DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 27 de xullo de 2004 Páx. 10.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 2004 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

Por Orde do 18 de decembro de 2003 (DOG do 31 de decembro) publicouse a convocatoria para a

concesión de subvencións a escolas de música públicas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2004, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Escola de música

Contía da subvención

concedida

Agolada4.914,58 A

Allariz6.309,18 A

Arzúa4.446,15 A

Baiona5.114,44 A

Baña, A3.512 A

Barbadás9.330,80 A

Burela6.382,16 A

Caldas de Reis6.680,80 A

Cambados7.965,07 A

Cangas10.093,78 A

Escola de música

Contía da subvención

concedida

Capela, A 1.789,22 A

Carballiño, O6.113,08 A

Carnota4.787,37 A

Catoira9.343,52 A

Cee10.764,95 A

Coruña, A29.645,27 A

Chantada9.693,63 A

Estrada, A6.369,76 A

Foz6.843,03 A

Guitiriz4.889,20 A

Maceda3.802,73 A

Marín8.125,51 A

Mondoñedo7.194,39 A

Monforte de Lemos12.209,27 A

Neves, As4.008,80 A

Oleiros10.326,56 A

Ordes5.906,96 A

Ortigueira5.551,99 A

Ourense12.381,55 A

Paradela4.181,83 A

Pastoriza, A4.818,88 A

Pobra de Trives, A3.274,56 A

Porriño, O6.748,14 A

Porto do Son6.388,84 A

Quiroga4.624,11 A

Redondela7.676,15 A

Ribadeo10.213,72 A

Ribas de Sil3.902,95 A

Rivadavia4.411,73 A

Santiago de Compostela6.923,31 A

Sanxenxo7.051,65 A

Sarria5.933,95 A

Silleda7.732,83 A

Tui9.109,64 A

Valga7.309,67 A

Vigo15.345,82 A

Vila de Cruces9.431,29 A

Vilagarcía de Arousa14.707,18 A

ANEXO II

Escolas de músicaCausas da denegación

RoisNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)

SadaNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)

SoberA solicitude foi presentada fóra de prazo

Valadouro, ONon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)