DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 05 de agosto de 2004 Páx. 11.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2004 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de apoio financeiro ao comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia 2004-2006 subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de comercio, industria e navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Con data do 26 de xaneiro, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de comercio, industria e navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e 16 entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de financiamento subsidiada destinada á potenciación do comercio polo miúdo na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2004).

Xunto co texto do devandito convenio publicouse a relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Ratificada con data do 1 de xuño de 2004 a participación das entidades financeiras Banco Atlántico e Caja de Ahorros de Salamanca y Soria procede facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir as entidades financeiras Banco Atlántico e Caja de Ahorros de Salamanca y Soria á relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas ao convenio de apoio financeiro ao comercio polo míudo na Comunidade Autónoma de Galicia 2004-2006 subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia e as cámaras de comercio, industria e navegación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa e as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO CINCO

DE LUGO