DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 28 de xuño de 2004 Páx. 9.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xuño de 2004 pola que se ditan instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

A orde de elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma pretende anticipar a orientación das liñas básicas do próximo exercicio, establecendo ao mesmo tempo os pasos a seguir no proceso de achega e posterior agregación de datos, así como o tratamento da diversa documentación que segundo o establecido no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia integrará o proxecto de lei que se someterá finalmente á decisión do Parlamento para a súa aprobación.

Nun contexto internacional non exento de aspectos negativos, pero onde tamén poden apreciarse síntomas evidentes de recuperación económica, os orzamentos do ano 2005 estarán preferentemente orientados á dinamización do crecemento e ao apoio ás políticas de gasto que en maior medida contribúen ao reforzamento da cohesión social dentro dos requirimentos propiciatorios da formación de marcos macroeconómicos estables, en liña coas orientacións da Unión Europea.

Polo indicado, e conforme as competencias que lle corresponden á Consellería de Economía e Facenda, en virtude do establecido no artigo 7 c) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, apróbanse as seguintes instrucións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Artigo 1º.-Ámbito da aplicación.

As disposicións contidas nesta orde serán de aplicación á elaboración do anteproxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2005, no cal se integran os correspondentes a:

a) A Administración xeral da Comunidade Autónoma (órganos estatutarios e consellerías).

b) Os organismos autónomos.

c) As sociedades públicas de carácter mercantil.

d) Os demais entes do sector público a que se refire o artigo 12.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 2º.-Criterios de orzamentación.

Na elaboración dos orzamentos do ano 2005 serán tomadas en consideración as orientacións de política económica do Goberno e os obxectivos derivados dos escenarios orzamentarios da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2000-2006.

A continuidade das actuacións contempladas no plan de dinamización e as propostas establecidas no plan estratéxico de desenvolvemento económico

de Galicia servirán de referencia para a priorización dos investimentos.

Dentro deste marco, o proceso de elaboración dos orzamentos no ano 2005 orientarase polas directrices e criterios de carácter xeral que se indican a seguir:

a) Os recursos da Comunidade Autónoma e, de forma moi especial, os destinados a investimentos, estarán orientados á consecución dun modelo de crecemento adecuado, que facilite a consolidación dunha economía estable e competitiva, favorecedora da elevación das rendas e da creación de emprego.

b) Coa finalidade de conseguir unha adecuada taxa de aforro destinada ao financiamento de investimentos, a evolución dos gastos correntes non poderá superar no ano 2005 a dos ingresos da mesma condición.

c) Deberán ser garantidos, como mínimo, os actuais niveis de cobertura dos servizos públicos de carácter básico.

d) O gasto destinado a investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, será reforzado de forma significativa.

e) A eficiencia económica do gasto, así como a proposta de obxectivos concretos e a posibilidade da súa avaliación, servirá como referencia no momento de determinar calquera maior asignación de capacidade de gasto con cargo aos orzamentos do ano 2005.

f) Os créditos que se asignen á execución dos diferentes programas de gasto axustaranse en calquera caso ás dispoñibilidades financeiras existentes, na medida precisa para asegurar o cumprimento dos compromisos de estabilidade orzamentaria que obriguen a comunidade autónoma.

Artigo 3º.-Estrutura orzamentaria.

Un. O orzamento de ingresos elaborarase de acordo coa clasificación económica que figura no anexo I desta orde, e coa clasificación orgánica que se corresponde cun único centro xestor na Administración xeral e con centros de xestión diferenciados para cada un dos organismos autónomos administrativos.

Dous. Os orzamentos de gastos da Administración xeral e dos distintos organismos autónomos administrativos estruturaranse consonte a clasificación económica, orgánica e funcional por programas que figuran nos anexos II, III e IV.

Tres. Os orzamentos de ingresos e gastos dos organismos autónomos comerciais, financeiros e análogos estruturaranse de acordo coa clasificación económica, orgánica e funcional establecida con carácter xeral e, ademais, polo que respecta aos estados financeiros que están obrigados a presentar, de acordo coas normas específicas de carácter contable recollidas no capítulo IV do texto refundido da Lei de

réxime financeiro e orzamentario de Galicia que lles son de aplicación.

Catro. Os orzamentos de explotación e capital e demais estados financeiros das sociedades públicas presentaranse de acordo coas particularidades establecidas no capítulo V do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 4º.-Proceso de elaboración e documentación xustificativa.

Un. A Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda levará a cabo as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos necesarios para a elaboración do anteproxecto de ingresos. Para tal efecto, a Dirección Xeral de Tributos facilitará a información relativa ás previsións de ingresos en concepto de impostos directos, indirectos, taxas e prezos, a Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios a referente aos ingresos procedentes do FCI e de fondos europeos, e a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro a correspondente ao capítulo IX.

A inclusión de ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas, e correlativamente a dotación de créditos no orzamento de gastos, unicamente será posible logo de xustificación do dereito á súa percepción por parte das consellerías afectadas.

As consellerías que tiveran adscritos organismos autónomos remitirán as previsións de ingresos correspondentes a cada un deles.

Dous. As propostas de anteproxectos dos estados de gastos dos órganos estatutarios da Comunidade Autónoma, das consellerías e dos organismos autónomos a elas adscritos, elaboraranse conforme os criterios e os obxectivos fixados nos escenarios orzamentarios e demais directrices aprobadas pola Xunta de Galicia e remitiranse, no soporte informático establecido, á Dirección Xeral de Orzamentos, no prazo sinalado no artigo 51 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A Administración da Comunidade Autónoma e os organismos autónomos utilizarán para a xustificación das súas propostas a documentación que se detalla nos anexos V e VI desta orde. A dita documentación, segundo as indicacións contidas nos citados anexos, obterase nuns casos informaticamente pola Dirección Xeral de Orzamentos, e noutros cubrirase polo centro xestor.

As dotacións correspondentes ao capítulo I de gastos serán elaboradas pola Dirección Xeral de Orzamentos con base no número de efectivos conforme as RPT vixentes.

As propostas de dotación de crédito que afecten conceptos dos capítulos II e IV que durante o ano 2004 financiasen transferencias de crédito, non podarán superar o importe definitivo resultante do ano 2004 despois da minoración realizada. En todo caso, e de forma excepcional, a Consellería de Eco

nomía e Facenda poderá ter en conta as novas necesidades que impliquen un incremento respecto do indicado anteriormente.

Sen prexuízo das propostas de dotación de créditos, das consellerías e organismos autónomos, para o capítulo III de gastos, a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro remitirá a correspondente proposta para os capítulos III e IX da sección 22 do orzamento de gastos.

A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios facilitará á Dirección Xeral de Orzamentos a relación de proxectos financiados con cargo ao FCI, acordados con cada unha das consellerías para o seu financiamento con cargo ao crédito incluído na sección 33 do anteproxecto de orzamentos xerais do Estado para o ano 2005, correspondentes a esta comunidade autónoma.

Tres. As sociedades públicas a que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia remitirán en soporte informático á Dirección Xeral de Orzamentos, a través da consellería de que dependan, a documentación a que se fai referencia no anexo VII.

Catro. A Dirección Xeral de Orzamentos examinará, en coordinación coas consellerías, secretarías xerais e, se é o caso, cos órganos responsables dos programas de gasto, a documentación orzamentaria recibida, para efectos de axustar os créditos ás previsións de financiamento realizadas e ao establecido nesta orde e na restante normativa aplicable.

Artigo 5º.-Texto articulado.

Un. A Dirección Xeral de Orzamentos redactará o texto articulado do anteproxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Dous. As consellerías, e a través delas os organismos autónomos, poderán presentar ata o 15 de setembro as propostas normativas de contido orzamentario que consideren procedentes, acompañadas dunha memoria explicativa da súa necesidade e dun informe en que se cuantifique, se é o caso, a repercusión da proposta sobre gastos e ingresos.

Artigo 6º.-Memoria e informe económico-financeiro.

Un. A redacción da memoria xeral será levada a cabo pola Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Economía e Facenda.

Dous. As memorias correspondentes a cada unha das consellerías serán elaboradas por estas consonte o contido e as instrucións que figuran no anexo VIII, para a súa remisión á Dirección Xeral de Orzamentos na data que se indicará en función da marcha do proceso de elaboración do anteproxecto de orzamentos.

Tres. A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios terá ao seu cargo a elaboración do informe económico-financeiro que acompañará o proxecto de Lei de orzamentos xerais baseándose, de ser o caso, nos informes e previsións

de conxuntura económica elaborados polo Instituto Galego de Estatística e a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Tendo en conta as análises e as propostas de ingresos e gastos resultantes de todo o actuado, e no marco derivado dos escenarios orzamentarios da Comunidade Autónoma, a Consellería de Economía e Facenda formulará o anteproxecto de Lei de orzamentos xerais e someterao á aprobación da Xunta de Galicia.

Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Orzamentos para o desenvolvemento das normas contidas nesta orde, especialmente as relativas á definición, normalización e contido da clasificación económica e por programas, así como para adecuar, se é o caso, os documentos que se indican no seu artigo 4º, creando ou substituíndo os que se consideren precisos en función das necesidades resultantes do proceso de elaboración.

Terceira.-A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2004.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

CLASIFICACIÓN ECONÓMICA DOS INGRESOS PÚBLICOS

Código da clasificación económica dos ingresos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma e os organismos autónomos.

Os recursos que prevé liquidar, segundo a súa natureza económica, clasificaranse por capítulos, artigos, conceptos e subconceptos, tal como se detalla no seguinte sistema de codificación.

Esta estrutura de clasificación inicial por artigos, conceptos e subconceptos considérase aberta, polo que poderán proporse os novos elementos que se consideren necesarios en calidade de atípicos, cando non figuren incluídos na codificación inicial.

A clasificación económica, co detalle antes definido, terá carácter informativo para efectos de lograr unha axeitada identificación dos dereitos económicos da Facenda pública no momento do seu rexistro contable. Para efectos da súa orzamentación, a desagregación das previsións nos distintos niveis da clasificación por categorías económicas será elaborada polos distintos centros xestores dos ingresos en función da información dispoñible por eles.

CAPÍTULO I.-IMPOSTOS DIRECTOS E COTIZACIÓNS SOCIAIS

1Impostos directos.
10Sobre a renda.
100Tarifa autonómica sobre a renda das persoas físicas.

11Sobre o capital.
110Imposto xeral sobre sucesións e doazóns.
111Imposto sobre o patrimonio das persoas físicas.

CAPÍTULO II.-IMPOSTOS INDIRECTOS

2Impostos indirectos.
20Sobre transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados.
200Sobre transmisións intervivos.
201Sobre actos xurídicos documentados.
21Sobre o valor engadido.
210Imposto sobre o valor engadido.
22Sobre consumos específicos.
220Impostos especiais.
220.0 Sobre o alcohol e bebidas derivadas.
220.1 Sobre a cervexa.
220.3 Sobre elaborados de tabaco.
220.4 Sobre hidrocarburos.
220.5 Sobre determinados medios de transporte.
220.6 Sobre produtos intermedios.
220.7 Sobre a electricidade.
221Imposto retallista sobre hidrocarburos.
221.0 Imposto retallista hidrocarburos (estatal).
221.1 Imposto retallista hidrocarburos (autonómico).
29Tributos propios da Comunidade Autónoma.
290Tributación autonómica sobre o xogo.
291Gravame sobre contaminación atmosférica.

CAPÍTULO III.-TAXAS, PREZOS E OUTROS INGRESOS

3Taxas, prezos e outros ingresos.
30Taxas administrativas.
301Taxas por servizos administrativos.
01 Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Consellería da Presidencia R.I. e Administración Pública.
02 Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
03 Inscrición de convocatorias para selección de persoal. Resto das consellerías.
04 Outras taxas por servizos administrativos.
302Taxas por servizos profesionais.
01 Modalidade administrativo-facultativa.
02 Modalidade actuacións profesionais.
303Taxas por venda de bens.
304Outras taxas.
31Prezos.
311Prezos públicos.
01 DOG.
02 Outros prezos públicos.
312Prezos privados.
01 Programa TIVE.
02 Carné xove.
03 Outros prezos privados.
32Outras taxas.
320Taxas sobre o xogo.
36Prestacións de servizos sanitarios.
363Debedores varios e particulares.
364Debedores de accidentes de tráfico.
365Debedores mutuas patronais de accidentes de traballo.
366Convenio MUFACE.
367Convenio ISFAS.

368Convenio MUGEJU.
369Convenio institucións penitenciarias.
37Ingresos por ensaios clínicos.
371Convenios por ensaios clínicos.
38Reintegros.
380De exercicios pechados.
381De orzamento corrente.
39Outros ingresos.
390Canon de saneamento.
391Recargas e multas.
00 Recarga de constrinximento.
01 Xuros de demora.
99 Outros recargas.
392Sancións impostas polas consellerías.
393Diferenzas de cambio.
399Ingresos diversos.
00 Compensación de funcionarios públicos de entes e corporacións de dereito público.
01 Recursos eventuais.
03 Xestión de declaracións de porte.
04 Xestión recadadora executiva a outros entes.
99 Outros ingresos diversos.

CAPÍTULO IV.-TRANSFERENCIAS CORRENTES

Recursos condicionados ou non, recibidos pola Administración da Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos, sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións correntes.

4Transferencias correntes.
40Da Administración do Estado.
400Porcentaxe de participación nos ingresos do Estado.
00 Fondo de suficiencia.
01 Liquidación exercicios anteriores.
402Participación das corporacións locais nos tributos do Estado.
00 Concellos. Participación ano corrente.
02 Deputacións. Participación ano corrente.
403Subvencións finalistas.

-Abriranse os conceptos que procedan segundo a consellería ou organismo a que se destinan.

407Programa de aforro I.T.
409Custo novas transferencias da Administración do Estado.

-A nivel de subconcepto indicarase o ano da transferencia.

41De organismos autónomos da Comunidade Autónoma.
410Transferencias correntes de organismos autónomos administrativos.
411Transferencia de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos da Comunidade Autónoma.
42Da Seguridade Social.
422Do ISM (Servizos Sociais).
424Do ISM (Sergas).
43De fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
430Transferencias correntes de fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
44De sociedades públicas e outros entes públicos.
440De sociedades públicas.
441Doutros entes públicos.
45De comunidades autónomas.
450Da Comunidade Autónoma.
46De corporacións locais.
460De concellos.
461De deputacións.

47De empresas privadas.
48De familias e institucións sen fins de lucro.
49Do exterior.

-Abriranse distintos conceptos de acordo coa orixe específica dos fondos.
-A nivel de subconcepto, na Administración xeral figurará a consellería receptora dos fondos.
-Nos organismos autónomos indicarase a nivel de subconcepto a natureza dos fondos.

CAPÍTULO V.-INGRESOS PATRIMONIAIS

Recolle os ingresos procedentes de rendas de propiedade ou do patrimonio da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos e das súas actividades realizadas en réxime de dereito privado.

5Ingresos patrimoniais.
50Xuros de títulos e valores.
51Xuros de anticipos e préstamos concedidos.
52Xuros de depósitos.
520Xuros de contas bancarias.
00 De contas correntes.
99 Outros xuros bancarios.
53Dividendos e participacións en beneficios.
533De organismos autónomos comerciais, industriais ou financeiros.
534De empresas públicas e outros entes públicos.
537De empresas privadas.
54Rendas de bens inmobles.
540Alugamento e produtos de inmobles.
541Alugamento de predios rústicos.
544Outras rendas.
55Produtos de concesións e aproveitamentos especiais.
550De concesións administrativas.
551Aproveitamentos agrícolas e forestais.
559Outras concesións e aproveitamentos.
57Resultado de operacións comerciais.
58Variación do fondo de manobra.
59Outros ingresos patrimoniais.
591Beneficios por realización de investimentos financeiros.
592Comisións sobre avais.
599Outros.

CAPÍTULO VI.-ALLEAMENTO DE INVESTIMENTOS REAIS

Comprende os ingresos derivados da venda de bens de capital de propiedade da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

6Alleamento de investimentos reais.
60De terreos.
600Venda de soares.
00 De solo industrial.
01 De solo residencial.
601Venda de predios rústicos.
61Dos demais investimentos reais.
619Venda doutros investimentos reais.
00 Alleamento de locais comerciais.
02 Amortización anticipada de vivendas.
03 Alleamento de vivendas.
05 Recadación de vivendas.

CAPÍTULO VII.-TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

Recursos condicionados ou non recibidos pola Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos, sen contrapartida directa por parte dos axentes que os conceden e que se destinan a financiar operacións de capital.

7Transferencias de capital.
70Da Administración do Estado.

700Do Fondo de Compensación Interterritorial.
700.1 Do Fondo de Compensación.
700.2 Do Fondo Complementario.
702Subvencións finalistas.

-Abriranse os subconceptos que procedan segundo a consellería ou organismo a que afecte.

709Outras transferencias.
71De organismos autónomos da Comunidade Autónoma.
710Transferencias de capital de organismos autónomos administrativos.
711Transferencias de capital de organismos autónomos comerciais, industriais ou financeiros da Comunidade Autónoma.
72Da Seguridade Social.
720Transferencias de capital da Seguridade Social.
73De fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
730Transferencias de capital de fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
74De sociedades públicas e outros entes públicos.
740De sociedades públicas.
741Doutros entes públicos.
75De comunidades autónomas.
750Transferencias de capital de comunidades autónomas.
76De corporacións locais.
760De concellos.
761De deputacións.
769Doutros entes territoriais.
79Do exterior.

-Abriranse distintos conceptos segundo a orixe específica dos fondos.
-A nivel de subconcepto detallarase a consellería receptora dos ingresos.
-No caso de organismos autónomos, indicarase a nivel de subconcepto a natureza dos fondos.

CAPÍTULO VIII.-ACTIVOS FINANCEIROS

Recolle os ingresos procedentes da venda de activos financeiros, así como os ingresos procedentes de reintegros de préstamos concedidos e os reintegros de depósitos e fianzas constituídas.

8Activos financeiros.
80Alleamento de débeda do sector público.
800A curto prazo.
801A longo prazo.
81Alleamento de obrigas e bonos fóra do sector público.
810A curto prazo.
811A longo prazo.
82Reintegros de préstamos concedidos ao sector público.
820A curto prazo.
821A longo prazo.
83Reintegro de préstamos concedidos fóra do sector público.
830A curto prazo.
831A longo prazo.
84Devolución de depósitos e fianzas.
840Devolución de depósitos.
841Devolución de fianzas.
85Alleamento de accións do sector público.
850Alleamento de accións do sector público.
86Alleamento de accións fóra do sector público.
860Alleamento de accións fóra do sector público.
87Remanente de tesouraría.
870Remanente de tesouraría.

CAPÍTULO IX.-PASIVOS FINANCEIROS

Imputaranse a este concepto os ingresos obtidos pola Comunidade Autónoma e os seus organismos autónomos procedentes da emisión de débeda e a obtención de préstamos tanto no interior como no exterior, en moeda nacional ou estranxeira, a curto, medio e longo prazo. Os depósitos e fianzas recibidas.

9Pasivos financeiros.
94Depósitos e fianzas recibidos.
940Depósitos recibidos.
941Fianzas recibidas.
95Préstamos recibidos e emisión de débeda.
950Préstamos recibidos e emisión de débeda.
96Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.
960Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO II

CLASIFICACIÓN ECONÓMICA DO GASTO

Código da clasificación económica dos gastos públicos comprendidos nos orzamentos da Comunidade Autónoma e nos seus organismos autónomos.

A desagregación da clasificación económica, en conceptos e subconceptos, ten carácter informativo para aqueles casos en que a vinculación se estableza a nivel máis agregado.

Os centros xestores presentarán o detalle dos créditos en función da información dispoñible, debendo descender a nivel de subconcepto naqueles conceptos que así se detallan nesta orde.

Naqueles supostos en que se prevexa o desenvolvemento por sectores dun concepto, estes identificaranse polos seguintes díxitos:

0. Administración do Estado.

1. Organismos autónomos.

2. Seguridade Social.

3. Fundacións públicas galegas.

4. Sociedades mercantís públicas, entidades empresariais e outros organismos públicos.

5. Comunidades autónomas.

6. Corporacións locais.

7. Empresas privadas.

8. Familias e institucións sen fin de lucro.

9. Exterior.

A) Operacións correntes.

O orzamento de gastos clasifica nos capítulos I a IV os gastos por operacións correntes, separando os gastos de funcionamento dos servizos (persoal e gastos en bens correntes e servizos), dos xuros e transferencias correntes, e os excedentes e fondos de amortización.

CAPÍTULO I.-GASTOS DE PERSOAL

1Gastos de persoal.
10Altos cargos e delegados.
100Retribucións básicas e outras remuneracións de altos cargos e delegados.
00 Retribucións básicas.
01 Outras remuneracións.
11Persoal eventual de gabinete.
110Persoal eventual de gabinete.
00 Retribucións básicas e outras remuneracións.
12Funcionarios.
120Retribucións básicas.
00 Soldos grupo A.
01 Soldos grupo B.
02 Soldos grupo C.
03 Soldos grupo D.
04 Soldos grupo E.
05 Trienios.
06 Outras retribucións básicas.
10 Soldos grupo A persoal de cota.
11 Soldos grupo B persoal de cota.
12 Substitucións médicos APD.
13 Substitucións practicantes APD.
14 Substitucións matronas APD.
20 Substitucións de persoal non docente.
21 Substitucións de persoal docente.
22 Regulación da parte proporcional das vacacións de substitutos non docentes.
121Retribucións complementarias.
00 Complemento de destino.
01 Complemento específico.
02 Outros complementos.
03 Complementos de atención continuada persoal facultativo.
04 Complementos de atención continuada persoal no facultativo.
05 Complementos de atención continuada outro persoal.
06 Complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade.
07 Sexenios.
08 IPC galego.
41 Complementos transitorios absorbibles.
13Laborais.
130Laboral fixo.
00 Retribucións básicas.
01 Outras remuneracións.
02 Complementos de perigosidade, penosidade e toxicidade.
05 Trienios.
08 IPC galego.
131Laboral eventual.
00 Retribucións básicas.
08 IPC galego.
12 Proxectos de investigación.
132Laboral eventual (Plan FIP).
00 Retribucións básicas.
05 Trienios.
08 IPC galego.
133Laboral eventual (profesores de relixión).
00 Retribucións básicas.
05 Trienios.
08 IPC galego.
134Laboral eventual (EEB).
00 Retribucións básicas.
05 Trienios.
08 IPC galego.
135Laboral (FSE)
00 Retribucións básicas.
05 Trienios.
08 IPC galego.
14Outro persoal.
140Outro persoal.
00 Outro persoal.

15Incentivos ao rendemento.
150Produtividade de persoal non estatutario.
151Gratificacións.
152Produtividade persoal estatutario. Factor fixo.
00 Produtividade persoal estatutario. Factor fixo.
153Produtividade persoal estatutario. Factor variable.
01 Produtividade factor variable. Persoal directivo.
02 Produtividade factor variable. Persoal non directivo.
03 Produtividade factor variable. Programa de extracción e transplantes.
04 Produtividade factor variable. Programas especiais.
05 Produtividade factor variable. Actividades non programadas.
16Cotas, prestacións e gastos sociais a cargo do empregador.
160Cotas sociais.
00 Seguridade Social.
01 MUFACE.
02 ISFAS.
03 MUNPAL.
09 Outras.
161Complemento familiar.
162Gastos sociais do persoal.
00 Formación e perfeccionamento do persoal.
01 Economatos e comedores.
02 Transportes do persoal.
03 Bonificacións.
04 Acción social.
05 Seguros.
09 Outros.

CAPÍTULO II.-GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS

2Gastos en bens correntes e servizos.
20Alugamentos e canons.
200Terreos e bens naturais.
202Edificios e outras construcións.
203Maquinaria, instalacións e utensilios.
204Material de transporte.
205Mobiliario e utensilios.
206Equipamentos para procesos de información.
208Outro inmobilizado material.
209Canons.
21Reparacións, mantemento e conservación.
210Infraestrutura e bens naturais.
212Edificios e outras construcións.
213Maquinaria, instalacións e utensilios.
214Material de transporte.
215Mobiliario e utensilios.
216Equipamentos para procesos de información.
219Outro inmobilizado material.
22Material, subministracións e outros.
220Material de oficina.
00 Ordinario non inventariable.
01 Prensa, revistas, libros e outras publicacións.
02 Material informático non inventariable.
03 DOG.
04 BOPG e DOPG.
221Subministracións.
00 Enerxía eléctrica.
01 Auga.
02 Gas.
03 Combustibles.

04 Vestiario.
05 Produtos alimenticios.
06 Produtos farmacéuticos e material sanitario.
07 Comedores escolares.
08 Subministracións de repostos de maquinaria, utensilios e elementos de transporte.
09 Subministracións de material electrónico, eléctrico e de comunicacións.
10 Irmandade de doadores de sangue.
11 Extracción de sangue.
12 Hemoderivados.
13 Instrumental e pequenos utensilios sanitarios.
14 Instrumental e pequenos utensilios non sanitarios.
15 Implantes.
16 Outro material sanitario.
17 Material non sanitario para consumo e reposición.
18 Produtos farmacéuticos de dispensación ambulatoria.
19 Material de laboratorio.
20 Material de radioloxía.
21 Material de medicina nuclear.
22 Subministración de material deportivo, didáctico e cultural.
99 Outras subministracións.
222Comunicacións.
00 Telefónicas.
01 Postais.
02 Telegráficas.
03 Télex e telefax.
04 Informáticas.
99 Outras.
223Transportes.
08 Transporte escolar.
224Primas de seguros.
225Tributos.
226Gastos diversos.
01 Atencións protocolarias e representativas.
02 Publicidade e propaganda.
03 Xurídicos, contenciosos.
05 Premios de cobranza.
06 Reunións, conferencias e cursos.
07 Actuacións derivadas da Lei de galeguidade.
08 Cobertura informativa.
10 Actividades deportivas.
11 Consello Escolar de Galicia.
12 Funcionamento, apoio, coordinación do sistema universitario de Galicia.
13 Gastos de funcionamento de tribunais de oposición e de probas selectivas.
14 Dotación de equipos de lingua galega.
15 Programa de lingua.
16 Consello Galego de Estatística.
17 Cursos de formación.
99 Outros.
227Traballos realizados por outras empresas.
00 Limpeza e aseo.
01 Seguranza.
02 Valoracións e peritaxes.
03 Postais.
04 Custodia, depósito e almacenaxe.
05 Procesos electorais.
06 Estudos e traballos técnicos.
07 Remuneración a axentes mediadores independentes.
10 Servizos contratados de comedor.
99 Outros.
228Gastos de funcionamento de centros e servizos sociais.
229Gastos de funcionamento dos centros docentes non universitarios.

23Indemnizacións por razóns do servizo.
230Axudas de custo.
231Locomoción.
232Traslados.
233Outras indemnizacións.
25Asistencia sanitaria con medios alleos.
251Concertos con institucións de atención primaria.
02 Concertos con entes territoriais.
252Concertos con institucións de atención especializada.
01 Concertos con institucións da Comunidade Autónoma.
02 Concertos con entes territoriais.
03 Concertos con entidades privadas.
253Concertos por programas especiais de hemodiálise.
01 Hemodiálise en centros hospitalarios.
02 Club de diálise.
03 Outras hemodiálises en centros non hospitalarios.
254Concertos con centros de diagnóstico e tratamento.
01 Concertos para litrotricias extracorpóreas.
02 Terapia da insuficiencia respiratoria a domicilio.
03 Concertos para resonancia magnética e medicina nuclear.
04 Concertos para TAC.
05 Concertos para rehabilitación-fisioterapia.
06 Concertos para alerxias.
07 Outros servizos especiais.
255Concertos polo programa especial de transporte.
01 Servizos concertados de ambulancias.
02 Traslados de enfermos con outros medios de transporte.
258Outros servizos de asistencia sanitaria.
01 Reintegros de asistencia sanitaria.
02 Outros servizos de asistencia sanitaria.
03 Convenios con universidades. Prazas vinculadas.
26Servizos sociais concertados.
260Área de menores.
261Área de minusválidos.
262Área da terceira idade.
263Outros.
27Publicacións.
270Edicións e distribucións.

CAPÍTULO III.-GASTOS FINANCEIROS

3Gastos financeiros.
30Débeda pública e préstamos.
300Xuros de débeda pública e préstamos.
302Diferenzas de cambio.
31Gastos de emisión, formalización, modificación e cancelación de débeda pública e préstamos.
310Gastos de emisión, modificación e cancelación.
34De depósitos e fianzas.
340Xuros de depósitos.
341Xuros de fianzas.
35Xuros de demora e outros gastos financeiros.
352Xuros de demora.
353Diferenzas de cambio por pagamentos en divisas.
359Outros gastos financeiros.

CAPÍTULO IV.-TRANSFERENCIAS CORRENTES

4Transferencias correntes.
40Á Administración do Estado.
41A organismos autónomos da Comunidade Autónoma.
42Á Seguridade Social.
43A fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
44A sociedades públicas e outros entes públicos.
45A comunidades autónomas.
46A corporacións locais.
47A empresas privadas.
48A familias e institucións sen fins de lucro.
49Ao exterior.

CAPÍTULO VI.-INVESTIMENTOS REAIS

6Investimentos reais.
60Investimento novo en infraestrutura e bens destinados ao uso xeral.
600Infraestruturas de mellora da accesibilidade (estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos e transportes).
601Infraestruturas de saneamento, protección e mellora do medio natural (obras hidráulicas e medio natural).
602Infraestruturas para subministración de enerxía (minaría, electricidade, gas).
603Infraestruturas para o desenvolvemento das tecnoloxías da información e as telecomunicacións.
604Infraestruturas básicas de apoio ao desenvolvemento do sector primario (infraestruturas agrícolas, pesqueiras e forestais).
605Infraestruturas e equipamentos de apoio ao desenvolvemento empresarial (solo industrial, I+D, novas tecnoloxías).
606Infraestruturas e equipamentos de apoio ao desenvolvemento do turismo e os servizos (turismo, comercio).
607Infraestruturas e equipamentos sociais en materia de vivenda e urbanismo.
608Outros investimentos.
61Investimento de reposición en infraestrutura e bens destinados ao uso xeral.

-Mesmo desenvolvemento a nivel de concepto que o artigo 60.

62Investimento novo asociado ao funcionamento operativo dos servizos.
620Investimentos en terreos e bens naturais.
621Infraestrutura e equipamentos sociais en materia de sanidade
622Edificios e outras construcións.
623Maquinaria, instalacións e utensilios.
624Material de transporte.
625Mobiliario e utensilios.
626Equipamentos procesos de información.
628Outro inmobilizado material.
63Investimento de reposición asociada ao funcionamento operativo dos servizos.
630Investimento en terreos e bens naturais.
631Equipamento centros sanitarios (plans de necesidades).

-O resto do artigo 63 ten o mesmo desenvolvemento que o 62.

64Gastos en investimentos de carácter inmaterial.
640Gastos en investimentos de carácter inmaterial.

CAPÍTULO VII.-TRANSFERENCIAS DE CAPITAL

7Transferencias de capital.
70Á Administración do Estado.
71A organismos autónomos da Comunidade Autónoma.
72Á Seguridade Social.
73A fundacións públicas da Comunidade Autónoma.
74A sociedades públicas e outros entes públicos.
75A comunidades autónomas.
76A corporacións locais.
77A empresas privadas.
78A familias e institucións sen fins de lucro.
79Ao exterior.

CAPÍTULO VIII.-ACTIVOS FINANCEIROS

8Activos financeiros.
80Adquisición de débeda do sector público.
800A curto prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
801A longo prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
81Adquisición de obrigas e bonos fóra do sector público.
810A curto prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
811A longo prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
82Concesión de préstamos ao sector público.
820Préstamos a curto prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
821Préstamos a longo prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
83Concesión de préstamos fóra do sector público.
830Préstamos a curto prazo.
831Préstamos a longo prazo.
-Desenvolvemento por sectores.
84Constitución de depósitos e fianzas.
840Depósitos.
00 A curto prazo.
01 A longo prazo.
841Fianzas.
00 A curto prazo.
01 A longo prazo.
85Adquisición de accións dentro do sector público.
-Desenvolvemento por sectores.
86Adquisición de accións fóra do sector público.
860De empresas españolas.
861De empresas estranxeiras.
87Achega ao capital de fundacións.
870Achega ao capital de fundacións.
88Participación en fondos patrimoniais de garantía.
880Participación en fondos patrimoniais de garantía.
89Fondo garantía de avais.
890Fondo garantía de avais.

CAPÍTULO IX.-PASIVOS FINANCEIROS

9Pasivos financeiros.
94Devolución de depósitos e fianzas.
940Devolución de depósitos.
941Devolución de fianzas.
95Amortización de débeda pública e préstamos.
950Amortización de débeda pública e préstamos.
96Outras operacións financeiras.
960Conversión, negociación, transformación ou substitución de operacións de endebedamento.

ANEXO III

ESTRUTURA FUNCIONAL E DE PROGRAMAS

(Esta clasificación é subsceptible de sufrir algunha modificación que será comunicada oportunamente)

Grupo I: servizos de carácter xeral

FunciónSubfunciónPrograma

1.1Alta dirección da Comunidade Autónoma.1.1.1Alta dirección da Comunidade Autónoma.111APresidencia da Xunta de Galicia.
111BActividade lexislativa.
111CControl externo do sector público.
111DAlto asesoramento da Comunidade Autónoma de Galicia.
111ERelacións coa U.E. e acción exterior.

1.2Administración xeral.1.2.1Administración xeral.121ADirección e servizos xerais de Administración xeral.
121BAsesoramento e defensa dos intereses da Comunidade Autónoma.
121CReforma administrativa.
1.2.2Formación e perfeccionamento do persoal.122AFormación e perfeccionamento do persoal da Administración da Comunidade Autónoma.
1.2.3Xustiza e administración local.123AXustiza e administración local.
123BPersoal ao servizo da Administración de Xustiza.
123CDirección e servizos xerais de Xustiza, Interior e Administración Local.

1.3Administración electoral e partidos políticos.1.3.1Administración electoral e partidos políticos.131AAdministración electoral.
131BGastos e subvencións electorais.

Grupo II: seguridade, protección e promoción social

FunciónSubfunciónPrograma

2.1Seguridade Social e protección social.2.1.1Administración da protección social.211ADirección e servizos xerais da Protección Social.
211BDirección e servizos xerais de Prestacións Sociais.
2.1.2.Acción social212APensións e prestacións asistenciais.
212BCentros para servizos sociais.
212CAcción social en favor dos funcionarios.
212DPensións e prestacións en servizos sociais.
212EAcción social a favor dos inmigrantes.
212FPlan do voluntariado.
2.1.3Emigración213AAccións a favor das comunidades galegas.
213BCooperación exterior.
2.1.4Relacións laborais.214AAdministración das relacións laborais.
214BSeguranza e hixiene no traballo.

2.3Protección civil e seguranza.2.3.1Protección civil231AProtección civil.
2.3.2Seguranza da Comunidade Autónoma.232ASeguranza da Comunidade Autónoma.

2.4Promoción do emprego.2.4.1Promoción do emprego.241AFomento do emprego.
241BFomento do emprego. F.S.E.

Grupo III: produción de bens públicos de carácter social

FunciónSubfunciónPrograma

3.1Sanidade3.1.1Administración xeral.311ADirección e servizos xerais de Sanidade.
3.1.2Atención especializada.312AAtención especializada.
3.1.3Atención primaria da saúde.313AProtección e promoción da saúde.
313BAtención primaria da saúde.
3.1.4Formación do persoal.314AFormación de graduados e posgraduados.

FunciónSubfunciónPrograma

3.2Educación.3.2.1Administración xeral.321ADirección e servizos xerais de Educación.
3.2.2Ensinanzas.322AEducación infantil, primaria e ESO.
322CEnsinanzas universitarias.
322DEducación especial.
322EEnsinanzas artísticas.
322GEnsinanzas especiais.
322HOutras ensinanzas.
322IFormación e perfeccionamento do profesorado.
322KEnsinanzas pesqueiras.
322LCapacitación e extensión agraria.
322SFormación profesional. F.S.E.
322TEnsino secundario.
3.2.3Promoción educativa.323AServizos e axudas complementarias do ensino.

3.3Vivenda e urbanismo.3.3.1Vivenda.331APromoción, administración e axudas para a rehabilitación e acceso á vivenda.
3.3.2Urbanismo e arquitectura.332AOrdenación e fomento da edificación e do urbanismo.

3.4Benestar comunitario.3.4.1Administración xeral.341ADirección e servizos xerais de Medio Ambiente.
3.4.2Protección do medio.342AProtección e mellora do medio ambiente.
3.4.3Outros servizos de benestar comunitario.343AOrdenación, información e control do consumo.
3.4.4Desenvolvemento comarcal.344ADesenvolvemento comarcal.

3.5Cultura3.5.1Administración xeral.351ADirección e servizos xerais de Cultura.
3.5.2Bibliotecas, arquivos e museos.352ABibliotecas.
352BArquivos e museos.
3.5.3Promoción cultural.353APromoción, difusión e cooperación cultural.
353BAudiovisuais.
353CPublicacións.
353DXacobeo.
353EFomento da lingua galega.
3.5.4Artes escénicas.354ATeatro, música e danza.
3.5.5Promoción de actividades deportivas e xuvenís.355AFomento da actividade deportiva.
355BFomento da actividade xuvenil.
3.5.6Patrimonio histórico, artístico e arqueolóxico.356APatrimonio histórico artístico e arqueolóxico.
3.5.7Artes plásticas.357AExposicións e artes plásticas.

3.6Outros servizos comunitarios e sociais.3.6.1Comunicación social.361ACobertura informativa e apoio á comunicación social.
361BRadiodifusión e TVG.

Grupo IV: produción de bens públicos de carácter económico

FunciónSubfunciónPrograma

4.1Infraestrutura básica e do transporte.4.1.1Administración xeral.411ADirección e servizos xerais de Política Territorial e Obras Públicas.
4.1.2Recursos hidráulicos.412AXestión e infraestrutura de recursos hidráulicos.
4.1.3Transporte terrestre.413AOrdenación e inspección do transporte terrestre.
413BConstrución, conservación e explotación de estradas.
413VConstrución, conservación e explotación de estradas. Plan Galicia.
4.1.4Portos.414AConstrución, conservación e explotación portuaria.
414VConstrución, conservación e explotación portuaria. Plan Galicia.

FunciónSubfunciónPrograma

4.2Outras infraestruturas.4.2.1Reforma e desenvolvemento agrario.421AInfraestrutura para a reforma e desenvolvemento agrario.
4.2.2Mellora do medio natural.422BProtección e mellora do medio natural marítimo.
422CPrevención e defensa contra incendios forestais (Plan forestal de Galicia).
422DDesenvolvemento rural.

4.3Investigación científica, técnica e aplicada.4.3.2Investigación técnica e aplicada.432APlan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
432BInvestigación universitaria.

4.4Información estatística básica.4.4.1Soportes estatísticos.441AElaboración e difusión estatística.

Grupo V: regulación económica de carácter xeral

FunciónSubfunciónPrograma

5.1Actuacións económicas xerais.5.1.1Administración xeral.511ADirección e servizos xerais de Economía e Facenda.
5.1.2Regulación económica xeral.512APlanificación, orzamentación e coordinación económica.

5.1.3Defensa da competencia.513ADefensa da competencia.

5.2Comercio.5.2.1Comercio interior.521ARegulación do comercio interior e da política de prezos.
521VRegulación do comercio interior e da política de prezos. Plan Galicia.

5.3Actividades financeiras.5.3.1Administración financeira.531AAdministración financeira, tributaria, patrimonial e de control.
531BImprevistos e funcións non clasificadas.

Grupo VI: regulación económica de sectores produtivos

FunciónSubfunciónPrograma

6.1Agricultura, gandaría e pesca.6.1.1Administración xeral.611ADirección e servizos xerais de Agricultura.
611BDirección e servizos xerais de Pesca.
6.1.2Promoción da poboación rural e pesqueira.612APromoción cooperativa e social e divulgación da tecnoloxía agraria.
612BPromoción cooperativa e social e divulgación da tecnoloxía pesqueira.
612SPromoción cooperativa e social e divulgación da tecnoloxía pesqueira. F.S.E.
612VPromoción cooperativa e social e divulgación da tecnoloxía pesqueira. Plan Galicia.
6.1.3Sanidade vexetal e animal.613ASanidade vexetal e animal.
6.1.4Ordenación, reestruturación, fomento e mellora das producións agrarias e pesqueiras.614AOrdenación, reestruturación, fomento e mellora da produción agraria.
614BOrdenación, reestruturación fomento e mellora da produción pesqueira e de cultivos mariños.
614COrdenación, reestruturación e desenvolvemento do sector forestal (Plan forestal de Galicia).
614VOrdenación, reestruturación fomento e mellora da produción pesqueira e de cultivos mariños.

Plan Galicia.

6.1.5Regulación do mercado agrario e pesqueiro.615ARegulación das producións e mercados agrarios.
615BRegulación das producións e mercados pesqueiros.
615VRegulación das producións e mercados pesqueiros. Plan Galicia.

FunciónSubfunciónPrograma

6.2Industria.6.2.1Administración xeral.621ADirección e servizos xerais de Industria.
6.2.2Actuacións administrativas sobre a industria.622AActuacións administrativas sobre a industria.

6.3Enerxía.6.3.1Planificación e produción enerxética.631AUso racional da enerxía e enerxía renovable.
631BInfraestruturas enerxéticas.
631VPrograma de electrificación e enerxías alternativas. Plan Galicia.

6.4Minaría.6.4.1Fomento da minería non enerxética.641AFomento da minaría.

6.5Turismo.6.5.1Promoción e xestión turística. 651AOrdenación, promoción, xestión e fomento do turismo.
651VOrdenación, promoción, xestión e fomento do turismo. Plan Galicia.

Grupo VII: apoio aos sectores produtivos e desenvolvemento empresarial

FunciónSubfunciónPrograma

7.1Apoio á creación e ampliación de empresas.7.1.1Apoio á creación e ampliación de empresas.711AApoio á creación e ampliación de empresas do sector primario.
711BApoio á creación e ampliación de empresas dos sectores industrial e de servizos.
711CApoio á artesanía.
711VApoio á artesanía. Plan Galicia.

7.1.2Modernización empresarial e mellora da competitividade.712AApoio á modernización empresarial e mellora da competividade no sector primario.
712BApoio á modernización empresarial e mellora da competividade nos sectores industrial e de servizos.
712VApoio á modernización empresarial e mellora da competividade nos sectores industrial e de servizos. Plan Galicia.

7.2Desenvolvemento empresarial.7.2.1Desenvolvemento empresarial.721AApoio á empresa do sector primario.
721BApoio á empresa industrial e de servizos.
721VApoio á empresa industrial e de servizos. Plan Galicia.

Grupo VIII: transferencias a entidades locais

FunciónSubfunciónPrograma

8.1Transferencias a entidades locais.8.1.1Transferencias a corporacións locais.811ATransferencias a corporacións locais por participación nos ingresos do Estado.
811BOutras transferencias a corporacións locais.

Grupo IX: débeda pública

FunciónSubfunciónPrograma

9.1Débeda pública.9.1.1Débeda interior e exterior.911AAmortización e gastos financeiros da débeda pública.

O orzamento do Sergas utilizará os programas orzamentarios que se detallan a seguir, sen prexuízo da taboa de equivalencias que por lei se estableza para a súa consolidación cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

FunciónSubfunciónPrograma

2Sanidade.20Protección e promoción da saúde.2020Protección e promoción da saúde.
21Atención primaria da saúde.2121Atención primaria da saúde.
22Atención especializada.2223Atención especializada.
24Fondo de investigación sanitaria.2400Fondo de investigación sanitaria.
25Administración e servizos xerais e control interno.2591Administración e servizos xerais.
26Formación de persoal.2628Formación de graduados e postgraduados.

9Débeda pública91Débeda pública9111Amortización e gastos financeiros da débeda pública.

ANEXO IV

CLASIFICACIÓN ORGÁNICA

ESTRUTURA POR DEPARTAMENTOS E CENTROS XESTORES

Seccións

Sección 01.-Parlamento.

Servizo 01.-Parlamento.

Servizo 02.-Valedor do Pobo.

Sección 02.-Consello de Contas.

Servizo 01.-Consello de Contas.

Sección 03.-Consello da Cultura Galega.

Servizo 01.-Consello da Cultura Galega.

Sección 04.-Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública.

Servizo 01.-Secretaría Xeral da Presidencia.

Servizo 02.-Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Servizo 03.-Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Servizo 04.-Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Servizo 05.-Secretaría Xeral.

Servizo 06.-Dirección Xeral da Función Pública.

Servizo 07.-Inspección Xeral de Servizos.

Servizo 08.-Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Servizo 09.-Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

Servizo 10.-Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

Sección 05.-Consellería de Economía e Facenda.

Servizo 01.-Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Servizo 02.-Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Tributos.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Orzamentos.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Sección 06.-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Urbanismo.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Obras Públicas.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Transportes.

Sección 07.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Persoal.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

Servizo 04.-Dirección Xeral Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Universidades.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Política Lingüística.

Sección 08.-Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Sección 09.-Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Industrias e Promoción Alimentaria.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

Sección 10.-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Promoción Cultural.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Turismo.

Sección 11.-Consellería de Sanidade.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Saúde Pública.

Sección 12.-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Servizo 05.-Centro de Control do Medio Mariño.

Sección 13.-Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Xustiza.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Administración Local.

Sección 14.-Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Familia.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Xuventude.

Servizo 04.-Dirección Xeral para o Deporte.

Servizo 05.-Dirección Xeral do Voluntariado.

Sección 15.-Consellería de Medio Ambiente.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Servizo 05.-Centro de Desenvolvemento Sostible.

Sección 16.-Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.

Servizo 04.-Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Servizo 05.-Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Servizo 06.-Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Servizo 07.-Consello Galego de Relacións Laborais.

Sección 17.-Consellería de Emigración.

Servizo 01.-Secretaría Xeral.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Emigración.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Apoio á Inmigración.

Sección 20.-Consello Consultivo de Galicia.

Servizo 01.-Consello Consultivo de Galicia.

Sección 21.-Transferencias a corporacións locais.

Servizo 01.-Transferencias a corporacións locais.

Sección 22.-Débeda pública da Comunidade Autónoma.

Servizo 01.-Débeda pública da Comunidade Autónoma.

Sección 23.-Gastos de diversas consellerías.

Servizo 01.-Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda.

Servizo 02.-Dirección Xeral de Orzamentos.

Servizo 03.-Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro.

Organismos autónomos de carácter administrativo

-Dependente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Organismo 50.-Escola Galega de Administración Pública.

-Dependente da Consellería de Economía e Facenda.

Organismo 50.-Instituto Galego de Estatística.

-Dependente da Consellería de Sanidade.

Organismo 50.-Servizo Galego de Saúde.

-Dependente da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Organismo 50.-Academia Galega de Seguridade.

-Dependente da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.-Organismo 50.-Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e a Muller.

-Dependente da Consellería de Medio Ambiente.

Organismo 50.-Augas de Galicia.

Organismos autónomos de carácter industrial,

comercial e financeiro ou análogo

-Dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Organismo 60.-Instituto Galego da Vivenda e Solo.

-Dependente da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Organismo 60.-Fondo Galego de Garantía Agraria.

-Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Organismo 60.-Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

ANEXO V

DOCUMENTACIÓN PARA A ELABORACIÓN DO ESTADO DE GASTOS

DOS ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

DE GALICIA

Ficha PX-05-1. Para cubrir polo órgano xestor.

Recolle por sección, servizo e programa as consolidacións e axustes levados a cabo nos capítulos II,

III, VIII e IX, con respecto ao ano 2004, e a proposta para o ano 2005.

Ficha PX-05-2. Para elaborar pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Recolle por consellerías e programas o importe total dos créditos a nivel de capítulo, propostos para o ano 2005.

Ficha PX-05-3. Para elaborar pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Recolle para cada sección ou organismo e a nivel de artigo, o importe total de todos os créditos previstos para o ano 2005.

Ficha PX-05-4. Para cubrir polo órgano xestor.

Ten por obxecto cuantificar a totalidade das transferencias externas previstas para cada un dos programas de gastos, con indicación das fontes de financiamento e a súa proxección plurianual.

Ficha PX-05-5. Para cubrir polo órgano xestor.

Ten por obxecto cuantificar a totalidade dos proxectos de investimentos previstos, detallando a dotación de cada unha das anualidades, a territorialización e as fontes de financiamento.

Fichas PX-05-7A, 7B e 7C. Para cumbrir polo órgano xestor.

Ten por obxecto cuantificar a totalidade dos proxectos de investimentos reais que o órgano xestor propón levar a cabo no período 2005-2008.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-01.

-Finalidade: avaliar os gastos nos capítulos II, III, VIII e IX, que para cada sección ou organismo da estrutura orgánica ocasionará a realización dun programa, indicando os medios financeiros precisos, detallados por conceptos ou, se é o caso, por subconceptos.

-Procedemento: cubrirase unha ficha por cada un dos servizos ou organismos que participan nos programas adscritos a cada sección.

Na cabeceira da ficha figurará, co seu código e denominación, a sección, servizo ou organismo, así como o correspondente programa, de acordo coas respectivas estruturas orgánica e funcional.

Por conceptos económicos, e cando proceda, por subconceptos, consignarase en cada unha das columnas que se expresan os importes que correspondan, tendo en conta que:

1. Para a numeración dos conceptos e subconceptos económicos utilizados aplicaranse os asignados na estrutura económica establecida nesta orde.

2. A columna 1 refírese ao orzamento de 2004 aprobado pola Lei 8/2003, do 23 de decembro.

3. A columna 2 conterá as modificacións que se introducirán no orzamento para o ano 2005 que, sen suporen variación, en relación co importe total do orzamento de 2004 teñan distinta imputación económica ou supoñan cambios entre programas.

A suma alxébrica dos citados axustes deberá ser igual a cero, ao nivel orgánico ou funcional que corresponda. É dicir, haberá cantidades co signo positivo e outras co signo negativo, de tal xeito que o conxunto de todos os axustes realizados sume cero.

4. A columna 3 está destinada a recoller aquelas variacións que, como consecuencia de modificacións de crédito consolidables efectuadas no orzamento de 2004, deban ter repercusión no orzamento para o ano 2005.

5. A columna 4 é o resultado da operación de sumar alxebricamente as columnas 1, 2 e 3, obténdose o orzamento base para o ano 2005.

6. A columna 6 recollerá a proposta do órgano xestor para o exercicio do ano 2005.

-Para cubrir: polo órgano xestor.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-02.

-Finalidade: ten por obxecto recoller por programas e capítulos o orzamento total de cada sección.

-Procedemento: na cabeceira consignarase a denominación e o código da consellería.

-Código do programa: consignarase a definición do programa segundo o citado anexo.

-Importe total: expresará o importe total de cada programa.

-Capítulos: consignarase o importe total desagregado por capítulos, de tal xeito que a última fila recolla por capítulos o importe total do orzamento que vai executar cada consellería.

Cobertura: pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-3.

-Finalidade: ten por obxecto recoller cada sección ou organismo autónomo o importe, a nivel de artigo, do total de créditos previstos para o ano 2005.

-Procedemento: na cabeceira consignarase o código e denominación da sección ou organismo autónomo. No corpo consignarase o crédito previsto para o ano 2005 a nivel de artigos e totalizado por capítulos.

Así mesmo, consignarase o peso relativo sobre o total do crédito previsto, expresado en tanto por cento dos seguintes importes:

-Os gastos de persoal.

-Gastos en bens correntes e servizos.

-Capítulo III.

-Total gasto corrente (capítulos I a IV).

-Gastos de capital (capítulos VI e VII).

-Total operacións financeiras (capítulos VIII e IX).

-Total operacións de capital (capítulos VI a IX).

-Cobertura: pola Dirección Xeral de Orzamentos.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-4.

-Finalidade: describir e cuantificar as transferencias externas previstas en cada un dos programas de gasto, proporcionando unha visión retrospectiva do acontecido en exercicios anteriores.

-Procedemento: utilizarase unha única ficha para cada un dos proxectos incluídos en cada liña de subvención ou axuda, é dicir, dentro de cada aplicación orzamentaria, separarase en fichas independentes cada fonte de financiamento e o seu correspondente cofinanciamento.

O mesmo procedemento se empregará cando dentro do mesmo tipo de fondos existan distintas liñas de

axuda con porcentaxes de cofinanciamento diferentes.

Nos espazos reservados para tal fin, indicarase de forma sucinta a normativa legal que ampara a subvención, a súa descrición, fins e efectos que se espera acadar con ela e, finalmente, os beneficiarios a que se destina.

No caso de que as axudas teñan carácter plurianual, e de que existan anualidades anteriores, o código de proxecto e o ano de inicio deberá coincidir co que teña en 2004; nos restantes casos, deberá consignarse como ano de inicio o 2005.

-Cobertura: polo órgano xestor.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-5.

-Finalidade: cuantificar as novas actuacións e investimentos reais previstos para o ano 2005, e a anualidade 2005 daquelas outras que de acordo co artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia teñan carácter plurianual e a súa execución comezase no exercicio 2004 ou exercicios anteriores.

-Procedemento: cubrirase unha ficha para cada un dos proxectos incluídos en cada subconcepto para cada un dos servizos ou organismos adscritos a cada sección.

Na cabeceira da ficha figurará a aplicación orzamentaria, a nivel de subconcepto, e a súa denominación, tendo en conta que terá que referirse a

unha obra completa, sen que poida fraccionarse en tramos ou partes.

A seguir designarase a sección e servizo ou organismo autónomo cos seus correspondentes díxitos.

Indicarase no espazo previsto para tal fin o ano de inicio e de finalizació do proxecto, e a súa denominación, que deberá describirse cun texto abreviado.

Naqueles proxectos que sexan continuación doutros iniciados en exercicios anteriores, deberá figurar o mesmo número correlativo e ano de inicio con que figurou en 2004; en caso contrario terá que indicarse como ano de inicio o 2005.

-Anualidades: consignarase no 2005 a anualidade prevista para o dito exercicio e, de tratarse dun

proxecto plurianual, consignaranse nos espazos correspondentes os importes das anualidades que proceda.

-Territorialización: as liñas correspondentes á territorialización deberán utilizarse para consignar a correspondente anualidade de 2005, debendo figurar en varios aqueles proxectos que non se terri

torialicen, e en servizos centrais aqueles que sexan executados directamente pola Administración.

No caso de tratarse de proxectos financiados con distintos tipos de fondos, utilizarase unha única ficha para cada tipo de fondo e o seu cofinanciamento.

-Cobertura: polo órgano xestor.

Instrucións para cubrir a ficha PX-05-7A, 7B e 7C.

Finalidade: estas fichas teñen por obxecto cuantificar a totalidade dos investimentos reais que o órgano xestor do gasto propón levar a cabo no período 2005-2008, recollendo, ademais, os compromisos de carácter plurianual adquiridos con anterioridade ao 15 de xuño de 2004, así como os que se prevé adquirir ata o 31 de decembro de 2004.

Procedemento: cubrirase unha ficha para cada subconcepto, indicándose na cabeceira dela a súa denominación e código, os do artigo e concepto a que pertence, así como os da sección e servizo ou organismo que o xestiona.

No corpo da ficha PX-05-7A indicarase:

Compromisos futuros: comprende a totalidade dos compromisos de investimento adquiridos de acordo co establecido no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; obténdose da contabilidade orzamentaria os datos relativos ás filas (1) e (2); a fila (3), expresará as previsións do órgano xestor respecto aos compromisos plurianuais que prevé adquirir entre o 15 de

xuño e o 31 de decembro de 2004 sempre dentro das limitacións establecidas polo artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Como compromisos complementarios incluiranse aqueles que, non figurando contabilizados de acordo co establecido no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, derivan estritamente destes, polo cumprimento dos requisitos necesarios para o nacemento dunha obriga pendente de contabilizar (liquidacións e modificacións de obra, revisións de prezos, prezo xusto en expropiacións de terreos, etc.); desagregándose por proxectos na ficha 7B.

Proxectos que se van a iniciar no ano 2005: relacionarase a totalidade das actuacións que o centro xestor do gasto propón iniciar a partir do ano 2005, detallándose na ficha PX-05-7C todos os proxectos que comprende, coa máxima desagregación posible.

No pé da ficha PX-05-7A: indicarae o financiamento da anualidade do ano 2005.

Cobertura: polo centro xestor.

ANEXO VI

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, FINANCEIROS OU ANÁLOGOS

Estrutura dos orzamentos de organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

Os organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos, se é o caso, elaborarán o seu orzamento axustándoo á estrutura que se recolle neste anexo, composta polos seguintes documentos:

A) Pormenor de ingresos e gastos.

B) Conta de explotación.

C) Cadro de financiamento básico.

Ao pormenor de ingresos e gastos uniranse ademais:

a) Conta-resumo de operacións comerciais.

b) Estado demostrativo da variación do fondo de manobra.

-Estrutura do orzamento para organismos autónomos comerciais, industriais, financeiros ou análogos.

Gastos:

Cap. 1º.-Gastos de persoal.

Cap. 2º.-Gastos en bens correntes e de servizos.

Cap. 3º.-Gastos financeiros.

Cap. 4º.-Transferencias correntes.

Cap. 6º.-Investimentos reais.

Cap. 7º.-Transferencias de capital.

Cap. 8º.-Activos financeiros.

Cap. 9º.-Pasivos financeiros.

Ingresos:

Cap. 1º.-Impostos directos.

Cap. 2º.-Impostos indirectos.

Cap. 3º.-Taxas e outros ingresos.

Cap. 4º.-Transferencias correntes.

Cap. 5º.-Ingresos patrimoniais.

-Art. 57 Resultado de operacións comerciais.

-Art. 58 Variación do fondo de manobra.

Cap. 6º.-Alleamento de investimentos reais.

Cap. 8º.-Activos financeiros.

Cap. 9º.-Pasivos financeiros.

ANEXO VII

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DAS EMPRESAS PÚBLICAS

E DEMAIS ENTES PÚBLICOS AS QUE SE REFIRE O ARTIGO 12

DO TEXTO REFUNDIDO DA LEI DE RÉXIME FINANCEIRO

E ORZAMENTARIO DE GALICIA

Os orzamentos de explotación e capital, así como o cadro de financiamento, balance de situación e conta de perdas e ganancias que van remitir as empresas públicas a que fai referencia o artigo 12

do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, axústase á estrutura que se recolle neste anexo.

Estas empresas, cando realicen investimentos en infraestruturas públicas, remitirán, así mesmo, unha descrición dos investimentos que van realizar, con indicación, se é o caso, das plurianualidades en que se desenvolverá, e as súas fontes de financiamento.

ANEXO VIII

INSTRUCIÓNS PARA A CONFECCIÓN DAS MEMORIAS

DAS CONSELLERÍAS

A memoria explicativa de cada consellería sobre os orzamentos para o ano 2005 incluirá información relativa:

-Á propia consellería.

-Aos organismos autónomos que, se é o caso, teña adscritos.

-Ás sociedades públicas dela dependentes.

O desenvolvemento da memoria realizarase de acordo co esquema que se indica a seguir:

1. Competencias.

Instrucións: con referencia á estrutura aprobada polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, enumeraranse as competencias da consellería, relacionando os distintos reais decretos por que se aprobaron os traspasos de funcións e servizos producidos ata o momento.

Indicaranse, se é o caso, os organismos autónomos adscritos con mención das súas competencias, e as sociedades públicas dependentes, cunha referencia ao seu obxecto social.

2. Obxectivos e liñas de acción para o ano 2005.

2.1. Da consellería.

2.2. Do organismo autónomo.

2.3. Das sociedades públicas.

Instrucións: exporanse de forma xenérica as liñas de acción que se deben seguir e os obxectivos que se pretende acadar no 2005, así como as actuacións básicas que deberán ser desenvoltas para a súa consecución, sen descender ao detalle dos obxectivos de cada programa e das realizacións singulares, a que se fará referencia no punto 3.1.

3. Orzamento de gastos para o ano 2005.

3.1. Distribución funcional. Programas de gasto.

3.1.1. Da consellería.

3.1.2. Do organismo autónomo.

Instruccións: por cada un dos programas de gasto desenvolveranse os puntos seguintes:

1. Descrición.

En relación co ente xestor incluirase unha descrición do contido do programa e dos seus obxectivos, expondo a seguir a necesidade e os beneficios que se esperan acadar da súa execución.

2. Actividades.

Farase referencia ás actuacións máis significativas que se debe desenvolver para acadar a finalidade e os obxectivos previstos en cada programa.

3. Órganos encargados da súa execución.

Relacionaranse os centros directivos, a nivel de servizos orzamentarios, a que se encomenda a execución do programa.

Unha vez realizada a exposición de todos os programas segundo o esquema precedente, incluiranse os seguintes cadros-resumo: