DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 23 de xullo de 2004 Páx. 10.507

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 20 de xullo de 2004 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas para a mellora e adaptación dos procesos produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2003.

Pola Orde do 23 de decembro de 2003 convócanse para o ano 2004 as axudas para a mellora e adaptación dos procesos produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade (DOG nº 253, do 31 de decembro). As bases reguladoras destas axudas establécense na orde desta consellería, do 21 de xuño de 2002 (DOG nº 125, do 1 de xullo).

No artigo 8 detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para o financiamento das devanditas axudas. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas polos produtores de sementes e plantas de viveiro da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran co establecido nas ordes desta consellería citadas anteriormente.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988 e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase a dotación orzamentaria que se recolle na orde desta consellería, do 23 de decembro de 2003 (DOG nº 253, do 31 de decembro), pola que se convocan para o ano 2004 as axudas para a mellora e adaptación dos procesos produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade, tal e como se detalla a continuación:

A aplicación orzamentaria 09.03.614-A.776.0 (código de proxecto 2002.09807) increméntase en douscentos trece mil oitocentos noventa euros con setenta e dous céntimos de euro (213.890,72 A).

Segundo.-Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir na mesma aplicación. En todo caso, a concesión da axuda para a mellora e adaptación dos procesos produtivos en sementes e plantas de viveiro de calidade, estará con

dicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 23 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2004.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA