DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 05 de xullo de 2004 Páx. 9.565

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xuño de 2004 pola que se aproba o protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia.

A importancia primordial que ten a profundización na cultura da calidade dentro do sistema universitario, déixase xa patente na exposición de motivos da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Entre os mecanismos deseñados por esta lei para o fomento da excelencia, sinálase como un dos máis importantes, o da procura da mellora da calidade na docencia e na investigación.

Cualifícase tamén o profesorado, na propia exposición de motivos, como a pedra angular da universidade, o que leva a esta lei a adoptar medidas consideradas unanimemente prioritarias para a comunidade universitaria, entre as que cabe destacar un novo deseño da carreira académica no que se procura un maior equilibrio e coherencia mediante a creación de novas figuras contractuais, nas que se introduce un baremo para a contratación, segundo

parámetros de calidade, por parte da Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e as propias universidades.

Nesta dirección, tanto a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, nos seus artigos 50 a 52, como o Decreto autonómico 266/2002, do 6 de setembro, de contratación de profesorado universitario, nos seus artigos 5 ao 7, exixen para a contratación de profesores axudantes doutores, profesores colaboradores e profesores contratados doutores polas universidades públicas, a previa avaliación positiva ou informe favorable da súa actividade docente e investigadora. Así mesmo, o número 2 do artigo 72 da citada lei orgánica establece que polo menos o 25 por 100 do profesorado das universidades privadas debe estar en posesión do título de doutor e, ademais, obtivesen tamén esta avaliación positiva ou informe favorable.

Estas funcións de avaliación e informe das actividades docentes, investigadoras e de xestión, para a contratación de profesorado universitario, previstas pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, son,

a través do artigo 31 da LOU, atribuídas á Axencia Nacional de Avaliación da Calidade ou ao órgano de avaliación que a Lei das comunidades autónomas determine. A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia asume estas competencias, dentro do ámbito da súa Comunidade Autónoma, a través da disposición adicional vixésimo sétima da Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo.

Definido este marco de actuación, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica as disposicións legais necesarias para poñer en marcha o programa de avaliación e informe para a contratación de profesorado universitario polas universidades do SUG, así pois:

A través da Orde do 1 de abril de 2003 establécense os criterios xerais de avaliación que deberá ter en conta a ACSUG para a emisión das avaliacións ou informes.

E a través do Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da xa citada Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, por un lado, regúlase o procedemento para a obtención dos informes e avaliacións (título II), e por outro, créase a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) (título III) que será, como o seu propio nome indica, o órgano encargado da emisión dos correspondentes informes e avaliacións exixidos, para o que contará co asesoramento de comités de expertos, que serán os que realicen as avaliacións dentro dos campos científicos nos que aquela se estrutura.

Así mesmo, establécese na disposición derradeira primeira deste decreto que os protocolos para avaliar ou informar as actividades docentes, investigadoras e de xestión dos profesores se regularán por orde.

Coa presente orde complétase o sistema para avaliar ou informar das actividades docentes, investigadoras e de xestión, para a contratación do profesorado polas universidades de Galicia, coa aprobación, por un lado, do protocolo para avaliar ou informar das actividades docentes, investigadoras e de xestión, para a contratación do profesorado polas universidades de Galicia, e por outro, dos baremos de puntuación que se deben ter en conta para a emisión dos respectivos informes e avaliacións, en función das distintas figuras contractuais existentes. Concrétanse así os criterios xerais de informe e avaliación aprobados na Orde do 1 de abril de 2003, ofrecendo deste xeito, aos administrados da nosa Comunidade Autónoma, un sistema de avaliación obxectivo, transparente e equilibrado, baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade e no que se evite na súa interpretación, todas as dúbidas e ambigüidades posibles.

En consecuencia co anteriormente sinalado, e unha vez informado polo Consello de Dirección da Axencia o protocolo, baremo e anexos establecidos por esta orde, esta consellería, facendo uso das atribucións que lle están conferidas na Lei 1/1983, do 22 de

febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e en virtude do establecido na disposición derradeira segunda do Decreto 270/2003, xa mencionado

DISPÓN:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Pola presente orde apróbanse os baremos de puntuación que se terán en conta para a avaliación dos méritos alegados polas persoas que, de conformidade coa Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, soliciten a previa e necesaria emisión da avaliación ou informe, para seren contratados polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor, profesor colaborador e profesor de universidade privada, así como o protocolo que se debe seguir para a emisión da referida avaliación ou informe.

2. Non obstante, quedarán excluídos do regulado por esta orde os solicitantes que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

a) Cando pertenzan ao corpo de catedráticos de universidade ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para o dito corpo.

b) Cando pertenzan ao corpo de profesores titulares de universidade ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para o dito corpo.

c) Cando pertenzan ao corpo de catedráticos de escola universitaria ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para este corpo e soliciten emisión de informe para a contratación para a figura de proferor colaborador así como cando ademais posúan o título de doutor, e soliciten a avaliación para a contratación para as figuras de profesor axudante doutor, profesor contratado doutor e profesor de universidade privado.

d) Cando pertenzan ao corpo de profesores titulares de escola universitaria ou estean na situación administrativa e académica de atoparse habilitados para ese corpo e soliciten emisión de informe para a contratación para a figura de profesor colaborador, así como cando ademais posúan o título de doutor, e soliciten a avaliación para a contratación para a figura de profesor axudante doutor.

Artigo 2º.-Principios de actuación.

Tanto co protocolo como cos baremos de puntuación establecidos nesta orde perséguese establecer un sistema obxectivo, transparente e equilibrado, no que se teñen en conta as especialidades de cada figura contractual de profesorado, baseado nos principios de igualdade, mérito, capacidade e pleno sometemento a lei, cos que a CGIACA desenvolverá as súas funcións á hora de emitir os correspondentes informes ou avaliacións.

TÍTULO II

Protocolo de avaliación

Artigo 3º.-Solicitude de avaliación ou informe.

Poderase solicitar a avaliación ou o informe para todas as figuras para as que se considere que se reúnen os requisitos esxxidos polos artigos 5, 6 e 7 do Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación de profesorado, así como o establecido no artigo 72 da LOU.

Artigo 4º.-Requisitos previos para admisión a trámite da solicitude.

Os interesados, na data de presentación da solicitude, deberán reunir os seguintes requisitos para que a súa solicitude sexa admitida a trámite, que variarán en función da figura contractual para a que se pida a avaliación ou informe.

a) Para solicitar a avaliación para a figura de profesor axudante doutor será necesario:

-Ter o título de doutor.

-Acreditar ter realizado tarefas docentes e/ou investigadoras durante un período de dous anos.

b) Para solicitar o informe para a figura de profesor colaborador será necesario:

-Ter o título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou diplomado universitario.

c) Para solicitar a avaliación para a figura de profesor contratado doutor será necesario:

-Ter o título de doutor.

-Acreditar, como mínimo, tres anos de actividade postdoutoral docente e investigadora, ou prioritariamente investigadora.

d) Para solicitar a avaliación para a figura de profesor de universidade privada será necesario:

-Ter o título de doutor.

-Acreditar actividade docente e investigadora.

Artigo 5º.-Presentación da solicitude e documentación.

1. A solicitudes presentaranse ante a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

2. As cuestións relativas aos requisitos formais que deberán cumprir estas: número de copias, tipo de documentación acreditativa dos méritos curriculares alegados, cotexo da documentación, formato de presentación desta, etc, estableceranse ad hoc nas respectivas convocatorias que se fagan para o efecto.

Artigo 6º.-Órgano encargado das avaliacións.

A Comisión Galega de Informes, Avaliación e Certificación, creada polo Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sis

tema Universitario de Galicia, será, como o seu propio nome indica, o órgano encargado da emisión dos respectivos informes, avaliacións e certificacións, para o que contará con comités de asesores de expertos, que serán os que avalíen os curricula dos solicitantes.

Para a realización das súas funcións, estes comités contarán co adecuado soporte técnico e administrativo, e poderán solicitar asesoría concreta en temas específicos, que consideren necesarios para o proceso de avaliación.

Artigo 7º.-Comités de asesores expertos.

1. Establécese que o número de comités de asesores expertos será de 5 (Comités de: Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias Experimentais, Ciencias da Saúde, Ensinanzas Técnicas e Humanidades, respectivamente) que se fan coincidir cos cinco grandes campos científicos nos que se recollen todas as áreas de coñecemento. A distribución das áreas de coñecemento nos cinco grandes campos científicos será a que aparece reflectida no anexo I.

2. Os comités de asesores expertos estarán constituídos por 7 membros, dos que un deles será o presidente, outro o secretario e os cinco restantes serán vogais. En cada comité, o presidente será designado polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e o secretario será o membro de menor idade.

3. Para formar parte dos comités de asesores expertos deberase ser catedrático de universidade, ter un mínimo de tres sexenios de investigación e non pertencer ao SUG. Este último requisito non será de aplicación para os presidentes dos comités.

4. A selección dos membros dos comités farase, por parte da CGIACA, a partir das listaxes dos profesores de cada ámbito científico que cumpran cos requisitos mencionados no parágrafo anterior. O seu nomeamento corresponderalle ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 8º.-Adscrición da solicitude, en función da área de coñecemento, a un comité de asesores expertos.

1. A avaliación do curriculum do solicitante asignarase, en función das áreas de coñecemento que se sinalen na solicitude, ao comité de asesores expertos a que corresponda en función da distribución de áreas recollida no anexo I.

O informe ou avaliación que se emita non estará vinculado a ningunha área específica, senón que estará vinculado á figura contractual solicitada polo interesado.

2. A ACSUG, a través da CGIACA, daralles traslado aos comités de asesores expertos dos expedientes que fosen admitidos a trámite, distribuíndoos de acordo co criterio establecido no parágrafo anterior, que realizarán a avaliación ou informe dos curricula de conformidade co establecido no título III desta orde.

Artigo 9º.-Emisión de informe ou avaliación.

1. As propostas motivadas de avaliación ou informe elaboradas pola CGIACA serán vinculantes para o Consello de Dirección da ACSUG que, de conformidade con elas, adoptará os correspondentes acordos.

2. Os acordos do Consello de Dirección, tamén motivados, dictaranse de conformidade co establecido no artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRJ-PAC) e serán notificados a cada solicitante, persoal e directamente, no prazo máximo dos seis meses seguintes á presentación da solicitude.

Artigo 10º.-Recurso.

Os acordos do Consello de Dirección esgotan a vía administrativa polo que, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRX-PAC), poderán ser recorridos en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente perante a xurisdición contencioso-admnistrativa.

Artigo 11º.-Efectos da avaliación ou informe

1. Os informes favorables ou as avaliacións positivas non teñen prazo de caducidade unha vez obtidos, e terán validez para as universidades integrantes do sistema universitario de Galicia ou as do sistema universitario doutra Comunidade Autónoma que teña subscrito un convenio previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Se os informes son desfavorables ou as avaliacións negativas, poderase volver a solicitar unha nova avaliación ou informe unha vez transcorridos seis meses dende a notificación da referida avaliación ou informe negativo. Esto non impide solicitar a avaliación ou o informe para outra figura contractual distinta da que resultase negativa ou desfavorable, sen que neste caso este prazo de seis meses sexa de aplicación.

TÍTULO III

Criterios de avaliación e baremos de puntuación

Artigo 12º.-Criterios de avaliación e baremación dos currículos.

1. Os comités de asesores de expertos avaliarán os currículos dos solicitantes de conformidade cos principios de igualdade, mérito e capacidade e os criterios xerais de informe e avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia establecidos a través da Orde do 1 de abril de 2003 (DOG do 21 de abril).

2. Co fin da transparencia, equilibrio e obxectividade das avaliacións e á luz dos principios enumerados anteriormente, a CGIACA establece un baremo de puntuación para cada unha das figuras contractuais, que tendo en conta as especiais particularidades de cada unha delas, completa os criterios de avaliación existentes. Este baremo de pun

tuación correspóndese co anexo II desta orde, que será de obrigado cumprimento para os comités de asesores expertos.

Artigo 13º.-Avaliación do currículo para a figura de profesor axudante doutor.

1. Cada un dos membros do comité de asesores expertos avaliará positiva ou negativamente o currículo do solicitante, con referencia ao correspondente campo científico, de conformidade cos criterios establecidos para esta figura contractual no artigo 2 da Orde do 1 de abril de 2003 e puntuando o currículo de acordo co baremo establecido para esta figura na táboa 2 do anexo II.

2. Para que a avaliación sexa positiva a puntuación total obtida deberá ser de 35 puntos como mínimo. Ademais, tamén deberán obter un mínimo de 7 puntos na epígrafe de publicacións e teses de doutoramento, e un mínimo de 5 puntos na epígrafe de formación para a docencia.

Artigo 14º.-Avaliación do currículo para a figura de profesor colaborador.

1. Cada un dos membros do comité de asesores expertos avaliará positiva ou negativamente o currículo do solicitante, con referencia aos campos científicos nos que se integren as áreas de coñecemento a que se refire o artigo 51 da Lei orgánica 6/2001, e que se relacionan no anexo III desta orde, de conformidade cos criterios establecidos para esta figura contractual no artigo 3 da Orde do 1 de abril de 2003 e puntuando o currículo de acordo co baremo establecido para esta figura na táboa 3 do anexo II.

2. Para que o informe sexa favorable a puntuación total obtida deberá ser de 40 puntos como mínimo. Ademais, tamén deberán obter un mínimo de 15 puntos na suma das puntuacións das epígrafes de experiencia docente, formación académica e publicacións.

Artigo 15º.-Avaliación do currículo para a figura de profesor contratado doutor.

1. Cada un dos membros do comité de asesores expertos avaliará positiva ou negativamente a actividade docente e investigadora, ou prioritariamente investigadora, do solicitante, sobre a base do seu curriculum vitae, con referencia ao correspondente campo científico, de conformidade cos criterios establecidos para esta figura contractual no artigo 1 da Orde do 1 de abril de 2003 e puntuando o currículo de acordo co baremo establecido para esta figura na táboa 4 do anexo II.

2. Para que a avaliación sexa positiva, a puntuación total obtida deberá ser de 45 puntos como mínimo. Ademais, tamén deberán obter un mínimo de 15 puntos na epígrafe de experiencia investigadora, e un mínimo de 10 puntos na epígrafe de experiencia docente.

Artigo 16º.-Avaliación do currículo para a figura de profesor de universidade privada.

1. Cada un dos membros do comité de asesores expertos avaliará positiva ou negativamente a acti

vidade docente e investigadora do solicitante, sobre a base do seu curriculum vitae, con referencia ao campo científico correspondente, de conformidade cos criterios establecidos para esta figura contractual no artigo 1 da Orde do 1 de abril de 2003 e puntuando o currículo de acordo co baremo establecido para esta figura na táboa 5 do anexo II.

2. Para que a avaliación sexa positiva, a puntuación total obtida deberá ser de 45 puntos como mínimo. Ademais, tamén deberán obter un mínimo de 15 puntos na epígrafe de experiencia investigadora, e un mínimo de 10 puntos na epígrafe de experiencia docente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Convocatoria.

O presidente da ACSUG, escoitado o Consello de Dirección, convocará, mediante resolución, a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de avaliación ou informe para a contratación de profesorado polas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia. Farase unha convocatoria anual ordinaria, sen prexuízo de que se poidan facer as convocatorias extraordinarias que se consideren oportunas.

As convocatorias serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Vixencia.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Distribución de áreas de coñecemento en campos científicos

1. Ciencias sociais e xurídicas.

030Antropoloxía Social

040Biblioteconomía e Documentación

070Ciencia Política e da Administración

095Comercialización e Investigación de Mercados

105Comunicación Audiovisual e Publicidade

125Dereito Administrativo

130Dereito Civil

135Dereito Constitucional

140Dereito do Traballo e da Seguridade Social

145Dereito Eclesiástico do Estado

150Dereito Financeiro e Tributario

155Dereito Internacional Privado

160Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais

165Dereito Mercantil

170Dereito Penal

175Dereito Procesual

180Dereito Romano

187Didáctica da Expresión

189Didáctica da Expresión Musical

193Didáctica da Expresión Plástica

195Didáctica da Lingua e da Literatura

200Didáctica da Matemática

205Didáctica das Ciencias Experimentais

210Didáctica das Ciencias Sociais

215Didáctica e Organización Escolar

225Economía Aplicada

230Economía Financeira e Contabilidade

235Economía, Socioloxía e Política Agraria

245Educación Física e Deportiva

381Filosofía do Dereito

383Filosofía Moral

415Fundamentos de Análise Económico

470Historia do Dereito e as Institucións

475Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos

480Historia e Institucións Económicas

620Metodoloxía das Ciencias e do Comportamento

625Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

650Organización de Empresas

675Periodismo

680Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico

725Psicobioloxía

730Psicoloxía Básica

735Psicoloxía Evolutiva

740Psicoloxía Social

775Socioloxía

805Teoría e Historia da Educación

813Traballo Social e Servizos Sociais

2. Ciencias experimentais.

005Álxebra

015Análise Matemática

038Astronomía e Astrofísica

050Bioloxía Celular

060Bioquímica e Bioloxía Molecular

063Botánica

065Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica

075Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

120Cristalografía e Mineraloxía

220Ecoloxía

240Edafoloxía e Química Agrícola

247Electromagnetismo

250Electrónica

265Estatística e Investigación Operativa

280Estratigrafía

315Farmacoloxía

385Física Aplicada

390Física Atómica, Molecular e Nuclear

395Física da Materia Condensada

398Física da Terra

405Física Teórica

410Fisioloxía

412Fisioloxía Vexetal

420Xenética

427Xeodinámica Externa

428Xeodinámica Interna

430Xeografía Física

440Xeometría e Topoloxía

443Histoloxía

505Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

555Enxeñaría Química

566Inmunoloxía

570Linguaxes e Sistemas Informáticos

595Matemática Aplicada

600Mecánica de Fluídos

605Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas

630Microbioloxía

640Nutrición e Bromatoloxía

647Óptica

655Paleontoloxía

660Parasitoloxía

685Petroloxía e Xeoquímica

700Produción Animal

705Produción Vexetal

710Prospección e Investigación Mineira

750Química Analítica

755Química Física

760Química Inorgánica

765Química Orgánica

770Radioloxía e Medicina Física

773Sanidade Animal

780Tecnoloxía dos Alimentos

785Tecnoloxía Electrónica

790Tecnoloxías do Medio Natural

819Zooloxía

3. Ciencias da saúde.

020Anatomía Patolóxica

025Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas

027Anatomía e Embrioloxía Humana

028Antropoloxía Física

050Bioloxía Celular

060Bioquímica e Bioloxía Molecular

063Botánica

090Cirurxía

183Dermatoloxía

245Educación Física e Deportiva

255Enfermaría

275Estomatoloxía

310Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

315Farmacoloxía

410Fisioloxía

413Fisioterapia

420Xenética

443Histoloxía

460Historia da Ciencia

566Inmunoloxía

610Medicina

613Medicina Legal e Forense

615Medicina Preventiva e Saúde Pública

617Medicina e Cirurxía Animal

630Microbioloxía

640Nutrición e Bromatoloxía

645Obstetricia e Xinecoloxía

646Oftalmoloxía

653Otorrinolaringoloxía

660Parasitoloxía

670Pediatría

725Psicobioloxía

745Psiquiatría

770Radioloxía e Medicina Física

773Sanidade Animal

807Toxicoloxía

4. Ensinanzas técnicas.

035Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores

075Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

083Ciencias e Técnicas da Navegación

100Composición Arquitectónica

110Construcións Arquitectónicas

115Construcións Navais

250Electrónica

295Explotación das Minas

300Expresión Gráfica

305Expresión Gráfica na Enxeñaría

495Enxeñaría Aeroespacial

500Enxeñaría Agroforestal

505Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

510Enxeñaría da Construción

515Enxeñaría dos Procesos de Fabricación

520Enxeñaría de Sistemas e Automática

525Enxeñaría de Terreo

530Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes

535Enxeñaría Eléctrica

540Enxeñaría Hidráulica

545Enxeñaría Mecánica

550Enxeñaría Nuclear

555Enxeñaría Química

560Enxeñaría Telemática

565Enxeñaría Téxtil e Papeleira

570Linguaxes de Sistemas Informáticos

590Máquinas e Motores Térmicos

600Mecánica de Fluídos

605Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas

700Produción Animal

705Produción Vexetal

710Prospección e Investigación Mineira

715Proxectos Arquitectónicos

720Proxectos de Enxeñaría

780Tecnoloxía de Alimentos

785Tecnoloxía Electrónica

800Teoría do Sinal e Comunicacións

815Urbanística e Ordenación do Territorio

5. Humanidades.

010Análise Xeográfica Rexional

033Arqueoloxía

085Ciencias e Técnicas Historiográficas

185Debuxo

260Escultura

270Estética e Teoría das Artes

285Estudios Árabes e Islámicos

290Estudios Hebreos e Arameos

320Filoloxía Alemana

325Filoloxía Catalana

327Filoloxía Eslava

335Filoloxía Francesa

340Filoloxía Grega

345Filoloxía Inglesa

350Filoloxía Italiana

355Filoloxía Latina

360Filoloxía Románica

365Filoloxía Vasca

370Filoloxía Galega e Portuguesa

375Filosofía

381Filosofía do Dereito

383Filosofía Moral

435Xeografía Humana

445Historia Antiga

450Historia Contemporánea

455Historia de América

460Historia da Ciencia

465Historia da Arte

485Historia Medieval

490Historia Moderna

567Lingua Española

568Lingua e Cultura do Extremo Oriente

575Lingüística Xeral

580Lingüística Indoeuropea

583Literatura Española

585Lóxica da Filosofía da Ciencia

635Música

690Pintura

695Prehistoria

796Teoría da Literatura Comparada

814Tradución e Interpretación

Áreas que pertencen a dous campos científicos

Pertencen ao campo de Ciencias Sociais e Xurídicas e ao de Humanidades:

381Filosofía do Dereito

383Filosofía Moral

Pertencen ao campo de Ciencias Sociais e Xurídicas e ao da Saúde:

245Educación Física e Deportiva

725Psicobioloxía

Pertencen ao campo de Ciencias da Saúde e ao de Humanidades:

460Historia da Ciencia

Pertencen ao campo de Ciencias Experimentais e ao de Ciencias da Saúde:

050Bioloxía Celular

060Bioquímica e Bioloxía Molecular

063Botánica

315Farmacoloxía

410Fisioloxía

420Xenética

443Histoloxía

566Inmunoloxía

630Microbioloxía

640Nutrición e Bromatoloxía

660Parasitoloxía

770Radioloxía e Medicina Física

773Sanidade Animal

Pertencen ao campo de Ciencias Experimentais e ao de Ensinanzas Técnicas:

075Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

250Electrónica

505Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

555Enxeñaría Química

570Linguaxes de Sistemas Informáticos

600Mecánica de Fluídos

605Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas

700Produción Animal

705Produción Vexetal

710Prospección e Investigación Mineira

780Tecnoloxía de Alimentos

785Tecnoloxía Electrónica

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA