DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 27 de xullo de 2004 Páx. 10.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 2004 pola que se conceden axudas a conservatorios de música non dependentes desta consellería.

Por Orde do 18 de decembro de 2003 (DOG do 31 de decembro) publicouse a convocatoria para a

concesión de subvencións a escolas de música públicas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, aos conservatorios de música que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2004, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Conservatorios

Contía da axuda

concedida

Arzúa10.408,47 A

Barco de Valdeorras, O17.818,41 A

Betanzos12.741,28 A

Cangas21.117,18 A

Carballiño, O14.467,32 A

Carballo25.978,01 A

Celanova17.964,10 A

Culleredo24.219,79 A

Estrada, A17.829,96 A

Gondomar13.747,92 A

Guarda, A11.485,49 A

Lalín24.364,48 A

Melide24.689,62 A

Conservatorios

Contía da axuda

concedida

Monforte de Lemos20.339,01 A

Noia16.534,84 A

Ponteareas26.334,42 A

Pontes de García Rodríguez, As22.967,03 A

Redondela19.671,72 A

Ribeira23.547,89 A

Rivadavia7.975,31 A

Tui13.896,59 A

Verín11.784,46 A

Vilalba28.130,24 A

Viveiro41.528,09 A

Xinzo de Limia16.168,37 A

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL