DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 02 de xullo de 2004 Páx. 9.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 134/2004, do 25 de xuño, polo que se ten por concluso o proceso segregador dos concellos de Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, coa aprobación do convenio que regula as obrigas das partes.

Por Decreto 415/1996, do 21 de novembro (DOG nº 233, do 28 de novembro), aprobouse a segregación de parte do termo municipal de Vilanova de Arousa, comprendido pola parroquia de S. Xulián de Arousa, para a constitución dun concello novo e independente chamado A Illa de Arousa.

Por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, do 20 de maio de 1998 (DOG nº 117, do 19 de xuño), ditáronse as disposicións necesarias para facilitar a reparación de cargas entre os concellos da Illa de Arousa e Vilanova de Arousa, resultantes do proceso segregador.

Co obxecto de pechar o proceso segregador, ao existir conformidade nas obrigas que se estipulan no convenio que aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos interesados, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e cinco de xuño de dous mil catro.

DISPOÑO:

Artigo único.-Tense por concluso o proceso segregador dos concellos de Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa, coa aprobación do convenio que regula as obrigas das partes.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto producirá efectos desde a data da súa publicación.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de xuño de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO