DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 30 de xullo de 2004 Páx. 10.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2004 pola que se adxudican as axudas correspondentes ao Programa de Biodiversidade e Recursos Forestais convocadas no anexo III, da Orde do 29 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2004).

Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 29 de decembro de 2003 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2004), convócanse as axudas para o ano 2004 correspondentes aos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e modifícanse, así mesmo, as bases correspondentes a estas axudas aprobadas por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 22 e 29 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril, 13 e 15 de maio). No anexo III da devandita orde figuran as axudas correspondentes ao Programa de Biodiversidade e Recursos Forestais.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realizar a dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% des

tinado aos gastos institucionais que a súa execución lle supón ao organismo ao que pertence o investigador responsable.

Segundo.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación industrial, innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo ou proxectos de demostración para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Os proxectos incluídos no anexo II que así o indican están cofinanciados nun 75% con fondos Feder-MAC na anualidade correspondente ao ano 2004.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL