DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 06 de xullo de 2004 Páx. 9.661

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

DECRETO 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

O material de base para a produción de material de reprodución forestal é un elo natural, indispensable, nos entramados e nos fluxos que conforman os ecosistemas forestais. Ademais dos procesos de rexeneración natural dos montes arborados, o home interviu desde tempo inmemorial na creación artificial de plantíos, masas e montes arborados mediante sementeiras directas de sementes ou de implantacións, segundo as características vexetativas de cada especie e da súa adaptación ás condicións do terreo e da estación.

Así, na actualidade, o material de reprodución forestal, isto é, sementes, plantas, partes de plantas, e a xenética forestal forman unha unidade instrumental indispensable para a aplicación de calquera política forestal e para contribuír a que a evolución dos sistemas forestais alcancen formas ou esquemas máis acordes coas demandas da sociedade. Para iso, os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución a empregar en silvicultura deben reunir características de calidade exterior e xenéticas que contribúan, mediante a súa adaptación ás condicións estacionais da implantación e a misión que propón o promotor coa súa actuación, que esta alcance os seus propios obxectivos, xa sexan de carácter produtivo (madeireiro, froito, ...) ou doutro ámbito.

Por outra parte, a Comunidade Europea promulgou a Directiva do Consello 66/404/CEE do 14 de xuño de 1966 relativa á comercialización dos materiais forestais de reprodución, que afecta a un determinado número de especies arbóreas forestais de gran interese para o sistema forestal galego, e a Directiva 1999/105/CE do Consello do 22 de decembro de 1999 sobre comercialización de materiais forestais de reprodución, que entrou en vigor o pasado día 1 de xaneiro de 2003 derrogando a normativa precedente. A nova directiva regula practicamente a comercialización de todos os materiais de reprodución empregados na silvicultura galega, xa sexan autóctonos ou alóctonos, tales como Castanea sativa Mill., Pinus pinaster Ait., Pinus radiata D. Don., Pinus sylvestris L., Quercus robur L., Quercus petraea Liebl., Prunus avium L., Fraxinus angustifolia Vahl., Fraxinus excelsior L. ou Prunus avium L.

Pola súa parte, o Ministerio da Presidencia por medio do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora ao ordenamento español a mencionada Directiva 1999/105/CE, así como as peculiaridades da nosa situación forestal que esta

ban previstas no Real decreto 1356/1998, e derroga á vez as ordes do 21 de xaneiro de 1989 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación así como o mencionado Real decreto 1356/1998, que, respectivamente, regulaban por un lado a comercialización dos materiais forestais de reprodución e as normas de calidade exterior dos materiais forestais de reprodución e por outro establecía as normas aplicables á produción, comercialización e utilización dos materiais forestais de reprodución das especies non sometidas á normativa comunitaria naquel momento.

O artigo 2, relativo a definicións, do mencionado Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, recolle expresamente que a autoridade competente para a execución das operacións necesarias para a autorización dos materiais de base e para o control da produción con vistas á comercialización dos materiais forestais de reprodución é o órgano competente da respectiva comunidade autónoma. No dito artigo no seu apartado b), establécense os distintos tipos de unidades de material de base para produción de material forestal de reprodución. O artigo 7 do mesmo real decreto crea o Rexistro Nacional de Materiais de Base das especies reguladas por el e establece os datos que deben figurar no mesmo; loxicamente, na elaboración dese rexistro deben colaborar os órganos competentes das comunidades autónomas.

Nesta situación, corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e seleccionados que se obteñan en Galicia, polo que se estima oportuno para estes efectos regular o procedemento para autorización de materiais de base, crear un Rexistro Administrativo de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, establecendo os datos que debe conter. Dada a relación de especies forestais e híbridos artificiais incluídas nos anexos I e XII do Real decreto 289/2003, non se considera oportuno ampliar estas relacións con outras especies ou híbridos que requiran autorización e rexistro para a súa utilización no mercado interior galego.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Creación do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

1. Créase o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

2. Neste rexistro inscribiranse os materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución das categorías identificado, seleccionado, cualificado e controlado, segundo o disposto no artigo 2 l) do Real decreto 289/2003, das especies forestais e dos seus híbridos artificiais que se relacionan nos anexos II e III cando se produzan en Galicia, e sexan autorizados para o efecto pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, segundo o disposto no artigo 3 deste decreto, e a partir dos que se vaian obter froitos, sementes, partes de planta e plantas que se destinen á silvicultura.

3. A inscrición realizarase de oficio unha vez autorizada a súa produción.

4. O contido do rexistro terá carácter público e o seu contido será difundido adecuadamente co fin de facilitar o seu coñecemento a toda a sociedade en xeral e de modo específico aos axentes do sector forestal.

5. O Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución será xestionado pola Dirección xeral de Montes e Industrias Forestais.

Artigo 2º.-Inscrición das unidades autorizadas.

1. No rexistro inscribiranse e numeraranse correlativamente todas as unidades autorizadas, con numeración única para todos os materiais, con independencia da especie, categoría, tipo e finalidade.

2. A inscrición realizarase en libros con folios empregados en exclusiva para cada unidade de admisión. Cada inscrición constará dun ou máis folios con información alfanumérica e dun ou máis folios, se é o caso, con información cartográfica. Ademais, o rexistro terá un soporte coa información dixitalizada.

3. Cada folio empregado para a inscrición conterá, ademais das lendas Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución e Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, o número de rexistro que corresponde.

4. O folio con información alfanumérica conterá tamén a información que se indica no anexo IV, a data da resolución administrativa na que se admite o material así como a data da resolución administrativa na que se acordou, se é o caso, dar de baixa o mesmo.

5. Cada inscrición incluirá, se é o caso, cantos mapas sexan necesarios para identificar con precisión a situación da unidade autorizada, sendo obrigatorios: i) un mapa provincial co concello ou concellos onde se sitúa; e ii) un mapa do concello

ou concellos coa ubicación da unidade de admisión. No caso de monteiras e de hortos sementeiros, incluirase ademais un mapa topográfico a escala igual ou inferior a 1:10.000.

6. Cando se trate de inscribir material de base que implique cultivo previo, pola necesidade de establecemento dun campo de pés nais, a autorización e polo tanto a inscrición posterior da unidade produtiva deberase axustar ao preceptuado no punto 5 do artigo 3.

Artigo 3º.-Autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución.

1. As persoas físicas ou xurídicas así como, se é o caso, as institucións das administracións públicas que estean interesadas en ter material de base para a produción de material forestal de reprodución para a súa produción con vistas á comercialización, sempre que se destinen á silvicultura, deberán solicitar a autorización do mesmo da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, órgano competente da administración da comunidade autónoma nesta materia. A solicitude de autorización (anexo I) deberá ser acompañada da documentación informativa relativa á unidade a autorizar, da adecuada á finalidade do material así como da demostrativa da categoría que se pretende para o mesmo, segundo o disposto no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo. As solicitudes serán presentadas na Consellería de Medio Ambiente, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

2. A documentación informativa mínima que deberá xuntar á solicitude será a necesaria para cumprimentar os datos que deben incluírse no rexistro que se relacionan no anexo IV. A documentación demostrativa da categoría do material deberá conter en cada caso a información relativa aos requisitos mínimos que figuran nos anexos II, III, IV e V do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, para as categorías identificado, seleccionado, cualificado e controlado, respectivamente.

3. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días, emende as faltas ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixera, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución, segundo o disposto no artigo 71 da Lei de 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999.

4. A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais poderá autorizar de oficio material de base

para a produción de material forestal de reprodución de unidades xestionadas directamente polos seus servizos. En todo caso, o expediente que se elabore a fin de propor esta admisión deberá incluír a documentación requirida con carácter xeral.

5. Cando a obtención do material de base para a produción de material forestal de reprodución para o que se solicita autorización da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, implique cultivo previo, pola necesidade de establecemento dun campo de pés nais para a obtención de froitos, sementes, partes de plantas ou plantas, será requisito previo á autorización do material de base en cuestión, a presentación de acreditación polo solicitante de ter sido inscrita previamente a unidade produtiva como viveiro nos oportunos rexistros de provedores de material vexetal dependentes da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Artigo 4º.-Informe e control previo á autorización.

1. O director xeral de Montes e Industrias Forestais resolverá as solicitudes de autorización do material, se procedese, nun prazo máximo de 15 días, previo informe e a proposta do servizo correspondente. Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente nos termos e prazos dispostos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999. Tras o vencemento do prazo máximo para resolver a solicitude do interesado, sen notificarse resolución expresa, esta entenderase estimada por silencio administrativo, sempre que o interesado tivese aboada a taxa correspondente.

2. A administración poderá realizar os controis de campo adecuados para verificar os datos e a documentación demostrativa achegados polo interesado e este deberá facilitar, se é o caso, as inspeccións que procederan.

Artigo 5º.-Medidas de control das unidades autorizadas.

1. As unidades autorizadas serán sometidas a inspeccións periódicas polos funcionarios facultativos encargados destas tarefas a fin de asegurar que a unidade autorizada segue cumprindo os requisitos mínimos da súa categoría, segundo o disposto no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo.

2. O director xeral de Montes e Industrias Forestais poderá suspender a autorización concedida logo

de informe e a proposta do servizo correspondente cando concorra algunha das seguintes causas de cancelación da inscrición no rexistro:

-A desaparición material da unidade de admisión, por realización do material de base ou por outras situacións.

-A deixación do cumprimento dos requisitos mínimos da súa categoría, segundo disposto no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, pola unidade de admisión.

-A petición do interesado.

A cancelación que se acordará logo da tramitación do oportuno procedemento con audiencia do interesado, conlevará a exclusión do material do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

3. As unidades autorizadas ás que se fai referencia no punto 5 do artigo 3, estarán sometidas ademais aos controis e obrigas que establezan as normas que regulen os oportunos rexistros de provedores de material vexetal dependentes da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Artigo 6º.-Xestión do rexistro.

O rexistro terá carácter dinámico e o seu contido deberá ser revisado e publicado anualmente.

Disposición transitoria

Única.-Deberán incluírse, cando así proceda, no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, o material galego autorizado que figure xa nas relacións nacionais de material forestal de reprodución.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente para dictar as disposicións e adoptar as medidas precisas para o desenvolvemento e aplicación do preceptuado neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o seguinte día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO II

Relación de especies forestais dos que os materiais de reprodución están regulados pola Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre comercialización e utilización dos materiais forestais de reprodución.

Nome botánico das especies

e híbridos artificiais desas especies

Var./esp.Símbolo (abreviatura)

Abies alba Mill.aal

Abies cephalonica Loud.ace

Abies grandis Lindl.agr

Abies pinsapo Boiss.api

Acer platanoides L.apl

Acer pseudoplatanus L.aps

Alnus glutinosa Gaertn.agl

Alnus incana Moench.ain

Betula pendula Roth.bpe

Betula pubescens Ehrh.bpu

Carpinus betulus L.cbe

Castanea sativa Mill.csa

Cedrus atlantica Carr.cat

Cedrus libani A. Richard.cli

Fagus sylvatica L.fsy

Nome botánico das especies

e híbridos artificiais desas especies

Var./esp.Símbolo (abreviatura)

Fraxinus angustifolia Vahl.fan

Fraxinus excelsior L.fex

Larix decidua Mill.lde

Larix x eurolepis Henryleu

Larix kaempferi Carr.lka

Larix sibirica Ledeb.lsi

Picea abies Karst.pab

Picea sitchensis Carr.psi

Pinus brutia Ten.pbr

Pinus canariensis C. Smithpca

Pinus cembra L.pce

Pinus contorta Loud.pco

Pinus halepensis Mill.pha

Pinus leucodermis Antoineple

Pinus nigra Arnold.Var. austríaca

Var. calábrica

Var. corsicana

Var. marítima

Var. clusiana

Var. nigra

pni

Pinus pinaster Ait.ppa

Pinus pinea L.ppe

Pinus radiata D. Don.para

Pinus silvestris L.psy

Nome botánico das especies

e híbridos artificiais desas especies

Var./esp.Símbolo (abreviatura)

Populus spp e híbridos artificiais desas especiesAlba

Canadensis

Nigra

Tremula, etc.

pop

Prunus avium L.pav

Pseudotsuga menziesii Franco.pme

Quercus cerris L.qce

Quercus ilex L.qil

Quercus petraea Liebl.qpe

Quercus pubescens Wild.qpu

Quercus robur L.qro

Quercus rubra L.qru

Quercus suber L.qsu

Robinia pseudoacacia L.rps

Tilia cordata Mill.tco

Tilia platyphyllos Scop.tpl

ANEXO III

Relación de especies forestais importantes para a silvicultura en España de materiais de reprodución están regulados polo Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución.

