DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 13 de xullo de 2004 Páx. 10.028

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xuño de 2004 pola que se autoriza o cesamento de actividades da escola fogar Virxe dos Remedios do Valadouro (Lugo) e as escolas fogar de Ourense-Mariñamansa e a de Viana do Bolo (Ourense).

Examinados os expedientes e os correspondentes informes das delegacións provinciais de Lugo e Ourense.

Tendo en conta que o artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia e que o artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro, DOG do 19 de xaneiro de 2004, establecen que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de

planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o cesamento de actividades das escolas fogar Virxe dos Remedios do Valadouro (código 27012814), a de Ourense-Mariñamansa (código 32015323) e a de Viana do Bolo (código 32013673), e polo tanto as ditas escolas fogar suprímense como tales.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria