DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 02 de agosto de 2004 Páx. 10.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2004 pola que se adxudican as axudas correspondentes ao Programa de Recursos Enerxéticos e Mineiros convocadas no anexo IV, da Orde do 29 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2004).

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 29 de decembro de 2003 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2004), convócanse as axudas para o ano 2004 correspondentes aos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e modifícanse, así mesmo, as bases correspondentes a estas axudas aprobadas por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 22 e 29 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril, 13 e 15 de maio). No anexo IV da devandita orde figuran as axudas correspondentes ao Programa de Recursos Enerxéticos e Mineiros.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal deberán realizar a dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementada nun 10% destinado aos gastos institucionais que a súa execución supón ao organismo ao que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación industrial, innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo ou proxectos de demostración para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Os proxectos incluídos no anexo II que así o indican están cofinanciados nun 75% con fondos Feder-MAC na anualidade correspondente ao ano 2004.

No anexo III indícanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada á ampliación ou remanente do crédito da aplicación orzamentaria 08.05.432A.770.0 segundo se indica no mencionado anexo.

Terceiro.-Conceder as axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo IV da presente resolución.

As axudas incluídas no anexo IV están cofinanciadas nun 75% con fondos Feder-MAC.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO