DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 29 de xullo de 2004 Páx. 10.826

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de xullo de 2004 pola que se nomea vogal en representación da Xunta de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo acordo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o presente nomeamento.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vogais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas, e entidades ou organismos representados no consello de administración, polo que, producida unha vacante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría polo capítulo de representación da Xunta de Galicia, ditada xa a correspondente orde de cesamento, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de José Ramón Lete Lasa como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría, en representación da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2004.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO