DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 30 de xullo de 2004 Páx. 10.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da mesa xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia.

Visto o texto da acta da mesa xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia (código de convenio número 3200842) publicado no DOG nº 163 do 24-8-1999, pactando a elaboración das táboas salariais para o ano 2004, de acordo co disposto no artigo 21 do citado convenio colectivo e das mormas para a apertura da convocatoria do prazo para a confección das listas de provisión temporal de postos de traballo no dito concello para o bienio 2004-2005, con entrada nesta delegación provincial, subscrita polos representantes do concello, en representación da parte empresarial, e polo comité de empresa, en representación da parte social, en data 2 de decembro de 2003, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de

traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de xaneiro de 2004.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta de acordos e conclusións da mesa xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal ao servizo do Concello de Xinzo de Limia

Asistentes:

Polo Concello de Xinzo de Limia:

Isaac Vila Rodríguez (alcalde-presidente).

Manuel Rodríguez Cerredelo (2º tenente alcalde).

Polos traballadores/as:

Jesús Fariñas Diz (presidente do comité de empresa).

Jesús Casasola Martínez (secretario).

Carlos Otero Marra (vogal).

Anxo López Alonso (vogal).

Asesores:

M. Anxo García Torres (CIG).

En Xinzo de Limia, sendo as 17.30 horas do día 2 de decembro de 2003, reúnese a mesa xeral de negociación do convenio colectivo para tratar a seguinte orde do día:

-Elaboración das táboas salariais para o ano 2004 e imputación das cantidades acordadas nos salarios dos traballadores/as, de acordo co disposto no artigo 21º do convenio colectivo.

-Elaboración das normas para a apertura da convocatoria do prazo para a confección das listas de provisión temporal de postos de traballo no Concello de Xinzo de Limia.

I. As partes chegan ao acordo de imputar aos salarios dos traballadores/as para o ano 2004 as cantidades contidas nas táboas salariais para o 2004 que se xuntan, de acordo co establecido no artigo 21º do convenio colectivo. O pagamento dos salarios ten efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2004.

O vigor destes acordos prodúcese, tal e como define o convenio colectivo, desde a súa subscrición.

Estes acordos serán enviados á delegación provincial de Relacións Laborais para o seu rexistro, depósito e publicación no DOG e BOP.

II. As partes chegan ao acordo para a publicación da normativa pola que se regulará a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Xinzo da Limia no bienio 2004-2005; que se establece no anexo que se xunta e que xerará efectos a partir da súa publicación no BOP de Ourense.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.00 horas do día enriba sinalado.

Táboa salarial 2004

Salarios 2003 + IPC 03 (A)Salarios para o ano 2004 (A)Salarios equip. 2007 (A)
GNS.B.C.T.A.C.T.B.Ant.Total mesS.B.C.T.A.C.T.B.Ant.Total mesS.B.C, CVAnt.Totais

Gómez Diz, PelegrinaAuxiliar administrativoD13816,53261,8115,2416,271.109,86816,53290,3613,3132,541.152,74816,53474,0432,541.323,11

Carreiro Glz. Xosé M.AparelladorB211.419,89568,481,4132,452.022,231.410,32571,311,42130,202.113,251.349,06588,09130,202.067,35

Salarios 2003 + IPC 03 (A)Salarios para o ano 2004 (A)Salarios equip. 2007 (A)
GNS.B.C.T.A.C.T.B.Ant.Total mesS.B.C.T.A.C.T.B.Ant.Total mesS.B.C, CVAnt.Totais

Fernández Moro, CovaAparelladorB211.407,61312,4519,7932,451.772,311.399,70352,2019,9632,551.804,411.349,06588,0832,551.969,70

Casasola Martínez, XesúsAux. adm. r. contribuciónD13816,53273,2114,4248,801.152,97816,53302,1814,5448,801.182,05816,53474,0348,801.339,37

Cabrera López, XulioEncargado xeralC161.002,80414,209,32121,721.548,051.002,80432,939,40121,701.566,831.002,80544,04121,701.668,54

García Moro, XoánCapataz de brigadaC161.002,80134,5929,40121,721.288,521.002,80193,6429,65121,701.347,791.002,80544,04121,701.668,54

Blanco Cuquejo, DelfínFontanaría/condutorD13816,53173,5921,5881,341.093,04816,53216,9221,7581,341.136,55816,53474,0481,341.371,91

Gómez Cid, XulioPinturaD13816,53152,8923,0616,271.008,76816,53199,2123,2516,271.055,26816,53474,0316,271.306,83

Santana Álvarez, AnxoElectricistaD13816,53258,6015,47113,881.204,48816,53289,6715,60113,871.235,67816,53474,04113,871.404,45

Carrascal Salinas, AnxoElectricistaD13816,53251,2516,0048,801.132,59816,53283,3816,1348,801.164,85816,53474,0448,801.339,37

Alonso Rodríguez, XoséCondutor/camión

guindastre

D13816,53193,4420,1532,541.062,66816,53233,9120,3232,541.103,29816,53474,0432,541.323,11

Conde García, ManuelCondutor, serv. variosD13816,53183,4820,8748,801.069,68816,53225,3821,0448,801.111,76816,53474,0448,801.339,37

López Alonso, AnxoCondutor/quenda tardeD13816,53183,5520,8665,071.086,02816,53225,4421,0365,071.128,08816,53474,0465,071.355,64

Pérez Vences, MiguelAxudante/quenda tardeD13816,53133,1424,4832,541.006,69816,53182,3024,6848,801.072,32816,53474,0448,801.339,38

Jardón Mtz., FranciscoRotulistaD13816,53178,2721,2432,541.048,58816,53220,9221,4132,541.091,41816,53474,0432,541.323,11

Rodríguez Feijoó, X. M.AlbanelD13816,53186,6820,6432,541.056,39816,53228,1220,8148,801.114,27816,53474,0448,801.339,37

Gómez de Bastos, ModestoAlbanelD13816,53195,8219,9816,271.048,60816,53235,9420,1432,541.105,16816,53474,0432,541.323,11

Rivera Varela, GumerXardineiroD13816,53183,9720,8365,071.086,41816,53225,8021,0081,341.144,68816,53474,0481,341.371,91

Da Silva da Costa, M.Xardineiro axudanteE11726,00206,8313,1112,19958,13726,00233,1613,2224,38996,76726,00389,4024,381.139,78

Barge García, DanielServizos variosD13816,53141,3923,8948,801.030,62816,53189,3724,0848,801.078,79816,53474,0448,801.339,38

Ferreiro González, XoséServizos variosE11726,00211,5412,7736,58986,89726,00237,1912,8836,571.012,64726,00389,4036,571.151,97

Martínez Santana, XulioServizos variosE11726,00162,4816,2912,19916,98726,00195,2116,4324,38962,02726,00389,4024,381.139,78

Cid Domínguez, Xoán C.Serv. limpeza/condutorD13816,53183,5520,8665,071.086,02816,53225,4421,0365,071.128,08816,53474,0465,071.355,64

Otero Marra, CarlosServ. limpeza/condutorD13816,53161,6222,4481,341.081,93816,53206,6722,6281,341.127,16816,53474,0481,341.371,91

Cerredelo Marra, CelsoServ. limpeza/axudanteE11726,00199,3413,6512,19951,19726,00226,7513,7612,19978,71726,01389,4012,191.127,59

Rodríguez Andrade, S.Limpeza viariaE11726,00163,0416,2685,35990,65726,00195,6816,3985,331.023,41726,00389,4085,331.200,73

Morales Jardón, BerLimpeza viariaE11726,00155,3116,8124,39922,51726,00189,0716,9536,57968,59726,01389,4036,571.151,97

Ramos Ramos, Xosé M.Limpeza viariaE11726,00184,8314,6948,77974,29726,00214,3314,8148,761.003,91726,00389,4048,761.164,16

Limia Mellado, XoséLimpeza viariaE11726,01198,7413,6936,58975,02726,01226,2413,8048,761.014,81726,01389,4048,761.164,16

González Calleja, RosaAux. bibliotecaD13816,53457,901,1648,801.324,40816,53460,231,1748,801.326,73816,53474,0448,801.339,37

Lois Suárez, A. CarlosAnimador socio-culturalD13816,53245,9116,3816,271.095,09816,53278,8116,5232,541.144,39816,53474,0432,541.323,11

Dopico Blanco, FernandoEscola de gaitaC161.002,8038,460,0024,341.065,611.002,8038,460,0024,341.065,601.002,8038,4624,341.065,60

Estévez Rguez., MiguelAxudante E. de gaitaE11726,0059,950,0024,39810,34726,0059,950,0036,57822,53726,0059,9536,57822,53

Fariñas Diz, XesúsCoordinadorC161.002,80192,3425,26121,721.342,131.002,80243,0625,46121,701.393,031.002,80544,04121,701.668,54

Diz Coello, Rosa M.Adm. xeralE9656,5091,8021,3712,19781,86662,42134,7221,5512,19830,88700,33389,4012,191.101,92

Martínez Glz., XosefaPavillón de deportesE9675,9091,8021,3724,39813,45679,20134,7221,5536,57872,03700,33389,4036,571.126,30

Díaz Dacal, Mª OlgaCasa da culturaE9676,2891,8021,3736,58826,03679,53134,7221,5536,57872,36700,33389,4036,571.126,30

Peleteiro Mouteira, R.Pavillón de deportesE11726,00180,0415,0324,39945,47726,00210,2415,1636,57987,97726,00389,4036,571.151,97

Martín Vega, José LuisCasa da culturaE11726,00214,1612,5885,351.038,10726,00239,4312,6985,331.063,46726,00389,4085,331.200,73

Añel Quintas, Rosa MªEducadora encargadaC161.002,80287,4318,4373,031.381,701.002,80324,4418,5873,021.418,841.002,80544,0473,021.619,86

Fernández Lorenzo, T.Educadora axudanteD13816,53211,2018,8748,801.095,42816,53249,1119,0348,801.133,48816,53474,0448,801.339,37

Quelle Rodríguez, MaríaEducadora axudanteD13816,53211,2018,8748,801.095,42816,53249,1119,0348,801.133,48816,53474,0448,801.339,37

Trigo da Fonte, PreciosaOf. consumidorE11666,2791,8021,3712,19791,63674,34134,7221,5512,19842,79726,00389,4012,191.127,59

Losada Enrique, XoséColectivo xitanoD13816,53256,6815,6132,541.121,36816,53288,0315,7432,541.152,83816,53474,0432,541.323,11

Arias Cuesta, Xosé F.Desenvolvemento

local

C161.002,80198,4924,8124,341.250,451.002,80248,3225,0248,681.324,831.002,80544,0448,681.595,52

Blanco González, Mª P.ConserxeE11726,01214,3312,570,00952,91726,01239,5712,680,00978,26726,01389,390,001.115,40

Bello Jardón, AuroraConserxeE11726,01214,3312,570,00952,91726,01239,5712,680,00978,26726,01389,390,001.115,40

Suárez Losada, SaraLimpadora colexiosE9442,9720,8720,870,00484,71458,8262,7921,040,00542,65560,27311,510,00871,78

Moure Rguez. Mª Magd.Limpadora colexiosE9442,9720,8720,870,00484,71458,8262,7921,040,00542,65560,27311,510,00871,78

Gómez Rguez PalmiraLimpadora colexiosE9369,1117,3917,390,00403,89382,3152,3217,530,00452,16466,84259,570,00726,41

Quintas Pedras IsabelLimpadora colexiosE9369,1117,3917,390,00403,89382,3152,3217,530,00452,16466,84259,570,00726,41

Marra López EsmeraldaConservatorioC161.156,2936,4536,450,001.229,191.135,55109,6536,7573,021.354,981.002,80544,0473,021.619,86

Alonso Fuertes M. PilarConservatorioC161.156,2936,4536,450,001.229,191.135,55109,6536,7573,021.354,981.002,80544,0473,021.619,86

Dopazo Amorín JesúsConservatorioC161.156,2936,4536,450,001.229,191.135,55109,6536,7524,341.306,301.002,80544,0424,341.571,18

Normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Xinzo de Limia.

Norma 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente normativa é regular a convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de Xinzo de Limia, que se especifican no anexo I, cuxa cobertura se considere de

urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo; en desenvolvemento e de conformidade co establecido no convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia (artigos 14.3º, 14.4º, 14.5º e 14.6º).

Norma 2ª.-Listas.

Para cada grupo e categoría dos que figuran no anexo I elaborarase unha lista, de acordo co disposto no convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia.

Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado para prestar servizos nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demais listas.

Norma 3ª.-Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á comisión de selección de contratacións laborais temporais do Concello de Xinzo de Limia (Concello de Xinzo de Limia. Rúa Curros Enríquez, s/n) e axustaranse ao modelo que se inclúe nesta convocatoria (anexo II).

3.2. A apertura da convocatoria e o prazo para a presentación de solicitudes serán os 30 días hábiles seguintes contados desde a publicación desta normativa no BOP e poderanse formular perante o rexistro xeral do Concello de Xinzo de Limia.

3.3. A presentación de solicitudes non xerará ningunha obriga de pagamento de taxas ao concello por parte dos aspirantes.

Teléfonos de información: 988 55 01 11.

Norma 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deben reunir os requisitos que para cada grupo e categoría se determinan no anexo I.

Os devanditos requisitos deben posuílos o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Asemade, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ter cumpridos 18 anos.

-Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións. (Declaración de veracidade).

-Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. (Declaración de veracidade).

-Estar en posesión do título exixido para o grupo e categoría a que se opta ou, substitutivamente, acreditar oficialmente a experiencia profesional exixida para o grupo ou categoría a que se opte (36 meses). No suposto de non acreditaren estes requisitos, os solicitantes decaerán en todos os seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

-Considerarase como experiencia profesional acreditada oficialmente como substitutivo da titulación requirida, aquela que acredite un organismo público (contrato de traballo visado polo Inem, certificado do Inem, certificado da Xunta de Galicia, certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, etc.).

-Os servizos prestados tanto no Concello de Xinzo de Limia, como noutras administracións, como na empresa privada; que sexan alegados polo aspirante como substitutivo da titulación mínima requirida para acceder á categoría a que opte; só se computarán como mérito baremable a partir do mes 37 (incluído).

Norma 5ª.-Documentación.

Canda a solicitude deberán presentar as seguintes fotocopias cotexadas: DNI, cartón da Seguridade Social, informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou certificación negativa de vida laboral, declaración da renda ou certificación negativa da declaración da renda.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos exixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo III, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data da publicación da presente convocatoria.

Norma 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ao persoal laboral, a que se refire o artigo 14.3º B1) do convenio colectivo, será a encargada de elaborar as listas correspondentes. A petición da comisión de selección poderán nomearse comisións colaboradoras, e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo aos méritos alegados polos interesados/as. En todas as deliberacións da comisión de selección poderán estar presentes, con voz e sen voto, os asesores sindicais dos representantes legais dos traballadores/as.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, o Concello de Xinzo de Limia publicará no BOP, DOG e tres medios de comunicación de ámbito provincial o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Concello de Xinzo de Limia.

6.3. Unha vez publicadas as listas nos taboleiros de anuncios do concello, aqueles aspirantes que non estivesen de acordo coa puntuación obtida terán un prazo de 10 días hábiles para presentar as reclamacións que consideren oportunas ante a propia comisión de selección (anexo IV).

A comisión de selección analizará as reclamacións interpostas e no prazo dos tres días hábiles seguintes ao último día para a formulación de reclamacións corrixirá ou validará as listas publicadas, mediante as correspondentes rectificación ou ratificación delas, adquirindo o carácter de listas definitivas.

6.4. Cando for preciso para o concello, os chamamentos realizaranse prelativamente, de acordo cos méritos baremados, por medio de telegrama. De non obterse resposta no prazo de 72 horas hábiles, chamarase o seguinte da lista e o aspirante decaerá no seu posto até o final da lista.

6.5. A partir da publicación das listas definitivas, quedará sen efecto calquera anterior que puidese existir.

6.6. A apertura de novas listas realizarase cada dous anos. Cando nunha categoría se considere a necesidade de incluír novos aspirantes na lista xa aberta, reunirase previamente a comisión de control do convenio, para efectos de estudar e, se for o caso, aprobar o tema.

De ser necesaria a apertura de novas listas por grupos e categorías das definidas no anexo I, realizaraa a comisión de control do convenio.

Norma 7ª.-Baremo de méritos.

a) Circunstancias persoais:

-Residencia habitual, cun mínimo de 6 meses de antigüidade, no Concello de Xinzo de Limia (acreditada mediante certificado municipal): 2 puntos.

-Residencia habitual, cun mínimo de 6 meses de antigüidade, en calquera dos demais concellos da Mancomunidade da Limia (acreditada mediante certificado municipal): 0,5 puntos.

-Por cada mes acreditado como desempregado, mediante o correspondente informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social: 0,01 puntos (máximo 1 punto).

-Por cada persoa ao seu cargo, sen ingresos, que conviva no domicilio do solicitante, cun mínimo de 6 meses de convivio: 1 punto (máximo 2 puntos). (Copia da declaración da renda, informe de vida laboral emitido pola TXSS, certificado municipal de convivencia).

-Por minusvalidez do solicitante compatible co posto de traballo, igual ou superior ao 33%: 1 punto. (Certificado de grao de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais).

-Por minusvalidez dalgunha das persoas que vivan ao seu cargo, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, cun mínimo de 6 meses de convivio: 0,5 puntos. (Certificado de grao de minusvalidez emitido pola Área de Servizos Sociais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, declaración da renda, informe de vida laboral, certificado de convivio municipal).

-Por tratarse do primeiro emprego a que o aspirante opta: 1 punto. (Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social).

b) Experiencia profesional:

-Por servizos prestados no Concello de Xinzo de Limia na mesma categoría a que se pretende acceder: 0,25 puntos/mes. (Informe de vida laboral).

-Por cada mes de servizos prestados noutras administracións públicas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,15 puntos/mes. (Informe de vida laboral e certificado de servizos prestados para esa administración ou contratos cotexados).

-Por cada mes de servizos prestados nas empresas privadas na mesma categoría e referidos aos últimos 5 anos: 0,05 puntos/mes. (Informe de vida laboral e certificado de servizos prestados para esa empresa).

A suma da puntuación destas tres alíneas non poderá exceder 15 puntos.

c) Méritos académicos:

-Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade, Inem, Fundación Tripartita para Formación ou sindicatos e relacionado coas funcións propias da categoría (máximo 2 puntos).

De 40 a 100 horas: 0,10 puntos por curso.

De 101 a 300 horas: 0,40 puntos por curso.

De 301 a 500 horas: 0,60 puntos por curso.

De 501 en diante: 1 punto por curso.

-Por posuír unha titulación académica distinta, independente e igual ou superior da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

a) Título de doutor/a: 2 puntos.

b) Título de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a: 1,75 puntos.

c) Título de enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a: 1,50 puntos.

d) Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou equivalente: 1,25 puntos.

e) Graduado en secundaria, 2º de BUP superado, título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao, ciclo formativo de grao medio ou equivalente: 0,75 puntos.

f) Graduado escolar, 2º da ESO superado: 0,50 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

-Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

a) En grao de iniciación: 0,5 puntos.

b) En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

c) Curso de especialización: 1 punto.

Só se concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, aos cursos e titulacións homologadas pola Xunta de Galicia.

De producirse empate na puntuación acudirase para dirimilo á maior experiencia profesional, pola orde prelativa establecida neste baremo (1º/Concello de Xinzo de Limia, 2º/outras administracións, 3º/empresa privada). De persistir o empate, acudirase á suma global das circunstancias persoais e, en último termo, á maior idade do solicitante.

Norma 8ª.-Interpretación e normativa supletoria.

A interpretación destas normas correspóndelle á comisión de control do convenio colectivo para o persoal laboral ao servizo do Concello de Xinzo de Limia. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.

En Xinzo de Limia, 2 de decembro de 2004.

ANEXO I

Lista nºCategoríaGrupoTitulacións mínimas requiridas pola convocatoriaOutros requisitos exixidos

1Arquitecto/as.c.Licenciado/a en arquitecturaCarné conducir B

2Enxeñeiro/as.c.Enxeñaría de camiños, canais e portosCarné concucir B

3Arquitecto/a técnico/as.c.Arquitectura técnica

Lista nºCategoríaGrupoTitulacións mínimas requiridas pola convocatoriaOutros requisitos exixidos

4Enxeñeiro/a técnico/as.c.Enxeñaría técnica de obras públicasCarné conducir B

5Técnico local de empregos.c.Licenciado/a en dereito, socioloxía, xeografía e historia ou económicas, diplomados en relacións laborais ou empresariaisCarné conducir B

6Asistente socials.c.Diplomado en traballo socialCarné conducir B

7Profesor/a para o conservatorio de músicas.c.Profesor/a de música, conservatorio ou maxisterio

8Profesor/a de escolas de gaitas e/ou percusións.c.Mestre/a de percusión e/ou gaita

9Especialista da escola de gaitas e/ou percusións.c.Grao elemental do conservatorio ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

10Encargado/a do xardín de infancias.c.Mestre/a de educación infantil

11Auxiliar do xardín de infancias.c.Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

12Animador/a socioculturals.c.Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir B

13Bibliotecario/a ou arquiveiro/as.c.Licenciado en historia, diplomado en arquivística e biblioteconomíaCarné conducir B

14Auxiliar de bibliotecario/a ou arquiveiro/as.c.Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir B

15Encargado/a xerals.c.Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir C

16Encargado/capataz de brigadas.c.Título de COU, título de técnico especialista obtido en FP de 2º grao, título de bacharel actual, ciclo formativo de grao superior ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir C

17Delineantes.c.Técnico especialista obtido en FP de 2º grao (rama delineación), ciclo formativo grao superior (rama delineación) ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir B

18Administrativo/as.c.Técnico especialista obtido en FP de 2º grao (rama administrativa), ciclo formativo grao superior (rama administrativa) ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

19Auxiliar administrativo/as.c.Técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao (rama administrativa), ciclo formativo de grao medio (rama administrativa) ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

20Auxiliar de axuda a domicilios.c.Técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao (ramas auxiliar de clínica ou axuda a domicilio), ciclo formativo de grao medio (ramas auxiliar de clínica ou axuda a domicilio), ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir B

21Oficial de servizos varioss.c.Graduado en secundaria, 2º de BUP superado, título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao, ciclo formativo grao medio ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir B

22Condutor/as.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO superado ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir C

23Condutor motobomba de incendioss.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO superado ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCarné conducir C. Curso específico de incendios

24Monitor/a deportivos.c.Graduado en secundaria, 2º de BUP superado, título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao, ciclo formativo grao medio ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCurso específico de monitores deportivos

25Socorrista acuáticos.c.Graduado en secundaria, 2º de BUP superado, título de técnico auxiliar obtido en 2º ano de FP de 1º grao, ciclo formativo grao medio ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCurso específico socorrista acuático.

26Peón de servizos varioss.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

27Peón de incendioss.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO superado ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 mesesCurso específico de incendios

28Ordenanzas.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO superado ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses

29Limpador/as.c.Certificado de estudos primarios, graduado escolar, 2º da ESO superado ou experiencia profesional acreditada oficialmente na mesma categoría durante 36 meses