DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 05 de agosto de 2004 Páx. 11.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de xullo de 2004, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica no curso 2004-2005.

Advertido un erro no texto da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia o 9 de xullo de 2004, é necesario facer a oportuna corrección:

Na páxina 9.902, no horario para o ciclo formativo: CM Explotacións de sistemas informáticos, no módulo «Mantemento de portais de información», na columna das horas, onde di: «55», debe dicir: «185», e na columna das sesións semanais, onde di: «3», debe dicir: «10».

Na páxina 9.908, no horario para o ciclo formativo: CM Atención sociosanitaria, no módulo «Atención sanitaria», na columna das sesións semanais, onde di: «6», debe dicir: «8».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL