DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 02 de agosto de 2004 Páx. 10.991

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO TERCEIRO)

EDICTO (C-34/04-0).

O director técnico do Departamento 3º e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C-34/04-0, en méritos do acordado en providencia do conselleiro de Contas, do 24 de xuño de 2004, e para lle dar cumprimento ao previsto no artigo 68.1º en relación co 73.1º, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, de funcionamento do Tribunal de Contas, fai saber que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-34/04-0, do ramo de comunidades autónomas (Consellería de Educación e Xuventude, Centro Asociado UNED), A Coruña, como consecuencia de diversas irregu

laridades denunciadas na percepción de indemnizacións no Centro Asociado da UNED da Coruña.

O cal se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable, poidan comparecer nos autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid, 25 de xuño de 2004.

Diego Navarro Corbacho

Director técnico do Departamento 3º