Por orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 29 de decembro de 2003 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2004), convócanse as axudas para o ano 2004 correspondentes aos programas sectoriais de recursos naturais, tecnoloxías para a innovación e servizos ao cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e modifícanse, así mesmo, as bases correspondentes a estas axudas aprobadas pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 22 e 29 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril, 13 e 15 de maio). No anexo V da devandita orde figuran as axudas correspondentes ao Programa de Biotecnoloxía e Tecnoloxía Farmacéutica e de Ciencias da Saúde.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e por proposta elaborada pola Comisión de Selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizar por grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, aos beneficiarios que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realizar
a dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.
As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado aos gastos institucionais que a súa execución lle supón ao organismo ao que pertence o investigador responsable.
Segundo.-No anexo II indícanse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes. A súa concesión queda condicionada á ampliación ou remanente do crédito das aplicacións orzamentarias 08.05.432A.740.0 e 08.05.432A.781.0 segundo se indica no mencionado anexo.
Terceiro.-Conceder as axudas para a realización de proxectos de investigación industrial, innovación tecnolóxica, desenvolvemento precompetitivo ou proxectos de demostración para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo III da presente resolución.
Os proxectos incluídos no anexo III que así o indican están cofinanciados nun 75% con fondos Feder-MAC na anualidade correspondente ao ano 2004.
Cuarto.-Conceder as axudas para dotación de laboratorios e departamentos de I+D de empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, aos beneficiarios que se relacionan no anexo IV da presente resolución.
Todas as axudas incluídas no anexo IV están cofinanciadas nun 75% con fondos Feder-MAC.
Quinto.-A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.
Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.
Sétimo.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2004.
P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Innovación,
Industria e Comercio