Nome botánico das especies

e híbridos artificiais desas especies

Var./esp.Símbolo (abreviatura)

Arbutus canariensis Veil.arc

Arbutus unedo L.aru

Híbridos artificiais de Castanea sativa Mill.csa

Ilex aquifolium L.iaq

Juglans spp e híbridos artificiais entre especiesjre

Juniperus communis L.juc

Juniperus oxicedrus L.juo

Juniperus phoenicea L.jup

Juniperus thurifera L.jut

Olea europea Brotole

Phoenix canariensis Wild.pxc

Pinus uncinata Mill.pun

Pistacia atlantica sef.paa

Quercus canariensis Wild.qca

Quercus coccifera L.qco

Quercus faginea Lam.qfa

Quercus pyrenaica Wild.qpy

Sorbus aria Crantzsar

Sorbus aucuparia L.sau

Tamarix gallica L.tag

Taxus baccata L.txb

Tetraclinis articullata Masterstea

Ulmus minor Mill.umi

Ulmus glabra Huds.ugl

ANEXO IV

Datos relativos á unidade autorizada que deberán conter os folios do Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución con información alfanumérica.

1. Un código que sintetice as características do material e da unidade autorizada.

2. O nome latino da especie ou do híbrido, e se é o caso, unha clave representativa e exclusiva do clon.

3. A categoría do material.

4. A rexión de procedencia.

5. A unidade de admisión, con descrición somera da súa xeografía, territorio ou espacio que ocupa.

6. Se é o caso, os límites exteriores do territorio da unidade de admisión.

7. A situación provincial.

8. A situación municipal.

9. As coordenadas xeográficas e as coordenadas e fuso UTM extremas ou, cando proceda pola extensión da unidade de admisión, as coordenadas centrais.

10. A altitude do territorio da unidade de admisión, con indicación se é o caso das cotas mínimas e máximas.

11. O tipo de material de base.

12. A extensión da superficie xeográfica da unidade de admisión e, se é o caso, a superficie das masas forestais da especie, indicando a fonte da que se toma este dato.

13. Se procede, o número de árbores da unidade de admisión ou unha estimación do mesmo.

14. A condición de autóctono ou non autóctono e de indíxena ou non indíxena.

15. A orixe do material, se se coñece.

16. A procedencia do material, se se coñece.

17. A rexión de procedencia.

18. A finalidade do material.

19. O nome do promotor.

20. Certificados de inscrición nos oportunos rexistros de provedores de material vexetal dependentes da Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no caso do material a que se refire o artigo 2 punto 6º.

O código que sintetiza as características do material e da unidade de admisión conterá os seguintes espazos coa información que en cada caso se indica resumida polos símbolos que máis abaixo se reseñan. Un e outro espazo estarán separados entre si por unha barra (/):

A. Identificación do país; en todo caso, España, representada polo símbolo ES.

B. Provincia onde se situa a unidade de admisión, correspondendo a:

Coruña, 15.

Lugo, 27.

Ourense, 32.

Pontevedra, 36.

C. Especie forestal, correspondendo a cada unha os símbolos (abreviaturas) indicados ou ben no anexo II ou ben no anexo III.

D. Categoría do material, segundo a simboloxía indicada no anexo V.

E. Rexión de procedencia da especie; a súa simboloxía será a que lle asigna no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución.

F. Tipo de material de base, segundo a simboloxía indicada no anexo V.

G. A condición de autóctono ou non autóctono e de indíxena ou non indíxena do material, segundo a simboloxía indicada no anexo V.

H. Finalidade, segundo a simboloxía indicada no anexo V.

Cando non exista ou non sexa consecuente unha información, o espazo correspondente cubrirase cun guión (-).

A inscrición poderá complementarse con información relativa á estación forestal, isto é, posición topográfica, climatoloxía, litoloxía, edafoloxía ... cando así se considere de interese.

Tamén poderá engadirse información relativa á nomenclatura da zona xeográfica, paraxe e, se é o caso, do monte e dos elementos dasográficos e dasocráticos, tipo de propiedade, titulares da propiedade, etc.

ANEXO V

Símbolos a empregar no código de síntese que debe figurar no rexistro de cada unidade de material de base para a produción de material forestal de reprodución.

Ademais dos indicados no texto da instrución para España e para cada unha das provincias, nos anexos II e III para a identificación das especies e híbridos artificiais, así como a rexión de procedencia, empregaranse os que se indican na relación seguinte:

EspazoInformación á que fai referenciaAlternativasSímbolo

DCategoría do materialIdentificado1

Seleccionado2

Cualificado3

Controlado4

FTipo de materialFonte sementeira1

Rodal2

Horto sementeiro3

Proxenitor de familia4

Clon5

Mestura de clons6

GOrixe do materialAutóctono/indíxena1

Non autóctono/non indíxena2

Descoñecido3

HFinalidade do materialSilvicultura multifuncional1

Outros obxectivos específicos2