Examinado o expediente presentado polo Centro Privado Milenium de Pontevedra, no que solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes, a supresión do ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas e a modificación do número de postos escolares do ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos, pasando de 30 a 20 postos escolares.
O devandito centro conta con autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade) e o de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade) segundo a Orde do 15 de novembro de 2001 (DOG do 21 de decembro).
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral (BOE do 10 de decembro); o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre
autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa
DISPÓN:
Primeiro.-Autorizar o centro privado Milenium de Pontevedra para impartir o ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes e a modificación do número de postos escolares do ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos, pasando de 30 a 20 postos escolares.
Segundo.-Suprimir o ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.
Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2004.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Localidade: Pontevedra.
Concello: Pontevedra.
Enderezo: r/ Michelena, nº 1, piso 2º.
Código do centro: 36024264
Denominación: Centro Privado Milenium
Titular: Milenium Formación Profesional, S.L.
Composición resultante:
Familia profesional: hostelaría e turismo.
1 ciclo formativo de grao superior de axencias de viaxes (1 unidade para 20 postos escolares).
Familia profesional: informática.
1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).