DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 30 de xullo de 2004 Páx. 10.886

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 22 de xullo de 2004 pola que se declara de interese galego a Fundación Amigos de la Barrera e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Amigos de la Barrera.

Supostos de feito:

Primeiro.-A fundación solicitou a clasificación e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, por medio do escrito presentado por Rafael Vallés Urniza, en calidade de representante da fundación.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública outorgada o 13 de maio de 2004 en Ourense, ante o notario Fernando Martínez-Gil Fluxa, co número 706 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por todos os secretarios xerais na reunión celebrada o día 8 de xuño

de 2004 elevou ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Publica proposta de clasificación como de interese galego da Fundación Amigos de la Barrera.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 9 de xuño de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 117, do 18 de xuño), clasificouse como benéfico-social a Fundación Amigos de la Barrera, de interese tendo en conta o disposto no artigo 32.2º c) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado de Fundacións de Interese Galego e dado o seu obxecto adscribiuse á Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 280/2003, do 17 de xuño, e o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, que establece a estrutura orgánica da antedita consellería.

Quinto.-Segundo consta no artigo 8 dos estatutos da fundación, o obxecto é perpetuar e actualizar os fins do Asilo de niños huérfanos de la Barrera, e en particular:

-A axuda aos nenos orfos.

-A axuda á muller necesitada.

-Fomentar a natalidade e prestar axuda ás nais novas e aos seus fillos.

-Facilitar a axuda necesaria ás mulleres xestantes.

-Acoller nas residencias, propias ou concertadas, as futuras nais e os seus fillos acabados de nacer.

-Participación activa, promocionando o desenvolvemento das actividades de carácter científico, educativo e cultural en beneficio da comunidade.

-Contribuír, participar e apoiar a misión humanitaria da familia na plena integración na sociedade.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente, constan, entre outros os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación (Fundación Amigos de la Barrera), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: bispo de Ourense.

Vicepresidente primeiro: José Álvarez Arias.

Vicepresidente segundo: José Pérez Domínguez.

Secretario: José Antonio Gil Sousa.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez revisados os seus estatutos, solicitou informe

da Asesoría Xurídica, conforme o disposto no artigo 32.2º a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, que aquela emitiu favorablemente con data do 23 de xuño de 2004.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego e o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no rexistro de fundacións, da Fundación Amigos de la Barrera, dado o seu obxecto coincidente coas competencias desenvolvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ao abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ao artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presentar o orzamento de ingresos e gastos ao protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico, e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ao protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no rexistro de fundacións, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Así, en virtude do artigo 34 da Constitución española de 1978, o artigo 27.26º do Estatuto de auto

nomía de Galicia, a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións, a Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime de fundación de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a demais normativa de desenvolvemento e de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer a declarar de interese galego a Fundación Amigos de la Barrera.

Segundo.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Terceiro.-Aprobar os seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ao disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, quedando obrigada a dar contas anualmente ao protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presentar o proxecto de orzamento con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicitar as preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado