DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 05 de agosto de 2004 Páx. 11.156

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2004 pola que se engaden dúas entidades financeiras colaboradoras ao convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.

Con data do 26 de xaneiro, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 22 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de esta

blecer liñas de financiamento subsidiadas para pequenas e medianas empresas, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2004).

Xunto co texto do devandito convenio publicouse a relación de entidades financeiras que o subscribiron.

Ratificada con datas 1 e 8 de xuño de 2004, respectivamente, a participación das entidades financeiras Caja de Ahorros de Salamanca y Soria e Caixa Catalunya procede facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir as entidades financeiras Caja de Ahorros de Salamanca y Soria y Caixa Catalunya á relación de entidades financeiras colaboradoras que subscribiron o convenio de apoio financeiro 2004-2006 ás pequenas e medianas empresas entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica