DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 02 de xullo de 2004 Páx. 9.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore (código convenio 1500985), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 26-5-2004, subscrito pola parte económica por ASOEMAR e pola parte social por CIG, UGT e CC.OO. o día 21-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de xuño de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Texto do convenio colectivo de traballo

para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito funcional

Artigo 1º

Este convenio é de aplicación a todas as empresas dedicadas á actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, tanto mecánica como manual.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa se atope fóra desta.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio todos os traballadores, sexa cal for a súa categoría, que durante a súa vixencia presten os seus servizos baixo a dependencia e pola conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepcións que as que marque a lei.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 4º

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2004 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2006.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión deste convenio deberase realizar cunha anticipación de tres meses do seu final ou da prórroga en curso. A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, así como á autoridade laboral, contándose o prazo desta desde a data de recepción da referida comunicación.

Co fin de comezar a negociación do convenio na segunda quincena do mes de xaneiro seguinte á finalización da vixencia considerada no artigo 4º, a plataforma sindical deberá remitirse á representación económica dentro do mes de decembro do ano anterior. No caso de incumprimento, non procederá o aboamento de atrasos.

Sección terceira

Prelación de normas

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el. No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais de aplicación.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor deste convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente. En caso de a autoridade laboral non homologar algún

dos pactos, o convenio quedará sen efecto e deberá procederse á reconsideración da súa totalidade.

Sección cuarta

Comisión mixta de interpretación

Artigo 9º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se realice. Quedará constituída por catro representantes dos traballadores e catro empresarios, os cales serán designados pola central ou centrais sindicais asinantes e pola Asociación de Empresarios Marmolistas de la Provincia de A Coruña (Asoemar), de entre os que no seu día negociaron e pactaron este texto.

Para a adopción de acordos, será necesaria a conformidade da metade máis un dos compoñentes.

Nomearase secretario a un vogal da comisión e poderán asistir os asesores da ambas as representacións, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Sección primeira

Condicións económicas. Normas xerais

Artigo 10º

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas de salarios e antigüidade, que se xuntan como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 11º.-Pagamento de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais á conta dos salarios que teña devengados, co tope establecido pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario base

Artigo 12º

Entenderase por tal o que figura para cada categoría e profesión na táboa salarial (anexo I).

Sección terceira

Complementos e suplidos

Artigo 13º

Todos os complementos contidos neste convenio serán aboados por día efectivo de traballo.

Igualmente, e por faltar ao traballo sen causa xustificada, alén do disposto no artigo 34º, perderase o dereito á percepción tanto do salario como dos complementos correspondentes ao día da falta.

Artigo 14º.-Complemento de asistencia.

Aboaráselles a todos os traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexo I ao presente convenio.

Artigo 15º.-Complemento de distancia e transporte.

Co fin de simplificar o cómputo da distancia do domicilio do traballador ao centro de traballo, aboaráselles a todos os traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen no anexo I deste convenio.

Artigo 16º.-Complemento de perigosidade.

O incremento que se levará a cabo por este concepto consistirá no 20% sobre o salario base. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores ao complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polo dito concepto e, neste caso, non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisfacer o citado aumento aquelas empresas que o teñan incluído, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado complemento, este deixarase de aboar, non tendo por tanto carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre ambas as partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non de perigoso, aplicarase o que dispoña a autoridade laboral competente, mediante resolución fundada e logo dos informes técnicos oportunos.

A dita resolución poderá ser impugnada polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para cada ano de vixencia do convenio incrementaranse os salarios no 3% (anexo I).

Artigo 18º.-Cláusula de revisión salarial.

Esta cláusula funcionará sempre e cando os IPC rexistrados no 31-12-2004, 31-12-2005 e 31-12-2006, excedan do 2,25%. Este exceso aplicarase sobre as táboas salariais vixentes no 31-12-2003, 31-12-2004 e 31-12-2005, respectivamente. A súa aplicación retrotraerase ao 1 de xaneiro do mesmo ano.

Artigo 19º.-Haberes extraordinarios.

A todos os traballadores afectados por este convenio aboaránselles dúas pagas ao ano, nos meses de xullo e decembro (anexo II).

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso, sendo o seu cálculo semestral.

Destas quedan excluídas as gratificacións a que fan referencia os artigos 14º, 15º e 16º deste convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ao tempo traballado.

Sección quinta

Retribucións condicionais

Artigo 20º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axuda de custo percibirá polo dito concepto a cantidade de 20 euros a completa e de 8 euros a media axuda de custo, para todas as categorías profesionais. Non obstante, nos supostos en que os importes expresados non alcanzasen, aboaráselle ao traballador a diferencia correspondente e presentar a factura ou facturas.

Artigo 21º.-Xubilación anticipada.

Se esta se produce no ano anterior ao da idade de xubilación, a empresa estará obrigada a substituír o dito traballador por outro e por un período dun ano.

Parcial: haberá que aterse ao disposto no Real decreto 1131/2002, do 31 de outubro.

Sección sexta

Vacacións

Artigo 22º

Serán de trinta días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio e durante elas percibirase o salario base, máis a antigüidade, se é o caso, e os complementos de asistencia e de distancia e transporte correspondentes aos días que, de estar traballando, tería percibido.

O seu desfrute realizarase en dous períodos, quince días no verán, é dicir, nos meses de xuño, xullo e agosto e, os quince días restantes, noutra época distinta do ano, de conformidade coas necesidades da empresa.

Así mesmo, garánteselles a todos os traballadores un desfrute de vinte e un días laborables, no conxunto dos dous períodos anteriormente sinalados.

Artigo 23º.-Licenzas.

As licenzas previstas e reguladas no Estatuto dos traballadores compleméntanse e precísanse nos seguintes termos:

a) Casamento do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: a licenza en caso de falecemento de esposa e fillos, ben como pais, pais políticos e irmáns, será de 5 días.

c) Parto de esposa: será sempre de 5 días.

d) Enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 2 días. (Para que esta alínea teña plena validez, o traballador deberá presentarlle á empresa o correspondente informe médico no que deixe constancia da gravidade da enfermidade).

Polo que se refire a outros supostos, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou norma complementaria.

As retribucións correspondentes aos días de licenza serán: salario base, antigüidade e complemento de asistencia.

Sección sétima

Antigüidade

Artigo 24º

As bonificacións por anos de servizos (antigüidade) están conxeladas e, o seu cálculo farase sobre o salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo dito concepto serán de dous bienios do cinco por cento e quinquenios do sete por cento, ata un máximo de tres.

As percepcións por antigüidade figuran reflectidas no anexo I.

Capítulo III

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas semanais, de luns a venres. Non obstante, as empresas, de conformidade cos traballadores, poderán alterar a dita xornada semanal e traballar a mañá do sábado, sempre que non se exceda das anteriormente citadas 40 horas.

A xornada laboral, en cómputo anual, queda establecida en 1.764 horas.

As empresas quedarán obrigadas a confeccionaren o seu calendario laboral que deberá especificar as xornadas laborais e as horas de cada unha delas, ata completar o número de horas anual pactado. As reducións de xornada -para adaptalas en cómputo anual- deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. O calendario laboral deberalles ser exposto aos traballadores no taboleiro de anuncios antes do 31 de xaneiro de cada exercicio, podéndose modificar por unha soa vez, antes do 30 de abril.

Non obstante o anteriormente exposto e de mutuo acordo entre as partes, poderanse acordar días de libre disposición, en función das súas necesidades.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso produtivo, poderán compensar as horas extraordinarias con tempos equivalentes de descanso.

No suposto de se realizar a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas.

Se se procede ao seu aboamento, este realizarase da forma seguinte: normais 9 euros e as realizadas en festivos, domingos ou nocturnas 13 euros.

O prezo das horas extraordinarias incrementarase cada ano o mesmo que se incrementa o convenio.

Artigo 27º.-Aviso previo de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar no servizo dunha empresa, deberá avisar previamente cunha anticipación mínima de oito días respecto da data en que se produza a baixa. No caso de incumprimento desta obriga, perderase o dereito a percibir as partes proporcionais dos emolumentos que lle puidesen corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolveralle ao traballador un exemplar como comprobante da recepción, facendo constar a data de presentación. Co fin de darlle fácil cumprimento á norma, a empresa facilitaralle ao traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas subministraranlle a todo o persoal unha peza de roupa de traballo, consistente nunha praieira, bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza será por conta do traballador, quen a deberá manter en perfecto estado de conservación e uso.

Por unha deterioración ostensible, procederase á entrega dunha nova peza de roupa.

A roupa citada neste artigo poderá levar o anagrama da empresa se esta o desexa.

Artigo 29º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ao seu cargo, unha póliza de accidentes para a cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta, e invalidez permanente total dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que garanta ao traballador accidentado ou aos seus habentes causa no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea e independentemente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, a percepción das indemnizacións seguintes:

a) 38.000 euros en caso de falecemento do traballador.

b) 38.000 euros en caso de invalidez permanente absoluta ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

En ambos os casos, a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da súa vixencia e validez. Para os efectos da cualificación de accidente e o grao de invalidez, será o que, no seu día, ditamine a autoridade competente.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que lle poida corresponder percibir ao traballador da Seguridade Social ou Montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ao contrato de seguro de accidentes que contén este convenio, considéranse como entregas á conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en Asoemar non estarán obrigadas a efectuar ningún desembolso á conta da indemnización que se perciba, senón que, só estarán obrigadas a comunicarlle o accidente do traballador á súa organización empresarial ou á compañía de

seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación será por conta dos herdeiros ou do traballador accidentado.

Artigo 30º.-Complemento de hospitalización.

En caso de IT derivada de accidente, a empresa procederá a completar durante os tres primeiros meses (que durante o último ano de vixencia, en vez de tres, serán catro) ata o 100% da base reguladora.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando este teña a consideración de laboral.

Artigo 31º.-Transporte con vehículo propio.

O transporte que utilizarán os traballadores será, prioritariamente, o propio da empresa.

No suposto de a empresa e o traballador chegaren a un acordo, este poderá utilizar o seu propio vehículo para realizar servizos da empresa, que estará obrigada entón a lle aboar ao seu traballador 0,36 euros por quilómetro percorrido.

Sección oitava

Contratación

Artigo 32º.-Contrato de obra ou servizo determinado.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou servizo, determinado, e formalizarase por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servizo, con independencia da súa duración, e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador.

O cesamento do traballador deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades faga innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra ou servizo.

A duración, se fose superior a un ano, á finalización da obra ou servizo, para proceder á extinción, será preciso un aviso previo con 15 días de anticipación. Se se incumprise por parte da empresa, esta ten a obriga de indemnizar polo equivalente aos salarios correspondentes aos días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

2. Non obstante o anteriormente exposto, o traballador contratado poderá prestar os seus servizos a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dentro da provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perder a condición e devengando os

conceptos que correspondan polo seu desprazamento.

Neste suposto, a empresa deberalle comunicar por escrito o cesamento ao traballador antes de se cumprir o período máximo de tres anos, fixado no parágrafo anterior. Cumprido este período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. Canto ao aviso previo de cesamento, aplicarase o pactado no parágrafo terceiro do punto 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra ou servizo por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, logo de que a empresa dea conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión Paritaria provincial, operará a terminación de obra ou servizo e, por tanto, o cesamento previsto no punto 1. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a Comisión Paritaria Provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a súa notificación. O empresario contrae a obriga de ofrecerlle un novo emprego ao traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra ou servizo poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflito laboral.

4. En todos os supostos regulados nos puntos anteriores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre o salario base aplicable, devengado durante a vixencia do contrato.

Os empresarios poderanse acoller á normativa xeral que regula o presente contrato ou optar polo pactado e recollido neste artigo. Neste último suposto, deberase facer referencia expresa a el.

Artigo 33º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

Este contrato ten como finalidade atender as exixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

De conformidade co regulado polo R.D.L.G. 1/1995, segundo redacción dada polo Real decreto lexislativo 8/1997, a duración máxima establecida para este tipo de contrato é ampliable dentro dos límites establecidos pola normativa mencionada, mediante negociación colectiva.

O sector de elaboración e instalación de pedra e mármore, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade produtiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen nun amplo concepto de existencias circunstanciais do mercado

que impliquen transitorias acumulacións de tarefas ou pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo isto, as partes asinantes acordan adaptar as condicións singulares do sector mentres persistan as circunstancias de emprego e produtividade.

Os contratos de duración inferior a seis meses poden prorrogarse cantas veces o acorden as partes.

O período máximo dentro do cal se poderá realizar será de dezaoito meses, non podendo superar a duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido nin, como máximo, doce meses.

Á terminación do contrato, a empresa quedará obrigada a lle satisfacer ao traballador unha indemnización de vinte días de salario base por ano de servizo, ou parte proporcional que corresponda.

Os contratos que se realicen baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ao presente artigo.

Artigo 34º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas do sector que contraten traballadores a través das empresas de traballo temporal, farano para a realización de traballos non habituais, excepto cando se trate de incapacidades laborais ou situacións consideradas de carácter extraordinario.

Desde a sinatura do oportuno contrato, os ditos traballadores terán os mesmos dereitos retributivos que calquera outro do cadro de persoal, de conformidade co recollido no presente convenio.

Artigo 35º.-Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo, continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinaren e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione o dito parte, poderá ser negociada entre empresarios e traballadores a súa implantación.

Artigo 36º.-Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14º, 15º e 16º deste convenio, cando o traballador preste os seus servizos efectivos polo menos durante catro horas.

Será así cando se trate de xornada completa e proporcional cando a xornada sexa a tempo parcial.

Artigo 37º.-Faltas e sancións dos traballadores.

De conformidade co disposto no artigo 58, punto 1 do Estatuto dos traballadores, as representacións social e económica acordan graduar as faltas e sancións quedando establecidas e recollidas estas na forma que se indica no anexo IV.

Igualmente, e co obxecto de ambas as partes se comprometeren no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, este terá a obriga de facer a recepción, coa súa sinatura, dos medios de protección que lle entregue a empresa. Non cumprir tal requisito pode ser considerado como falta leve ou, no caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, dependendo de se supón un risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e, se o dito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, implicase prexuízos graves para os seus compañeiros ou para terceiros, ou danos graves para a empresa, ben materiais ou económicas, a súa consideración será de moi grave.

O anteriormente exposto é aclaratorio e complementario ao disposto no anexo IV sobre faltas e sancións.

Disposición adicional

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos aboaranse no prazo máximo de tres meses despois da publicación do convenio ou táboa salarial actualizada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Faise constar a vontade das partes para presentar e negociar os datos relativos a rendementos aplicables no nivel de empresa e pactados no seu seo, de acordo entre representante ou representantes dos traballadores e o empresario.

Estas táboas de rendementos servirán de base para redactar outra de aplicación a nivel provincial, logo da súa negociación.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña. Vixente para o período: 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2004.

Importes expresados en euros

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI------

Salario base-789,32789,32789,32789,32789,32789,32

Antigüidade-06,4912,9822,1831,3740,39

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-137,06137,06137,06137,06137,06137,06

Salario mensual-1.056,571.063,061.069,551.078,751.087,941.096,96

Grupo cotización Seguridade Social (5)-------

Oficial administrativo de 2ªVIII------

Salario base-764,38764,38764,38764,38764,38764,38

Antigüidade-06,3112,6221,4630,2938,95

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-133,42133,42133,42133,42133,42133,42

Salario mensual-1.027,991.034,301.040,611.049,451.058,281.066,94

Grupo cotización Seguridade Social (5)-------

Auxiliar administrativoIX------

Salario base-722,01722,01722,01722,01722,01722,01

Antigüidade-05,9512,0820,3728,8537,14

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-58,9558,9558,9558,9558,9558,95

Salario mensual-911,15917,10923,23931,52940,00948,29

Grupo cotización Seguridade Social (7)-------

Encargado xeralIV------

Salario base-935,04935,04935,04935,04935,04935,04

Antigüidade-07,9315,8726,8738,0449,76

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-157,10157,10157,10157,10157,10157,10

Salario mensual-1.222,331.230,261.238,201.249,201.260,371.272,09

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Delineante de 1ªVI------

Salario base-820,67820,67820,67820,67820,67820,67

Antigüidade-06,8513,7023,2632,6342,19

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-146,44146,44146,44146,44146,44146,44

Salario mensual-1.097,301.104,151.111,001.120,561.129,931.139,49

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Delineante de 2ªVII------

Salario base-760,50760,50760,50760,50760,50760,50

Antigüidade-06,3112,4421,2829,9338,77

Complemento de asistencia-130,19130,19130,19130,19130,19130,19

Complemento de distancia e transporte-144,65144,65144,65144,65144,65144,65

Salario mensual-1.035,341.041,651.047,781.056,621.065,271.074,11

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Xefe de tallerVI------

Salario base-27,3927,3927,3927,3927,3927,39

Antigüidade-00,220,440,751,061,37

Salario diario-27,3927,6127,8328,1428,4528,76

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-6,526,526,526,526,526,52

Salario por día traballado-39,8340,0540,2740,5840,8941,20

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Encargado de obraVI------

Salario base-27,1227,1227,1227,1227,1227,12

Antigüidade-00,220,440,751,051,35

Salario diario-27,1227,3427,5627,8728,1728,47

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Complemento de distancia e transporte-6,036,036,036,036,036,03

Salario por día traballado-39,0739,2939,5139,8240,1240,42

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Capataz

Salario base-26,6026,6026,6026,6026,6026,60

Antigüidade-00,210,430,731,031,33

Salario diario-26,6026,8127,0327,3327,6327,93

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-6,146,146,146,146,146,14

Salario por día traballado-38,6638,8739,0939,3939,6939,99

Grupo cotización Seguridade Social (8)-------

ModelistaVII------

Salario base-27,2327,2327,2327,2327,2327,23

Antigüidade-00,220,440,751,061,37

Salario diario-27,2327,4527,6727,9828,2928,60

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-6,466,466,466,466,466,46

Salario por día traballado-39,6139,8340,0540,3640,6740,98

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

AdornistaVII------

Salario base-27,3327,3327,3327,3327,3327,33

Antigüidade-00,220,440,751,061,37

Salario diario-27,3327,5527,7728,0828,3928,70

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-5,365,365,365,365,365,36

Salario por día traballado-38,6138,8339,0539,3639,6739,98

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Oficial 1ª de oficioVIII------

Salario base-26,5626,5626,5626,5626,5626,56

Antigüidade-00,210,430,731,021,32

Salario diario-26,5626,7726,9927,2927,5827,88

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-6,966,966,966,966,966,96

Salario por día traballado-39,4439,6539,8740,1740,4640,76

Grupo cotización Seguridade Social (8)-------

Oficial 2ª de oficioIX------

Salario base-25,5025,5025,5025,5025,5025,50

Antigüidade-00,210,410,711,001,29

Salario diario-25,5025,7125,9126,2126,5026,79

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-5,215,215,215,215,215,21

Salario por día traballado-36,6336,8437,0437,3437,6337,92

Grupo cotización Seguridade Social (8)-------

AxudanteX------

Salario base-25,2725,2725,2725,2725,2725,27

Antigüidade-00,200,410,700,981,27

Salario diario-25,2725,4725,6825,9726,2526,54

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-4,204,204,204,204,204,20

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Salario por día traballado-35,3935,5935,8036,0936,3736,66

Grupo cotización Seguridade Social (9)-------

Peón especializadoXI------

Salario base-24,8324,8324,8324,8324,8324,83

Antigüidade-00,200,400,690,971,25

Salario diario-24,8325,0325,2325,5225,8026,08

Complemento de asistencia-5,925,925,925,925,925,92

Complemento de distancia e transporte-3,283,283,283,283,283,28

Salario por día traballado-34,0334,2334,4334,7235,0035,28

Grupo cotización Seguridad Social (9)-------

Nota:

O rateo que se viña facendo da paga de beneficios e que se sumaba a do salario base, a partir deste ano queda integrado no último concepto mencionado.

A antigüidade das categorías reflectidas na táboa salarial -con salario mensual- está calculada conn base nun mes de 30 días, mentres que os complementos, en xeral, están con base en 22 días.

Os conceptos cotizables á Seguridade Social son: salario, antigüidade e complemento de asistencia.

A Coruña, maio de 2004.

ANEXO II

Haberes extraordinarios artigo 19º do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña. Vixente para ao período: 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2004.

Importes expresados en euros

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI

Salario base-789,32789,32789,32789,32789,32789,32

Antigüidade-06,4912,9822,1831,3740,39

Importe total paga extra-789,32795,81802,30811,50820,69829,71

Grupo cotización Seguridadee Social (5)-------

Oficial administrativo de 2ªVIII

Salario base-764,38764,38764,38764,38764,38764,38

Antigüidade-06,3112,6221,4630,2938,95

Importe total paga extra-764,38770,69777,00785,84794,67803,33

Grupo cotización Seguridade Social (5)-------

Auxiliar administrativoIX

Salario base-722,01722,01722,01722,01722,01722,01

Antigüidade-05,9512,0820,3728,8537,14

Importe total paga extra-722,01727,96734,09742,38750,86759,15

Grupo cotización Seguridade Social (7)-------

Encargado xeralIV

Salario base-935,04935,04935,04935,04935,04935,04

Antigüidade-07,9315,8726,8738,0449,76

Importe total paga extra-935,04942,97950,91961,91973,08984,80

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Delineante de 1ªVI

Salario base-820,67820,67820,67820,67820,67820,67

Antigüidade-06,8513,7023,2632,6342,19

Importe total paga extra-820,67827,52843,37843,93853,30862,86

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Delineante de 2ªVII

Salario base-760,50760,50760,50760,50760,50760,50

Antigüidade-06,3112,4421,2829,9338,77

Importe total paga extra-760,50766,81772,94760,50790,43799,27

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antigüidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Xefe de tallerVI

Salario base-821,70821,70821,70821,70821,70821,70

Antigüidade-06,6713,3422,5431,7341,11

Importe total paga extra-821,70828,37835,04844,24853,43862,81

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Encargado de obraVI

Salario base-813,60813,60813,60813,60813,60813,60

Antigüidade-06,4913,1622,3631,3740,57

Importe total paga extra-813,60820,09826,76835,96844,97854,17

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 años)

10% antigüidade

(4 años)

17% antigüidade

(9 años)

24% antigüidade

(14 años)

31% antigüidade

(19 años)

CapatazVII

Salario base-798,00798,00798,00798,00798,00798,00

Antigüidade-0,006,3112,9822,0030,8340,03

Importe total paga extra-798,00804,31810,98820,00828,83838,03

Grupo cotización Seguridadee Social (8)-------

ModelistaVII

Salario base-816,90816,90816,90816,90816,90816,90

Antigüidade-0,006,6713,3422,5431,7341,11

Importe total paga extra-816,90823,57830,24839,44848,63858,01

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

AdornistaVII

Salario base-819,90819,90819,90819,90819,90819,90

Antigüidade-0,006,6713,3422,5431,7341,11

Importe total paga extra-819,90826,57833,24842,44851,63861,01

Grupo cotización Seguridade Social (4)-------

Oficial 1ª de oficioVIII

Salario base-796,80796,80796,80796,80796,80796,80

Antigüidade-0,006,4912,9822,1831,3740,39

Importe total paga extra-796,80803,29809,78818,98828,17837,19

Grupo cotización Seguridade Social (8)-------

Oficial 2ª de oficioIX

Salario base-765,00765,00765,00765,00765,00765,00

Antigüidade-0,006,3112,4421,2829,9338,77

Importe total paga extra-765,00771,31777,44786,28794,93803,77

Grupo cotización Seguridade Social (8)-------

AxudanteX

Salario base 758,10758,10758,10758,10758,10758,10

Antigüidade-0,006,7312,2620,9229,3938,04

Importe total paga extra-758,10764,83770,36779,02787,49796,14

Grupo cotización Seguridade Social (9)-------

Peón especializadoXI

Salario base-744,90744,90744,90744,90744,90744,90

Antigüidade-0,006,1312,0820,5529,0337,50

Importe total paga extra-744,90751,03756,98765,45773,93782,40

Grupo cotización Seguridade Social (9)------

Peón ordinarioXII

Salario base-728,10728,10728,10728,10728,10728,10

Antigüidade-0,005,9511,9020,3728,6737,14

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade5% antigüidade

(2 años)

10% antigüidade

(4 años)

17% antigüidade

(9 años)

24% antigüidade

(14 años)

31% antigüidade

(19 años)

Importe total paga extra-728,10734,05740,00748,47756,77765,24

Grupo cotización Seguridade Social (10)-------

Aprendices de 1º e 2º anoXIV

Salario base-477,00-----

Antigüidade-0,00-----

Importe total paga extra-477,00

Grupo cotización Seguridade Social (11)------

Nota: as pagas extras aboaranse nos meses de xullo e decembro, a razón de 30 días de salario base e antigüidade, de conformidade co disposto nesta táboa salarial e, as mesmas, serán percibidas proporcionalmente ao tempo traballado.

ANEXO III

Táboa salarial anual do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, correspondente ao 2004.

Oficial administrativo de 1ª14.257,48 euros

Oficial administrativo de 2ª13.864,64 euros

Auxiliar administrativo12.377,82 euros

Encargado xeral16.538,04 euros

Delineante de 1ª14.808,94 euros

Delineante de 2ª13.945,08 euros

Xefe de taller14.787,96 euros

Encargado de obra14.545,20 euros

Capataz14.355,84 euros

Modelista14.704,92 euros

Adornista14.456,52 euros

Oficial 1ª de oficio14.555,52 euros

Oficial 2ª de oficio13.648,32 euros

Axudante13.285,08 euros

Peón especializado12.857,40 euros

Peón ordinario12.395,16 euros

Apréndices de 1º y 2º ano8.547,12 euros

Nos conceptos salariais que compoñen os totais anteriormente reflectidos, están compostos por uns que son fixos e outros que son variables, ademais de non incluírse a antigüidade, polo que se estará, en todo momento, ao disposto no anexo I.

A Coruña, maio de 2004.

ANEXO IV

Desenvolvemento do contido do artigo 37

do convenio colectivo de traballo para a actividade

de elaboración e instalación de pedra e mármore

da provincia da Coruña

Faltas e sancións.

Clases de faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ao servizo das empresas do sector clasificaranse atendendo á súa importancia, e se é o caso, á súa reincidencia en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos puntos seguintes:

Faltas leves. Consideraranse como tal as seguintes.

1. Ata tres faltas de puntualidade nun mes, sen motivo xustificado.

2. A non comunicación, con corenta e oito horas como mínimo de antelación, de calquera falta de asistencia ao traballo por causas xustificadas, a non ser que se acredite a imposibilidade de facelo.

3. O abandono do centro ou do posto de traballo, sen causa ou motivo xustificado, aínda por breve tempo, sempre que o dito abandono non fose prexudicial para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa ou causa de danos ou accidentes aos seus compañeiros de traballo, en que poderá ser considerada como grave ou moi grave.

4. Faltar ao traballo un día ao mes sen causa xustificada.

5. A falta de atención e dilixencia debidas no desenvolvemento do traballo encomendado, sempre e cando non cause prexuízo á empresa ou aos seus compañeiros de traballo, en cuxo suposto poderá ser considerada como grave ou moi grave.

6. Pequenos descoidos na conservación do material.

7. Non comunicarlle á empresa calquera variación da súa situación que teña incidencia no laboral, como o cambio de residencia habitual.

8. A falta ocasional de aseo ou limpeza persoal, cando iso ocasione reclamacións ou queixas aos seus compañeiros ou xefes.

9. As faltas de respecto, de escasa consideración, aos seus compañeiros, e incluso, a terceiras persoas alleas á empresa ou centro de actividade, sempre que iso se produza con motivo ou ocasión do traballo.

10. Permanecer en zonas ou lugares distintos daqueles en que realice o seu traballo habitual sen causa que o xustifique ou sen estar autorizado para iso.

11. Atoparse no local de traballo, sen autorización, fóra da xornada laboral.

12. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, que non entrañen risco grave para o traballador, nin para os seus compañeiros ou terceiras persoas.

13. As discusións sobre asuntos estraños ao traballo durante a xornada laboral. Se tales discusións producisen graves escándalos ou alborotos, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

14. Distraer aos seus compañeiros durante o tempo de traballo e prolongar as ausencias breves e xustificadas por tempo superior ao necesario.

15. Usar o teléfono para asuntos particulares sen a debida autorización.

16. Negarse a asinar a recepción dos medios de protección que a empresa lle entregue.

Faltas graves. Serán consideradas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas de puntualidade nun mes, ou ata 3 cando o ratraso sexa superior a 15 minutos, en cada unha delas, durante o dito período, e sen causa xustificada.

2. Faltar dous días ao traballo durante un mes, sen causa que o xustifique.

3. Non prestar a dilixencia ou atención debidas no traballo encomendado, que poida supor risco ou prexuízo de certa consideración para o propio traballador, os seus compañeiros, a empresa ou terceiros.

4. A simulación de supostos de incapacidade laboral ou accidente.

5. A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, cando estas supoñan risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse ao uso dos medios de seguridade facilitados pola empresa.

6. A desobediencia aos superiores en calquera materia de traballo, sempre que a orde non implique condición vexatoria para o traballador, ou entrañe risco para a vida ou saúde, tanto del como doutros traballadores.

7. Calquera alteración ou falsificación de datos persoais ou laborais relativos ao propio traballador ou aos seus compañeiros.

8. A neglixencia ou imprudencia graves no desenvolvemento da actividade encomendada.

9. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares na obra ou centro de traballo, así como utilizar para usos propios ferramentas da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo, a non ser que se conte coa debida autorización.

10. A diminución voluntaria e ocasional no rendemento de traballo.

11. Proporcionar datos reservados ou información da obra ou centro de traballo ou da empresa a persoas alleas, sen a debida autorización para iso.

12. A ocultación de calquera feito ou falta que o traballador presenciase e que podería causar prexuízo grave de calquera índole para a empresa, para os seus compañeiros de traballo ou para terceiros.

13. Non advertir, inmediatamente, os seus xefes, o empresario ou quen o represente, de calquera ano

malía, avaría ou accidente que observe nas instalacións, maquinaria ou locais.

14. Introducir ou facilitar o acceso ao centro de traballo a persoas non autorizadas.

15. A neglixencia grave na conservación ou na limpeza de materiais e máquinas que o traballador teña ao seu cargo.

16. A reincidencia en calquera falta leve, dentro do mesmo trimestre, cando mediase sanción por escrito da empresa.

17. A reiteración -transcorridas vintecatro horasdo recollido no punto 16 da epígrafe referida a faltas leves.

Faltas moi graves. Serán consideradas as seguintes:

1. Máis de dez faltas de puntualidade non xustificadas cometidas no período de tres meses ou de vinte durante seis meses.

2. Faltar ao traballo máis de dous días ao mes sen causa ou motivo que o xustifique.

3. A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza no traballo, xestión ou actividade encomendados: o furto e o roubo, tanto aos seus compañeiros como á empresa ou a calquera persoa que se atope no centro de traballo ou fóra del durante o desenvolvemento da súa actividade laboral.

4. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en calquera material, ferramentas, máquinas, instalacións, edificios, aparellos, utensilios, documentos, libros ou vehículos da empresa ou do centro de traballo.

5. A embriaguez e a toxicomanía habitual durante o traballo, se repercuten negativamente nel.

6. A revelación a terceiros de calquera información de reserva obrigada, cando diso poida derivar un prexuízo sensible para a empresa.

7. A competencia desleal.

8. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración aos superiores, compañeiros ou subordinados.

9. A imprudencia ou neglixencia inescusables, así como o incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo, cando sexan causantes de accidente laboral grave, prexuízos graves aos seus compañeiros ou a terceiros, ou danos graves á empresa.

10. O abuso de autoridade por parte de quen a represente.

11. A diminución voluntaria e reiterada ou continuada no rendemento normal do traballo.

12. A desobediencia continuada ou persistente.

13. Os actos desenvolvidos no centro de traballo ou fóra del con motivo ou ocasión do traballo encomendado, que poidan ser constitutivos do delito.

14. A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable de noticias ou información falsa referente á empresa ou centro de traballo.

15. O abandono do posto ou do traballo sen xustificación, especialmente en postos de mando ou responsabilidade, ou cando iso ocasione evidente prexuízo para a empresa ou poida chegar a ser causa de accidente para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros.

16. A imprudencia temeraria no desempeño do traballo encomendado, ou cando a forma de realizalo implique risco de accidente ou perigo grave de avaría para as instalacións ou maquinaria da empresa.

17. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo semestre, sempre que fose obxecto de sanción por escrito.

Aplicación de sancións.

As sancións que as empresas poidan aplicar segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas serán as seguintes:

A) Faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

B) Faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 1 a 15 días.

C) Faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 16 a 90 días.

b) Despedimento.

Para a aplicacón e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A categoría profesional del.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Previamente á imposición de sancións por faltas graves ou moi graves aos traballadores que teñan a condición de representante legal ou sindical, seralles instruído expediente contraditorio por parte da empresa, no que serán oídos, á parte do interesado, os restantes membros da representación a que este pertencese, se os houber.

Naqueles supostos nos que a empresa pretenda impor unha sanción aos traballadores afiliados a un sindicato deberá, con carácter previo á imposición de tal medida, darlles audiencia aos delegados sindicais, se os houber.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdición competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ao traballador, facendo constar a data e os feitos que a motivan.

Non se poderán impor sancións que consistan na redución da duración das vacacións ou outra minoración dos dereitos ao descanso do traballador ou multa de haber.

Outros efectos das sancions. As empresas anotarán nos expedientes laborais dos seus traballadores as sancións que por falta grave ou moi grave se lles impoñan, anotando tamén a reincidencia nas faltas leves.