DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 13 de xullo de 2004 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan trinta cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios para agricultores.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación para realizar tratamentos con produtos fitosanitarios, así como para a obtención do carné de aplicador/manipulador destes produtos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

A finalidade principal destes cursos é conseguir unha formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa explotación sen empregar persoal auxiliar, con produtos fitosanitarios de categorías toxicolóxicas nociva ou tóxica, co obxecto de que poidan obter o carné de aplicador/manipulador destes produtos, de nivel básico, que os capacite para exercer a actividade a nivel autonómico e estatal.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de trinta cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de cursos que se van impartir.

Cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico.

2. Datos do centro organizador.

O organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, en colaboración coas organizacións profesionais agrarias que asumen na súa integridade o custo do curso.

3. Obxectivos dos cursos.

Que os agricultores que produzan alimentos para consumo propio ou para a venda efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas para poder garantir así que se gardan os prazos de seguridade obrigatorios para cada praguicida e se cumpren coas exixencias legais en vigor en canto a límites de residuos.

Que o aplicador utilice o equipo de protección adecuado para evitar os posibles danos á súa saúde e á doutras persoas.

Que o aplicador coñeza os primeiros auxilios que se deben prestar en caso de que se produza unha intoxicación con praguicidas.

Que as técnicas de aplicación dos praguicidas se realicen de forma que se impida a posible contaminación do ambiente.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: agricultores que realicen tratamentos, na súa explotación, con produtos fitosanitarios.

b) Número de prazas: ou número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter, polo menos, 18 anos.

Na selección terán prioridade os agricultores especificados no punto 3, e os preseleccionados polas cooperativas e organizacións profesionais agrarias que colaboren na realización do curso.

5. Realización.

Os lugares e datas de celebración dos trinta cursos son os que figuran como anexo III desta resolución.

Duración e horario:

-Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario de cada curso será de 15.30 horas a 19.30 horas de luns a xoves e de 9.00 a 14.00 horas do venres.

Os coordinadores de cada curso poderán modificar o horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinación técnica do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso será realizada a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: quen desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I, xunto cunha fotocopia do DNI, documento de ingreso das taxas de inscrición por importe de 7,96 A e dúas fotos tamaño carné dentro dun sobre pechado e rotulado co nome, apelidos e o número do DNI do interesado.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural das 9.00 ás 14.00 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias permanecerá aberto ata 20 días naturais antes do inicio do curso.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante e do organismo colaborador, no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Superación do curso.

O alumno debe asistir a todas as sesións e superar a proba que avale os coñecementos adquiridos. Unha vez superada a proba, o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia enviará aos interesados o certificado correspondente e o carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico, que é o único documento válido para poder exercer a actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2004.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Programa do curso de aplicador/manipulador

de produtos fitosanitarios. Nivel básico

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evitar o risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

ANEXO III

Cursos de aplicador/manipulador de produtos

fitosaniarios. Nivel básico

PROVINCIALUGARESDATASCÓDIGO DE CURSO

A CORUÑACABANA-A MATA25-29 OUTUBROOPA.01.04

CERCEDA27 SETEMBRO-1 OUTUBROOPA.02.04

FRADES4-8 OUTUBROOPA.03.04

SANTISO6-10 SETEMBROOPA.04.04

SAN SADURNIÑO13-17 DECEMBROOPA.05.04

SANTIAGO DE COMPOSTELA15-19 NOVEMBROOPA.06.04

LUGOANTAS DE ULLA15-19 NOVEMBROOPA.07.04

CARBALLEDO27 SETEMBRO-1 OUTUBROOPA.08.04

CASTROVERDE20-24 SETEMBROOPA.09.04

GUITIRIZ22-26 NOVEMBROOPA.10.04

O CORGO8-12 NOVEMBROOPA.11.04

LUGO18-22 OUTUBROOPA.12.04

PONTENOVA-VILABOA13-17 DECEMBROOPA.13.04

PEDRAFITA CEBREIRO22-26 NOVEMBROOPA.14.04

VILALBA18-22 OUTUBROOPA.15.04

OURENSEBEADE18-22 OUTUBROOPA.16.04

CENLLE4-8 OUTUBROOPA.17.04

RIBADAVIA16-20 AGOSTOOPA.18.04

RUBIÁ25-29 OUTUBROOPA.19.04

VERÍN8-12 NOVEMBROOPA.20.04

PONTEVEDRAAGOLADA18-22 OUTUBROOPA.21.04

CALDAS DE REIS15-19 NOVEMBROOPA.22.04

CAMBADOS-VILARIÑO8-12 NOVEMBROOPA.23.04

A ESTRADA18-22 OUTUBROOPA.24.04

A ESTRADA22-26 NOVEMBROOPA.25.04

LALÍN25-29 OUTUBROOPA.26.04

LALÍN-VILATUXE25-29 OUTUBROOPA.27.04

MEIS-MOSTEIRO15-19 NOVEMBROOPA.28.04

O ROSAL15-19 NOVEMBROOPA.29.04

RODEIRO-S. SALVADOR27 SETEMBRO-1 OUTUBROOPA.30.04

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO