DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 02 de agosto de 2004 Páx. 10.933

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de xuño de 2004 pola que se declara a alienabilidade dun inmoble, na rúa Cabaleiros número 23, esquina rúa Chile, na cidade da Coruña.

Polo Decreto 126/2004, do 10 de xuño (DOG nº 118, do 10 de xuño), desafectouse un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 368/2004, do 5 de marzo, sobre ampliación dos medios patrimoniais traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Soar, parcela nº 97 do polígono de Elviña, 1ª fase, 2ª ampliación, hoxe rúa Cabaleiros, nº 23, esquina rúa Chile, da cidade da Coruña, que ten unha superficie de 550,61 m, na actualidade 568 m segundo catastro, que estrema: norte, estación de autobuses; sur, rúa Chile; leste, casa nº 5 da rúa Chile; oeste, rúa Cabaleiros.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.178, libro 2.178, folio 192, predio nº 9.697, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA