DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 27 de xullo de 2004 Páx. 10.643

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 2004 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 18 de decembro de 2003 (DOG do 31 de decembro) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no a anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2004, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado

a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Solicitante

Concello

Contía da

subvención

concedida

Real Sociedad Económica de Amigos del PaísSantiago de Compostela4.000 A

Banda de Música de VisantoñaSantiso1.791,67 A

Sociedade Recreativa de San Xoán de CaloTeo2.521,31 A

Centro Recreativo Cultural de Torroso

Escola de Música de Mos

Mos2.991,29 A

Escola de Música e Danza (Asociación)Chantada2.121,30 A

Asociación Unión Cultural Campo Lameiro

Banda Escola de Campo Lameiro

Campo Lameiro1.790,11 A

Asociación Musical Presto VivaceA Coruña4.000 A

Escola de Música Popular de RubiósAs Neves1.214,57 A

Banda de Música Unión de GulánsPonteareas1.496,76 A

Banda Escola de Música Xuvenil de XinzoPonteareas1.770,22 A

Agrupación Musical do RosalO Rosal3.999,99 A

Escola de Música de Vilanova dos InfantesCelanova854.43 A

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida MatamáVigo3.785,73 A

Banda Escola de Música de BeadeVigo4.000 A

Asociación Cultural CoppeliaVigo2.929,92 A

Agrupación Cultural Breogán. Escola de Música BreogánO Grove1.688,08 A

Unión Musical de CoruxoVigo1.221,62 A

ANEXO II

Solicitante

Concello

Causa da

denegación

Asociación Cultural de Ensino da Arte da MúsicaVedraA solicitude foi presentada fóra de prazo