DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 30 de xuño de 2004 Páx. 9.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 24 de maio de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CC.OO., CIG, UGT, CSI-CSIF e SAE, de selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Advertidos erros na Resolución conxunta do 24 de maio de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e da División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 104, do día 1 de xuño de 2004, é preciso facer as seguintes correccións:

Na páxina 7.757 no punto 11.1.1 da norma xeral 11. Penalizacións, onde di: «... Será penalizado pasando ao cabo da lista da súa categoría o aspirante que renuncie por primeira vez a unha oferta de vinculación...», debe dicir: «Será penalizado pasando ao cabo da lista da súa categoría o aspirante que renuncie por primeira vez a unha oferta de vinculación ou renuncie a un vínculo xa formalizado».

Na páxina 7.760 no parágrafo segundo da epígrafe B) da norma xeral 12.5. Cobertura de atención urxente extrahospitalaria. I. Selección de persoal temporal no ámbito da atención urxente no nivel da atención primaria, onde di: «... para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias non incluídas na epígrafe anterior:», debe dicir: «... para outras vinculacións das urxencias extrahospitalarias non incluídas na epígrafe A anterior».

Na páxina 7.760 no punto 1 da epígrafe B) da norma xeral 12.5. Cobertura de atención urxente extrahospitalaria. I. Selección de persoal temporal no ámbito da atención urxente no nivel da atención primaria, onde di: «A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire a epígrafe anterior...», debe dicir: «A listaxe elaborarase cos aspirantes a que se refire a epígrafe A anterior».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica, onde di: «A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de 5 puntos», debe dicir: «A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos desta epígrafe será de 3,5 puntos».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica, onde di: «2) Posgrao: (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 1 punto)», debe dicir: «2) Posgrao: (a puntuación máxima acadable nesta epígrafe será de 1,5 puntos)».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica, advertida omisión no punto 2) posgrao,

deberá inserirse como último parágrafo o seguinte: «Por acreditar a suficiencia investigadora: 0,50 puntos».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica, onde di: «3) Grao de doutor: 1,5 puntos», debe dicir: «3) Grao de doutor: 1,75 puntos».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica. 3) Grao de doutor, onde di: «-A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas epígrafes 2 e 3, será de 1,5 puntos», debe dicir: «-A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas epígrafes 2 e 3, será de 2 puntos».

Na páxina 7.768 no anexo II punto I. Formación académica, advertida omisión no punto 3) Grao de doutor, deberá inserirse antes do último párrafo deste apartado o seguinte: «A valoración de grao de doutor excluirá a valoración dos cursos de doutoramento e/ou da suficiencia investigadora».

Na páxina 7.768 no anexo II punto II. Formación continuada, onde di: «Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, ...», debe dicir: «Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos e/ou colexios oficiais de odontólogos...».

Na páxina 7.773 no anexo V punto V. Experiencia profesional, onde di: «4) Pola permanencia na lista especial (disposición 12, epígrafes 4 e 5 dos supostos especiais deste pacto)...», debe dicir: «4) Pola permanencia na lista especial (disposición 12, epígrafes 3 e 5 dos supostos especiais deste pacto)...».

Na páxina 7.775 no anexo VI, onde di: «VI Desemprego», debe dicir: «V Desemprego».

Na páxina 7.775 no anexo VI, onde di: «VII Coñecemento da lingua galega», debe dicir: «VI Coñecemento da lingua galega».

Advertida omisión na páxina 7.777 debe figurar: anexo VIII. Áreas limítrofes con carácter xeral agás que na solicitude se especifique outra.

A) Provincia da Coruña:

-Área sanitaria da Coruña.

Áreas máis próximas:

* Ferrol.

* Santiago de Compostela.

-Área sanitaria de Ferrol.

Áreas máis próximas:

* A Coruña.

* Burela.

-Área sanitaria de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas:

* A Coruña.

* Pontevedra Norte.

B) Provincia de Lugo:

-Área sanitaria de Burela.

Áreas máis próximas:

* Lugo.

* Ferrol.

-Área sanitaria de Lugo.

Áreas máis próximas:

* Burela.

* Monforte de Lemos.

-Área sanitaria de Monforte de Lemos.

Áreas máis próximas:

* Lugo.

* O Barco de Valdeorras.

C) Provincia de Ourense:

-Área sanitaria de Ourense.

Áreas máis próximas:

* O Barco de Valdeorras.

* Pontevedra Sur.

-Área sanitaria do Barco de Valdeorras.

Área máis próxima:

* Ourense.

D) Provincia de Pontevedra:

-Área Sanitaria de Pontevedra Norte.

Áreas máis próximas:

* Santiago de Compostela.

* Pontevedra Sur.

-Área Sanitaria de Pontevedra Sur.

Área máis próxima:

* Pontevedra Norte.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2004.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servizo Galego de Saúde

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL