DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 28 de xuño de 2004 Páx. 9.148

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xuño de 2004 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Viana do Bolo (Ourense).

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2004.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Viana do Bolo.

Localidade: Viana do Bolo.

Código do centro: 32016777.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Viana do Bolo.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Carlos Casares.