Con data do 30 de xuño de 2004 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de construción do acondicionamento da estrada LU-704 Vilaoudriz-Taramundi. (Clave LU/01/078.01).
Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.
A competencia para efectuar a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 de Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial e pola necesidade de mellorar as comunicacións do Concello da Pontenova tanto con Asturias como coa estrada N-640.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 16 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de dous mil catro,
DISPOÑO:
Artigo único.-Declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para os efectos de expropiación no proxecto de construción do acondicionamento da estrada LU-704 Vilaoudriz-Taramundi. (Clave LU/01/078.01).
Santiago de Compostela, quince de xullo de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Alberto Núñez Feijoo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda