DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 13 de xullo de 2004 Páx. 10.029

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2004 pola que se conceden as axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal).

Por Orde do 22 de marzo de 2004 (DOG do 31 de marzo) convocáronse axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal).

Conforme o disposto nas bases da convocatoria desde o 24 de maio ao 4 de xuño expuxéronse as listas das solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese período os interesados formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado ese prazo e estudadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron obxecto de avaliación e selección de acordo co procedemento establecido no artigo 6º da orde de convocatoria.

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), e orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 11 de marzo de 2003 (DOG do 19 de marzo) modificada polas ordes do 5 de febreiro de 2004 (DOG do 13 de febreiro) e do 21 de abril de 2004 (DOG do 27 de abril), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder axudas ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, para a súa contratación por parte dos organismos que en cada caso se indican. Os beneficiarios figuran agrupados por comités que engloban varias áreas ANEP. Para os efectos

da formalización dos contratos, os candidatos seleccionados deberán poñerse en contacto co correspondente organismo e ambas as dúas partes deberán ter en conta o prazo establecido no punto segundo desta resolución.

Segundo.-Os organismos correspondentes deberán certificar antes do 15 de outubro a incorporación dos candidatos seleccionados e o inicio da súa actividade investigadora. Aqueles contratos non formalizados antes do 15 de outubro entenderanse como renuncias dos beneficiarios á axuda concedida, agás casos excepcionais debidamente xustificados.

Terceiro.-No caso de producirse algunha renuncia ás axudas ás que se refire o anexo I desta resolución, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá, se é o caso, e tendo en conta o saldo de crédito dispoñible no correspondente expediente, a adxudicarlle a dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola Comisión de Selección de Investigación e que se inclúe no anexo II desta resolución. A asignación farase do modo seguinte:

a) Calquera renuncia será cuberta polo suplente do mesmo comité con maior puntuación que teña solicitada algunha praza que se encontre vacante.

b) No caso de non poder aplicarse o criterio a), as vacantes serán cubertas por candidatos doutros comités do modo seguinte:

-As tres primeiras vacantes por suplentes do comité 2.

-A cuarta vacante por suplentes do comité 6.

-A quinta vacante por suplentes do comité 4.

-A sexta vacante por suplentes do comité 1.

-A sétima vacante por suplentes do comité 5.

Para os seguintes suplentes repetirase o ciclo.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das obrigas establecidas nas bases da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Quinto.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos anexos I e II desta resolución e que foron admitidas para participar nesta convocatoria, enténdese que quedan denegadas.

Sexto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL