DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 28 de xullo de 2004 Páx. 10.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de concesionarias de servizos municipais de aparcamento e retirada de vehículos.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de concesionarias de servizos municipais de aparcamento e retirada de vehículos (código convenio 1502955), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-6-2004 e subscrito pola parte económica pola Confederación de Empresarios da Coruña e pola parte social por UGT e CC.OO. o día 14-6-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de xuño de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo laboral de ámbito provincial do sector de empresas concesionarias de servizos municipais de aparcamento e/ou retirada

de vehículos da vía pública da provincia da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas concesionarias de servizos municipais de ordenación e regulación de aparcamento e/ou retirada de vehículos da vía pública e a súa posterior custodia e o seu persoal nas categorías especificadas neste convenio.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico do presente convenio circunscríbese á provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2003 e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 2006.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio quedará denunciado automaticamente o 20 de novembro de 2006, comprometéndose as partes a iniciar as negociacións dun novo convenio en febreiro de 2007.

En calquera caso, este convenio entenderase prorrogado en todo o seu articulado, tanto normativo como obrigacional, seguindo en vigor ata que non se logre un acordo expreso ao respecto, de outro que o substitúa.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdición laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento da sinatura do convenio algún dos seus pactos, este quedará nulo na súa totalidade, comprometéndose ambas as partes a negocialo de novo.

Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para todas as empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas ou concesións que pretendan acollerse á cláusula regulada neste artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores e na comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA.

A estes mecanismos, achegaráselles a seguinte documentación:

1) Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que mediante estes se producen perdas reais.

2) Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos aos que tivesen acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

1. Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá de todas as cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

2. A comisión mixta paritaria estará formada por cinco traballadores e cinco representantes da empre

sa, cada parte poderá nomear un asesor que terá voz pero non voto.

3. Para que exista acordo requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

4. Das reunións realizadas pola comisión levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas, debendo ser asinadas as actas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

5. A comisión reunirase cando o solicite unha das partes, que deberá ter lugar nun prazo máximo de 5 días.

6. Crearase unha comisión de seguimento por cada empresa e centro de traballo por petición de calquera das partes, para tratar temas relativos ao seguimento do convenio en tales ámbitos.

7. O domicilio da comisión paritaria queda fixado na Confederación de Empresarios da Coruña, con domicilio na Praza Luís Seoane, torre 1, entreplanta, A Coruña, 15008.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada laboral.

A xornada laboral en cómputo anual para o sector ORA queda establecida da seguinte maneira:

-Ano 2003: xornada do convenio estatal para o sector da ORA.

-Ano 2004: xornada do convenio estatal para o sector da ORA.

-Ano 2005: xornada do convenio estatal para o sector da ORA.

-Ano 2006: xornada do convenio estatal para o sector da ORA.

A xornada laboral en cómputo anual para o sector guindastre queda establecida da seguinte maneira:

-Ano 2003: 1.776 horas.

-Ano 2004: 1.768 horas.

-Ano 2005: 1.760 horas.

-Ano 2006: 1.760 horas.

Os traballadores que realicen a súa actividade en domingos ou festivos cobrarán o día traballado cunha recarga do 75% sobre todos os conceptos retributivos durante os anos 2004, 2005 e 2006.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas, naqueles que se realicen de forma continuada haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo 12 horas.

Os días de descanso en cómputo anual serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa. Os cuadrantes do traballo negociaranse, logo de comunicación, entre o comité de empresa ou delegados de persoal e a parte empresarial, sendo obrigatoria a súa exposición nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo con 15 días de antelación antes do inicio do ano.

En xaneiro de cada ano computarase a xornada do ano anterior e, aos traballadores que excedan da xornada establecida no convenio colectivo, a empresa comprometerase a saldar con libranzas o dito exceso de xornada, no primeiro trimestre do ano seguinte, que se computará como tempo de traballo efectivo.

Os cuadrantes de traballo serán trimestrais e facilitaranse aos traballadores e aos seus representantes legais con quince días de antelación ao trimestre.

A xornada de traballo non poderá exceder como máximo de seis días consecutivos sen o descanso pertinente no servizo de guindastre.

A duración máxima da xornada en cómputo mensual non excederá de vinte e un días no servizo de guindastre.

Nocturnidades:

Todo traballador que realice traballo nocturno compensarase cunha cantidade equivalente ao 30% do salario base. A nocturnidade será a realizada durante a terceira quenda da xornada de traballo do guindastre e depósito. Considerando a primeira quenda de mañá, a segunda quenda de tarde e a terceira de noite.

Cando un traballador entre na terceira quenda de véspera ou domingo ou festivo, considerarase como festivo e, polo contrario, cando entre na terceira quenda de domingo ou festivo non se considerará como festivo.

Os traballadores que realicen servizos en concellos limítrofes e cunha xornada de traballo que supere as 4 horas nocturnas serán compensados cunha cantidade equivalente ao 30% do salario base.

Xornada continua: o persoal de oficinas, talleres e mantemento gozará de xornada continua de mañá desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ambos inclusive, e será de 8.00 horas a 15.00 horas, tendo que quedar cuberto o 50% de persoal en cada departamento, coa excepcionalidade do servizo de mantemento que estará supeditado a que o cadro de persoal sexa igual ou superior a dous traballadores.

-Os traballadores que estean en servizo os días 25 de decembro e 1 de xaneiro cobrarán unha recarga do 100% sobre todos os conceptos retributivos.

-Os traballadores que estean en servizo as noites do 24 e do 31 de decembro en xornada nocturna cobrarán unha recarga do 100% sobre todos os conceptos retributivos.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal gozará dunhas vacacións retribuídas de 33 días naturais para o ano 2003, 2004,

2005 e 2006. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano gozarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario de vacacións será pactado entre a empresa e a representación dos traballadores. Para tal efecto, os representantes dos traballadores presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Os recepcionistas de depósito gozarán das súas vacacións entre os meses de maio e setembro.

Artigo 10º.-Permisos, licenzas e excedencias.

Os traballadores poderán gozar de permisos retribuídos nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillo/a: catro días.

-Por matrimonio do traballador: dezaseis días.

-Por enfermidade grave ditaminada por médico, hospitalización ou falecemento:

-Do cónxuxe ou parella estable: cinco días.

-Ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: catro días.

-Ata terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: dous días.

-Por matrimonio de fillos ou pais: un día.

Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 300 km, corresponderanlle dous días máis en cada caso.

-Por traslado de domicilio habitual: dous días.

-En caso de visita médica á Seguridade Social ou mutua, e mediante xustificación de consulta, concederase o tempo necesario para esta.

-Tamén se concederá o tempo necesario en caso de consulta médica privada unha vez esgotados os asuntos propios, e mediante xustificación de consulta.

-O traballador terá dereito a gozar de xornada efectiva e retribuída de oito días de asuntos propios; como requisito para a súa adxudicación exixirase a súa petición por escrito cunha anticipación de 48 horas como mínimo. Cando a petición dalgún destes días a realice máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representación dos traballadores e da empresa abordarán as condicións precisas para o seu desfrute; entre ambas as partes, concretaranse as normas e excepcións a este artigo. Excepcionalmente, poderase solicitar por causa de máxima urxencia no mesmo día.

Aqueles traballadores que realicen a súa actividade en xornada partida poderán dividir en dúas fraccións da súa xornada habitual os asuntos propios.

Graos de consanguinidade e afinidade:

Titular e cónxuxe:

1º grao: fillo pai, nai.

2º grao: neto, irmán, avó.

3º grao: bisneto, sobriño, tío, bisavó.

Excedencias:

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa; a forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ao cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase para a designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ao cesamento no cargo público.

2. O traballador, con polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a un ano e non maior a seis anos. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender o coidado de cada fillo, tanto o sexa por natureza coma por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto preadoptivo como permanente, contado desde o nacemento, ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa. A excedencia para a nai empezará a contar tras terminaren as 16 semanas de baixa, sempre que llo notifique á empresa cun mes de antelación ao vencemento do período de IT por maternidade. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ao que se estivese desfrutando. Se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificativas de funcionamento da empresa.

4. Así mesmo, poderán solicitar o seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. A empresa reservaralle o posto ao traballador en excedencia, tendo este último que avisar á empresa con dous meses de antelación á súa reincorporación, caso de non facelo, perderá o dereito ao seu posto de traballo dentro da empresa.

6. O posto de traballo vacante por excedencia dun traballador será cuberto, en calquera caso, por persoal con contrato temporal. Ao se reincorporar o traballador excedente ao seu posto ou ao rematar o prazo legal de contratación, o traballador substituto causará baixa na empresa.

7. A empresa queda obrigada a conceder excedencia con dereito a reserva do posto de traballo e antigüidade correspondente na empresa aos traballadores que desempeñen funcións de condución de vehículos desta, cando por calquera circunstancia queden privados do permiso de conducir, ata o día en que lles sexa devolta a súa licenza, logo de solicitude do traballador afectado, unha vez lle sexa comunicada a retirada do permiso de conducir polo organismo correspondente. Sempre que isto non suceda tres veces no mesmo ano.

No non establecido neste artigo remitirémonos á Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral.

Capítulo III

Emprego, contratación e ascensos

Artigo 11º.-Ascensos e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como de categorías medias), antes de contratar a persoas alleas a esta, terán preferencia para cubrir estas prazas os traballadores de cadro; pasándose a cubrir a vacante que estes orixinen polas novas contratacións.

Traballos de categorías profesionais superiores: a ocupación transitoria dun posto de categoría superior á desempeñada dará dereito a percibir a retribución propia daquela categoría mentres dure a situación referida. Terase dereito á consolidación da categoría profesional superior se se desenvolven os traballos propios desta durante máis de setenta días ininterrompidos ou noventa alternos.

Todos os traballadores terán dereito á formación profesional e promoción no traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores nos seus seus artigos 22 e 23.

Todos os traballadores que realicen estudos regrados ou non regrados poderán solicitar quenda de traballo adecuado a eles; a súa concesión, logo de estudo e aprobación, realizarase por acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa.

Os permisos necesarios serán de dúas horas diarias retribuídas durante a duración do curso. Deberase presentar xustificante da duración do dito curso así como do seu horario. Para concorrer a exames facilitaráselles o tempo necesario retribuído, sendo imprescindible a xustificación da asistencia aos mencionados exames.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade temporal.

Para os supostos de incapacidade temporal acórdase o seguinte:

Durante as ausencias por incapacidade temporal e durante o tempo que se manteñan estas, a empresa aboará ao seu cargo un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que se cubra o 100% da retribución bruta polos conceptos de soldo convenio, complementos posto de traballo e antigüidade nos seguintes casos:

-En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional a partir do primeiro día.

-En caso de hospitalización, ambulatoria ou domiciliaria xustificada a partir do primeiro día.

-En caso de enfermidade común ou accidente non laboral a partir do primeiro día. En xaneiro de cada ano reunirase a comisión paritaria para estudar o

incremento ou descenso do absentismo, en caso de que o índice de absentismo laboral do cadro de persoal fose superior ao 7% da xornada anual establecida en convenio colectivo para o dito ano modificarase a prestación ao ano seguinte aboándolle a empresa o complemento:

-A partir do quinto día nas dúas primeiras baixas sufridas por cada traballador durante o ano.

-A partir do oitavo día nas sucesivas baixas producidas no ano.

Para determinar o índice de absentismo laboral consideraranse as horas totais de IT que deriven de accidentes non laborables e enfermidade común, restándose as horas de IT dos traballadores na súa totalidade que estivesen máis de 20 días en situación de IT por centro de traballo.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada aos 64 anos, sempre que o traballador teña cuberto o período de carencia na Seguridade Social. Para tal efecto e segundo o estipulado no Real decreto 1194/1985, a empresa comprométese a substituír o traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Os traballadores que se xubilen anticipadamente terán dereito a gozar dunas vacacións retribuídas cuxa duración virá determinada en función da idade á que se acceda á xubilación anticipada.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

-Aos 60 anos: 5 meses de vacacións.

-Aos 61 anos: 4 meses de vacacións.

-Aos 62 anos: 3 meses de vacacións.

-Aos 63 anos: 2 meses de vacacións.

-Aos 64 anos: 1 mes de vacacións.

Estas cantidades serán sobre todos os conceptos salariais. O goce destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación, entregando a empresa ao traballador que solicite o premio de vacacións un certificado acreditativo do seu desfrute, no que constará o número de meses aos que ten dereito.

Os traballadores interesados na xubilación parcial poderán concertar de común acordo coa empresa o pertinente contrato de substitución, de conformidade co previsto no artigo 4.4º da Lei 10/1994 e o artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores, na redacción dada polo Real decreto lei 15/1998, do 27 de novembro.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa está obrigada a facilitarlles aos representantes sindicais información periódica sobre contratación que incluirá:

-Previsións en materia de emprego e contratación.

-Modalidades de contratación.

-Grao de cumprimento das previsións anteriores.

Esta información entregarase trimestralmente.

Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se teñen que contratar.

-Modalidades de contratos e número deles.

-Data de celebración de contratos e duración destes.

-Modo de selección de persoal.

Terán preferencia a pasar dun contrato eventual a indefinido os traballadores que leven máis antigüidade na empresa, tanto con contratos alternos como ininterrompidos.

Finiquito de contratación:

O aviso previo de extinción de contrato deberá de ir acompañado de proposta de liquidación con quince días de antelación ao momento do cesamento, que deberá especificar con toda claridade os conceptos debidos ao traballador, correspondentes a atrasos de convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión.

Artigo 15º.-Dereitos do comité de empresa ou delegados de persoal.

Os membros do comité de empresa ou os delegados de persoal poderán acumular as horas entre si.

Os membros do comité de empresa ou os delegados de persoal terán dereito a un permiso retribuído de 20 horas mensuais. A bolsa de acumulación de horas será trimestral, como máximo.

O sindicato que teña unha afiliación por centro de traballo do 40% e a sección sindical constituída, terá dereito a 20 horas mensuais, que poderán ser acumuladas trimestralmente, como máximo, e o seu desfrute requirirá a previa xustificación ante a empresa.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 16º.-Comité de seguridade e saúde.

Constitúese o comité de seguridade e saúde no traballo ou delegado de prevención de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; as súas funcións e atribucións serán as seguintes:

a) Promover nas empresas a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde.

b) Estudar e propor as medidas oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

c) Ser informados pola dirección das empresas das medidas concretas que se previsen en materia de seguridade e saúde, tendo facultade de propor adecuacións, modificacións ou adicións pertinentes ao plan de seguridade por iniciativa do comité ou delegado de prevención.

d) O comité de seguridade e saúde ou delegado de prevención poderá instar a paralización das actividades ante o inminente risco de accidente.

e) O comité de seguridade e saúde estará composto polos empresarios ou quen os represente, un técnico cualificado na materia (designado pola empresa e o comité de empresa ou delegados de prevención conxuntamente), e tres representantes das categorías profesionais máis representativas.

O comité de seguridade e saúde reunirase unha vez ao mes en horas de traballo. As reunións extraordinarias serán por razóns de urxencia. Este comité de seguridade e saúde dará conta das súas funcións polo menos unha vez ao mes ao comité de empresa ou delegado de prevención.

Os delegados de prevención terán dereito a unha licenza de oito horas mensuais sen incluír o tempo dedicado:

a) Ás reunións do comité de seguridade e saúde -se existe- e calquera outra convocada pola empresa en materia de prevención de riscos.

b) Ás visitas realizadas en compañía dos técnicos encargados das avaliacións de carácter preventivo do ambiente de traballo; así como ás visitas en compañía de inspectores de traballo ou outro persoal auxiliar destes, en verificación do cumprimento da normativa sobre prevención de riscos, nos centros de traballo da empresa.

c) Reunións convocadas pola empresa, para informar de danos sufridos na saúde de traballadores, e as visitas que realicen aos centros de traballo para coñecer as circunstancias dos accidentes que se producisen.

d) Actividades formativas, convocadas pola empresa ou polo sindicato ao que se encontre afiliado o delegado de prevención.

Recoñecemento médico:

A empresa facilitará un recoñecemento médico que como regra xeral será cada dous anos, aínda que, cando as circunstancias así o aconsellen, poderá levarse a cabo noutros prazos, como medida preventiva de eventualidades que poidan xurdir.

O comité de seguridade e saúde ou delegado de prevención terá dereito a solicitar do empresario as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as súas causas, enfermidades profesionais e as súas consecuencias e os índices de sinistrabilidade.

Artigo 17º.-Vestiario.

* Servizo de guindastre e mantemento.

-Protección lumbar.

-Roupa de augas.

-Un xersei para o inverno.

-Un par de botas con protección para o inverno.

-Dúas camisas ou polos de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas ou polos de manga curta para o verán.

-Un pantalón de verán e outro de inverno.

-Un par de zapatos con protección para o verán.

-Guantes e guantes de auga segundo as necesidades.

-Un peto ou chaleco reflectante.

-Unha chaqueta de verán e unha de inverno facendo xogo cos pantalóns.

* Servizo ORA.

-Un anorak impermeable con capucha.

-Dous pantalóns de verán e dous de inverno.

-Dúas saias de verán e dúas de inverno.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas de manga curta para o verán.

-Un xersei de la para o inverno.

-Unha chaqueta facendo xogo coa saia ou pantalón.

-Un par de zapatos para o inverno.

-Un par de zapatos para o verán.

-Unha gravata.

-Unha gorra.

-Unha funda impermeable para a gorra.

-Reflectantes.

-Atendendo ás necesidades, cada centro de traballo negociará as seguintes pezas adicionais: bufanda, guantes, faldriqueira, calcetíns e medias.

* Recepcionista de depósito.

-Dous pantalóns de verán.

-Dous pantalóns de inverno.

-Dúas camisas manga curta para verán.

-Dúas camisas manga longa para o inverno.

-Un xersei chaleco para o verán.

-Un anorak impermeable con capucha.

-Un par de zapatos de verán.

-Un par de zapatos ou botas de inverno.

-Calcetíns (catro pares de verán e catro pares de inverno).

En cada centro de traballo e por temporada (verán-inverno), o comité de empresa ou delegados de persoal realizarán un informe sobre as deficiencias e posibles melloras a incluír na temporada seguinte. O dito informe será contestado pola empresa no prazo dun mes como máximo.

Todas a roupa de traballo se cambiará por outra no caso de deterioración ou dano.

Os amaños dos baixos serán por conta da empresa.

As roupas de traballo e calzado serán renovables de ano en ano ou baixo a entrega do material deteriorado.

O vestiario de verán entregarase o 30 de abril e o vestiario de inverno entregarase o 30 de outubro, aproximadamente.

Os traballadores que, por necesidades básicas e prescrición facultativa, precisasen modificacións na súa roupa de traballo, estas serán efectuadas con cargo á empresa.

O vestiario deberá cumprir a normativa vixente.

Artigo 18º.-Asistencia xurídica.

Todos os traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia de avogado e procurador desde o inicio á fin do proceso xurídico, nos casos que pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido, se producise algún tipo de agresión, accidente ou incidente por terceiros, alleos á empresa, en que estivese implicado o traballador, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culposo.

Todo traballador que acuda a un xulgado ou comisaría de policía por circunstancias laborais en período de descanso será compensado cun día, se é en vacacións con dous días, que se desfrutará dentro dos dous meses seguintes.

Artigo 19º.-Retirada do carné de conducir.

a) A todo condutor, recadador ou persoal de mantemento que por causa da súa diminución física lle fose denegada a renovación do carné de conducir, pasará a desempeñar funcións noutra categoría; continuará percibindo o salario que lle correspondese nese momento, aínda que se lle aplicará a porcentaxe que lle corresponda á súa antigüidade. No momento en que a retribución bruta mensual sen antigüidade da súa nova categoría sexa superior á súa retribución bruta mensual pasará a cobrar segundo o establecido para o seu novo posto de traballo.

b) En caso de que ao condutor, recadador ou persoal de mantemento lle fose retirado o carné de conducir, ou non lle fose renovado como consecuencia dun accidente de traballo, e sempre que isto se deba a conducir un vehículo da empresa e por orde e conta dela, non impedirá que entre tanto, siga percibindo o salario que por categoría lle corresponda.

O anteriormente disposto non será de aplicación nos casos en que medie embriaguez.

No suposto de que a retirada se deba a imprudencia temeraria, o condutor terá opción a solicitar a excedencia polo período de retirada, salvo que a imprudencia se deba ao cumprimento de ordes de servizo, en cuxo caso terá dereito á recolocación nos termos dos parágrafos anteriores.

Artigo 20º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez derivada de accidente de traballo para todos os traballadores das empresas durante a súa permanencia en activo nela, consistente nunha indemnización 30.050,61 euros. As primas dese seguro corren a cargo da empresa, a cal, deberá dar copia aos representantes legais dos traballadores.

Establécese unha póliza por morte natural ou accidente non laboral de 12.020,24 euros.

A póliza producirá efecto a partir de 30 días, contados desde a sinatura deste convenio.

En caso de que a mutua non acepte a un traballador na póliza do seguro de vida, a empresa só estará obrigada a aboarlle a este traballador o importe da cota media.

Indemnización por falecemento:

A empresa aboará tres mensualidades compostas por salario base, antigüidade e complementos convenio en caso de falecemento de calquera traballador en activo, as cales se entregarán aos familiares ou ás persoas que con el convivan habitualmente.

Á parte destas tres mensualidades a empresa aboaralles a estes familiares o salario, antigüidade e complementos convenio do mes completo no que faleza sen ter en conta o día en que tal feito ocorra. A cantidade que se aboará por loito será de 1.051,77 euros.

Este artigo será obxecto de análises, valoración e, se é o caso, modificación pola comisión paritaria durante a vixencia do convenio, co fin de avaliar a incidencia da externalización da garantía da indemnización por falecemento e loito.

Artigo 21º.-Protección ao embarazo.

As traballadoras xestantes terán dereito a ocupar durante o seu embarazo un posto de traballo e unha quenda distinta á súa se existe prescrición do facultativo que atende o embarazo, sen modificación de categoría, nin mingua nos seus dereitos económicos.

En caso de baixa por IT, durante o embarazo, as traballadoras terán dereito a percibir o 100% de todos os conceptos salariais.

As traballadoras embarazadas terán dereito a permisos retribuídos para preparación ao parto sempre que non haxa cursos en horario fóra das horas de traballo, así como a elixir a data das súas vacacións regulamentarias.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de 12 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou reducir a xornada normal de traballo nunha hora coa mesma finalidade. Por lactación dun fillo menor de 9 meses este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos os dous traballen.

Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

No non establecido no presente artigo remitirémonos á Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se denominarán de verán e Nadal, en contía de salario base e antigüidade. Estas pagas percibiranse nas primeiras quincenas de xullo e decembro respectivamente.

Artigo 23º.-Paga de compensación social.

A empresa aboará unha paga de compensación social a todos os traballadores nas contías seguintes:

Ano 2004: salario base do nivel III para todos os traballadores.

Ano 2005: salario base do nivel II para todos os traballadores, excepto os de nivel III que quedarán co seu salario base.

Ano 2006: salario base do nivel I, para todos os traballadores excepto os de nivel II e nivel III que quedarán cos seus respectivos salarios base.

As pagas serán incrementadas e revisadas na mesma porcentaxe que o salario base.

Artigo 24º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

-De 3 a 6 anos: 5%.

-De 6 a 9 anos: 10%.

-De 9 a 12 anos: 15%.

-De 12 a 15 anos: 20%.

-De 15 a 18 anos: 25%.

-De 18 a 21 anos: 34%.

-De 21 a 24 anos: 48%.

-De 24 ou máis anos: 58%.

Artigo 25º.-Quebranto de moeda.

Todo traballador que efectúe labores de cobro percibirá unha remuneración do 2,50% da taxa que fose cobrada na rúa, durante os anos 2004, 2005 e 2006. A empresa facilitará 42 euros de cambio aos traballadores de guindastre.

Con respecto ao complemento que lles correspondería aos recepcionistas de depósito, este sería o resultado de aplicarlle ao montante total do diñeiro

manexado mensualmente unha porcentaxe de 0,70%.

Estas cantidades serán percibidas en ambos os casos durante os meses de traballo efectivo.

Artigo 26º.-Subrogación.

Co fin de garantir a estabilidade no emprego dos traballadores da actividade, cando unha empresa perda a adxudicación dos servizos contratados dun centro de traballo por resolución de contrato de arrendamento de servizos, ou fin da concesión ou autorización administrativa, a empresa adxudicataria está, en todo caso, obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos a este contrato de arrendamento de servizos, concesión ou autorización administrativa, calquera que sexa a modalidade de contratación destes, sempre que teña unha antigüidade mínima no servizo, obxecto da subrogación, de sete meses anteriores á data en que a subrogación se produza, incluíndose neste período de permanencia as ausencias que por vacacións, IT, permisos retribuídos, excedencias, etc., puidese ter o traballador no servizo subrogado.

A empresa cesante no servizo deberá notificarlle ao persoal afectado, a través dos seus representantes, a resolución do contrato de arrendamento de servizos, tan pronto como teña coñecemento del.

A empresa adxudicataria deberá respectarlle ao traballador todos os dereitos laborais que tivese recoñecidos na súa anterior empresa, mesmo a antigüidade para todos os efectos. Así mesmo, o traballador percibirá con cargo á súa anterior empresa a liquidación dos haberes, partes proporcionais de gratificacións e vacacións que lle puidesen corresponder.

Para os efectos anteriores, a empresa cesante deberá pór á disposición da empresa adxudicataria, nun prazo mínimo de 72 horas antes de que esta comece a prestación do servizo, ou 72 horas desde que tivese coñecemento directo da subrogación, a seguinte documentación:

-Certificación, na que deberá constar o nome do traballador, data de nacemento, nome dos pais, estado civil, número de beneficiarios de prestacións á familia, importe da totalidade das percepcións de calquera índole que veña cobrando o traballador polo seu traballo, desagregado por conceptos, categoría e antigüidade na empresa.

-Certificación da Tesouraría Territorial da Seguridade Social de estar ao día no pagamento, así como unha declaración xurada da empresa cesante de igual situación.

-Fotocopia do TC1 e TC2 de cotización á Seguridade Social dos tres últimos meses.

-Contratos de traballo subscritos polos traballadores afectados, no caso de que se concertasen por escrito.

-Relación de traballadores en situación de baixa temporal.

-Calquera outro documento que se requira para estes efectos como necesario.

Artigo 27º.-Normativa e réxime disciplinario.

1. Principios xerais.

As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organizativa da empresa, así como para a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores/as e empresarios/as, incluídos no presente convenio colectivo.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores velarán polo máximo respecto á dignidade debida ao traballador/a, de calquera tipo, que será sancionado/a conforme o previsto no capítulo réxime disciplinario, en función da gravidade do feito.

Á sinatura deste convenio, todos os traballadores/as que estivesen propostos/as, expedientados/as ou sancionados/as automaticamente eses expedientes e sancións quedarán derrogados.

2. Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia e intención en leve, grave ou moi grave.

3. Faltas leves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes, de ata 15 minutos por falta.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa debida da inasistencia ao traballo por causa xustificada, salvo acreditarse a imposibilidade da notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que isto non causase risco á integridade das persoas ou das cousas; neste caso poderá ser cualificado, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou fose responsable e que produzan deterioracións leves a este.

g) Discutir violentamente cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

h) A falta de aseo ou limpeza persoal.

i) O uso de roupa de vestir distinta á que compón o uniforme segundo convenio, ou non levar o uniforme regulamentario na súa totalidade estando de servizo.

j) Efectuar un cambio de quenda, ruta de vixilancia, día de traballo ou día de descanso, sen previa comunicación á empresa.

k) Non atender as chamadas que se produzan pola emisora.

l) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

m) Denunciar os vehículos con criterios propios desmarcándose das directrices sinaladas pola dirección e polas propias ordenanzas municipais.

4. Faltas graves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións nun mes, de ata 15 minutos por falta.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo de dous a catro días durante o período dun mes. En caso de substitución dun compañeiro abondará dunha a dúas faltas.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente.

e) A desobediencia das ordes e instrucións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo.

f) A falta de comunicación á empresa dos danos ou anormalidades observados nos utensilios, ferramentas e vehículos, cando disto derivase un prexuízo grave á empresa.

g) A realización de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de utensilios da empresa para usos alleos aos do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

h) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produzan grave prexuízo para a empresa.

i) A embriaguez no traballo.

j) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afectar o proceso produtivo ou a prestación do servizo e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia da empresa.

k) As ofensas de palabras proferidas ou de obras cometidas contra as persoas, dentro da xornada laboral, cando revistan acusada gravidade.

l) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexa de distinta natureza e sempre que mediase sanción distinta da amoestación verbal dentro dun trimestre.

ll) Entregarse a xogos, calquera que sexa, dentro da xornada de traballo, se perturbasen o servizo.

m) Non reflectir os traballadores na ficha de cada quenda de traballo incidencias no horario correspondente, tales como atraso, abandono do servizo e saída antes da hora.

n) Deixar o servizo sen que chegase o substituto, e non cubrir na ficha a hora de saída, en todo caso.

ñ) Negarse a efectuar a retirada dun vehículo da vía pública, cando sexa ordenado polos axentes da policía local ou outras autoridades con competencia na materia, sen que exista motivo xustificado para isto.

5. Faltas moi graves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses, ou en vinte durante un ano, debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa ou de compañeiros.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

g) O abuso de autoridade exercido por quen desempeñe funcións de mando.

h) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

i) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que, con anterioridade ao momento da comisión do feito, o traballador fose sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, aínda de distinta natureza, durante o período de seis meses.

j) As derivadas do punto 3 na súa alínea d) e no punto 4 na súa alínea l) do presente texto.

k) Non acudir á prestación dun servizo reclamado pola policía local ou autoridade competente dentro do horario de traballo.

l) Elaboración dun aviso de denuncia dun vehículo inexistente na zona de vixilancia, salvo erro informático.

6. Sancións.

As sancións máximas que poderá impor a comisión de faltas enumeradas no artigo anterior, son as seguintes:

a) Por falta leve:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

b) Por falta grave:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de 1 a 15 días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 16 a 45 días.

-Traslado de centro de traballo de localidade durante un período de ata un ano.

-Despedimento disciplinario.

-Postergación para ascenso ata tres anos.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puidesen facerse constar nos expedientes persoais quedarán canceladas ao se cumprir os prazos de:

-Por faltas leves, aos dez días.

-Por faltas graves, aos vinte días.

-Por faltas moi graves, aos corenta días.

Todas elas a partir da data en que tivo coñecemento da súa comisión e, como máximo, aos tres meses do seu coñecemento.

7. Comunicación.

Toda imposición de sanción será comunicada ao/aos representante/s dos traballadores na empresa ou ao delegado/a de persoal ou sindical, se é o caso.

Todos os traballadores teñen dereito a recorrer as propostas de sanción, estas serán sempre por escrito e entregaránselle á empresa en presenza dos seus representantes sindicais.

Artigo 28º.-Salarios.

1. Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios efectuarase como moi tarde os dous últimos días hábiles de cada mes. Cun aviso previo de dous días antes do final do prazo de pagamento, con notificación ao comité de empresa ou delegados de persoal, amplíase o prazo aos tres primeiros días seguintes á finalización do prazo de pagamento.

O traballador e, coa súa autorización, os seus representantes legais, terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos a conta do traballo xa realizado.

O pagamento de anticipos deberá solicitarse por escrito antes do 15 de cada mes.

2. Horas extraordinarias.

Para o valor da hora extraordinaria aplicarase o establecido no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Ano 2004: para o nivel I: 10,52 euros.

Para o nivel II: 9,32 euros.

Para o nivel III: 8,11 euros.

Para as restantes categorías profesionais non incluídas nos niveis I, II e III o valor da hora extraordinaria será a contía da hora ordinaria da súa categoría incrementada nun 15%.

As horas extraordinarias que se realicen en domingos, festivos e servizo nocturno serán de aplicación independente destas os artigos 7º e 8º do convenio.

Revisión horas extraordinarias:

O valor da hora extraordinaria para o ano 2005 incrementarase co IPC real de 2004 máis o 0,50%; para o ano 2006, incrementarase co IPC real de 2005 máis o 0,50%.

A repartición das horas extraordinarias será equitativa para todo o persoal.

3. Incremento salarial.

Ano 2003: revisión salarial do 3,25%.

Ano 2004: IPC previsto máis o 0,50%.

Ano 2005: IPC previsto máis o 0,50%.

Ano 2006: IPC previsto máis o 0,75%.

As táboas salariais correspondentes aos anos 2003 e 2004 son as do anexo.

4. Revisión salarial.

A revisión salarial para os anos 2004, 2005 e 2006 farase da seguinte maneira:

En caso de que o IPC real constatado o 31 de decembro de cada ano fose superior ao previsto para o dito ano, revisaranse á alza, os salarios na diferenza entre o IPC previsto e o IPC real. Esta diferenza aboarase na paga de compensación de marzo.

5. Complemento de convenio.

Os complementos de incentivo e actividade unifícanse nun só que pasa a denominarse complemento de convenio.

Para o grupo III incrementarase este complemento en 10 euros mensuais para cada un dos anos 2004, 2005 e 2006. O incremento realizarase sobre as táboas antes de que estas sexan incrementadas ou revisadas.

Artigo 29º.-Capacidade diminuída.

Cando un traballador se encontre en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, derivada de calquera continxencia debidamente declarada polo órgano competente para iso, este terá preferencia sobre calquera outro traballador a cubrir un posto de traballo compatible coa súa situación, en canto exista un posto vacante para tal efecto en calquera centro de traballo da empresa na mesma provincia, ao cal esta queda obrigada.

A relación contractual dos traballadores/as afectados por este artigo con respecto á súa natureza será a mesma que cando pasaron á situación de incapacidade permanente total.

Xúntanse táboas salariais.

* Nivel I.

Inclúe as seguintes categorías:

-Oficial 1ª administrativo.

-Axudante técnico de mantemento e/ou recadador.

-Mecánico de primeira.

-Condutor mecánico.

-Condutor de primeira.

* Nivel II.

Inclúe as seguintes categorías:

-Oficial 2ª administrativo.

-Condutor de segunda.

* Nivel III.

Inclúe as seguintes categorías:

-Auxiliar administrativo.

-Auxiliar de mantemento.

-Peón de servizos múltiples.

-Axudante de guindastre.

-Vixilante de depósito.

-Recepcionista de depósito.

-Vixilante ORA.

Categorías profesionais.-Clasificación e funcións.

A clasificación do persoal que a seguir se consigna é simplemente enunciativa e en ningún caso supón a obriga de que existan postos de traballo de todos os grupos profesionais nin en todas as categorías relacionadas, o que estará en función das necesidades da empresa.

A implantación deste sistema permite agrupar unitariamente as aptitudes profesionais e contido xeral da prestación, así como as diversas categorías, postos, funcións e especialidades profesionais no correspondente grupo profesional.

A adscrición aos grupos poderá estar ou non en función da titulación que teña o traballador/a, sendo determinada polo contido da prestación de traballo.

O persoal que preste os seus servizos nas empresas afectadas polo presente convenio clasifícase en atención á función que efectúe independentemente do sexo, sendo asumibles todas as categorías por ambos os dous sexos.

Clasificación xeral:

I. Persoal superior e técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal de talleres e mantemento.

IV. Persoal de retirada e depósito de vehículos.

V. Persoal de vixilancia.

Grupo I: subdelegado ou xefe de servizo.

Grupo II: xefe de negociado, oficial de primeira, oficial de segunda, auxiliar.

Grupo III: técnico-encargado de mantemento, técnico de mantemento, axudante técnico de mante

mento e/ou recadador, auxiliar de mantemento, peón de servizos múltiples.

Grupo IV: mecánico de primeira, condutor mecánico, condutor de primeira, condutor de segunda, axudante de guindastre, vixilante de depósito, recepcionista de depósito.

Grupo V: encargado de vixilantes, vixilante ORA.

Grupo I.-Persoal superior e técnico.

Subdelegado ou xefe de servizo: é o traballador/a que seguindo instrucións da dirección organiza e xestiona baixo a súa responsabilidade o funcionamento dos distintos departamentos ou servizos do centro ou centros de traballo da empresa, podendo ter ao seu cargo a todo o persoal por debaixo da súa categoría profesional, ao cal poderá dar as oportunas ordes relacionadas co posto de traballo de cada categoría. Cubrirá, así mesmo, os partes de traballo e informes que lle encargue a dirección da empresa, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Grupo II.-Persoal administrativo.

Xefe de negociado: é o traballador/a que, seguindo as instrucións da dirección da empresa, podendo estar á fronte dun grupo de empregados administrativos, dirixe o labor administrativo realizando coa máxima eficacia o control e despacho de correspondencia, relacións administrativas con organismos oficiais, institucións, empresas e asesorías externas da empresa, contabilidade da empresa, confección de nóminas e seguros sociais, IRPF, contratos de traballo, altas e baixas na Seguridade Social, etc., cubrindo os partes de traballo e informes que lle solicite a dirección da empresa e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función, respondendo da correcta execución dos traballos do persoal que ten subordinado.

Oficial de primeira: é o traballador/a que, dotado de iniciativa e responsabilidade, baixo a supervisión do seu inmediato superior, debe realizar coa máxima eficacia no ámbito administrativo os traballos seguintes: control e despacho de correspondencia, relacións administrativas con organismos oficiais, institucións, empresas e asesorías externas da empresa, contabilidade da empresa, confección de nóminas e seguros sociais, organización administrativa en xeral, atención das comunicacións a través da emisora ou do radio teléfono en caso de ausencia ou inexistencia de categoría inferior, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Deberá posuír coñecementos de informática de xestión no nivel de usuario, retencións de impostos, IRPF, etc.

Oficial de segunda: pertencen a esta categoría aqueles traballadores/as que, dependendo directamente do xefe inmediato superior, realicen traballos que non requiran propia iniciativa, tales como: clasificación de correspondencia, arquivos, facturación, estatísticas, xestións interiores e/ou exteriores á empresa en relación co seu posto de traballo e outras

de análoga importancia, así como a atención das comunicacións a través da emisora ou do radio teléfono en caso de ausencia de categoría inferior, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Deberá ter coñecementos de informática a nivel usuario.

Auxiliar administrativo: este posto de traballo será desempeñado por todo traballador/a que con coñecementos de xestión administrativa de carácter básico colabora cos seus superiores inmediatos e demais compañeiros de oficina na execución dos traballos administrativos de carácter sinxelo, tales como cubrir formularios, tramitar expedientes, manexar ficheiros, confección de vales, notas de pedido e outras funcións e xestións semellantes que se lle encomenden, incluíndo a atención ás comunicacións a través de emisora ou radio teléfono, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Deberá ter coñecementos de informática a nivel usuario.

Grupo III.-Persoal de talleres e mantemento.

Técnico-encargado de mantemento: é o traballador/a que seguindo as instrucións da dirección da empresa, do subdelegado ou xefe de servizo, se é o caso, se responsabiliza da organización, xestión e funcionamento, en xeral, da recadación, así como a programación, mantemento de máquinas recadadoras, conservación, reparación, sinalización e mantemento das zonas ORA e demais centros de traballo. Esta categoría poderá ter ás súas ordes un equipo de axudantes técnicos e/ou recadadores e auxiliares de mantemento. Así mesmo, cubrirá os partes de traballo e informes que lle solicite a dirección da empresa supervisando, en todo caso, que todos os utensilios e materiais propios para a función do seu posto de traballo e para a empresa en xeral, se encontren en perfecto estado para o logro dos obxectivos da empresa, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Técnico de mantemento: é o traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, coa supervisión do técnico-encargado de mantemento ou xefe inmediato superior, se encarga da recadación, programación, mantemento de máquinas recadadoras, conservación, reparación, sinalización e mantemento das zonas ORA e demais centros de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Axudante técnico de mantemento e/ou recadador: é aquel traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, se encargará da reparación, recadación e mantemento técnico das máquinas da ORA e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Auxiliar de mantemento: é o traballador/a que, coa supervisión directa do técnico-encargado de mantemento ou xefe inmediato superior, realiza as tarefas propias de mantemento e limpeza de maquinaria que lle encargue o citado técnico en relación

coas funcións encomendadas a este, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Peón de servizos múltiples: é o traballador/a que desempeña entre outros os seguintes cometidos: pintura, sinalización, albanelaría, carpintería, limpeza de máquinas da ORA e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función baixo a supervisión directa do técnico-encargado de mantemento.

Grupo IV.-Persoal de retirada e depósito de vehículos.

Mecánico de primeira: é o traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, se encarga e responsabiliza dos traballos de mecánica e mantemento dos vehículos da empresa e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Condutor-mecánico: é o traballador/a que, dotado de responsabilidade, actuando coa supervisión dun subdelegado ou xefe de servizo, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública co vehículo guindastre que lle sexa asignado, conducindo vehículos de máis de 3.500 kg ou inferiores cos permisos que marque a lei vial, así como diversas actividades dos distintos servizos que desenvolva a empresa que necesitasen para esta actividade do servizo destes vehículos. Correspóndelle realizar todas as manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de todos os partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondesen. Terá, así mesmo, ao seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Independente das funcións anteriormente sinaladas alternará, en caso necesario, como mecánico de mantemento dos vehículos da empresa.

Condutor de primeira: é o traballador/a que, dotado de responsabilidade, actuando coa supervisión do delegado, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública co vehículo guindastre que lle sexa asignado, conducindo vehículos de máis de 3.500 kg ou inferiores cos permisos que marque a lei vial, así como diversas actividades dos distintos servizos que desenvolva a empresa que necesitasen para esta actividade do servizo destes vehículos. Correspóndelle realizar todas as manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de todos os partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondesen. Terá, así mesmo, ao seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Condutor de segunda: é o traballador/a que, dotado de responsabilidade, coa supervisión do delegado, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública co vehículo guindastre que lle sexa asignado, conducindo vehículos de ata

3.500 kg cos permisos que marque a lei vial, así como diversas actividades dos distintos servizos que desenvolva a empresa que necesitasen para esta actividade do servizo destes vehículos. Correspóndelle realizar todas as manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de todos os partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondese. Terá, así mesmo, ao seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Axudante de guindastre: é o traballador/a que, seguindo as instrucións do delegado ten por misión, entre outras, axudar os condutores na aparellaxe do guindastre, enganche, e coidado do vehículo segundo as necesidades do servizo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Vixilante de depósito: é o traballador/a que, dotado de responsabilidade, coa supervisión do delegado, executa, entre outras, as funcións propias de vixilancia e control das entradas e saídas de vehículos, custodiándoos mentres se encontran depositados, e informando das anomalías observadas. En todo caso, encargarase de situar os vehículos retirados no depósito, procurando o aproveitamento máximo do espazo e colaborando, se fose requirido para iso, na descarga dos vehículos e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Recepcionista de depósito: é o traballador/a que, baixo a supervisión directa do subdelegado e/ou xefe de servizo, se encarga da recepción e saída de vehículos do depósito, así como do cobramento das taxas correspondentes, control de caixa do depósito, o teléfono, atención ao público, organizando os guindastres e demais vehículos da empresa a través da emisora ou radio teléfono, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Grupo V.-Persoal de vixilancia.

Encargado de vixilantes: é o traballador/a que seguindo as instrucións da dirección da empresa, do subdelegado ou xefe de servizo, se responsabiliza da organización e funcionamento dos vixilantes do servizo de ORA, aos cales poderá dar as oportunas ordes relacionadas co seu posto de traballo.

Así mesmo, efectuará cando sexa requirido para iso informes e/ou estatísticas sobre os vixilantes do servizo de ORA, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Vixilante ORA: é o traballador/a que, dotado de iniciativa e responsabilidade, coa supervisión do encargado de vixilantes ou xefe inmediato superior, executa as funcións propias nas zonas de aparcamento da ORA, tales como controlar os tickets nos vehículos, as tarxetas de residentes, a comprobación do bo funcionamento das máquinas expendedoras da zona que teña asignada, a expedición de avisos

de denuncia por falta de ticket, por exceso de tempo de aparcamento, por carecer de tarxeta de residente ou calquera outra, así como o manexo de aparellos

de radio teléfono e ordenador portátil, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

ANEXO

Táboas salariais ano 2003 revisadas ao 3,25% e P. compensación de 600,01 A

CategoríasSalario brutoSalario baseP. convenioP. transpor.Pagas extrasP. compens.Total anual

Subdelegado1.469,351.111,83264,0493,481.111,83601,0120.456,87

Encargado vixil.

Tco.-encarg. mto.

1.289,91964,56231,8793,48964,56601,0118.009,05

Xefe negociado1.294,99830,89370,6293,48830,89601,0117.802,67

Tco. mantement.1.177,68842,55241,6593,48842,55601,0116.418,27

Nivel I1.135,22830,89210,8593,48830,89601,0115.885,43

Nivel II: condutor 2ª995,68691,35210,8593,48691,35601,0113.931,87

Nivel II: administrativo 2ª977,58691,35192,7593,48691,35601,0113.714,67

Nivel III846,32633,17119,6793,48633,17601,0112.023,19

Táboas salariais ano 2004 incrementadas ao IPC previsto + 0,50 e P. compensación de 649 A

CategoríasSalario brutoSalario baseP. convenioP. transpor.Pagas extrasP. compens.Total anual

Subdelegado1.506,091.139,63270,6495,821.139,63649,0021.001,34

Encargado vixil.

Tco.-encarg. mto.

1.322,16988,67237,6795,82988,67649,0018.492,26

Xefe negociado1.327,37851,66379,8995,82851,66649,0018.280,76

Tco. mantement.1.207,12863,61247,6995,82863,61649,0016.861,66

Nivel I1.163,60851,66216,1295,82851,66649,0016.315,52

Nivel II: condutor 2ª1.020,57708,63216,1295,82708,63649,0014.313,10

Nivel II: administrativo 2ª1.002,02708,63197,5795,82708,63649,0014.090,50

Nivel III877,73649,00132,9195,82649,00649,0012.479,76