Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e, de acordo co artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (DOG do 19 de xaneiro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da administración ao que lle corresponde estas competencias.
Os estudos de planificación levados a cabo aconsellan o desdobramento do Colexio de Educación Infantil e Primaria do Graxal, atendendo así a pretensión da comunidade educativa deste centro e da propia corporación municipal, constituíndo dous centros independentes.
Vistos a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réximen xeral.
Polo anteriormente exposto, esta consellería
DISPÓN:
Único.-Autorizar o desdobramento do actual Colexio de Educación Infantil e Primaria do Graxal do concello de Cambre constituíndo dous centros independentes, segundo os datos que figuran no anexo.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltanse a Dirección Xeral de Persoal e a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa públicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2004.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Nome do centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria do Graxal.
Código: 15023053.
Localidade: O Temple.
Enderezo: Rúa dos Templarios, 1.
Concello: Cambre.
Provincia: A Coruña.
Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.
Postos de traballo.
EI EP FI FF EM EF PT AL TOTAL
7 10 2 1 1 2 1 1 25
Nome do centro: Colexio de Educación Infantil e Primaria do Graxal II.
Código: 15032426.
Localidade: O Temple.
Enderezo: Rúa Francisco Rodríguez, nº 6.
Concello: Cambre.
Provincia: A Coruña.
Unidades: 3 de educación infantil e 6 de educación primaria.
Postos de traballo.
EI EP FI FF EM EF PT AL TOTAL
3 4 1 1 1 1 1 0 12
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL