DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 23 de xullo de 2004 Páx. 10.506

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 2004 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Miraflores do Pereiro de Aguiar (Ourense), para impartir educación infantil.

Examinado o expediente presentado pola titularidade do centro privado Miraflores do Pereiro de Aguiar (Ourense), no que solicita autorización definitiva para impartir 6 unidades de educación infantil.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos exixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ao solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado Miraflores do Pereiro de Aguiar (Ourense), para impartir educación infantil, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas de educación infantil que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no devandito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Localidade: O Pereiro de Aguiar.

Enderezo: Urbanización Monte Alegre.

Denominación: centro privado Miraflores.

Titular: Esclavas de la Santísima Eucaristía.

Código do centro: 32020726.

Ensinanzas que se autorizan: 6 unidades de educación infantil para 25 alumnos/unidade.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL