DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 02 de agosto de 2004 Páx. 10.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 181/2004, do 15 de xullo, polo que se aproba o calendario laboral para o ano 2005 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, determinan o calendario de festas laborais de ámbito nacional, de carácter retribuído e non recuperable e establece que cando algunha das festas cadre en domingo, o descanso laboral que corresponda a esta se goza o luns inmediatamente posterior. Respecto dalgunhas destas festas de ámbito nacional, as comunidades autónomas teñen facultades de opción ou substitución por outras que por tradición lles sexan propias.

Facendo uso destas facultades e ao coincidir en domingo o 1 de maio, Festa do Traballo, e o 25 de decembro, Natividade do Señor, considérase oportuno substituír o descanso laboral correspondente ás ditas festividades, incorporando á relación de festas da nosa Comunidade Autónoma para 2005, o 19 de marzo, San Xosé e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, que pola súa significación foron xa implantadas como festa laboral noutras ocasións, seguindo así o criterio de manter unha certa estabilidade na determinación das festas laborais para conmemorar todo aquilo que forma parte da nosa tradición, historia e cultura, aproveitando as posibilidades que permite o calendario anual, que en 2005 fai que coincidan en domingo outras festividades celebradas en anos anteriores.

En virtude do establecido na Constitución española e no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Comunidade Autónoma de Galicia, asumidas e asignadas polo Decreto 117/1982, do 5 de outubro, oído o Consello Galego de Relacións Laborais, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do quince de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Conforme o establecido no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, modificado polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, de non producirse modificación no calendario laboral de carácter nacional, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005 serán as seguintes:

1 de xaneiro: Aninovo.

6 de xaneiro: Epifanía do Señor.

19 de marzo: San Xosé.

24 de marzo: Xoves Santo.

25 de marzo: Venres Santo.

17 de maio: Día das Letras Galegas.

25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia.

15 de agosto: Asunción da Virxe.

12 de outubro: Festa Nacional de España.

1 de novembro: Todo os Santos.

6 de decembro: Día da Constitución Española.

8 de decembro: Inmaculada Concepción.

Artigo 2º

Conforme o disposto no artigo 37.2º do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, que serán determinadas polo delegado da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, por proposta do Pleno dos respectivos concellos, e publicaranse nos boletíns oficiais de cada provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º

De acordo co que dispón o artigo 48.7º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as festas laborais sinaladas no arti

go 1º terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos a partir do día un de xaneiro do ano dous mil cinco.

Santiago de Compostela, quince de xullo de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións

Laborais