debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material (sangue, ouriños, LCR, feces, catéter, etc.) útil para o diagnóstico que o laboratorio toma directamente ou lle é remitido para a súa análise. Non se contabilizan como tales os distintos contedores nos que se pode subdividir cada unha delas.

-Estudos: procesos ou conxunto de procesos que conducen a un resultado final.

Tipos de técnicas de microbioloxía.

-Bacterioloxía.

-Seroloxía.

-Antibiogramas.

-Bioloxía molecular.

Rexistro de espera.

-Peticións: total de peticións en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estudo/procedemento diagnóstico o último día do mes.

-Demora na cita: media de días transcorridos desde que se solicita a atención (data idónea) ata a data da cita.

-Demora no informe: media de días transcorridos desde a realización dun estudo ou procedemento diagnóstico (data da cita) ata a data de envío do informe explicativo do resultado do dito estudo ou procedemento.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Peticións.

-Mostras.

-Estudos.

(2) Actividade non programada.

-Peticións.

-Mostras.

-Estudos.

(3) Actividade por técnica.

Para cada un dos tipos de técnica:

-Peticións.

-Mostras.

-Estudos.

(4) Actividade por técnica e orixe do paciente.

Para cada un dos tipos de técnica e para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Mostras.

-Estudos.

(5) Rexistro de espera.

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(6) Rexistro de espera por orixe do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Peticións.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

g) Anestesioloxía.

Anestesias.

Considéranse as seguintes:

-Xeral.

-Local.

-Rexional sen especificar.

-Troncular ou por bloqueo de plexos nerviosos.

-Bloqueo de campo.

-Intradural.

-Epidural e caudal.

-Endovenosa.

-Combinada (xeral máis local ou rexional).

-Só sedación.

Consultas preanestésicas.

Consultas realizadas polos facultativos do GNA de Anestesioloxía e Reanimación a pacientes ambulatorios con motivo dunha intervención cirúrxica.

Contabilízase o seguinte:

(1) Anestesias.

Para cada categoría de anestesias:

-Total anestesias.

(2) Consultas preanestésicas.

-Total consultas.

-Horas de sala asignadas.

(3) Actividade non programada de anestesioloxía.

Para cada categoría de anestesias:

-Total anestesias.

h) Anatomía patolóxica*

Considéranse:

-Paciente: individuo sometido a avaliación diagnóstica e/ou tratamento médico, identificado cun nome, apelido e data de nacemento.

-Petición: folla de solicitude debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material biolóxico (líquido, tisular ou outros) útil para o diagnóstico que é remitido ao laboratorio dentro dun recipiente contedor, e que recibe un número de identificación.

-Bloque: fragmento de mostra que se selecciona para procesamento no laboratorio e estudo microscópico. De cada mostra pódense obter diversos bloques que poden ou non incluír a totalidade.

-Técnica: proceso físico, químico ou biolóxico ao que se someten as mostras co fin de podelas examinar e obter un diagnóstico o máis preciso posible.

-Procedementos de rutina: son aquelas técnicas que se realizan para poder obter un diagnóstico o máis completo posible de cada mostra realizadas de xeito rutineiro: hematoxilina, Papanicolau, Giemsa, etc.

-Técnicas especiais: todos aqueles procedementos específicos e de maior complexidade que se realizan só en casos seleccionados e xeralmente dirixidos a realzar algún compoñente tisular da mostra: Tri, PAS, Ziehl, etc.

-Histoquímica

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica

-Microscopía electrónica

-Morfometría

-Bioloxía molecular

-Citometría de fluxo

-Cultivo de tecidos

-Outros procedementos de alta tecnoloxía

Actividade por patoloxías.

-Patoloxía cirúrxica: calquera material biolóxico procedente dun acto cirúrxico con finalidade diagnóstica, prognóstica e/ou curativa.

-Citopatoloxía: estudo de material biolóxico obtido por diversos procedementos (aspiración de líquidos, contacto punción, punción-aspiración ou outros) con finalidade diagnóstica.

-Autopsias: estudo post-mortem dun individuo que faleceu por enfermidade coñecida, por causa descoñecida ou por causa non natural ou violenta co fin de establecer unha correlación clínico-patolóxica das causas do falecemento. Adoita ser solicitada polo clínico ou o xuíz e autorizada pola familia do falecido ou polo xuíz.

Patoloxía cirúrxica.

-Biopsia simple: son biopsias ou pezas cirúrxicas que non necesitan unha disección macroscópica completa e que, polo tanto, requiren pouco tempo do médico na sala de tallado.

-Biopsia intraoperatoria: peza que se envía do quirófano durante unha intervención e que require un exame macro e microscópico e un informe escrito urxente que condiciona a resolución cirúrxica.

-Biopsias especiais: aquelas biopsias que dan lugar a unha decisión cirúrxica con gran repercusión terapéutica e responsabilidade, e que teñen unha importante carga xurídica.

-Pezas complexas de patoloxía cirúrxica: cada unha das pezas extraídas por un acto cirúrxico que precisan unha disección coidadosa. Ás veces requiren o acompañamento de fotos e a miúdo un número de bloques elevado e unha descrición macroscópica

detallada (exemplos: laringuectomía, gastrectomía, histerectomía etc.; neste grupo intégrase o feto de menos de 500 gramos ou unha idade xestacional de menos de 20 semanas).

Actividade de citopatoloxía.

-Citoloxía xinecolóxica.

-Líquidos exfoliativos.

-PAAFS sen patólogo.

-PAAFS con patólogo.

Autopsias.

-Autopsia de adulto sen estudo de SNC.

-Autopsia de adulto con estudo de SNC.

-Autopsias en fetos de máis de 500 gramos ou cunha idade xestacional de máis de 20 semanas.

-Autopsias parciais.

-Autopsias en neonato e lactante.

Rexistro de espera.

-Nº de mostras: total de mostras recibidas no servizo en espera de ser procesadas o último día do mes.

-Demora do proceso: media de días transcorridos dende que se recibe a mostra ata que foi procesada para as mostras procesadas nese mes.

-Demora no informe: media de días transcorridos dende a recepción da mostra ata a data de envío do informe explicativo co resultado.

*Fonte bibliográfica: Manual de xestión do laboratorio de anatomía patolóxica.1997, editado pola Dirección Xeral de Atención Especializada do Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total de anatomía patolóxica.

-Total pacientes.

-Total peticións.

-Total mostras.

-Bloque.

-Técnicas.

-Procedementos de rutina.

-Técnicas especiais.

-Histoquímica.

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica.

-Microscopía electrónica.

-Morfometría.

-Bioloxía molecular.

-Citometría de fluxo.

-Cultivo de tecidos.

-Outros de alta tecnoloxía.

(2) Patoloxía cirúrxica.

Para cada tipo de patoloxía cirúrxica:

-Total pacientes.

-Total peticións.

-Total mostras.

-Bloque.

-Técnicas.

-Procedementos de rutina.

-Técnicas especiais.

-Histoquímica.

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica.

-Microscopía electrónica.

-Morfometría.

-Bioloxía molecular.

-Citometría de fluxo.

-Cultivo de tecidos.

-Outros de alta tecnoloxía.

(3) Citopatoloxía.

Para cada tipo de citopatoloxía:

-Total pacientes.

-Total peticións.

-Total mostras.

-Bloque.

-Técnicas.

-Procedementos de rutina.

-Técnicas especiais.

-Histoquímica.

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica.

-Microscopía electrónica.

-Morfometría.

-Bioloxía molecular.

-Citometría de fluxo.

-Cultivo de tecidos.

-Outros de alta tecnoloxía.

(4) Autopsias.

Para cada tipo de autopsias:

-Total pacientes.

-Total peticións.

-Total mostras.

-Bloque.

-Técnicas.

-Procedementos de rutina.

-Técnicas especiais.

-Histoquímica.

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica.

-Microscopía electrónica.

-Morfometría.

-Bioloxía molecular.

-Citometría de fluxo.

-Cultivo de tecidos.

-Outros de alta tecnoloxía.

(5) Autopsias por GNA.

Para cada GNA:

-Total autopsias.

(6) Actividade non programada por patoloxías.

Para cada tipo de patoloxía:

-Total pacientes.

-Total peticións.

-Total mostras.

-Técnicas.

-Bloque.

-Procedementos de rutina.

-Técnicas especiais.

-Histoquímica.

-Inmunocitoquímica e inmunohistoquímica.

-Microscopía electrónica.

-Morfometría.

-Bioloxía molecular.

-Citometría de fluxo.

-Cultivo de tecidos.

-Outros de alta tecnoloxía.

(7) Rexistro de espera por tipos.

Para cada tipo de patoloxía:

-Nº de mostras.

-Demora do proceso.

-Demora no informe.

(8) Rexistro de espera por tipos e orixe do paciente.

Para cada tipo de patoloxía e para cada orixe do paciente:

-Nº de mostras.

-Demora do proceso.

-Demora no informe.

i) Neurofisioloxía clínica.

Considérase:

-Estudos: serie de exploracións neurofisiolóxicas feitas a un paciente nunha sesión.

Técnicas de neurofisioloxía.

-Electroencefalograma.

-Electromiograma.

-Electroneurografía.

-Potenciais evocados.

-Polisomniografías.

-Reflexoloxía e ondas F.

Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes: número de pacientes en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun estudo no GNA de Neurofisioloxía Clínica o último día de mes.

-Demora na cita: media de días de demora na cita nas peticións realizadas no mes ao GNA de Neurofisioloxía Clínica.

-Demora no informe: media de días de demora no informe nos enviados no mes polo GNA de Neurofisioloxía Clínica.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total por técnica.

Para cada técnica:

-Total estudos.

(2) Actividade total por técnica e orixe do paciente.

Para cada técnica e para cada orixe do paciente:

-Total estudos.

(3) Actividade non programada de neurofisioloxía clínica.

Para cada técnica:

-Total estudos.

(4) Rexistro de pacientes en espera por técnica.

Para cada técnica:

-Pacientes.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) Rexistro de pacientes en espera por técnica e orixe do paciente.

Para cada técnica e para cada orixe do paciente:

-Pacientes.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

j) Medicina nuclear.

Considérase:

-Número: número de procedementos realizados.

Procedementos de medicina nuclear.

-Gammagrafía ósea.

-Gammagrafía pulmonar.

-Gammagrafía renal.

-Gammagrafía tiroidea.

-Renograma isotópico.

-SPECT cerebral.

-SPECT cardíaco.

-PET.

-Outros procedementos diagnósticos.

-Procedementos terapéuticos.

Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes: número de pacientes en espera (que superaron a data idónea) para a realización dun tratamento no GNA de Medicina Nuclear o último día de mes.

-Demora na cita: media de días de demora na cita nas peticións realizadas no mes ao GNA de Medicina Nuclear.

-Demora no informe: media de días de demora no informe nos enviados no mes polo GNA de Medicina Nuclear.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total por procedemento.

Para cada procedemento:

-Número.

(2) Actividade total por procedemento e orixe do paciente.

Para cada procedemento e para cada orixe do paciente:

-Número.

(3) Actividade non programada de medicina nuclear.

Para cada procedemento:

-Número.

(4) Rexistro de pacientes en espera por procedemento.

Para cada procedemento:

-Pacientes.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

(5) Rexistro de pacientes en espera por procedemento e orixe do paciente.

Para cada procedemento e para cada orixe do paciente:

-Pacientes.

-Demora na cita.

-Demora no informe.

K) Farmacia.

Considérase:

-Consultas de atención farmacéutica: total de consultas realizadas polos facultativos do GNA de Farmacia no hospital/complexo hospitalario

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade de consultas.

* Total consultas.

7. Outra actividade específica.

Esta carpeta divídese nos seguintes puntos:

a) Nacementos e mortalidade perinatal.

b) Transplantes.

c) Próteses.

d) Litotricias.

e) Endoscopias.

f) Rehabilitación.

g) Hospitalización a domicilio.

h) Actividade de enfermaría realizada en salas.

i) Outras probas.

a) Nacementos e mortalidade perinatal.

Considéranse:

-Nacemento: expulsión ou extracción do claustro materno do produto viable* da concepción:

* Produto viable: o que ao nacer ten:

-Un peso superior aos 500 gr

-Unha idade xestacional superior ás 20 semanas

a) Por vía vaxinal: número de partos atendidos por vía vaxinal independentemente da técnica.

b) Por vía vaxinal con anestesia raquídeo-epidural: do total de partos por vía vaxinal, número daqueles nos que se administrou anestesia raquídeo-epidural.

c) Por cesárea: número de partos atendidos por vía abdominal.

d) Por cesárea con anestesia raquídeo-epidural: do total de partos por cesárea, número daqueles nos que se administrou anestesia raquídeo-epidural.

-Neonato: produto viable* da concepción por vía vaxinal ou por cesárea.

a) Nacido vivo: aquel que presenta no momento do nacemento algún signo de vida: respiración espontánea, latexos cardíacos, etc.

b) Nacido morto: aquel que non presenta, no momento do nacemento, signos de vida: respiración espontánea, latexos cardíacos, etc. (só se consideran os produtos viables e, polo tanto, non se contabilizarán aquí os que teñan un peso menor de 500 gr ou unha idade xestacional inferior a 20 semanas).

-Total de nacidos: inclúe tanto os nacidos vivos como os nacidos mortos.

Neonatos por peso.

Considéranse os seguintes grupos:

-Entre 500 e 999 gramos.

-Entre 1.000 e 1.499 gramos.

-Entre 1.500 e 1.999 gramos.

-Entre 2.000 e 2.499 gramos.

-Máis de 2.499 gramos.

-Peso no momento do nacemento descoñecido.

Neonatos por idade xestacional.

Considéranse os seguintes grupos:

-Entre 20 e 27 semanas de xestación.

-Entre 28 e 31 semanas de xestación.

-Entre 32 e 36 semanas de xestación.

-Entre 37 e 41 semanas de xestación.

-Máis de 41 semanas de xestación.

-Idade xestacional descoñecida.

Contabilízase o seguinte:

(1) Nacementos.

-Por vía vaxinal.

-Por vía vaxinal con anestesia raquídeo-epidural.

-Por cesárea.

-Por cesárea con anestesia raquídeo-epidural.

-Total nacidos.

-Nacidos vivos.

-Nacidos mortos.

(2) Neonatos por peso.

Para cada grupo de peso:

-Total nacidos.

-Nacidos vivos.

-Nacidos mortos.

(3) Neonatos por idade xestacional.

Para cada grupo de idade xestacional:

-Total nacidos.

-Nacidos vivos.

-Nacidos mortos.

b) Transplantes.

Considéranse:

-Número de transplantes: total daqueles realizados para cada unha das categorías.

-Número de extraccións: total daquelas realizadas para cada unha das categorías.

Categorías:

-Condrocitos.

-Corazón.

-Córnea.

-Fígado.

-Intestino.

-Membrana amniótica.

-Medula ósea.

-Pel.

-Pulmón.

-Páncreas.

-Queratinocitos.

-Ril.

-Segmentos vasculares.

-Tecido óseo.

-Outros transplantes.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade.

Para cada categoría:

-Número de extraccións.

-Número de transplantes.

c) Próteses.

Categorías.

-Marcapasos.

-Lentes intraoculares.

Contabilízase o seguinte:

(1) Próteses ambulatorias.

Para cada categoría:

-Número.

d) Litotricias.

Considéranse:

-Tratamentos: total tratamentos aplicados.

-Pacientes: total pacientes que recibiron tratamento.

Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes: total pacientes en espera para tratamento o último día do mes.

-Demora na cita: media de días que van desde a solicitude ata a data da cita dos pacientes citados no mes.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade de litotricias.

-Tratamentos.

-Pacientes.

(2) Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes.

-Demora na cita.

e) Endoscopias.

Considéranse:

-Total endoscopias: total endoscopias realizadas.

-Endoscopias ambulatorias: aquelas realizadas a pacientes ambulatorios.

-Endoscopias programadas: aquelas realizadas previamente programadas.

-Endoscopias diagnósticas: aquelas realizadas con finalidade diagnóstica.

-Endoscopias terapéuticas: aquelas realizadas con finalidade terapéutica, incluíndo as diagnósticas que, durante á súa realización, pasan a ter carácter terapéutico.

Contabilízase o seguinte:

(1) Endoscopias dixestivas:

-Total endoscopias.

-Endoscopias programadas.

-Endoscopias ambulatorias.

-Endoscopias diagnósticas.

-Endoscopias terapéuticas.

(2) Endoscopias pneumolóxicas:

-Total endoscopias.

-Endoscopias programadas.

-Endoscopias ambulatorias.

-Endoscopias diagnósticas.

-Endoscopias terapéuticas.

(3) Endoscopias xinecolóxicas:

-Total endoscopias.

-Endoscopias programadas.

-Endoscopias ambulatorias.

-Endoscopias diagnósticas.

-Endoscopias terapéuticas.

(4) Endoscopias urolóxicas:

-Total endoscopias.

-Endoscopias programadas.

-Endoscopias ambulatorias.

-Endoscopias diagnósticas.

-Endoscopias terapéuticas.

f) Rehabilitación.

Tratamento de rehabilitación: agrupación de técnicas que se lle realizan de forma combinada ao mesmo paciente co fin de restablecer o funcionamento dun membro ou función.

Considéranse:

-Tratamentos totais: número de tratamentos de rehabilitación rematados aplicados.

-Duración media do tratamento: media de días de duración dos tratamentos de rehabilitación aplicados.

-Pacientes: total de pacientes que recibiron tratamentos de rehabilitación.

-Pacientes novos: número de pacientes que iniciaron a rehabilitación.

-Técnicas: número de técnicas de rehabilitación aplicadas.

Situación do paciente .

-Paciente ambulatorio: aquel paciente que non está ingresado no momento de recibir o tratamento.

-Paciente ingresado: aquel paciente que, no momento de recibir o tratamento, está ingresado no propio hospital/complexo hospitalario.

Técnicas de rehabilitación.

-Cinesiterapia.

-Electroterapia.

-Hidroterapia.

-Logopedia.

-Masoterapia.

-Mecanoterapia.

-Termoterapia.

-Terapia ocupacional.

-Técnicas especiais.

Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes: total de pacientes en espera para tratamento de rehabilitación o último día do mes.

-Demora no comezo do tratamento: media de días que van dende a solicitude ata o comezo do tratamento nos pacientes citados no mes.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade total.

-Tratamentos.

-Duración media do tratamento.

-Pacientes.

-Pacientes novos.

-Técnicas.

(2) Actividade segundo a situación do paciente.

Para cada orixe do paciente:

-Tratamentos.

-Pacientes.

-Técnicas.

(3) Técnicas realizadas.

Para cada técnica:

-Número.

-Pacientes.

(4) Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes.

-Demora no comezo do tratamento.

(5) Rexistro de pacientes en espera por técnica.

Para cada técnica:

-Pacientes.

-Demora no comezo do tratamento.

Hospitalización a domicilio (HADO).

Réxime substitutorio da hospitalización no centro no que os pacientes son atendidos polo persoal sanitario do centro no seu propio domicilio.

Considéranse:

-Pacientes que entraron: total de pacientes que entran na modalidade de HADO no mes.

-Pacientes que saíron: total de pacientes que saíron de HADO no mes.

-Estadías: tempo de permanencia dun paciente na modalidade de HADO contabilizado en días. Un paciente xera estadía cando se atopa á hora censual (24 horas).

-Visitas facultativos: total de visitas realizadas polos facultativos do hospital/complexo hospitalario aos pacientes que permanecen na modalidade de HADO.

-Visitas persoal de enfermaría: total de visitas realizadas polo persoal de enfermaría do hospital/complexo hospitalario aos pacientes que permanecen na modalidade de HADO.

HADO: GNA de procedencia dos pacientes.

Considéranse:

-Pacientes: total de pacientes que entran en HADO no mes.

-Estadías no servizo de procedencia: total de estadías causadas no GNA desde o cal son remitidos os pacientes que entraron en HADO no mes.

-Estadías no domicilio: número de estadías causadas no período, para cada un dos GNA, polos pacientes remitidos polo GNA.

Actividade non programada.

Recolle aquela actividade non programada que realiza o persoal da unidade aos pacientes ingresados en HADO.

Considéranse:

-Número de visitas de facultativos: total de visitas non programadas realizadas polos facultativos do hospital/complexo hospitalario aos pacientes que permanecen na modalidade de HADO.

-Número de visitas de persoal de enfermaría: total de visitas non programadas realizadas polo persoal de enfermaría do hospital/complexo hospitalario aos pacientes que permanecen na modalidade de HADO.

-Consultas telefónicas: total de consultas atendidas telefonicamente polo persoal facultativo do HADO.

Rexistro de pacientes en espera HADO.

Considéranse:

-Pacientes: total de pacientes en espera para entrar na modalidade de HADO no mes.

-Demora: media de días transcorridos desde que se solicita ata que se produce a entrada na modalidade de HADO.

-Demora en pacientes hospitalizados: media de días transcorridos desde que se solicita ata que se produce a entrada na modalidade de HADO dos pacientes provenientes de hospitalización de agudos.

Contabilízase o seguinte:

(1) Actividade global de HADO.

-Pacientes que entraron.

-Pacientes que saíron.

-Estadías.

-Visitas facultativos.

-Visitas enfermaría.

(2) HADO: GNA de procedencia dos pacientes.

Para cada GNA:

-Pacientes.

-Estadías no servizo de procedencia.

-Estadías no domicilio.

(3) Actividade non programada de HADO.

-Número de visitas de facultativos.

-Número de visitas de persoal de enfermaría.

-Consultas telefónicas.

(4) Rexistro de pacientes en espera.

-Pacientes.

-Demora.

-Demora en pacientes hospitalizados.

h) Actividade de enfermaría realizada en salas.

Consultas de enfermaría.

Cada un dos actos realizados polo persoal sanitario non facultativo dun determinado GNA médico ou cirúrxico que consiste en asistir a un paciente de forma ambulatoria, nun local destinado a consultas externas do hospital. Exclúense a realización de curas e administración de medicamentos polo que, basicamente, serán de educación sanitaria, sen participación do persoal facultativo.

Rexistro de pacientes en espera de consulta de enfermaría.

Considéranse:

-Número de pacientes: total pacientes en espera (que superaron a data idónea) para unha consulta de enfermaría o último día do mes.

-Demora na cita: media de días que van desde a solicitude (data idónea) ata a data de citación

para a consulta inicial de enfermaría dos pacientes citados nese mes.

Actividade programada de curas.

Considérase:

-Número de pacientes: total pacientes atendidos polo persoal de enfermaría do hospital para a realización de curas de xeito programado.

Contabilízase o seguinte:

(1) Consultas de enfermaría total.

-Consultas de enfermaría total.

(2) Consultas de enfermaría por GNA.

Para cada GNA:

-Consultas de enfermaría.

(3) Rexistro de pacientes en espera de consulta de enfermaria por GNA.

Para cada GNA:

-Número de pacientes.

-Demora na cita.

(4) Actividade programada de curas.

Para cada GNA:

-Número de pacientes.

i) Outras probas.

(1) Ecografías: recolleranse aquí as ecografías realizadas por outros GNA distintos de radioloxía, sempre que sexan unha actividade especifica: o paciente é citado expresamente para a súa realización, de tal xeito que non se contabilizarán aqueloutras realizadas no transcurso dunha consulta.

Contabilízase o seguinte:

(1) Ecografías.

-Ecocardiografías.

-Ecografías xinecolóxicas/obstétricas.

-Ecografías urolóxicas.

-Actividade do hospital sociosanitario.

Recóllese a actividade do hospital sociosanitario dividida nas seguintes carpetas:

1. Hospitalización sociosanitaria.

2. Consultas externas H-SS.

3. H-SS: servizos centrais.

1. Hospitalización sociosanitaria.

A actividade de hospitalización recóllese en tres puntos:

a) Ingresos.

b) Altas.

c) Estadías.

a) Ingresos.

Entradas de pacientes que constan no rexistro de admisión asignados a unha cama de hospitalización sociosanitaria.

Contabilízase o seguinte:

(1) Ingresos totais.

-Número de ingresos H-SS.

(2) ingresos por GNA H-SS.

Para cada GNA:

-Ingresos GNA H-SS.

b) Altas.

Saídas de pacientes que, por curación ou melloría do seu proceso, por iniciativa propia, por traslado a outro centro, exitus ou outras causas deixen de xerar estadías no hospital sociosanitario.

Contabilízase o seguinte:

(1) Altas totais.

-Altas totais H-SS.

(2) Altas por GNA H-SS.

Para cada GNA:

-Altas GNA H-SS.

-Saídas por traslado interno.

c) Estadías.

Tempo de permanencia dun paciente no hospital sociosanitario contabilizado en días. Un paciente xera estadía cando se atopa ocupando unha cama de hospitalización na hora censual (24 horas).

Contabilízase o seguinte:

(1) Estadías totais:

-Total estadías H-SS.

(2) Estadías por GNA H-SS.

Para cada GNA:

-Estadías GNA H-SS.

2. Consultas externas H-SS.

Consulta externa: acto médico realizado de forma ambulatoria e programada para o diagnóstico, tratamento, seguimento, mantemento da saúde ou outras circunstancias de índole administrativa, realizado na presenza do paciente nun local destinado para tal fin.

Contabilízase o seguinte:

(1) Consultas externas totais.

-Número de consultas H-SS.

3. Servizos centrais H-SS.

Servizos intermedios que realizan a súa actividade para outros GNA do centro. Proporciónanlle información complementaria aos GNA puramente asistenciais.

a) Radioloxía:

Considéranse:

-Estudos: series de exploracións e imaxes feitas a un paciente nunha sesión cun determinado fin.

-Procedementos: total daqueles realizados en cada un dos distintos estudos radiolóxicos.

-Unidades de actividade radiolóxica: (UAR): suma total das distintas UAR asignadas a cada procedemento realizado.

-Unidades relativas de valor (URV): suma total das distintas URV asignadas a cada procedemento realizado.

Tipos de estudos.

-Radioloxía convencional abdome.

-Radioloxía convencional ósea.

-Radioloxía convencional torácica.

-Radioloxía convencional de mama.

-Radioloxía convencional outras.

-Radioloxía por telemando urolóxico.

-Radioloxía por telemando dixestivo.

-Radioloxía por telemando outras.

-Radioloxía por anxiógrafo vascular xeral.

-Radioloxías por anxiógrafo vascular neurolóxico.

-Ecografías.

-TAC sen contraste.

-TAC con contraste (inclúese aquí os sen/con).

-Resonancia magnética sen contraste.

-Resonancia magnética con contraste (inclúese aquí as sen/con).

-Outros.

Contabilízase o seguinte:

(1) Estudos por tipo.

Para cada tipo de estudos de radioloxía:

-Total de estudos.

-Total procedementos.

-Unidades de actividade radiolóxica (UAR).

-Unidades relativas de valor (URV).

b) Análises clínicas/bioquímica.

Considéranse:

-Petición: folla de solicitude, debidamente cuberta e asinada, remitida por un facultativo para avaliación diagnóstica e/ou prognóstica dun paciente.

-Mostra: material biolóxico (sangue, ouriños, LCR, feces, etc.) útil para o diagnóstico, que o laboratorio toma directamente do paciente ou que é remitido para a súa análise. Non se contabilizan como tales os distintos contedores nos que se pode subdividir cada unha delas.

-Determinación: todo proceso físico, químico ou biolóxico que conduce a un resultado. É a unidade de traballo do laboratorio.

Contabilízase o seguinte:

(1) HSS: actividade total.

-Peticións.

-Mostras.

-Determinacións.

-Actividade do centro de rehabilitación psiquiátrica.

Recóllese a actividade do centro de rehabilitación psiquiátrica dividida nas seguintes carpetas:

1. Actividade de hospitalización.

2. Centro de día.

3. Atención domiciliaria.

1. Hospitalización de rehabilitación psiquiátrica.

A actividade de hospitalización recóllese en tres puntos:

a) Ingresos.

b) Altas.

c) Estadías.

Para cada unha das distintas unidades de hospitalización

a) U. Residencias.

b) U. de Rehabilitación.

c) U. de Coidados Especiais.

a) Ingresos.

Entradas de pacientes no centro de rehabilitación psiquiátrica que constan no rexistro de admisión asignados a unha cama de hospitalización.

Considéranse:

-Entradas por traslado interno: entradas de pacientes para ocupar unha cama de rehabilitación psiquiátrica nunha unidade, procedentes doutra cama de hospitalización psiquiátrica de distinta unidade do mesmo centro.

-Reingresos: do total de ingresos, aqueles nos que o paciente tiña unha alta previa no centro nun tempo inferior a 12 meses. Non se consideran reingresos aqueles nos que, no momento da alta, xa estaba previsto o retorno do paciente ao centro de rehabilitación psiquiátrica (exemplo: alta por traslado ao hospital de agudos para unha intervención).

Motivos de ingreso no centro de rehabilitación psiquiátrica.

Considéranse:

-Petición propia.

-Orde facultativa.

-Petición familiar: descanso familiar.

-Orde xudicial.

-Orde da inspección médica.

-Autorización xudicial.

-Retorno de hospitalización de agudos.

-Retorno de fuga.

Procedencia.

Considéranse:

-Domicilio.

-Hospitalización de agudos.

-Hospitalización sociosanitaria.

-Outro centro de rehabilitación psiquiátrica.

Contabilízase o seguinte:

(1) Ingresos totais.

-Número de ingresos.

-Número de reingresos.

(2) Ingresos por unidade.

Para cada unidade:

-Número de ingresos.

-Número de reingresos.

-Entradas por traslado interno.

(3) Ingresos por motivo de ingreso e por unidade.

Para cada unidade e para cada motivo de ingreso:

-Número de ingresos.

-Número de reingresos.

(4) Ingresos por procedencia e por unidade.

Para cada unidade e para cada procedencia:

-Número de ingresos.

-Número de reingresos.

b) Altas.

Saídas de pacientes que, por curación ou melloría do seu proceso, por iniciativa propia, por traslado a outro centro, exitus ou outras causas, deixen de xerar estadías no centro de rehabilitación psiquiátrica.

Considéranse:

-Saídas por traslado interno: saídas de pacientes que deixan de xerar estadías nunha determinada unidade por seren trasladados a unha cama doutra unidade distinta do mesmo centro de rehabilitación psiquiátrica.

Motivos de alta.

Considéranse:

-Petición propia (alta voluntaria).

-Orde facultativa (fin de coidados).

-Exitus.

-Fugas.

-Traslado ao hospital de agudos.

Destinos á saída.

Considéranse:

-Domicilio.

-Hospitalización de agudos.

-Hospitalización sociosanitaria.

-Outro centro de rehabilitación psiquiátrica.

Contabilízase o seguinte:

(1) Altas totais.

-Altas totais.

-Exitus.

(2) Altas por unidade.

Para cada unidade:

-Altas.

-Saídas por traslado interno.

(3) Altas por motivo e por unidade.

Para cada motivo de alta e para cada unidade:

-Altas.

(4) Altas por destino e por unidade.

Para cada destino á saída e para cada unidade:

-Altas.

c) Estadías.

Tempo de permanencia dun paciente no centro de rehabilitación psiquiátrica contabilizado en días. (Nº de días entre a data de ingreso e a data de alta no centro)

Contabilízase o seguinte:

(1) Estadías totais.

-Total estadías.

(2) Estadías por unidade.

Para cada unidade:

-Total estadías.

2. Centro de día.

a) Actividade do centro de día.

Considéranse:

-Pacientes atendidos: número de pacientes atendidos no centro de día.

-Pacientes novos: número de pacientes que inician terapia no centro de día.

-Pacientes que saíron: número de pacientes que remataron ou abandonaron a terapia no centro de día.

-Sesión completa: cada un dos actos asistenciais realizados no centro de día.

-Sesión parcial: aquela sesión na que o paciente asiste a tempo parcial.

Contabilízase o seguinte:

(1) Centro de día psiquiátrico.

-Número de sesións completas.

-Número de sesións parciais.

-Número de pacientes atendidos.

-Número de pacientes novos.

-Número de pacientes que saíron.

3. Atención domiciliaria.

a) Atención domiciliaria.

Considéranse:

-Pacientes con atención domiciliaria: número de pacientes que reciben atención domiciliaria.

-Pacientes novos: número de pacientes que comezan a recibir atención domiciliaria.

-Pacientes que saíron: número de pacientes que deixan de recibir atención domiciliaria.

-Visitas facultativos: número de visitas realizadas polo persoal facultativo.

-Visitas persoal de enfermaría: número de visitas realizadas polo persoal de enfermaría.

-Visitas traballadores sociais: número de visitas realizadas polos traballadores sociais.

Contabilízase o seguinte:

(1) Pacientes.

-Número de pacientes con atención domiciliaria.

-Número de pacientes novos.

-Número de pacientes que saíron.

(2) Visitas.

-Número de visitas facultativos.

-Número de visitas persoal de enfermaría.

-Número de visitas traballadores sociais.

-Actividade dos pisos protexidos de psiquiatría.

Recóllese a actividade dos pisos protexidos de psiquiatría dividida nas seguintes carpetas:

1. Ocupación dos pisos.

2. Visitas.

1. Ocupación dos pisos.

A actividade na ocupación dos pisos protexidos recóllese en tres puntos:

a) Entradas.

b) Saídas.

c) Residentes.

a) Entradas.

Considéranse:

-Entradas: número de pacientes novos que entraron nos pisos.

Contabilízase o seguinte:

(1) Entradas.

-Número de entradas.

b) Saídas.

Considéranse:

-Saídas: número de pacientes que deixaron os pisos por calquera causa (incluíndo exitus).

Contabilízase o seguinte:

(1) Saídas.

-Número de saídas.

-Número de exitus.

c) Residentes.

Considéranse:

-Residentes: número de pacientes que residen nos pisos (media: se un paciente se vai o día 15, contabilizarase como 0,5).

Contabilízase o seguinte:

(1) Residentes.

-Número de residentes.

2. Visitas.

A actividade das visitas nos pisos protexidos recóllese en tres puntos:

a) Visitas de facultativos.

b) Visitas de persoal de enfermaría.

c) Visitas de traballadores sociais.

a) Visitas de facultativos.

Considéranse:

-Número de visitas: número de visitas realizadas polo persoal facultativo.

-Número de pacientes atendidos: número de pacientes atendidos polo persoal facultativo.

Contabilízase o seguinte:

(1) Visitas de facultativos.

-Número de visitas.

-Número de pacientes atendidos.

b) Visitas de persoal de enfermaría.

Considéranse:

-Número de visitas: número de visitas realizadas polo persoal de enfermaría.

-Número de pacientes atendidos: número de pacientes atendidos polo persoal de enfermaría.

Contabilízase o seguinte:

(1) Visitas de persoal de enfermaría.

-Número de visitas.

-Número de pacientes atendidos.

c) Visitas de traballadores sociais.

Considéranse:

-Número de visitas: número de visitas realizadas polos traballadores sociais.

-Número de pacientes atendidos: número de pacientes atendidos polos traballadores sociais.

Contabilízase o seguinte:

(1) Visitas de traballadores sociais.

-Número de visitas.

-Número de pacientes atendidos.

Actividade con financiamento extraordinario.

Aquela actividade realizada fóra da xornada establecida no contrato de cada persoa, dirixida á realización de programas de actividade suplementaria que teñen un financiamento específico.

A actividade con financiamento extraordinario é toda programada.

Este grupo mantén unha estrutura de carpetas, epígrafes e bloques similares ao de actividade global, da que é unha desagregación. Os bloques que conforman este grupo xéranse cada mes para cada hospital que tivo actividade con financiamento extraordinario.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA