DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 13 de xullo de 2004 Páx. 10.027

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xuño de 2004 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de decembro de 2003, convocáronse axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo noveno da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ao concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ao terceiro prazo por un importe total de 49.325 euros.

Segundo.-De acordo co artigo décimo primeiro as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión aboarase un anticipo de pagamento ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.4º e) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Aceptar a axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta a mesma, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilitar a información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poda efectuar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustificar o correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramitar a seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

1. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.

2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3. Certificación do director do centro no que se faga constar a empresa ou centro de acollida e as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando neste caso se é coordinador ou participante na estadía.

4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ao inicialmente previsto deberase minorar a axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:

5.1. Visitas preparatorias. Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

5.2. Estadías de alumnos. Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos produtivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

5.3. Estadías de profesores. Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presenza no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema produtivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolver a empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais reservándose o dereito de difundir os traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos

documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000 da Comisión do 30 de maio de 2000 (DO L 130/30, do 31 de maio), os centros colaboradores que figuran no anexo I tomarán as medidas oportunas para informar os alumnos e profesores que van realizar as estadías formativas en empresas que as axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

ESTADÍAS EN EMPRESAS F.S.E. 3º PRAZO (CONCEDIDAS)

CENTRO

TIPO ACCIÓN

PROXECTO

N.

PROF.

N.

ALUM.

PAÍS DESTINO

INICIO

FIN

SOLICITADO

CONCEDIDO

ESCOLA DE ARTE ANTONIO FAILDEESTADÍAS DE ALUMNOSFOURNITURE RESTAURATION02ESTADOS UNIDOS10-9-200421-10-20044.1504.150

IES RIBEIRA DO LOUROVISITAS PREPARATORIASCONSECUENCIAS PARA OS MERCADOS INTERNACIONALES DA U.E.10LETONIA16-6-200422-6-20041.0501.050

IES LUIS SEOANEVISITAS PREPARATORIASILUSEPO VI10POLONIA20-9-200424-9-2004950950

IES ILLA DE SARONESTADÍAS DE ALUMNOSPROXECTO BERGEN 200404NORUEGA6-9-20044-10-20046.6006.600

IES MARQUES DE SUANCESVISITAS PREPARATORIASTEMPO10FINLANDIA10-10-200416-10-20041.0501.050

IES A PONTEPEDRIÑAESTADÍAS DE ALUMNOSESTADÍAS EN EMPRESAS DO REINO UNIDO07REINO UNIDO1-9-200430-9-200410.3609.800

IES MANUEL LEIRAS PULPEIROESTADÍAS DE PROFESORESESTANCIAS EN INDUSTRIAS ALIMENTARIAS DE EE.UU.10EE.UU.8-11-20045-12-20041.7501.750

IES MONTE CASTELOVISITAS PREPARATORIASPRÁCTICAS FORMATIVAS NA UE10ITALIA21-9-200424-9-2004900900

IES LUCUS AUGUSTIESTADÍAS DE PROFESORESANÁLISIS QUÍMICOS NO INST.TÉCNICO INDUSTRIAL ITALIANO10ITALIA24-9-20044-10-20041.0711.000

ESCOLA DE ARTES MESTRE MATEOESTADÍAS DE ALUMNOSDANTE012FRANCIA, ITALIA, IRLANDA, PORTUGAL1-11-200410-12-200416.42516.425

ESCOLA DE ARTES MESTRE MATEOESTADÍAS DE ALUMNOSMODA EN BRETAÑA02FRANCIA4-10-200429-10-20042.2002.200

IES MONTE CASTELOVISITAS PREPARATORIASVOCATIONAL TRAINING: PERIODS IN THE E.U. II10ITALIA31-3-20044-4-2004900900

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORVISITAS PREPARATORIASVISITA PREPARATORIA PARA PRÁCTICAS DE ALUMNOS EN ITALIA10ITALIA27-9-20042-10-2004900900

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORESTADÍAS DE ALUMNOSREALIZACIÓN DA FCT EN ITALIA01ITALIA27-9-20046-11-20041.6501.650

ANEXO II

ESTADÍAS EN EMPRESAS F.S.E. 3º PRAZO (DENEGADAS)

CENTRO

TIPO ACCIÓN

PROXECTO

N.

PROF.

N.

ALUM.

PAÍS DESTINO

INICIO

FIN

SOLICITADO

CONCEDIDO

MOTIVO

ARMANDO COTARELO VALLEDORESTADÍAS DE ALUMNOSPRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO03GRAN BRETAÑA1-10-200430-11-20044.9500FÓRA DE

PRAZO