DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 30 de xuño de 2004 Páx. 9.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L., (código convenio 1503362) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-5-2004 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polo comité de empresa o día 24-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de maio de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L. de Xubia-Narón para os anos 2004 e 2005

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo refírese exclusivamente ás actividades que nas súas instalacións

industriais de Xubia-Narón desenvolve a empresa Megasa Siderúrgica, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afectará este convenio a todos os produtores que actualmente forman parte do cadro de persoal da empresa ou que entren nela durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración deste convenio será de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2004, sempre que sexa debidamente rexistrado pola autoridade laboral competente.

Producirá efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 2004.

Os conceptos económicos deste convenio: salarios base, horas extraordinarias, a denominada gratificación, primas de produción, complemento por quendas e complemento de traballo en festivo, incrementaranse no segundo ano da súa vixencia co IPC correspondente a 2004 (e publicado polo INE).

Artigo 4º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto neste convenio continuarán sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral, Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e as súas modificacións posteriores, e o Regulamento de réxime interior vixente.

Artigo 5º.-Normas para vixilancia e cumprimento.

Con suxeición ao establecido no artigo 85.3º do Estatuto dos traballadores, constitúese unha comisión paritaria, que entenderá, previamente, dos conflitos derivados da aplicación e interpretación con carácter xeral deste convenio. Comporase de seis vocais, dos que tres serán nomeados pola empresa e outros tres polo comité.

Os acordos ou resolucións adoptaranse por unanimidade de todos os membros da comisión paritaria e terán carácter vinculante. Se non se obtiver unanimidade, para a resolución das xestións deberanse seguir as vías xa previstas pola vixente normativa.

Artigo 6º.-Denuncia.

O convenio, ao final da súa vixencia, prorrogarase anualmente se ningunha das partes o denunciar cun mes de anticipación ao dito final.

A denuncia deberáselle comunicar por escrito á outra parte e, se for o caso, ao organismo competente da Administración.

Artigo 7º.-Compensación e absorción de melloras.

As condicións deste convenio colectivo son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeron por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio salarial, pacto de calquera clase (individual ou colectivo), usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

As disposicións legais que se poidan producir e que impliquen variacións de calquera tipo neste con

venio só terán eficacia práctica se considerados globalmente en cómputo anual superan o nivel deste convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

Capítulo II

Retribucións. Asignacións de carácter económico para o ano 2004

Artículo 8º.-Salarios.

Os salarios dos distintos grupos e categorías profesionais afectados por este convenio, serán os seguintes:

CategoríasA/mes

* Grupo 1
Técnicos
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados1.632,04

* Grupo 2
Técnicos
Peritos y técnicos industriais1.230,99
Os mesmos, con responsabilidade técnica por non exixir un titular de categoría superior e non ser precisa a dirección facultativa destes1.402,86
Axudantes de enxeñería e arquitectura1.230,99
Xefe de 1ª administrativo1.230,99

* Grupo 3
Empregados
Xefe de 2ª administrativo1.173,62
Operarios
Xefe de taller1.084,31
Xefe de laboratorio1.049,23
Mestre industrial970,93
Mestre de taller970,93
Xefe de sección940,26
Segundo mestre de taller880,34
Contramestre880,34

* Grupo 4
Empregados
Delineante de 1ª880,34
Operarios
Encargado852,94
Capataz de especialistas823,52

* Grupo 5
Empregados
Oficial de 1ª administrativo880,34
Viaxante880,34
Analista de 1ª880,34
Oficial de 2ª administrativo834,85
Delineante de 2ª834,85
Analista de 2ª834,85
Chofer de 1ª de camión836,06
Capataz de peóns773,60
Operarios
Profesionais siderúrxicos de 1ª27,84
Profesionais siderúrxicos de 2ª27,16
Oficial de 1ª27,84
Oficial de 2ª27,16

* Grupo 6
Empregados
Chofer de 2ª de camión815,28
Listeiro804,66
Chofer de turismo789,26
Almaceneiro766,88
Calcador757,48
Reprodutor de planos748,65
Auxiliar748,65
Pesador e basculeiro715,86
Garda xurado723,38
Vixilante715,86
Conserxe713,80
Enfermeiro683,60
Telefonista683,60
Operarios

CategoríasA/mes

Profesionais siderúrxicos de 3ª26,32
Oficial de 3ª26,32
Especialista25,55
Mozo especialista de almacén25,55
* Grupo 7
Empregados
Ordenanza715,86
Porteiro715,86
Persoal de limpeza673,95
Operarios
Peóns ordinarios24,03
Pinche17,99

Artigo 9º.-Gratificacións.

