DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 05 de agosto de 2004 Páx. 11.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 2 de agosto de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2003.

Pola Orde do 23 de decembro de 2003 convócaronse para o ano 2004 as axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2003). As bases reguladoras destas axudas establécense na orde desta consellería do 7 de xuño de 2002 (DOG nº 113, do 13 de xuño de 2002).

No artigo 8 da Orde do 23 de decembro de 2003, relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para as mesmas. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas polos agricultores e gandeiros da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran co establecido nas ordes desta consellería citadas anteriormente.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle na orde desta consellería do 23 de decembro de 2003 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2003), pola que se convocan para o ano 2004 as axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias, tal e como se detalla a continuación:

* A aplicación orzamentaria 09.03.614-A.777.3, increméntase en oito millóns cincocentos mil euros, (8.500.000 A).

Segundo.-Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puideran existir na mesma aplicación. En todo caso, a concesión da axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda que establece a Orde do 23 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2004.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria e

Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO