DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 23 de xullo de 2004 Páx. 10.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 30 de xuño de 2004 pola que se declara a aleabilidade de seis predios da Comunidade Autónoma de Galicia pertencentes ao fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Lourenzá. (Números 298, 784, 2.484-1, 2.963, 3.007 e 3.008).

O artigo 31.3º, da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exercer as funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

Con data do 19 de decembro de 2002, o Concello de Lourenzá solicitou a cesión gratuíta en propiedade dos predios nº 298 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte (Lourenzá-Lugo) e 784, 2484-1, 2.963, 3.007 e 3.008 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude das actas complementarias de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte e sur con datas do 22-5-2001 e do 21-2-2003 respectivamente, pola que pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre as que se encontran os predios nº 298, 784, 2.484-1, 2.963, 3.007 e 3.008.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade dos citados bens inmobles, procede declarar a súa aleabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a aleabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 298 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá norte, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Guildán, que ten unha superficie de 4.815 m, que estrema: norte, estrada; sur, río; leste, río Masma; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 696, libro 82, folio 111, predio nº 9.339.

-Predio nº 784 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Santar, que ten unha superficie de 3.075 m, que estrema: norte, Concello de Lourenzá (785) e camiño; sur, Josefa Asunción Centeno Oural (782); leste, Concello de Lourenzá (785) e Áurea Gayoso Marful (786); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro 100, folio 115, predio nº 13.343.

-Predio nº 2.484-1 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, regadío e sequeiro no sitio de Pombal, que ten unha superficie de 4.480 m, que extrema: norte, Fernando Seco Carballal (2488), construción e camiño; sur, María Fernández Iglesias (2.484-2), outros propietarios (nºs 2.490, 2.491, 2.492 e 2.493), construción e zona excluída; leste, Fernando Seco Carballal (2.488), Igrexa Católica (2.489), María Bahamonde Granda (2.491), camiño e zona excluída; oeste, Delfina Andía Varea (2.494) rego no medio, camiño rego no medio en parte, María Fernández Iglesias (2.484-2) e construción. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro 100, folio 108, predio nº 13.336.

-Predio nº 2.963 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, regadío e sequeiro no sitio de Prados da Fonte, que ten unha superficie de 2.300 m, que extrema: norte, Manuel Pérez Barreira (2.965) e Antonio Díaz Ferreiro e outro 2.967); sur, construción e camiño; leste, Josefa Rodríguez Bouso (2.964), Manuel Pérez Barreira (2.965) e Antonio Díaz Ferreiro e outro (2.967); oeste, Igrexa Católica (2.966) e camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 743, libro100, folio 8, predio nº 13.236.

-Predio nº 3.007 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Pumarega, que ten unha superficie de 200 m, que extrema: norte, camiño; sur, Igrexa Católica (3.010); leste, camiño; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 742, libro 99, folio 207, predio nº 13.210.

-Predio nº 3.008 da zona de concentración parcelaria de Lourenzá sur, municipio de Lourenzá, sequeiro no sitio de Pumarega, que ten unha superficie de 2.440 m, que extrema: norte, camiño; sur, camiño; leste, Igrexa Católica (3.009); oeste, cami

ño, Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 742, libro 99, folio 208, predio nº 13.211.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2004.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural