DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 29 de xullo de 2004 Páx. 10.826

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 26 de xullo de 2004 pola que se nomean os membros da Comisión Galega para a Prevención da Violencia no Deporte.

Polo Decreto 116/2004, do 27 de maio, DOG do 14 de xuño, constituíuse a Comisión Galega para

a Prevención da Violencia no Deporte, establecéndose ademais o procedemento para a designación dos seus membros.

En cumprimento do establecido no artigo 3 do citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 3 do mencionado decreto, noméanse membros da Comisión Galega para a Prevención da Violencia no Deporte as seguintes persoas:

a) Vicepresidente: José Ramón Lete Lasa, director xeral para o Deporte.

b) Vogais:

a) Mª de los Ángeles Álvarez Meilán, representando a Administración do Estado.

b) José Freire Filloy, representando as Forzas e Corpos de Seguranza do Estado.

c) José Benito Suárez Costa, director xeral de Interior e Protección Civil.

d) Alberto González Armesto, director xeral de Centros e Ordenación Educativa.

e) Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza.

f) Xosé Manuel Vega Gómez, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

g) Francisco Campos Freire, director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

h) Ramiro Losada Bastos e Julio Meana Álvarez, polo estamento das federacións deportivas galegas.

i) José García Cabreros, representando os colexios ou comités de árbitros dunha federación de deportes colectivos.

j) Elena Roca Moro e Roberto Bermúdez de Castro, en representación dos deportistas galegos.

k) Horacio Gómez Araújo e Augusto César Lendoiro, en representación dos clubes deportivos máis representativos de Galicia atendendo ao número de socios, aforo de instalacións ou á súa participación en ligas nacionais de máximo nivel e categoría.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA