DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 28 de xuño de 2004 Páx. 9.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de modificación de artigos do convenio colectivo da empresa Maviva, S.A.

Vista a acta de modificación de artigos do convenio colectivo da empresa Maviva, S.A., con nº de código 3603262, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 20-5-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 29-4-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de maio de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de reunión

Empresa Maviva, S.A.

Asunto principal: eliminación da categoría de operario de 1 ano.

Asistentes:

Noemí López, Daniel Gómez, Ángel Barbosa, Benjamín Dacosta, Maite Santiago, Iván Álvarez, Manolo Martínez, Javier González, Juan Carlos Rodríguez e Fernando Dacosta.

1. Na reunión mantida o 29-4-2004, entre o comité de Maviva e os representantes da empresa Maviva, S.A., acórdase aceptar a proposta da empresa, consistente en modificar as categorías actuais do convenio co fin de eliminar a categoría de operario de 1 ano e o salario correspondente a ela.

2. Os operarios de 1 ano (que pertencen a esta categoría na actualidade) pasarán a operarios en formación (co salario correspondente a esta nova categoría) e a partir da data do cambio iniciarase a conta para o tempo de estadía nela, que será dun ano.

3. Os operarios de 2º ano (que pertencen a esta categoría na actualidade) pasarán a operarios en formación (co salario que teñen na actualidade) computándose o tempo de estadía na categoría de operario de 2º ano para efectos de cambio de categoría.

4. O resto das categorías permanecerán como ata o de agora, tanto no tempo de permanencia como na súa denominación.

5. A seguir achéganse as modificacións realizadas no convenio de Maviva, S.A., nos artigos 4, 6 e as táboas salariais.

Artigo 4º.-Definición das categorías profesionais.

Neste artigo defínense as categorías profesionais que agrupan as diversas tarefas e funcións que se realizan no ámbito funcional do presente convenio:

-Licenciados: é o que desempeña cometidos para cuxo exercicio se exixe ou require o título de doutor, licenciado ou enxeñeiro, en calquera dependencia ou servizos da empresa.

-Diplomados: é o que desempeña cometidos para cuxo exercicio se exixe ou require o título académico de grao medio, en calquera dependencia ou servizos da empresa.

-Operador loxístico de primeiro ano: é a persoa que realiza e asume as responsabilidades de xestión, recepción, entrega e as reclamacións das mercadorías por parte dos clientes; ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que sexan encomendadas polos seus superiores.

-Operador loxístico: é a persoa que realiza as mesmas funcións que o operador loxístico de primeiro ano, a partir do segundo ano de permanencia na empresa, ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que sexan encomendadas polos seus superiores.

-Auxiliar administrativo de primeiro ano: é a persoa que no seu primeiro ano efectúa labores auxiliares. Estes labores poden ser de arquivo, distribución de correspondencia, punteos, xestións preestablecidas presentación de documentos ante organismos oficiais e calquera outro de similares características, ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores. Pode utilizar para o desenvolvemento do seu traballo máquinas auxiliares de oficina.

-Auxiliar administrativo: é a persoa que realiza as funcións do auxiliar administrativo de primeiro ano, a partir do segundo ano de permanencia na empresa, ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

-Oficial administrativo: é a persoa que desempeña as funcións do auxiliar administrativo e ademais desenvolve as funcións de administración propias da execución práctica desas tarefas, ben como as encomendadas polos seus superiores.

-Coordinador de almacén: é a persoa que pode realizar as funcións do operario de 1ª e do operario e ademais realiza:

a) Tarefas de coordinación entre varios equipos, quendas e centros de traballo.

b) Mantemento xeral dos medios de produción.

c) Así como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

-Operario de 1ª: é a persoa que realiza as funcións do operario e ademais ten:

a) Capacidade de formar outros operarios.

b) Responsabilidade de quendas e/ou equipos.

c) Así como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

-Operario: é a persoa que realiza as seguintes funcións:

a) Tarefas do día a día.

b) Tarefas de mantemento.

c) Recepción e transporte.

d) Estiba e expedición.

e) Así como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

-Axudante de operario: é a persoa que realiza as funcións de operario durante o seu segundo ano de servizos na empresa, ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

-Operario en formación: é a persoa que realiza as funcións de operario durante o seu primeiro ano de servizos na empresa, ben como todas as propias da execución práctica desas tarefas e que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

Artigo 6º.-Ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ás seguinte regras:

a) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-O operario en formación polo transcurso do período de 1 ano ascenderá á categoría de axudante de operario, sempre e cando sigan prestando servizos para a empresa.

-O axudante de operario polo transcurso do período de 1 ano ascenderá á categoría de operario, sempre e cando sigan prestando servizos para a empresa.

-O operario polo transcurso do período de 1 ano ascenderá á categoría de operario de primeira, sempre e cando sigan prestando servizos para a empresa.

-O operador loxístico de primeiro ano pasará a operador loxístico polo transcurso do período de 1 ano, sempre e cando siga prestando servizos para a empresa.

-O auxiliar administrativo de primeiro ano pasará a auxiliar administrativo polo transcurso do período de 1 ano, sempre e cando siga prestando servizos para a empresa.

b) Ascenso por concurso.

1. Para ascender ás diversas categorías existentes ata a de operario de primeira, a empresa poderá convocar concursos que permitan clasificar o persoal para, ou ben cubrir as vacantes producidas por baixas de persoal na cadro de persoal, ou ben cubrir as vacantes de nova creación que a empresa considere necesarias, establecendo a mesma os requisitos e as condicións necesarias para o acceso aos ditos concursos.

Para poder ascender á categoría de operario de primeira será requisito imprescindible unha permanencia mínima, prestando servizos para a empresa, de 6 meses.

As probas profesionais dos concursos serán teórico-prácticas.

Unha vez efectuada a valoración das probas profesionais, por parte do Departamento de Recursos Humanos (Formación), a valoración trasladarase para a súa comunicación a unha comisión paritaria, constituída por:

-2 membros en representación da empresa.

-2 membros da representación social, que sexan dunha categoría superior ou de igual categoría á do posto que se pretenda cubrir, se existir, de non ser así, da categoría máis próxima.

ANEXO II

Táboa salarial do ano 2004

A) Salario base.

Categoría

Euros mensual

Euros anual

(14 pagas)

Operario en formación598,758.382,50

Axudante de operario633,568.869,84

Operario710,139.941,82

Operario de primeira786,7211.014,08

Coordinador de almacén856,3511.988,9

Operador loxístico de primeiro ano598,758.382,5

Operador loxístico710,139.941,82

Auxiliar administrativo de primeiro ano598,758.382,5

Auxiliar administrativo633,568.869,84

Oficial administrativo849,3711.891,18

Diplomado877,2312.281,22

Licenciado946,8413.255,76