Establécense as seguintes gratificacións, que o persoal percibirá mensualmente, ata unha tonelaxe de 5.500 toneladas fundidas na sección de aceiría, e 2.800 toneladas laminadas na sección de laminación, e na forma que se detalla a seguir:

O importe da gratificación que corresponda a cada traballador, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado G1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL-DLNT

G1=

MDL

MDL= media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT= días (ou fracción) laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada produtor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de aceiría:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á produción directa na sección de aceiría percibirá 0,016593 A por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe posto dos asignados a servizos auxiliares percibirá 0,0132744 A por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

Sección de laminación:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á produción directa na sección de laminación percibirá 0,041735 A por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servizos auxiliares percibirá 0,033388 A por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador cun rendemento normal, percibirá, como gratificación á produción, a cantidade resultante de multiplicar a media da gratificación obtida no mes por un traballador, do coeficiente 1,00, na sección de fundición e na de laminación, por 0,75. E todo isto, de acordo coa forma e coeficientes que se sinalan a seguir, aplicados a cada categoría:

Importe grat. Acería (A)+importe grat. Lam. (B)

x0,75

2

CategoríasCoeficientes

Encargados1,50
Oficiais de 1ª1,25
Oficiais administrativos de 1ª1,25
Oficiais de 2ª1,00
Oficiais administrativos de 2ª1,00
Oficiais de 3ª1,00
Choferes1,00
Especialistas1,00
Peóns1,00
Auxiliares1,00
Delineantes1,00
Vixilantes1,00
Pesador1,00

É dicir, e como fórmula final:

A+B(1,50)

x 0,75 x (1,25) x G1

2(1,00)

Artigo 10º.-Prima á produción.

Esta prima aboaráselle mensualmente a cada traballador a partir dun mínimo de produción e sempre, claro está, que o produto elaborado estea dentro de normas comerciais, fixadas no programa de fabricación. O importe da prima á produción que a cada traballador corresponda, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado P1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL-DLNT

P1=

MDL

MDL= media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT= días (ou fracción) laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada produtor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de aceiría:

O número de toneladas que excedan o mínimo de cada chanzo multiplicarase polo prezo tonelada correspondente ao dito chanzo.

Táboa

TMS.ChanzosPrezo/TMValor chanzoValor chanzo

46.424 - 49.1980,01065429,5529,55
49.198 - 51.9710,01244234,5164,06
51.971 - 54.7450,01513241,97106,03
54.745 - 57.5180,01687746,81152,84
57.518 - 60.2920,01867651,80204,64
60.292 - 63.0660,02032456,37261,01
63.066 - 65.8390,02216361,47322,48
65.839 - 68.6130,02400166,57389,05
68.613 - 71.3860,02569271,26460,31
71.386 - 74.1600,02837878,71539,02

Resto a 0,028378 A/tonelada.

Ao persoal de servizos auxiliares aplicaráselle o coeficiente do 1,00.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías, carencia de materia prima e outros similares, non se traballase na sección de fundición, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima.

Cláusula de revisión.

Esta prima está calculada para as actuais condicións de traballo: catro quendas rotativas, o actual forno (nº 5), forno culler e máquina de coada, e as instalacións auxiliares e complementarias tal e como agora están. Calquera innovación, reforma ou mellora que incremente a produción determinará a revisión de prezos e sistemas, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ao inicio destas conversas, e cunha anticipación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que deberá fundamentarse a revisión.

Se non se chega a acordo dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular na vixente normativa.

En canto se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de produción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Sección de laminación:

Continuarase aplicando, por día de traballo efectivo, o sistema de primas estudado e realizado para esta empresa pola casa Bedaux, e que xa foi implantado no ano 1981.

Sinálase, por vía de exemplo, que a un rendemento de 80 puntos Bedaux, corresponderán 89 pesetas/hora, traballando neste caso, a catro quendas rotativas. Calquera incremento no número de quendas ou no tempo (de horas e minutos) de traballo efectivo determinará a revisión dos valores económicos comprendidos entre os correspondentes a aqueles óptimo e mínimo.

Os coeficientes que se lle aplicarán ao persoal desta sección sobre a prima resultante serán o 1,00, 1,03 e 1,50.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías (seguindo a clasificación de Bedaux), carencia de materia prima e outras similares, non se traballase na sección de laminación, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima. Se se deran estas circunstancias e mentres duren, estes tempos en que non se lamine non serían computables para efectos de cálculo de rendementos (segundo as normas de Bedaux).

Cláusula de revisión.

Esta prima está calculada para as actuais instalacións de Megasa e con bilete cadrado de sección 130x130 mm. Calquera innovación, reforma ou mellora que modifique e incremente a produción determinará a revisión de prezos e correspondente adaptación do sistema, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ao inicio destas conversas e cunha anticipación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que se deberá fundamentar a revisión.

Se non se chega a acordo, dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular nas disposicións legais vixentes.

Mentres se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de produción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador, cun rendemento normal, percibirá como prima á produción, a cantidade resultante de multiplicar a media da prima á produción obtida no mes por un traballador, dos do coeficiente 1,00 tanto na sección de aceiría como na de laminación, polos coeficientes máis abaixo indicados:

Impte. prima secc. aceiría+impte. prima secc. lamin.

xcoefic.

2

Persoal doutras dependenciasCoeficiente

Oficinas, laboratorio, choferes, mantemento e varios1,00

Artigo 11º.-Remuneración extrasalarial.

Mentres non sexa posible regular a retribución do traballo en función do rendemento, e mentres non se realicen os estudos necesarios para isto, establécese o devengo extrasalarial equivalente ao vinte e cinco por cento dos salarios base sinalados anteriormente, que percibirán por día de traballo todos os produtores que alcancen un normal rendemento independente do resultado obtido. Unha vez fixadas as táboas de rendementos mínimos, que se realizarán tomando como base unha actividade media mínima de 60 Bedaux ou cen centésimas, serán estas as que sirvan de base para o outorgamento dos premios de incentivo, quedando, por tanto, a partir dese mesmo momento sen efecto o vinte e cinco por cento antes citado, en todos aqueles postos de traballo en que chegase a implantarse o referido sistema.

Artigo 12º.-Premio por antigüidade.

O premio por antigüidade será o establecido pola vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e demais disposicións legais concorrentes e computarase para efectos económicos nas pagas de xullo, Nadal e vacacións, respectándose os topes establecidos no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán no aboamento de dúas gratificacións ao ano, unha en xullo e outra no Nadal, consistentes, cada unha, en trinta días do salario que figura nas táboas deste convenio, incrementado no 25% extrasalarial que se fixa no artigo 11º, aplicado só sobre o soldo base, máis a antigüidade correspondente a cada traballador, mais, a partir de 2005, o complemento de gratificación extraordinaria, cuxo importe para o dito ano se situará no 15% (de 539,02 A + IPC de 2004). Estas gratificacións aboaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias non se verá reducido no caso de IT producida por accidente laboral ou enfermidade común.

Artigo 14º.-Vacacións e descansos.

Establécense en trinta días naturais para todo o persoal, de acordo co artigo 38 do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 4/1983, do 29 de xuño. O desfrute delas poderá ser dividido en dous períodos: 21 días continuados nos meses de xullo ou agosto, que serán fixados pola empresa segundo as súas necesidades, e 8 días en período de temporada alta do calendario eléctrico (salvo en casos extraordinarios de avarías graves ou investimentos estruturais importantes), unidos, estes últimos, á parada do Nadal, deixando un día para desfrutar o 1 de xaneiro de cada ano.

Os descansos correspondentes a festividades traballadas realizaranse dentro do ano e de acordo coas necesidades técnicas, organizativas e produtivas da empresa. A data de descanso notificarase cun aviso previo razoable (aproximadamente dunha semana).

Cando se realicen reformas ou novas instalacións que requiran o concurso e/ou o adestramento do persoal de mantemento, de rápida intervención e operación, este non esperará a rematar as súas vacacións, e anticipará a súa reincorporación ao traballo no número de días preciso (normalmente un ou dous días) para que se poida iniciar o proceso produtivo con normalidade. O desfrute dos días anticipados farase dentro da temporada correspondente e de común acordo coa empresa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa, ao iniciarse as relacións de traballo, facilitaralle a cada traballador dúas fundas, dúas toallas e un par de botas de seguridade.

A duración normal da roupa será de catro meses para fundas e toallas, facilitándose un par de botas contra entrega das anteriores, por inservibles estas, cun máximo de tres pares ao ano.

Non obstante, a empresa facilitará as pezas que se soliciten naqueles casos necesarios e perentorios en que, logo do informe do xefe de sección, se xustifica a súa necesidade.

Así mesmo, a empresa terá ao dispor do persoal roupa e calzado adecuados para efectuar traballos en lugares que presenten moita sucidade, ademais de proporcionarlles ós seus traballadores todo o material de protección e seguridade que for preciso.

Artigo 16º.-Licenzas.

O traballador, logo de aviso e oportuna xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais, en caso de casamento.

b) Tres días naturais, por parto da esposa.

c) Tres días naturais, en caso de falecemento de pais, fillos, pais políticos, avós, netos, cónxuxe e irmáns, sempre que o óbito teña lugar na provincia, e cinco días naturais cando ocorra fóra dela, e dous días naturais no caso de falecemento de irmáns ou fillos políticos.

d) Dous días naturais, en caso de enfermidade grave de pais, avós, fillos e cónxuxe.

e) Un día natural, en caso de casamento de fillos ou irmáns ou por cambio de domicilio habitual.

f) Así mesmo, en 2005, todo traballador, logo de aviso e sen necesidade de xustificación, poderá desfrutar, dentro do réxime de licenzas deste artigo, dun día natural ao ano para asuntos propios, o cal, no suposto de non ser utilizado en 2005, non será acumulable a anos posteriores, agás que sendo denegado no mes de decembro non puidese desfrutalo antes de fin de ano, neste caso poderá solicitalo para unha data necesariamente incluída no primeiro trimestre do ano seguinte. A empresa, que deberá xustificar a recepción da solicitude, estará facultada para confirmar ou denegar esta licenza dentro da semana seguinte á mencionada recepción. Así mesmo, esta licenza, salvo a preceptiva confirmación da empresa, non poderá ser desfrutada no mesmo día por máis dun traballador da mesma quenda produtiva ou sección non a quenda.

En caso de ter sido confirmado o desfrute e darse dúas ou máis ausencias derivadas de baixas por enfermidade ou accidente ou outras licenzas, na mesma quenda produtiva ou sección non a quenda, ou unha avaría grave, a empresa poderá retirar a antedita confirmación ata o día inmediatamente anterior á data elixida.

Para ter dereito a esta licenza deberase ter unha antigüidade de, polo menos, tres meses na empresa.

En todos os demais casos aplicarase o disposto nas normas legais.

A remuneración estará integrada polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade e un cincuenta por cento da prima á produción correspondente a ese día.

Artigo 17º.-Complemento de distancia.

Todos os produtores percibirán, por este concepto, e sen que se teña que ter en consideración o número de quilómetros, a cantidade, igual para todos, de 0,25 A por día enteiro de traballo efectivo. Este complemento ten carácter extrasalarial.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Todos os traballadores con dereito a percibir suplemento de nocturnidade, de conformidade co disposto no artigo 36 do Estatuto dos traballadores, percibirán unha bonificación do 30% sobre o seu salario base, por noite.

Artigo 19º.-Complemento de quendas.

A todos os produtores que traballen en quendas rotativas aboaránselles 4,11 A por día de traballo efectivo e a dita cantidade será igual para todas as categorías.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre as de traballo efectivo aquí pactadas (artigo 22º), aboarase segundo o importe que figure nas táboas do artigo 21º.

Recoñécese o carácter de estruturais ás horas extraordinarias que vén realizando necesariamente esta empresa por causas técnicas obrigadas, como son as que afectan a cuarta quenda e o acendido e mantemento de fornos de aceiría e laminación; as orixinadas para reparación inmediata e urxente de avarías, cambios técnicos necesarios e outros imponderables.

Por outra parte, as horas extraordinarias traballadas poderán ser computadas por días de descanso, segundo as necesidades económicas, técnicas, organizativas e/ou produtivas.

Artigo 21º.-Valor das horas extraordinarias.

Os valores das horas extraordinarias acordadas para as distintas categorías son as seguintes:

Valor hora extra/antigüidadeValor hora extra domingo/festivo/antigüidade.

Categorías0510152025303505101520253035

Pinche4,175,59

Peón5,695,986,297,607,998,35

Especialista6,116,426,757,057,357,637,958,268,168,578,969,389,7910,2010,6111,01

Ofic. e P.S. de 3ª6,296,596,907,237,547,878,198,498,358,809,249,6410,0510,4810,9011,33

Ofic. e P.S. de 2ª6,496,827,137,457,798,138,468,778,639,069,559,9510,4010,8311,2711,69

Ofic. e P.S. de 1ª6,637,037,357,647,998,308,638,978,909,339,7910,2110,6811,1011,5412,00

Chofer de 1ª6,637,037,357,647,998,308,638,978,909,339,7910,2110,6811,1011,5412,00

Listeiro6,386,757,067,377,688,028,308,618,568,969,399,8210,2610,6811,1311,54

Basculeiro e vixilante5,675,946,256,556,797,107,357,647,577,958,288,719,069,419,8110,20

Persoal limpeza5,345,576,116,376,627,107,458,168,518,86

Xefe de 2ª adm.9,489,9510,4510,9111,4011,8512,3112,7212,6513,2413,9414,5515,1715,8416,4217,06

Ofic. 1ª ad. e contram.7,057,417,738,088,468,809,159,539,399,8710,3310,7511,2711,7212,1812,66

Ofic., del. e anal. 2ª6,636,977,327,647,998,308,618,978,879,339,7910,2110,6711,1011,5411,98

Aux. adm.5,936,256,567,928,288,73

Perito9,9510,4610,9311,4611,9312,4112,9513,4213,2413,9614,6115,3015,8916,5617,2417,87

Mestre de taller7,798,178,568,969,339,7310,1110,5010,4010,9311,4411,9712,4813,0113,5214,03

Encargado6,797,157,507,828,198,518,869,219,069,559,9510,4610,9111,3411,8312,27

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivo, para o persoal que o faga a tres, catro e cinco quendas rotativas (artigo 25º) e consideradas en cómputo anual, será de mil setecentas oitenta e dúas horas e trinta minutos, de acordo co seguinte calendario.

O persoal de xornada partida, o de taller de laminación e o de mantemento fará 8 horas diarias de traballo efectivo, de luns a venres, ambos incluídos, coa única excepción dos días 24 e 31 de decembro, que fará 4 horas de traballo efectivo, se non coinciden en sábado ou festivo. Para os anos 2004 e 2005 reducirase a xornada en tres días de traballo efectivo. Estes tres días serán fixados de mutuo acordo, ao confeccionar o calendario anual.

O horario para as seccións de mantemento será de 8.00 a 13.00 horas e de 14.30 a 17.30 horas, excepto o día que por mantemento se pare a produción (xeralmente os xoves, na sección de aceiría, e os venres, na sección de laminación), que o farán de mañá, de 6.45 a 15.00 horas, con descanso de 15 minutos,

na sección de aceiría, os días medios e baixos do calendario eléctrico, e de 14.00 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de laminación, os días medios e baixos do calendario eléctrico.

O horario de dúas quendas, mañá e tarde, será de luns a venres, de 5.45 a 14.00 horas, e de 14.00 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Para o suposto de que, por disposición legal vinculante, se variase o calendario eléctrico (de horas punta, chan e val), as partes deliberantes deste convenio comprométense a negociar, o máis tarde dentro do mes seguinte, a adecuación do contido deste terceiro parágrafo ás novas necesidades económicas, técnicas, organizativas e/ou produtivas da empresa.

Cando se precise continuar a xornada, por ser necesario finalizar as tarefas iniciadas en mantemento, e que afecten o proceso produtivo, investimentos ou a posta en marcha da instalación, será obrigatorio prolongar a xornada do persoal responsable do traballo,

en sete horas en cómputo semanal, sen superar o 50% nun só día, acumulando as horas que superen o horario da xornada, e que as desfrutará posteriormente de común acordo coa empresa.

Xornadas (I).

Xornada partida.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8.30 a 13.00 horas.

Tarde: de 14.30 a 18.00 horas.

Taller de laminación.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8.00 a 13.00 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Mantemento.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Mañá: de 8.00 a 13.00 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Día de paro por mantemento.

Acería, xeralmente os xoves (días medios e baixos):

Xornada de mañá: de 6.45 a 15.00 horas, con descanso de 15 minutos.

Laminación, xeralmente os venres (días medios e baixos):

Xornada de tarde: de 14.00 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Dúas quendas, mañá e tarde.

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

De luns a venres:

Turno de mañá: de 5.45 a 14.00 horas, con descanso de 15 minutos.

Turno de tarde: de 14.00 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

O resto de horarios figuran como anexos a este convenio.

Artigo 23º.-Seguro de grupo.

Afectará a todos os traballadores que actualmente forman parte do persoal da empresa ou entren no futuro a formar parte del.

Os riscos cubertos son:

a) En caso de falecemento, o pagamento dun capital de 18.030,36 A.

b) En caso de invalidez absoluta e permanente, o pagamento dun capital igual ao indicado na alínea a).

c) En caso de falecemento por accidente, o pagamento dun capital igual ao dobre do indicado na alínea a).

d) En caso de falecemento por accidente de circulación, o pagamento dun capital igual ao triple do indicado na alínea a).

Aclárase que acollerse a un deste supostos exclúe os outros tres.

Artigo 24º.-Complemento de traballo en festivo.

O persoal suxeito a horario do tipo tres, catro ou cinco quendas rotativas traballará, como mínimo, doce festividades ao ano e percibirá 65,86 A por cada unha traballada. O traballo nestes festivos será considerado para todos os efectos como xornada ordinaria e, en ningún caso, será computable para as vacacións regulamentarias.

Artigo 25º.-Quinta quenda rotativa.

O horario de traballo para as seccións de aceiría e laminación adecuarase a cinco quendas rotativas, negociarase só en canto a calendario anual e ciclos de rotación.

As horas non traballadas na quinta quenda, ata completar o número das anuais pactadas, terán que realizarse cubrindo baixas por absentismo e na realización de traballos varios.

Artigo 26º.-Complementos de IT.

Ao persoal que estea en situación de IT derivada de enfermidade común aboaránselle os tres primeiros días da primeira enfermidade anual ao 65% da súa base reguladora.

A partir da data de sinatura do convenio, o traballador que se atope en situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral recoñecido como tal pola mutua de A.T. e E.P. (excluído o in intinere), a empresa complementaralle a actual porcentaxe aboada por aquela nun 10%, sendo, por tanto, a prestación aboada por día, equivalente, e nunca superior, ao 85% da base reguladora legal diaria do traballador. Este complemento operará desde o oitavo día ata o cento vinte día de baixa.

Se o índice de gravidade (IG: nº de xornadas perdidas por accidente con baixa por cada mil horas traballadas), fose superior ao 0,60 ao finalizar calquera ano en que o complemento viñese sendo aboado, este será suprimido. Pode volverse instaurar o ano seguinte a aquel en que o IG se sitúe por baixo do valor de referencia (0,60).

Se a normativa xeral reguladora da prestación por IT derivada de accidente laboral sufrise algún cambio que alterase o contido esencial do aquí pactado, a aplicación deste artigo quedará en suspenso.

Artigo 27º.-Mobilidade na empresa.

A mobilidade no seo da empresa non terá outras limitacións que as exixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exercer a prestación laboral e pola pertenza ao grupo profesional. Na falta de definición de grupos profesionais, tal mobi

lidade poderase efectuar entre categorías profesionais equivalentes. Como é obvio, e dadas as características da empresa, esta mobilidade levará sempre emparellada a do horario, que pasará a ser o do novo destino.

Esta mobilidade para a realización de funcións non correspondentes ao grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade produtiva. O empresario deberá comunicar esta situación aos representantes dos traballadores.

A mobilidade efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcións que efectivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invocar as causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia desta mobilidade.

Se como consecuencia dela se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamar o ascenso ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclamar a diferenza salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité, o traballador poderá reclamar ante a xurisdición competente.

O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído no supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometemento ás regras previstas para as modificación de condicións de traballo.

Capítulo III

Xeneralidades

Artigo 28º.-Clasificación profesional.

Acéptase clasificar as categorías deste convenio en grupos profesionais, seguindo o acordo marco asinado polas federacións do metal (CC.OO., UGT e CIG), dunha parte, e da outra Confemetal, e publicado no BOE número 55, do 4-3-1996.

Acórdase que a empresa realice os estudos necesarios de postos de traballo e categorías profesionais para adaptarse á súa actividade específica.

Artigo 29º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio aplicarase o que dispoña en cada materia a lexislación vixente.

Anexo ao convenio de Megasa Siderúrgica, S.L. do ano 2003.

Táboas salariais anuais

CategoríasA/ano

* Grupo 1
Técnicos28.546,97
Enxeñeiros, arquitectos e licenciados28.546,97

* Grupo 2
Técnicos
Peritos e técnicos industriais21.531,94
Os mesmos, con responsabilidade técnica por non exixir un titular de categoría superior e non ser precisa a dirección facultativa destes24.538,36
Axudantes de enxeñería e arquitectura21.531,94
Xefe de 1ª administrativo21.531,94

* Grupo 3
Empregados
Xefe de 2ª administrativo20.528,63
Operarios
Xefe de taller18.966,29
Xefe de laboratorio18.352,96
Mestre de taller16.983,29
Xefe de sección16.446,64
Segundo mestre de taller15.398,57
Contramestre15.398,57

* Grupo 4
Empregados
Delineante de 1ª15.398,57
Operarios
Encargado14.919,48
Capataz de especialistas14.404,57

* Grupo 5
Empregados
Oficial de 1ª administrativo15.398,57
Viaxante15.398,57
Analista de 1ª15.398,57
Oficial de 2ª administrativo14.602,77
Delineante de 2ª14.602,77
Analista de 2ª14.602,77
Chofer de 1ª de camión14.624,00
Capataz de peóns13.531,71
Operarios
Profesionais siderúrxicos de 1ª14.085,05
Profesionais siderúrxicos de 2ª13.739,84
Oficial de 1ª14.085,05
Oficial de 2ª13.739,84
* Grupo 6
Empregados
Chofer de 2ª de camión14.260,42
Listeiro14.074,79
Chofer de turismo13.805,56
Almaceneiro13.413,95
Calcador13.249,44
Reprodutor de planos13.094,97
Auxiliar13.094,97
Pesador e basculeiro12.521,62
Garda xurado12.653,20
Vixilante12.521,62
Conserxe12.485,79
Enfermeiro11.957,43
Telefonista11.957,43
Operarios
Profesionais siderúrxicos de 3ª13.311,03
Oficial de 3ª13.311,03
Especialista12.922,20
Mozo especialista de almacén12.922,20
* Grupo 7
Empregados
Ordenanza12.521,62
Porteiro12.521,62
Persoal de limpeza11.788,51
Operarios
Peóns ordinarios12.148,18
Pinche9.095,68

Xornadas (II).

Código identificativo calendarios anexos a

24-5-2004.

Anexo I: aceiría.

Anexo II: laminación (tren e outros).

Anexo IV: laminación (forneiros).

Anexo V: transportes e outros.

Os días de cada mes que aparecen sinalados coas letras que a seguir se expoñen, cada produtor traballará na quenda que lle sexa asignada e na forma que se indica a seguir:

M: de 6.00 a 14.00 con 15 minutos de descanso.

M4: de 6.00 a 10.00 (máximo de 18 por quenda e ano).

M5: de 6.00 a 11.00 (máximo de 18 por quenda e ano).

T: de 14.00 a 22.00 con 15 minutos de descanso.

N: de 22.00 a 6.00 con 15 minutos de descanso.

V: vacacións.

D: descanso.

* Xornadas empregadas no anexo III:

M: de 6.00 a 14.15 con 15 minutos de descanso.

M: de 6.15 a 14.30 con 15 minutos de descanso.

M7: de 7.00 a 15.00 con 15 minutos de descanso.

T8: de 13.30 a 21.15 con 15 minutos de descanso.

T9: de 13.30 a 22.15 con 15 minutos de descanso.

N: de 22.00 a 6.15 con 15 minutos de descanso.

N: de 22.15 a 7.00 con 15 minutos de descanso.

N9: de 21.15 a 6.00 con 15 minutos de descanso.

Os calendarios que figuran como anexos deste convenio, e que de momento non estean aplicándose, poderán ser iniciados, indistintamente, logo dos axustes necesarios para garantir o tope de xornada anual pactada. A empresa, se é o caso, comunicaría tal cambio ademais de á parte social, aos traballadores que corresponda, e con trinta días de antelación ao seu inicio.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA