Con data do 26 de xaneiro, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 17 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiadas, mediante contratos de arrendamento financeiro, para pequenas e medianas empresas, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2004).
Xunto co texto do devandito convenio publicouse a relación de entidades financeiras que o subscribiron.
Ratificada con data do 8 de xuño de 2004 a participación da entidade financeira Caixa Catalunya procede facelo público.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992,
do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,
RESOLVO:
Engadir a entidade financeira Caixa Catalunya á relación de entidades financeiras colaboradoras que subscribiron o convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2004.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica